Homenaxe de Muros á memoria do Dr. Novo Campelo

p/ Manuel Lago Álvarez

O profesor Don Antonio Novo Campelo naceu en 1878 na vila de Muros, licenciouse en Imagen1Medicina na Universidade de Santiago de Compostela con Premio Extraordinario no ano 1901 e ese mesmo ano, cando contaba 23 anos de idade, doutorouse na Facultade de Medicina de Madrid.

Decano da Facultade de Medicina, que abarca dúas épocas distintas, a primeira corresponde ao período da República, transcorre entre 1931 e 1936, a segunda desde 1941 ata o seu falecemento en 1948, case doce anos plenos de actividade e proxectos, entre os que destacaron a súa preocupación por mellorar a docencia, a biblioteca, a construción de laboratorios e quirófanos, os concertos hospitalarios para mellorar o ensino clínico, e ao inicio das xestións para construír un Hospital Clínico que substituíse ao antigo Hospital Real, hoxe convertido no Hostal dos Reis Católicos.

No ano 1961. O Pleno da Corporación Municipal de Muros,  querendo honrar a tan distinguido fillo, acordou dar o seu nome a unha das prazas da Vila.  O acto de descubrimento da placa conmemorativa celebrouse o 16 de xullo de 1961, festividade da Virxe do Carmen, coincidindo co día maior da festas dos homes do mar.

As doce da mañá dese día reuníronse na praza as autoridades, arroupadas por un numerosísimoImagen4 grupo de veciños que tamén querían amosar o seu cariño e recordo ao finado D. Antonio e a súa familia. Dou comezo ao acto, o Alcalde de Muros D. Fernando Rey Hermida, tamén médico, que se referiu ao nacemento e familia do profesor Novo Campelo, ao que dedicou grades frases de eloxio, glosando a disposición do Pleno Municipal no que se acordou por unanimidade dar a unha praza o nome de tan distinguido fillo da Vila, congratulándose de ser nese día, cando o pobo de Muros rendía esta homenaxe.

A continuación interveu o Vicerreitor da Universidade de Santiago, Don Carlos de Miguel y Alonso, expoñendo nunha sentida alocución a vida do profesor Novo Campelo e levando a voz da Universidade a este acto no que se honraba a un dos seus máis preclaros mestres, que podía considerarse como exemplo e prototipo da autenticidade universitaria ao longo de corenta anos de vida docente e quince ao fronte do Decanato da Facultade de Medicina.  Expuxo tamén  os seus méritos académicos máis importantes, obras  e actividades universitarias, destacando a súa xigantesca e irresistible personalidade humana con perfiles singulares que fixeron de el un dos grandes mestres da Escola Médica compostelán, cuxa memoria perdurará nos corazóns de todos.

Por último, o profesor doutor Don Alejandro Novo González, fillo de Don Antonio Novo Campelo, catedrático e Decano da Facultade de Medicina de Santiago, interveu en nome daImagen3.png familia, agradecendo en emocionas palabras veladas polo sentimento, o xesto da Vila de Muros de honrar a memoria do seu pai con esta placa.  Expresou tamén todo o entrañable afecto que seu pai tivo sempre a súa vila natal e como a súa vida dedicada por enteiro ao estudo fora modelo de xeracións de estudantes que aprenderon de el , non só o que puidera ensinarlles nas aulas, senón unha formación humana e integralmente universitaria, como había sempre vivido.  Terminou dirixíndose ao Alcalde, como portavoz do pobo de Muros, para expresarlle a súa perenne gratitude por este acto.  Todos os intervintes foron moi aplaudidos polos numerosísimos muradáns que se congregou  no lugar do descubrimento da placa, que tivo lugar ao finalizar os discursos.

P.L.:  Na década dos oitenta, sen mediar acordo do Pleno da Corporación, foi retirada a placa que daba nome á praza.  No seu lugar, outra co nome: Praza da Pescadería.  Quen tal ordenou, descoñecía a historia da Vila e das súas xentes.  Sería tan difícil porlle por nome: Praza da Pescadería – Doctor Novo Campelo ?.  Pois nin esas….. Algún día Muros fará xustiza cos seus fillos.  Non tardará !.

 

Anuncio publicitario

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en A Nosa Xente, Historia, Sin categoría y etiquetada . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s