RAIGAME

p/  Manolo de América

O domingo 7 de abril asistín á estrea, en Santiago, do espectáculo de Ximiela: Raigame.

O auditorio Abanca quedouse pequeno para acoller ás case seiscentas persoas que presenciamos a obra. Pese as inclemencias do tempo, Santiagueses e xentes de moi diferentes lugares de Galicia non quixeron perderse esta magna representación que nos ofreceu a Agrupación Folclórica Ximiela.

Eu fun convencido de que ía presenciar un bo espectáculo, pero quedeime corto nas miñas expectativas: asistín a unha representación inmensamente extraordinaria, interpretada por mozos e mozas que estaban a vivir con fondo sentimento un tema que nos lles era alleo, porque, algúns deles, e seguro que seus pais, ou avós ou outros familiares viviron en carnes propias o sufrimento e soidade da emigración.

Con unha duración de case dúas horas. e en quince actos, máis noventa  actores, xunto cos encargados do son e luz, fixéronnos lembrar a historia certa do sufrimento e soidade dos que marcharon e dos que quedaron.

A representación comezou con unha voz en off, que explicou o drama de emigración e as súas consecuencias, facendo tamén un sentido recordo de David, membro de Ximiela.  falecido en Monte Louro o domingo anterior. O locutor rematou cunha frase enchida de inmenso cariño: DAVID, VAI POR TI ¡, frase que foi acollida polo público con un longo aplauso.

A trama, perfectamente secuenciada en tódolos seus actos, comeza coa despedida dun mozo, que con poucos anos marcha cara a Arxentina, en busca de mellor vida. A partir de aí, as cartas que manda o rapaz e as contestacións, tamén en carta, da súa nai dan pe para facer memoria de diferentes momentos da vida del na Arxentina e da historia da aldea que deixou con tanta dor: o baile de entroido; os cantos de Nadal, a festa na aldea; a orquestra, o encontro e cantos na eira; a festa no Centro Galego, as cantigas das costureiras; o encontro coa súa nai, etc.

Os obxectos i enseres que aparecen en escena foron como sacados do túnel do tempo, como traídos do mesmo lugar e tempo da historia que se narraba.  O vestiario, extraordinario, perfectamente axustado á circunstancia, e deseñado e cosido polas agarimosas mans de moitas das compoñentes de Ximiela.  A luz, sinxela,  ben medida, no seu momento e sen excesos.  O son, perfecto, e as voces en off, inmellorables (magnífica declamación e feita con grande sentimento).  Os bailes, perfectamente executados con gran mestría e perfección, simetría total  na execución e  saída do escenario perfecta. Instrumentos que non soaban…  e que cantaban ¡, que si, que os músicos de Ximiela están a un nivel de execución musical no que os seus instrumentos nos soan: CANTAN. Salvador e Manuel, cos seus traxes e sombreiros, de branco impoluto, acompañados da orquestra, interpretaron unha canción na que en varios compases alternábanse uns dúos que só dous barítonos como eles podían executar con tal perfección.  O baile coas castañuelas…igual que a música. Non soaban as castañuelas… cantaban nas mans duns mozos e mozas totalmente entregados. Xa quixeran nas Sevillas facer cantar as castañuelas como o fan os de Ximiela.

O último acto foi unha implosión de todo.  Todos os actores accederon ao escenario dende o patio de butacas. En perfecto orde, a procesión da festa da aldea, na que non faltaban mozos e mozas en parella, a santiña, o alcalde, o cura co seu monaguillo, e ata unha parella da garda civil moi ben caracterizada (con bigote e todo).  E xa todos no escenario, o cura, con moita parsimonia comezou a bendecir aos presentes. E comezou a festa, con bailes e cantos e ata foguetes con luminaria multicolor. Logo… silencio… e unha voz en off fixo lembranza e homenaxe de David, membro de Ximiela falecido o domingo anterior. Na pantalla do escenario, fotos de David en diferentes momentos do seu andar en Ximiela. Non se poido escoitar todo o que narraba a voz en off, porque todo o público posto en pe, irrompeu con un longuísimo aplauso que durou moitos minutos. Moita emoción e moitas bagoas difíciles de conter, en  memoria e lembranza dun home entregado aos seus e amigo de todos. A locutora da voz en off rematou coas seguintes palabras:

 “Deixas en nós un baleiro infinito que nunca máis volveremos a encher.  Dende aquí e diante de toda esta xente, só podemos dicirche, con toda a forza e ben alto: Gracias, gracias, por darnos o privilexio de coñecerte; por formar con nós esta gran familia e por ensinarnos que a vida hai que vivila como si hoxe fose o último día.  Boa viaxe, amigo, alá onde esteas, levas contigo os nosos corazóns.  ATA SEMPRE, DAVID”.dsc01597

No conxunto, e de principio a fin, o espectáculo foi un todo de bo facer.  Meses e meses dunha preparación feita con moitísima ilusión por homes e mulleres que merecen os máis dos recoñecementos.  Non estamos ante uns afeccionados, estamos ante uns artistas con maiúsculas, que entregan o seu corazón no que fan, e que foron capaces de elevar a cultura popular ao infinito.  Os meus máis rendidos parabéns e agradecemento por tan importante traballo, e a miña entusiasta aperta a todos e cada un dos compoñentes de Ximiela, co firme desexo de que máis pronto que tarde,  Ximiela poda estrear na súa terra, e o todo Muros, desfrute deste gran espectáculo.

P.L.   E remato.  Saíndo, tiven ocasión de saudar ao amigo Tono Beiro, quen interpretou, entre outros, o papel do cura, e díxenlle: Tono, contigo xa teño cura que me case.  Contestoume: que si, e sabes que non che vou cobrar. Despedimos entre risas, i eu pensando: agora só me faltan os padriños ¡.

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Arte e Cultura, Historia, Sin categoría y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

2 respuestas a RAIGAME

  1. Jose dijo:

    O espectáculo foi en si en extraordinario,tiven a sorte de presencialo xunto coa miña dona e ámbolos dous quedamos abraiados ante a humanidade da representación, unha obra chea de valores dos que tan faltos andamos, a miña máis sincera noraboa pra agrupación folclórica ximiela por nós facer ver quen fomos e somos.

    Le gusta a 1 persona

  2. Ana María Mayo Lago dijo:

    Gracias por este relato tan ben feito e cheo de detalles que casi fai sentir haber estado
    alí…espero poder ver ese espectáculo.

    Le gusta a 1 persona

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s