Os arquivos municipais do Concello de Muros

p/ Manuel Lago Álvarez.

Cando de falar se trata dos arquivos históricos do Concello de Muros, a resposta é sempre a mesma: non existen; desapareceron ao queimar cento noventa casas da Vila, de cando as tropas francesas saquearon e incendiaron Muros, un fatídico 29 de marzo de 1809.

O paso do tempo, (que non é sempre precisamente cruel), ofreceunos a suficiente información para desdicir tal afirmación; información que Imagen3.pnginteresadamente se converteu no que agora se chama “lenda urbana”, para ocultar a historia menos recente. Con que fins e obxectivos?. Eso déixoo ao maxín do lector.

Xa no ano 1889, D. Bernardo Barreiro, (ex-archiveiro do Concello de Santiago), publicaba  publicaba un artigo na Revista  Galicia Diplomática (número 41, de data 27 de outubro de 1889), no que se queixaba amargamente do proceder das autoridades de Muros pola súa falta de colaboración para acceder aos arquivos municipais: El examen de archivos y copia de documentos en estas pequeñas villas se hace más difícil que en los propios archivos reservados del Estado, cuando a cualquier alcalde o secretario se les antoja, por ejemplo, que puede haber por medio algún litigio en despojo de los propios del común, y que el amante cronista de la comarca (y que gasta su dinero en viajes por el afán, (que no pueden comprender ni apreciar ciertas gentes) de hallar tal dato nuevo sobre historia y antigüedades del país, no debe ser tal historiógrafo ni cronista, sino un furibundo y encubierto litigante que pretende envolver en pleitos a los pueblos, levantar de nuevo el rollo y las horcas del señorío y mandar a la cárcel al Ayuntamiento como hacían, no hace ochenta años todavía y solo o por reírse un rato a la hora de la comida, de sobremesa, nuestros arzobispos de Santiago”.

Pois ben, que quede claro, os arquivos históricos do Concello de Muros, nin desapareceron, nin se queimaron en 1809.  ESTAN VIVIÑOS Imagen5.pnge dispoñibles en diferentes lugares: no propio Arquivo Municipal de Muros; no Arquivo Histórico Nacional, no Arquivo Histórico Universitario de Santiago, Arquivo de Salamanca e na Real Academia Galega, entre outros moitos lugares.

No que respecta a documentación sobre Muros depositada na Real Academia Galega, esta institución atesoura centos de documento  doados pola familia de Don Ramón de Artaza Malvarez, ilustre muradán, e Cronista Oficial da Vila de Muros, ata a seu pasamento no ano 1975, a idade de 99 anos. Persoal especializado da RAG está procedendo ao seu estudio e catalogación.  Un primeiro grupo de documentos xa foi clasificado. A súa relación pódese atopar no blog da revista The Muros Times. (https://themurostimes.com/2015/02/27/os-arquivos-de-don-ramon-de-artaza/).

O Arquivo Municipal de Muros, está agrupado en “unidades de instalación”, que conteñen documentación e expedientes de tódalas épocas.  Velaquí un exemplo, coas unidades de instalación números 727 e 728:

RELACIONS SUMARIAS DE CONTIDO DAS UNIDADES DE INSTALACION: 727, 728

Estas unidades de instalación consisten en dous legaxos cosidos, con expedientes e documentos diversos, que sinalamos, por orde de aparición.

Unidade de instalación, n° 727

-Mandamento de pago: 1735

-Orde para que o gremio do mar pague o imposto á Colexiata, Cabido de Santiago e Concello: 1814.

-Expt. de nomeamento da Xunta Municipal de Sanidade: 1768

-Contas de Propios, Arbitrios c Consumos: 1789

-Contas de Propios, Arbitrios c Consumos: 1703 –

Docs. relativos ó imposto sobre o viño: 1664

-Docs relativos ó repartimento de contribución territorial e industrial: 1771

-Doc formado para o cobro da alcabala e o dezmo:1623

-Contas de Propios, Arbitrios e Consumos: 1640

-Relación de mozos exentos do servicio militar: 1800

-Exp. relativo ó viño: 1793

–Proposta de persoas para o cargo de alcalde : 1793

-Expt. de obra particular: 1788

-Relacións xerais de cargo e data: 1727-1729.

Unidade de instalación, n° 728 

(no folio de portada aparece, «Documentos pertenecientes al Castillo de Artillería y otros papeles inútiles de este Ayuntamiento)

-Expt. relativo ó prezo do viño: 1756

-Expt. relativo a impostos territoriais: 1756

-Expt. relativo ó prezo da carne: 1756

-Doc. de nomeamento de persoa encargada do cobro das bulas: 1756

-Doc. de nomeamento de maiordomo dos hospitais: 1756

-Conta por gastos de manutención da tropa: 1744

-Expt. relativo a suministros do «Castillo de Artillería»: 1744

-Expt. relativo a liquidación de arbitrios: 1742

-Correspondencia de asuntos militares: 1742

-Auto capitular da CoIexiata de Sta María: 1692

-Expt. de elección de procurador 1674

-Expt. para a elección de «Diputados del Común»: 1767

-Expt. relativo ó “Gremío de Mareames»: 1741

-Expt. relativo ó viño: 1782

-Expt, relativo a abasto de carnes: 1757

-Expt. para a elección de procurador: 1673

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s