A canoa muradana

p/ Pedro Caamaño Lago

A canoa e unha embarcación de catro a seis metros de eslora, de un cincuenta, a un setenta de manga, e de sesenta a oitenta centímetros de puntal.

A “canoa” é a buceta son a misma embarcación entre perpendiculares. Sen embargo no porto de Muros, por esixencias dos armadores, e dos patrons, que xeralmente eran os mismos, fóronas adaptando as suas necesidades, que diferían segundo a clase de pesca que exercía.

Picture19A canoa maioritariamente, usábase para a pesca de cordel, é en Muros unha grande maioría adicabanse a esa clase de pesca. A mayoría das familias tiñan cada unha a súa canoa.

Os que tiñan as canoas mais pequenas adicabanse a pescar dentro da ría, e os outros cando o tempo o permitía saían a costa, hasta unhas sete ou oito millas do porto de muros, en ocasións algo mais.

Estas distancias requerían moito tempo remando, e moito tempo veleando. E para que esto fora un pouco mais doado, ca axuda dos excelentes carpinteiros de ribeira de Muros e do freixo, foron rectificando a citada canoa, facendoa mais rapida para o remo, e o mismo tempo mais segura para a vela.

Estas rectificaciós basearonse en lanzarlle un pouco a roda, darlle mais amura, e ancheandolle un pouco o peito sin que as entradas de agua na obra viva deixaran de ser finas, decìase darlle mais pantoque. E no codaste de popa afiarlle as salidas de agua sin perderen resistencia. Adactarlle os bancos e as panas, para unha mellor sintonia a ora de remar. E unha mellora na distribución dos compartimentos, pensando na distribución dos pesos a hora de velear.

Picture20Con estas reformas, diferenciaronna na estructura e na estetica, da citada buceta,. A que en Muros chamabámoslle bote. A partir daí a ó carpinteiro de ribeira xa non se lle pedia un bote, xa se lle pedia unha canoa, que como podedes imaxinar non era a misma cousa. Esta canoa gustaba mais que o tradicional bote, e foise espallando por toda a ría.
E con moita razon denominouse ( Canoa Muradana. ) ¿Por que, se denominaba así en Muros.¿ Por que a pesares de que en toda a ría había canoas, as de Muros diferenciabanse, pola sua distribución interna. Como dixen antes, específicamente para a pesca de cordel.
En este cadro está representada a “canoa muradana” Arranxada con todos os pertrechos para a pesca de cordel, e os nos que se usaban normalmente.

O bote polbeiro. De rodas mais rectas, con moi pouquiña amura, en esloras de tres a catro metros. Actualmente pódese ver algun que outro nos peiraos de Muros. Estas embarcaciós usabanse para a pesca de polbo con raña. Para a pesca da faneca. Para o corrican. Ou outras modalidades que non toubesen que sair moi lonxe dos peinaos. Xeralmente, estes botes manexabaos un só hóme, con dous remos, un en cada man, denominados remos de panel, e ó séren de pouca amura, e na maioria dos casos mais estreitos, pero con mais pantoque, non portaban tanto a hora de aguantalos proa o vento. Tamen estaban arranxados para velear.

No cadro de arriba, pretendo expresar, según os meus recordos, toda a armazón, os trebellos, e os nos, que naquel tempo se usaban para a pesca de cordel na canoa. Excepto os da parte darriba, que estan para encher o oco ou para decoralo un pouco.

Si empezamos pola parte de arriba e pola esquerda, temos o”horcaperros”, expresandome da misma forma que nos lle chamabámos, este usabase para amarrar a ustaja a berga. O seguinte, e o nudo de “embergue,” que se usaba para amarrar a vela a verga. O seguintes, son as “margaritas”, usabanse para reparar momentáneamente unha falta nun cabo ou nunha liña. O seguintes son os”lasdeguias”, o doble usabase para amarrar un cabo por seno, e o outro para amarralo polo chicote. O seguimte e o no de “rezon”, que se usaba para amarrar un chicote a argola do rezon ou a outra anilla calquera.

