CALDEIRÓN (Globicephala melas)

p/ Amado Barrera.

Os caldeiróns son eses cetáceos tan fáciles de identificar polo seu gran bulto central, o “caldeiro” culpable do seu nome común.Imagen8

Hai dúas especies, pero a que pasa pola mar de Galicia e ás veces entra nas súas risas de cando en vez ven varar e morrer nas nosas praias, é ésta, porque a outra (G.macrorhynchus) non se ten visto máis abaixo do Golfo de Biscaia. Tamén a lonxitude das aletas pectorais, de case que o 30% do longo do Corpo, axuda a distinguila dela

Pódese confundir, de lexos, có Arroaz, ás veces van xuntos nun grupo. O arroaz é màis pequeño e non é “cabezudo”.

Tamén se parece ao zifio (xénero ziphius), pero éstes teñen máis fouciño e menos “caldeiro”

O caldeirón desplázase habitualmente polo borde da plataforma continental, o seu hábitat vai dende as zoas subopolares ata as templadas (de 0º a 25 ºC) e hai dúas poblacións mundiais, unha ártica e outra antártica, con uns 90000 individuos.

Vive en pequenos Imagen7grupos dunha media ducia de individuos, pero ás veces agrúpanase ata 100 deles, e son tan fieis seguidores do “guía” que se vara éste poden ir e varar unha chea deles. Pero son máis comúns os varamentos aillados.

Comer, come case todo o que pode, unha grande variedade de peixes, pero principalmente a súa dieta é a base de calamares e bacallao. Necesita uns 14 kg de comida ao día e bucea ata os 600 m para cazar calamares, que tanto lle gustan e aos que atopa utilizando o seu “caldeiro”, a prominencia frontal, que é un ecolocalizador.

Pola outra banda, eles son presas naturales de orcas e tiburóns. As femias maduran aos 6 anos e os machos aos 12, e son polígamos, perdón por acabar caendo no cotilleo, pero non deixa de telo seu interes o dato.

Publicado en Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario

A Don Casimiro Torres Pombo: In Memoriam

p/ Manuel Lago Álvarez

A redacción de TMT, fíxome o difícil encargo de escribir sobre Don Casimiro. Difícil vaime ser, porque foron moitos de relación e moitos anos tamén de colaboración directa na redacción e edición da Folla Parroquial de Muros, grande etapaImagen44 na que aprendín del un pouco de todo o seu gran saber. Tan cercana foi a nosa relación que a mais de un deulle por dicir que eu era o cómplice de Don Casimiro, e digo eu, que si ser cómplice, é ser alumno dun home de Deus, síntome inmensamente orgulloso.

O 15 de xaneiro de 2014, os 85 anos de idade, faleceu don Casimiro, quen foi durante cuarenta e dous anos o noso párroco, párroco de San Pedro de Muros. Don Casimiro chegou a Muros o día 17 de marzo de 1966, para cubrir a vacante que deixara o anterior párroco don Ramón García Longo, que falecera o día 9 de febreiro dese mesmo ano. O que en principio ia ser o cubrir temporalmente a vacante deixada polo vello cura don Ramón, converteuse nunha estancia duradeira no tempo.

Don Casimiro naceu na parroquia de San Estevo de Noalla, (concello de Sanxenxo), o 28 de agosto de 1928. Fillo de Don Casimiro Torres e Dona Elisa Pombo, foi o segundo de cinco irmáns. Xunto con él, os seus irmáns Maruxa, Luís, Berta e Suso, foron criados nun ambiente familiar profundamente cristián. Despois de facer os estudos correspondentes, o 28 de xuño de 1953 foi ordenado sacerdote polo Cardeal Quiroga Palacios, sendo o seu primeiro destino a parroquia de Santo Tomás de Piñeiro, e logo a do Carme, en Seixo (Pontevedra). Logo de case once anos nesa parroquia, na que promoveu a construción do novo temploImagen46 parroquial foi destinado a de Muros.

E a Muros chegou en marzo de 1966, comenzando a súa labor pastoral poñéndolle o acelerador a Conferencia Local de San Vicente de Paúl para a asistencia as familias mais desfavorecidas, e o longo dos anos, pondo en marcha as necesarias obras na igrexa parroquial, na casa reitoral e nas capelas da parroquia. Foron 42 anos como o noso párroco nos que deulle un pulo á vida da parroquia: reinstaurar a Adoración Nocturna, que desaparecera nos anos da guerra, logo de ser fundada en Muros no ano 1918; creación das Comunidades Neocatecumenales, que foron as primeiras de Galicia, posta en marcha da Folla Parroquial, creación das confrarías de Semana Santa, e tamén, como non, a súa grande labor de apostolado, e o fomento das vocacións sacerdotais, das que Muros se sinte orgulloso. No ano 2008, véndose moi enfermo, presentou a renuncia canónica ao Sr. Arcebispo que lle foi aceptada, pero non por iso deixou de traballar e colaborar co novo párroco en todo canto puido.

