Curiosidades Muradanas -A Dolorosa de Muros-

p/ Manuel Lago Álvarez. (marzo de 2018)

A imaxe da Virxe dos Dolores de Muros foi tallada no ano 1925 polo artista compostelán Don José Otero Gorrita, no seu obradoiro da Rúa das Ánimas, por encargo do muradán Don RamónImagen1.png de Artaza Malvarez, quen fixo doazón dela á parroquia de San Pedro de Muros.

Folga dicir que en infinidade de igrexas hai imaxes da Virxe Dolorosa vestida de loito.  Estas vestiduras fúnebres  pertencen a iconografía popular. O negro é a representación do dolor, é o igual que outras moitas, a Dolorosa de Muros viste de loito.  Esta iconografía tivo o comezo na Vila de Madrid, no ano 1565, cando dona María de la Cueva, condesa viúva de Ureña, doou un dos seus traxes de loito para vestir unha imaxe da Virxe da Soidade, que labrara o escultor Gaspar Becerra.  Grande foi o impacto desta nova iconografía e pronto se estendeu ás Dolorosas de toda España. O traxe era o que usaban as viúvas castellanas do século XVI.

O artista compostelán labrou a faciana da  Dolorosa Muradana con tez enxuta, triste e lixeiramente inclinada á dereita. Ollos grandes e escuros dos que saen unhas bágoas cristalinas,  beizos delgados e boca pechada con un lixeiro rictus, ofrecen unha expresión de dor contido. Mans con dedos largos, sen marcar, e lixeiramente articulados;  no peito, un corazón en prata atravesado por sete espadas, (catro á esquerda e tres á dereita). Son as espadasImagen1.png que anunciara a profecía do vello Simeón cando María presentou a Xesús no Templo. (No corazón antigo as espadas están: tres a esquerda e catro dereita).

O corazón de prata que luce actualmente, foi doazón, en abril de 2006, do taller de orfebrería do muradano residente en Madrid, Don Manuel Formoso Atienza –Manolín- (sobriño da muradana Dona Manuela Formoso Porrúa), quen fundiu un lote de prata que doou Dona Dolores París García, muradana profundamente devota da Virxe dos Dores, que xunto coa súa irmá Dona Rogelia París foron durante moitos anos “camareiras” da Virxe. Das mans de Manolín, con gran mestría e en expresión de amor, saíu un corazón brillante, tal si fora un espello, e no que se refrexan persoas e edificios cando a imaxe sae en procesión polas rúas de Muros. Da parte superior do corazón saen seis chamas en prata, esmaltadas no seu interior en cor roxo.

Durante todo o ano, a imaxe da Dolorosa venerase no seu altar da Parroquial de Muros. Aínda que o día propio da festa dos Dolores é cada 15 de setembro, en Muros celebrase o venres anterior ao Venres Santo. Novena, misa solemne e procesión, fan da festividade anuncio da Semana Santa.

Na procesión dese día, a imaxe luce un gran manto negro de terciopelo, engalanado con bordaduras en fío de  ouro. Na cabeza, baixo o manto, unha touca branca da que sobresaen cubrindo lixeiramente a fronte e ombros unhas finas puntillas de adusta feitura.  O corazón en prata está visible e os dedos das mans lévaos entrelazados sen pano de man.  Este manto, estreado o día 18 de marzo de 2010, foi doado pola Deputación de A Coruña, a instancias da entón Presidenta da súa Comisión de Cultura, a muradada Dona Caridad González Cerviño.

O día de Venres Santo, no acto do “Encontro”, a imaxe da Dolorosa luce un manto negro corto con sinxelos  arabescos bordados en prata escura; o corazón de prata visible sobre unha pecheira de cor branco.  Na cabeza, baixo o manto, unha touca negra da que sobresaen finas puntillas.  As mans lévaas separadas.  A esquerdaImagen3 lixeiramente máis alta que a dereita que sostén un fino pano de man branco entre os dedos polgar e índice.

No Venres Santo, na procesión do Santo Enterro,  o loito e rigoroso. A imaxe loce  manto  negro e curto con bordados en negro e pedrería de acibeche; peito cuberto con peto de terciopelo negro e non leva o corazón de prata.  As mans elevadas sobre o peito, en postura de clamar ao ceo, e colgando do cuello, unha longa cadea de ouro da que pende a chave do sepulcro.  Este manto fora doado por Dona África Veiga, esposa do que fora Axudante Militar de Marina de Muros, Don Emilio Aldir, e que vivían na calle ancha no segundo piso da casa onde estaban abicadas as oficinas de telégrafos. (a casa dos Carantoña).

En varias casas particulares de Muros hai imaxes da Dolorosa. De pequeno porte pero conservando a iconografía que a caracteriza, son obxecto de coidado e veneración. Na miña casa teño unha imaxe, que fora regalada a miña nai América Álvarez, por Dona África Veiga.  No fondo da peana, en pintura negra e caligrafía rexia, ten escrito o seguinte texto: “la pintó Jacobo Paes. Tuy 1846”.

 

Anuncios

Acerca de themurostimes

“THE MUROS TIMES” non se responsabiliza nin se identifica coas opinions verquidas por parte dos seus colaboradores nos materiais publicados.
Minientrada | Esta entrada fue publicada en Historia y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s