A seguinte e a “gradella” ca liña, e ca “sonda” ou escandallo, este aparello, usabase para saber a profundidade, por mediación de marcas que se facian por toda a liña, medidas en brazas, en grupos de cinco ou de dez, dependendo do criterio do patron. A seguinte función da sonda ou escandallo, e definir a calidade do fondo. Para esto faciaselle na base unha pequena cabidade, con unhas estrias, nas que selle poñia, unha base de sebo ou grasa de porco, que entre nos chamabamoslle pingue. De esta forma o tocar a base co fondo, quedaba plasmada a calidade do fondo. Fose pedra, fango, area, ou cascallo.

A seguinte e a “poutada”, ésta mais coñecida por todos pola sua popularidade. Usabase para fondear a canoa, nos postos de pesca. “Ou postas” Ou en calquera outro lugar. Co seu calamento adecuado ó fondo no que se quería traballar. O calamento daquela, era un cabo de esparto, duns doce ou catorce m.m. de diámetro. Que habia que poñelo a secar cando o tempo o permitia, de esto dependia a duración do mismo. Esto mismo ocurria, con todolos demais pertrechos, inclusive a vela. Na mayoría dos casos, todos estes pertrechos, encascabanse para evitar que a humidade os podrecera.

O seguinte e o Compas. Rosa nautica. Ou rosa dos ventos. Este como todo mundo sabe, usabase para orientarse, cando as circunstancias non permitían ver cos ollos.

O seguinte pola directa, denominase “Cubeta”. Consta de, cubo con asa vertical, e “Rebola”.Estas duas pezas usabase, para machacar os peixes desechables, os que ben machacados introducianse, en unha “Bulsa”e por mediación do plomo baixabase o fondo, para concentrar os peixes darredor.

Logo temos o “Chicador” cubo rectangular con mango vertical, con unha anchura suficiente, capaz de deslizarse entre as cuadernas, para achicar a agua da canoa.

A seguinte e outra cubeta, e a seguinte, e a “Sasula”que como o chicador , usabase para chicar a pouca agua que quedaba, nas “carreiras”espacio fondo, entre as cuadernas.

Seguimos con outra cubeta e o “cubo”, de forma cilindrica, con duas asas laterales de madeira con dous abuxeiros, nos que se lle poñia un estrobo de unha a outra con unha gaza no centro, na que selle amarraba un chicote, o suficiente largo para coller agua do mar.

A continuación temos o “caixon”do engado ca maquina de moer. Cando as circunstancias da pesca requerian moito engado, usabase este sistema, moiase o peixe que se adquiria para este efecto, xeralmente en terra, logo levabase moído no caixón, para logo introducilo nas cubetas, machacando cas rebolas mais ou menos, según o requería, a clase de pesca a que te adicaras, para logo introducilo nas «bulsas» (bolsas feitas a man de forma conica, para levar o engado o fondo).

Logo temo-la “ronca” consistente en un pau mais ou menos largo, con un anzo na punta co obxeto de enganchar os peixes que parecían grandes para subilos abordo ca tanza.

Sequimos ca “gadella” usada para engadellar as liñas, feitas de forma que circulara o aire, xa que daquela as liñas eran de fibras naturales trenzadas e pudrianse.

Por encima temos os dous” lasdescota”, sencillo e dobre, estes usábanse, para amarrar un chicote a unha gaza, sencillo si se creia suficiente, e dobre si se creia que facia falta darlle mais consistecia. Na canoa usabase para amarrar a escota a vela.
Seguindo para arriba, temos os dous “cotes”, o sencillo e o doble, este nudo e o mais usado, sirve para amarrar calquer chicote, a calquer outra cuosa, usando o sencillo ou o dobre según a resistencia requerida.

Logo temos os dous nos de pescador, tamen dobre e sencillo, usando un ou outro dependendo, como os outros da resistencia desexada. Estes usabanse, para unir as liñas
Cando se necesitaba, daí o nome de nó de pescador.

