O vaivén das xeracións A traxectoria da cultura galega, coma a das demais culturas, está atravesada por liñas de continuidade e ruptura, pola vontade de esquecer tanto como pola ansia por (re)lembrar.

p/ Henrique Monteagudo

A traxectoria da cultura galega, coma a das demais culturas, está atravesada por liñas de continuidade e ruptura, pola vontade de esquecer tanto como pola ansia por (re)lembrar.

A traxectoria da cultura galega, coma a das demais culturas, está atravesada por liñas de continuidade e ruptura, pola vontade de esquecer tanto como pola ansia por (re)lembrar. Cada xeración reescribe o pasado en función da súa propia experiencia, das súas necesidades presentes e do futuro que imaxina, salientando ou apagando determinados feitos, traendo á luz ou revalorizando personaxes previamente ignorados, tecendo novas interpretacións. Por parte, é unha lei histórica inexorable que cada xeración elabora a súa versión do pasado en contraste, cando non en aberta polémica, coa xeración precedente.
Picture28Comecei a apercibirme disto cando me puxen a esgaravellar na fase formativa da que a posteridade coñecería como ‘Xeración Nós’. Os que máis tarde serían os seus persoeiros comezaban a afirmarse a partir de 1916 lanzando críticas aos «nobres precusores». Nos inicios da década dos ’20, un dos albos preferidos das súas diatribas era a Real Academia Galega, por dedicarse, segundo eles, «ao estudo das cousas vellas da nosa Terra coma ás dun país finado. Se fan un diccionario danlle xeito de panteón da nosa lingua. Se fan un boletín convérteno en eco morto de cousas pretéritas. Soamente miran para atrás» (Antón Vilar Ponte). Seguindo unha pauta típica, ao longo dos anos seguintes, as principais figuras desa xeración pasarían a formar parte da mesma Academia que acedamente (e con razón) censuraban.
Picture29As xeracións Galaxia e ‘Nós. Tendo en conta o devandito, non hai nada de estraño en que a xeración que saíu á palestra entre os finais dos anos cincuenta e os comezos do setenta do pasado século (a ‘Xeración dos sesenta’) se mostrase crítica en relación coa precedente -a que un dos seus representantes máis significativos, Francisco Fernández del Riego, denominou ‘Xeración Galaxia’. Figuraban nesta unha serie de intelectuais nados entre os comezos do século e 1915, desde Fermín Penzol (1901) ou Ánxel Fole (1903) a Ramón Piñeiro, Xaime Isla ou Xosé M. Álvarez Blazquez (1915), pasando por García-Sabell (1908), Carballo Calero (1910), ou o propio del Riego (1913) e incluíndo, entre outros, a Cunqueiro (1911) e Celso Emilio Ferreiro (1912), con traxectorias peculiares. Xentes estas marcadas polo maxisterio da Xeración Nós, polo pulo da cultura galega no período de entreguerras e pola experiencia democrática do Partido Galeguista e da Segunda República.
Picture30Aínda que entre a xeración Galaxia e ‘Nós’ se poden sinalar algunhas rupturas, no fondo predomina máis ben a continuidade. Tanto nun aspecto coma noutro foi determinante o franquismo: se a ditadura impuxo unha mudanza na orientación das tarefas públicas e especificamente políticas dunha e outra xeración, o que foi unha fonte de tensións interxeracionais (como testemuñan os puntuais desencontros con Castelao), o trauma da guerra e a represión tamén frearon posibles veleidades rupturistas (velaí o papel patriarcal recoñecido a Otero Pedrayo).
A fenda xeracional no franquismo. A que antes denominei ‘Xeración dos sesenta’ estaría formada por intelectuais nados entre 1930 e 1945, desde Alonso Montero (1928) a Picture31Francisco Rodríguez (1945), pasando entre outros por Manuel María (1929) e Novoneyra (1930), Camilo Nogueira e Beiras (1936), Méndez Ferrín (1938) ou María Xosé Queizán (1939); e incluíndo atípicos como Franco Grande (1936) ou Carlos Casares (1942). Os intelectuais desta xeración tiveron a desgraza de formarse nos anos máis duros da ditadura franquista. Tamén foron os introdutores do marxismo tanto na cultura galega canto na política galeguista, e entre eles figuran os fundadores do nacionalismo de esquerdas -unha novidade histórica, se temos en conta que o galeguismo máis progresista da preguerra fora estritamente republicano.
Porén, entre esta última e a xeración Galaxia a creba foi moi profunda, o cal contribuíu a magnificar o gravísimo hiato e conseguinte retroceso que supuxo o franquismo no desenvolvemento da nosa cultura. Ao noso entender, a desorientación actual ten moito que ver coa discontinuidade histórica con respecto á tradición de preguerra. Fallou o proceso de acumulación de saber e experiencia colectivos. A xeración seguinte (a ‘Xeración da transición’), que se criou no tardofranquismo e se desenvolveu na democracia está tomando agora o relevo, aínda que nalgúns casos tardiamente. A esta toca suturar aquela fenda, construír sobre novas bases e, superando inercias, redeseñar os roteiros. A súa capacidade para facelo está a proba. É a historia que chama.

