p/ Elixio Vieites
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Muros
Parroquia: Abelleira (Santo Estevo)
Lugar: A Rateira
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Hórreo feito de pedra e elevado sobre seis pés, que foron desbastados de forma troncocónica. Os pés non son iguais nas súas dimensións e dan ao hórreo o aspecto de ser un dos máis antigos da aldea. Estes serven de apoio aos linteis que sosteñen a cámara, feita a base de perpiaños que deixan unha pequena abertura en horizontal, para a súa aireación, e van engarzados coas peza dos penais. Cuberta a dúas augas con tella do país. No cume das sobrepenas do remate dos penais leva unha cruz de pedra e un pináculo piramidal con base cilíndrica.
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Referencias bibliográficas:
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo
Atópase en perigo nestes momentos?:
Onde está localizado: Latitude: 42.8105516859
Lonxitude: -9.01641726494
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84