Logo temos o “ballestrinque”, tamen moi usado en calquer embarcación, ou traballo mariñeiro, e un nudo moi fiable, e moi practico xa que se pode facer, en calquer obxeto sexa vertical ou horizontal, nas canoas usabase para case todo, e para aseguralo mais aínda podiaselle dar un cote por encima.

O bo obserbador darase conta de que os remos, son distintos no largo. Pois a razon e que cada un ten un sitio fixo de emplazamento. O mais largo, ou remo de “couse”armase a popa para que o patron guíe a canoa o mismo tempo que axuda a propulsala. O de “carte”e un remo mais pequeño que o de couse, este armase no banco de proa, é o remo propulsor, sempre reservado para o mais forte, O mais pequeño dos tres e o de “medio” case sémpre reservado para o home mais pesado.
A vela como se pode ver en esta foto, era o medio de propulsión, que todo pecador esperaba practicar, en todo momento, xá que era moito mais cómodo que o remo. Apesares da peligrosidade da mesma, cando o vento era moito, e irregular.

O tipo de vela que se usaba en estas embarcacións e a representada. Denominada vela de relinga, Esta definición basease no cabo que a rodea para reforzala. Oxe en dia os materiales son sinteticos, mais resistentes a forza do vento e a podrición.
As poias e os rizos usabanse para reducila vela cando o vento era mais forte que a resistencia da embarcación.
Espero que este relato, acompañado de este grafico, poda servir para preservar esta parte da nosa cultura.