Publicado en A nosa Lingua | Etiquetado , | Deja un comentario

O Naufraxio do Reina Rexente, e a súa primeira singradura de Falmouth a Muros

p/ Manuel M. Caamaño
O cruceiro «Reina Rexente» foi construído en Inglaterra pola sinatura «James and George Thompson» de Clydebank, baixo o dirección do afamado enxeñeiro naval británico Sir Nathan Barnaby, quen nesta ocasión non estivo moi acertado, xa que outros buques da mesma serie inglesa resultaron pouco eficaces. A súa botadura realizouse o 24 de febreiro de 1887 finalizándose a súa construción ao ano seguinte. Era unha unidade de elegante liña, con dúas airosas chemineas. Navegando ofrecía un maxestoso aspecto que causaba admiración.
Picture27De feitura similar ao británico «Australia», desprazaba 4.664 toneladas e debía servir como modelo para a construción de dous novos cruceiros nos arsenais españois: o «Lepanto» e o «Alfonso XIII». O custo do «Reina Rexente» ascendeu a 243.000 libras esterlinas, o equivalente naquela época a uns seis millóns de pesetas..
A dotación española que ía tripular esta unidade, trasladouse ao porto de Glasgow para facerse cargo del.
Unha vez rematado, saíu do porto inglés de Falmouth na madrugada do 24 de xaneiro de 1888 para entrar na vila de Muros ao día seguinte.  O extraordinario deste primeiro viaxe foi que o Rexente fixese o percorrido de Falmouth a Muros en tan so 24 horas.
Curta vida no mar disfrutou o buque!, porque tan so sete anos despois, o dia 9 de marzo de 1895 saia de Cádiz  para Tanxer o  «Rexente», coa mision de levar a bordo a embaixada do Sultán de Marrocos, presidida por Sidi Brisha, que en Madrid mantivera conversacións con representantes españois, acerca da revisión do Tratado de Marraquech de 5 de marzo de 1894 que puxo fin á contenda de 1893 cos rifeños. ».
Na mañá do domingo día 10 logo de deixar o seu pasaxe en porto,  saia o cruceiro do peirao de Tanxer, con ceo fechado e vento fresco do NW,  o estar libre de puntas puxo proa á mar rumbo a Cádiz. O mediodía, o vento era xa un forte vendaval, con frecuentes chuvascos e forte Mareira. Desde a costa africana xa non podía divisarse o buque que, sen embargo, foi visto polos mercantes «Mayfield» e «Matheus», que ao igual que el loitaban contra o duro temporal de vento e enorme ondada. Os capitáns dos mercantes informarían máis tarde que divisaron ao cruceiro sobre as 12 e media, a unhas doce millas ao NW de Cabo Espartel, dando grandes bandazos e buscando o refuxio da costa peninsular. Estes foron os últimos en ver o barco de guerra español.
O «Rexente» non chegou nunca o porto gaditano. Durante varios días procedeuse á súa busca coa esperanza de atopar superviventes, pero nada se encontrou. O «Alfonso XIII», «Illa de Luzón», «Joaquín del Piélago» e outros mercantes, percorreron as inmediacións do Cabo Trafalgar onde se supoñía que ocorrera a traxedia, pero todo foi en van e non  se volveu a ter máis noticias do buque, que se perdeu con toda a súa dotación de 412 homes.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Beléns MURADANOS

p/ José Manuel Formoso Luces.

A tradición dos Beléns remontase a séculos atrás. Cóntase que foi San Francisco de Asís, no século XIII, o primeiro que tivo a inspiración de reproducir o nacemento de Xesús en Belén. En Muros e as súas terras, chegado o tempo de Nadal, existe dende sempre a costume de instalar Beléns nas casas. Un dos Beléns mais famosos de Muros e o que, ano tras ano, instala Felipe Martínez Caamaño (Felipe de Chuvasco), no baixo da súa casa, no campo da feira.

De grandes dimensións e primorosamente ordenado, conta con bonitas figuras que reproducen os mais diversos oficios das xentes daqueles tempos. A case totalidade das casiñas foron feitas por Felipe, con notable paciencia, non faltándolle detalle. Polo río e regatos discorre unha auga cristalina, e de moitos dos tellados das casas sae fume. Todo o Belén, en armoniosa composición, e visitado cada ano por mais persoas, que quedan sorprendidas pola beleza do “misterio”. O Belén de Felipe cada ano estrea algunha peza nova e para o seu montaxe conta coa axuda de dos seus amigos, xa que o grande da composición require de mans amigas que axuden a colocar os centos de pezas coas que conta esta magnífica reprodución do nacemento do Salvador.

