Soño

p/ Agustín González López
Vai a lúa vencida,
corre vento de fora;
vagan luces na Braña,
tose a curuxa rouca…
e polo chan da Granda
vai un home a deshora,
co corazón tremente
como unha escura folla…
Lonxe as luces de Louro,
vagalumes na sombre…
Cae unha estrela ao mar…
Uns pasos qu resoan.
Pola Area maior
as altas ondas rolan…
E un corazón que treme
como unha escura folla…