Publicado en Cousas que interesan, Educación | Etiquetado , | Deja un comentario

A guitarra

p/ Castor Montes Quintillán profesor de guitarra na Escola Municipal de Carnota.
A guitarra en calquera das súas variantes mais comúns, clásica, acústica e eléctrica é un dos instrumentos que nos podemos atopar na actualidade.
Picture17Para remontarnos á súa orixe non contamos cunha documentación precisa do desenrolo inicial do instrumento. Existen indicios de que había instrumentos semellantes polo menos dende o século XII pero non está demostrado que instrumentos coma o rabel, o laúd, a guitarra mora e a vihuela e demais instrumentos de corda comúns na Europa medieval sexan antecesores directos da moderna guitarra “clásica”. O que sí é indudable é que o seu desenrolo tivo lugar en España e que tódalas persoaxes que interviron na súa historia eran españoles. Guitarristas coma Fernando Sor (1778-1839) o cal compuxo máis de 400 pezas moitas das cales se consideran esenciais no repertorio da guitarra moderna, ou constructores coma Antonio de Torres Jurado (1817-1892) sin duda a figura mais importante en canto a fabricación e deseño deste instrumento confirman a importancia que tivo o noso país.
Picture18Polo xeral, a guitarra consta de seis cordas e a súa afinación mais común ( existen infinidades delas) é Mi na primeira corda, Si na segunda, Sol na terceira, Re na cuarta, La na quinta e Mi na sexta corda. Pódese tocar coa man dereita ( na esquerda se o intérprete é zurdo) tanto cos dedos coma cunha púa ou plectro e ademais dos dedos pode utilizarse un slide ou bottle neck na man esquerda ( na dereita se o intérprete é zurdo).
É inabarcable a cantidade de estilos nos que a guitarra ten protagonismo xa que o feito de haber instrumentos económicos e ser doada de transportar fai que sexa un instrumento moi popular e que esté extendido por todo o mundo.
Pode parecer engañosamente fácil ( non costa moito traballo aprender a rasguear uns acordes) pero é moi difícil atopar un bo instrumentista que realmente domine este instrumento, xa decía Ritchie Blackmore que por exemplo un saxofonista medio estaba moi por enriba coma músico a un guitarrista medio.
Na súa vertiente clásica destaca Francisco Eixea Tárrega (1852-1909) considerado universalmente coma o pai de toda a técnica moderna. E é imposible non falar de Andrés Torres Segovia (1893-1987) quen popularizou este instrumento por todo o mundo.
Non só no flamenco senón na música universal con maiúsculas, o recentemente finado Paco de Lucía, foi un home que acercou estilos musicais e un dos maiores creadores e instrumentistas das seis cordas. A súa obra fora do flamenco tamén é estremecedora, calquera melómano non pode deixar de abraiarse cada vez que escoita obras coma Friday Night in San Francisco xunto cos virtuosos do jazz e a fusión Al di Meola e John Mclaughlin.
Tamén hai que citar dentro das cordas de nylon toda a música brasileira coa súa Bossa Nova chea de grandes intérpretes que nos deleitan coas súas lánguidas cadencias.
A guitarra acústica de cordas de aceiro evolucionou en América do Norte na última metade do século XIX e principios do XX e no seu desenrolo teñen un papel destacado marcas coma Martin ou Gibson. É comúnmente utilizada en estilos coma o Blues,Jazz, Bluegrass, Folk, New Age, e, na miña opinión (que ninguén se rasgue as vestiduras J), o seu mellor intérprete foi Django Reindhardt, un xitano francés que ca súa Maccaferri abraiou ó mundo enteiro coas súas ardentes interpretacións de Gipsy-Jazz. Django foi un exquisito improvisador cunha técnica desbordante e todo un exemplo de superación persoal. Dous dedos da súa man dereita quedaron inutilizados despois dun fatídico incendio no seu carromato, e isto non lle impediu chegar a ser un dos mais grandes guitarristas da historia. ( Parece ser que no poker e no billar non era tan bo xa que o desplumaban con asiduidade ).
As primeiras guitarras de corpo macizo desenroláronse a partir das primeiras guitarras acústicas amplificadas. Éstos eran instrumentos acústicos aos que se lles colocaba unha pastilla conectada a un amplificador, o que levou ó instrumento a novas cotas musicais. Charlie Christian, pioneiro do Jazz e da guitarra eléctrica dixo que a partir dese momento, os guitarristas deixaron de ser robots que movían as mans, pero aos que ninguén oía no medio das Big Bands. Outro guitarrista, Les Paul, chegou a ser mais coñecido polas suas innovacións tecnolóxicas no campo das seis cordas, que polo seu indudable virtuosismo.
Dous Blues man de Chicago, Elmore James e Muddy Waters aproveitaron a potencia da guitarra eléctrica para aportar aínda mais intensidade e excitación ás súas actuacións .Buddy Guy, B.B. King, Albert King e Freddie King seguiron de cerca os seus pasos, mentres que Chuck Berry con un ritmo marcado e contundente disparou o bum do Rock and Roll a finais dos cincuenta.
Nos anos sesenta, moitos esforzados fans da xeración anterior acabaron por convertirse en estrellas do rock: Eric Clapton, Jeff Beck, Jimmy Page foron algúns deles.
Jimmy Hendrix probablemente sexa o guitarrista eléctrico mais importante de todos os tempos, e é o espello no que se miran os guitarristas da actualidade, xente coma Steve Vai ou Eddie Van Halen.
É imposible facer un xusto resume dun instrumento coma a guitarra en tan pouco espacio e, como o mellor xeito de coñecer a música é escoitándoa, deixo a continuación unha pequena lista de intérpretes e algunha das súas obras destacadas:

Duane Allman – The Allman Brothers at the Fillmore East.
Jeff Beck – Blow By Blow.
George Benson – Cookbook.
Chuck Berry – Johnny B. Goode.
Joe Bonammasa – The Borderline.
Kenny Burrell – Midnight Blue.
Larry Carlton – Sapphire Blue.
Eric Clapton – John Mayall’s Bluesbreakers With Eric Clapton.
Dave Gilmour – Wish You Were Here.
Peter Green – Fleetwood Mac.
Jimi Hendrix – Todo !!!!!!!!!!!!!.
Robert Johnson – Obra completa.
B.B. King – Live at the Regal.
Mark Knopfler – Alchemy.
Paco de Lucia – Todo !!!!!!!!!!!!!!!!.
Gary Moore – Blues Alive.
John McLaughlin – Live At the Royal Festival Hall. ( O meu disco preferido )
Pat Metheny – Jim Hall & Pat Metheny.
Wes Montgomery – The Incredible Jazz Guitar Of Wes Montgomery.
Jimmy Page – Discografia de Led Zeppelin.
Joe Pass – Virtuoso.
Baden Powell – Tristeza On Guitar.
Django Reinhardt – todo !!!!!!!!!!!!!.
Carlos Santana – Abraxas. ( O meu heroe)
Andres Segovia – Integral.
Steve Vai – Passion & Warfare.
Eddie Van Halen – Van Halen.
Stevie Ray Vaughan – Texas Flood.
T – Bone Walker – Classics In Jazz.
John Williams – Agustín Barrios.
Frank Zappa – Hot Rats.