Imagen59 Imagen60 Imagen61 Imagen62 Imagen57Imagen58

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado , | Deja un comentario

Dende Esteiro para o Mundo

O esteirán Carlos Rodríguez xunto co seu amigo David de Torrelavega, están a percorrer o mundo montados nas súas motos BMW R1200gs .
Picture24Esta longa viaxe comenzou no verán do ano pasado en Esteiro. Carlos saleu coa súa moto cara a Torrelavega onde se xuntou co seu amigo David, e dende o norte de España, cruzando toda Europa e Rusia, chegaron a Magadan, que e unha población rusa que se atopa no Pacífico e onde o xeo e a tumdra son os seus paixases. As temperaturas moi baixas durante todo o ano non impediron que estes dous aventureiros chegasen ao seu obxetivo.
De setembro a abril fixeron unha parada para buscar patrocinadores e recaudar fondos. Agora mesmo andan por terras americanas. Andiveron por Chile e Arxentina, seguirán ao norte ata chegar a Alaska, logo de cruzar México e Estados Unidos. Contan con estar de volta en España en Outubro para traballar e recaudar fondos que lles permitan iniciar a etapa australiana.
Como se pode ver no mapa, chegar a Magadan non foi precisamente un paseiño. Magadan atópase a 14651,2 Km de distancia de Esteiro. Foron mais de 170 horas de viaxe, nas que non faltaron ter que enfrentarse as mais diversas dificultades, pero estes dous novos poden con todo.
Para seguir a súa andaina ao longo e ancho do mundo podedes facelo dende a páxina lacircunvalacion.com ou en facebook no perfil .

Picture26

Publicado en A Nosa Xente, Cousas que interesan | Etiquetado , , | Deja un comentario

Educación y convivencia. El acoso o bullying ( I I I )

p/ Marisé Luces Tajes

FACTORES DE RIESGO EN EL ÁMBITO SOCIAL
La conducta de acoso se ve afectada por la influencia de distintos factores sociales que pueden ser directos e indirectos.
Directos : El grupo de iguales, la actitud de los adultos ante el acoso, la organización del centros escolar, el entorno físico, etc….
Picture23La influencia de l@s compañer@s en el inicio y desarrollo de las conductas de acoso es fundamental. El acosador puede llegar a recibir el apoyo directo de su grupo de seguidores, dándole un estatus de dominador del grupo.
Otros factores de riesgo para el desarrollo de problemas de comportamiento y de conductas agresivas son ( Howell ) :
La exposición a la violencia en la calle.
La disponibilidad de drogas y alcohol.
La desintegración social del barrio.
La tolerancia de los vecinos a la visión de los comportamientos delictivos y agresivos.
Hann y Bosek añaden :
La pobreza.
El paro.
La discriminación ( raza, sexo, religión, etnias… )
Otras causas son ( Gómez Márquez ) :
Falta de modelos claros y explícitos en las familias.
Ausencia de un referente de autoridad.
Educación en DERECHOS y NO EN DEBERES.
Escasos niveles de frustración.
Una sociedad competitiva.
Manifestaciones de rechazo hacia la institución escolar como consecuencia del fracaso escolar.
Escasa coordinación entre las familias y los centros escolares.
Conductas violentas aprendidas y, a veces, justificadas.
En el contexto escolar existen aspectos que influyen en el desarrollo del acoso :
El fracaso escolar.
La actitud del profesorado ante los comportamientos intimidatorios.
La política desarrollada por el Equipo Directivo del centro para combatir estas situaciones.
Ya para concluir unos breves consejos :
SI SE METEN CONTIGO
Pide ayuda.
Expresa tus sentimientos a tu familia.
Cuenta a tus profesores/tutor lo que está pasando.
Intenta no mostrar miedo.
Busca estar siempre en compañía.
¡¡¡ Tienes derecho a que se
garantice tu seguridad ¡!!

A LOS COMPAÑEROS.
¡ Nadie merece ser acosado ¡
Sé amigo/a de la persona acosada.
No rías las gracias de los matones y su grupo.
No calles, ni consientas.
Cuenta a los adultos de tu entorno lo que está ocurriendo.
Dí: ¡ Basta de matones ¡
¡¡¡ No te conviertas en cómplice ¡!!

¿ Y TÚ DE QUE VAS ¿
¿ Acosas a tus compañeros ¿
Piensa en lo que haces y cómo afecta a los demás-
La violencia como forma de relacionarte te conduce a un callejón sin salida.
No te equivoques. La violencia, la agresión, el acoso y el maltrato nunca son una broma.
Habla con un adulto. Tus padres, profesores o alguien de tu confianza pueden ofrecerte ayuda.

¡ SÚMATE A LA CONVIVENCIA SIN VIOLENCIA ¡
Bibliografía.
Atención al maltrato infantil. Región de Murcia-
Convivencia en la escuela nº 5
La convivencia. Sonsoles Gómez
Material Jornadas de Educación y Convivencia. FETE-UGT.

Publicado en Educación | Etiquetado , | Deja un comentario