Dúbidas do Galego: Guisantes e calabacíns

P/ César Lorenzo Gil

(do seu blog  https://dubidasdogalego.wordpress.com/ 

Aínda que teño unha nula habilidade para calquera traballo manual, coma todos os torpes, teño curiosidade e fascinación por todas as artes que requiren da destreza tanto coma da cabeza. Desde hai anos, a admiración polos labregos Imagen5.pngfoi en aumento. Por suposto que participei en vendimas, incluso na colleita da pataca ou en tarefas ben ingratas como empillar vides, librar cortes de esterco, dar sulfato ou ir buscar leña pero a miña sempiterna alerxia ao pole e esa incapacidade manifesta para enrestrar máis de dúas cebolas libroume de facer eses labores decontino. Pero si sigo o calendario da sementeira e dáme moita ledicia papar das leitugas, amorodos ou tomates que a miña muller Eva cultiva no seu metro cadrado de abundancia, ao pé da casa.

A semana pasada uninme a un grupo no facebook que espalla e coordina as experiencias da agricultura ecolóxica en Galicia. Hai moita xente nova retornando á terra. Hai moita xente cun vocabulario deturpado para eses produtos da terra. Hoxe imos falar de horta, dos nomes galegos da horta.

Un castelanismo que está gañando moito terreo (nunca mellor dito) ultimamente é o de guisante. En galego temos varias opcións propias para definir esta leguminosa. A máis común é chícharo pero hai outras. Podemos empregar perico, ervello, ervella ou ervilla. “O puré de ervillas é deses pratos que só se aprecian cando tes máis de quince anos”.

Na horta óese moito falar de calabacín. Loxicamente, tamén é un castelanismo. Construído a partir do tamén castelanismo calabaza, en galego denomínase cabaciña, a partir de cabazo ou cabaza.

É difícil tamén que non oiades dicir puerro (ás veces pronunciado poerro). A forma galega obvia é porro ou allo porro. O castelán ajete denominámolo allo tenro e as cebolletas son en galego cebolas tenras.

Xa falamos no seu día dos feixóns verdes. Outras variedades desta leguminosa son os tirabeques. Sen saírmos dos legumes, diremos lentellas, non lenteghas nin lentexas e garavanzos.

Os boniatos coñécense en galego como batatas e a palabra verza escríbese en galego con v. Dos canónigos tamén xa fixemos un artigo. Tamén da rúcula. Outra herba que lle presta ás ensaladas é a alfábega, que tamén se pode dicir albaca ou alfabaca.

Aínda que ás veces escoitei dicir maís, en galego debemos dicir millo, milleiro ou maínzo cando falemos do cereal das mazarocas ou espigas amarelas (non mazorcas nin mazurcas).

En galego, a figueira dá figos e béveras, non brevas. A árbore que dá cereixas non é un cereixo senón unha cerdeira (tamén se pode empregar cereixeira). As ciruelas castelás son ameixas en galego aínda que segundo a variedade poidan levar algún apelido: cirola, fatón, claudia…

Agora pousade o punteiro cabo do ordenador e saíde á fresca que están os xardíns perfumados de aroma de glicinia, a flor máis efémera da primavera galega.

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A nosa Lingua y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s