Publicado en Música | Etiquetado , | Deja un comentario

O Cine París

p/ Manuel Lago Álvarez
Entre os moitos proxectos presentados para a rehabilitación do Cine París, o que presentou ao concurso a empresa <b+t arquitectos> de Allaríz, optaba pola creación dun espacio aberto. En palabras dos técnicos propoñentes:

Picture16Este non foi o proxecto elexido polo concello, pero pola súa singularidade traemolo a estas páxinas de TMT, xa que forma parte do que poido ser a aplicación dun novo concepto urbanístico aplicado a un espazo singular da Vila.

Imagen1 Imagen2 Imagen3 Imagen4 Imagen5 Imagen6 Imagen7 Imagen8

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

A celebración da festa do traballo na Ría de Muros

p/ Francisco Abeijón Núñez.

A celebración do primeiro de Maio como día festivo dos traballadores, en conmemoración da morte dos mártires de Chicago, remóntase a finais do século XIX. A festa xurdiu na memoria daqueles seis obreiros da fábrica de maquinaria agrícola McCormik que foron asasinados en 1886 pola policía americana cando estaban nunha folga pola reivindicación da xornada laboral de 8 horas. Imos debullar hoxe os inicios da celebración desta festividade obreira na Ría de Muros, remontándonos ata o ano de 1918. Moi posiblemente non foi ésta a data da primeira celebración do 1º de maio na nosa comarca, pero é a máis antiga da que teño un coñecimento documentado. Imos falar hoxe da celebración do 1º de maio de 1918 no Cruceiro de Roo, concello de Outes, no seo do sindicato socialista dos carpinteiros de ribeira.
Picture15Foi a denominada Sociedad obrera de construcción naval de la ría de Muros a que en 1918 se dispuxo celebrar unha xornada festiva durante o primeiro de maio. Para esto elaboraron un programa de actos e acordaron en asemblea que ningún dos seus asociados fose ese día a traballar. Mesmo impoñendo sancións económicas a aqueles traballadores que, reacios a perder o xornal dun día, non respetasen o acordo do sindicato e fosen ese día a traballar.
Os actos previstos polo sindicato xiraban en torno a unha manifestación pola vila da Serra de Outes que ao cabo non se puido celebrar por non dispoñer da correspondente autorización municipal. O alcalde de Outes negouse baixo o pretexto de non se poder responsabilizar por calquera desorde que poidera producirse durante a manifestación.
O sindicato dos carpinteiros de ribeira, dirixido por Manuel Saafigueroa natural de Roo, viña de manter unha importante loita obreira pola consecución dunha xornada laboral de 9 horas e por un aumento do 50% no xornal diario dos traballadores. Tratouse dunha reivindicación que contou coa frontal oposición dos maestros dos talleres e que provocou a folga e a parálise da construcción naval en toda a ría de Muros no período que vai do 1 de marzo ao 23 de abril de 1918. Debido ao peche dos talleres o conflicto resolveríase pola iniciativa dos propios armadores. Os que aceptando as condicións obreiras e asinando o prego de condicións elaborado polo sindicato conseguirían a volta ao traballo para poder finalizar en prazo os barcos que xa tiñan iniciados. Os armadores deran este paso á fronte polo prexuízo que lles causaba para os seus negocios a paralización completa da construcción naval da ría de Muros. A posterior aceptación das reivindicacións obreiras tamén por parte dos maestros dos talleres poñería fin inicialmente a este conflicto, que acabaría resolvéndose na xustiza. Pero este asunto debullarémolo noutra ocasión.
Satisfeitos pola recente e histórica victoria sindical. Os obreiros tiñan moitas ganas de celebrar a festividade do primeiro de maio con unha demostración pública da forza sindical. E a pesar da falta de colaboración mostrada pola corporación municipal outense, a sociedade obreira organizou un intenso programa festivo no que destacou sobremaneira a marcha pública da comitiva pola carretera dende a Serra ata o Freixo, para rematar con un mitin no local social do Cruceiro de Roo. Encargáronse para a súa venda 100 exemplares do periódico El Socialista. E tampouco faltaron, como en toda festa que se precie, varias ducias de bombas de palenque. Así como os acordes da banda de música de San Orente. Dase a curiosa circunstancia de que a maioría dos asociados preferían para ese día outra banda de música con máis sona: a banda “La Barreira”. Pero debido a que naquela agrupación había varios membros que fixeran de esquiroles durante a recente folga da construcción naval, a contratación de “La Barreira” non sería posible pola impugnación da maioría da asemblea do sindicato.
Finalmente a festa rematou na casa que o sindicato tiña no Cruceiro de Roo con discurso pronunciado por un coñecido dirixente socialista, fundador do sindicato nacional ferroviario: José Gómez Osorio. Este sindicalista, que protagonizou a celebración do primeiro de Maio de 1918 na ría de Muros, andado o tempo -nas postrimerías da guerra civil- chegaría a ser gobernador civil de Madrid e último presidente da executiva do partido socialista antes de encetar o exilio postrepublicano.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

As «Patudas» de Santa Mariña

p/Elxio Vieites

Tipo de ben:
Paisaxe histórica/cultural, Paisaxe natural,
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: Ribeira do Maio. Praia de Parameán
Outra denominación do ben: Esteiro (Sta. Mariña)
Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Picture13Conta a lenda que Santa Mariña de Esteiro xurdiu do mar e deixou as súas pegadas nunha rocha que sobresae do mar en marea baixa, moi cerca da praia de Parameán en Esteiro. A rocha na que están é unha veta de granito nun afloramento de esquisto metamórfico. Segundo os autores do pequeno libro sobre esta freguesía, Xosé Agrelo Hermo e F. Abeijón, pódese ver nesta lenda o mito clásico de Venus, trasladado a este lugar. E moi coñecida esta lenda entre a xente de Esteiro, sobre todo na de idade máis vella. O mito conta que Venus, segundo a mitoloxía latina (Afrodita segundo a grega), naceu da escuma do mar cerca de Chipre. Era filla de Zeus e Dione. A haxiografía cristiá oficial dinos que Mariña, filla dun sacerdote pagán, naceu en Xinzo de Limia (Ourense), nos primeiros anos do cristianismo, e de moi nena converteuse á fe cristiá. Cando tiña quince anos quixo casar con ela o prefecto romano Ovidio. Ao rexeitar a voda, denunciárona por ser cristiá e torturárona, botárona a unha fogueira e finalmente cortáronlle a cabeza. A súa cabeza deu tres botes e xurdiron tres fontes (tradición sacada de Santa Mariña de Allariz). Os peregrinos que chegaban a Santiago, voltaban estendendo a súa devoción polo camiño e a súa fama chegou a moitos lugares, de tal maneira que en Galicia hai cerca de 100 parroquias dedicadas a esta Santa.
Propiedade: Pública
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Referencias bibliográficas:
Agrelo Hermo, Xosé. Abeijón Núñez Francisco . A Freguesía de Santa Mariña de Esteiro. Cuadernos Cruceiro do Rego nº 11. Ed. Toxosoutos ISBN 84-96259-31-5, ano 2004.
Páxina do pxom do concello de Muros que recolle o elemento de Interés Natural e Paisaxístico da “Frecha areosa de Artón-Parameán” onde se atopa a rocha.
http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/mapes/MUROS/documents/22396CA001.pdf (páxina 31 de 31)
Afeccións
Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo

Picture14

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado , | Deja un comentario