Puidera contar cento e moitas anécdotas das miñas longas conversas con Don Casimiro, pero voume quedar con dúas o tres. Nos últimos anos era eu, xunto coa a súa fiel Mari-Carmen quen o acompañabamos a Santiago ás consultas médicas. Os dez primeiros minutos de viaxe eran para cambiar impresións sobre o acontecer da Vila e da parroquia; logo… a rezar o rosario no coche. E entre padrenuestro e padrenuestro… a súa voz: “adelanta a ese…” “pon la cuarta”, etc, I eu dicíalle: don Casimiro, vde. rece que do coche encárgome eu ¡, I el respondía: “Tú obedece, que se puede estar a lo divino y a lo humano”. E outra: tiña Don Casimiro un gato de notable porte, o que a min me permitiu chamarlle “kaifás”, pese o que el lle chamaba sempre “don gato”. Pois aconteceu que unha parroquiana lle chamou ao seu gato “judas”. El alporizado, e con voz forte díxolle: “en mi casa, judas no, en mi casa, judas, no ¡. E así quedou a cousa.   E xa rematando… Entereime, o mesmo dia 15, en casa de Marcelo da Rabela de que estaba internadImagen45o no hospital de Santiago e de inmediato falei con el interesándome polo seu estado, e cal sería a miña sorpresa… que me foi levando na conversa de forma que era el o que me estaba preguntando pola miña saúde.. que si tomaba as pastillas… que si me tiña que coidar. Lonxe de min pensar, que dúas horas despois Don Casimiro xa non estaba entre nos. O resto… xa é historia conocida.

Don Casimiro foi unha persoa de carácter forte de pero grande e nobre corazón. Me ten rifado moitas veces, pero aos tres minutos xa lle pasara o enfado. Pode que non fora santo da devoción de moitos, e que tivo os seus momentos de luces e de sombras, pero os que o coñeciamos ben sabemos que foron mais as luces que as sombras. Xa retirado de párroco había moita xente que lle dicía: “canto o botamos de menos”, i el respondía: “ya lo sé, pero después direis más: no hubo mejor cura que el que murió ni mejor campana que la que rompio”.

O paso de Don Casimiro por Muros non pode ser como unha cantiga perdida no vento ¡, Muros ten unha débeda de gratitude con Don Casimiro, un sacerdote exemplar que dedicou corenta e oito anos da súa vida a unha terra allea a súa, pero na que soubo integrase e comprender e atender as súas xentes. Esta gratitude debe perdurar no tempo, e que mellor para iso que otorgarlle a Medalla de Ouro da Vila a título póstumo e adicarlle unha rúa, que ben poderá ser a que sobe da praza do concello ata a igrexa parroquial. Ahí queda o meu sentir, que creo comparten moitos muradanos. Que quen teña que decidir, decida.

Publicado en A Nosa Xente, Historia, Vivencias | Etiquetado , | Deja un comentario

A Voz dos Nosos Poetas: VAL DE BADERNADO

p/ Agustín González López.

Sobre o val de BadernadoImagen43

a néboa baixou dois montes,

deixou o val asolagado…

Serres, Baño, Rebordelo,

Portugalete, A Abesada,

Eiroa, Fondo, O Castelo,

Retorta, Burleo, A Acea,

Boavista, Valdexería,

A Virxe, na súa area,

eran só néboa sombría…

Mais de repente aquel raio

que cara ao mar descendía…

era o sol que aparecía

por San Miguel de Sestaio…

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

A Voz dos Nosos Poetas: «A Paz do Nadal»

A PAZ DO NADAL

 Por Marcelino García Lariño ________________

Hoxe veu nacer ó MundoImagen16

para ser seu Salvador,

da maneira mais humilde

Xesús, fillo do Señor.

Por non atopar pousada

San Xosé e mais María,

foron durmir a un portal

que xa estaba en ruína.

E a isto da media noite

María pariu un meniño;

noite fría e de xeada

na que naceu Xesusiño.

Guiados por unha estrela

para Belén saen tres Reis

a adorar e agasallar

a este Neno Rei dos Reis.

O home e incapaz

de darlle o Mundo solaz.

Só o Neno que naceu hoxe

traerá o Mundo a PAZ.

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

A Cruz de Punta Lens

p/ Xokas Figueiras.

Tipo de ben: Cruceiro, Paisaxe natural, Concello: Muros Parroquia: Louro (Santiago) Lugar: O Ancoradoiro Outra denominación do ben: Cruz de Pepe da Pedra Cronoloxía: Século XX, Descrición: Situada naImagen42 Punta Lens, moi preto do complexo vacacional e praia do Ancoradoiro. Encima dun penedo érguese unha cruz de pedra de escaso metro de altura nun entorno natural privilexiado, conmemora a Pepe “da pedra” que achou a morte naquel lugar sendo arrastrado polo mar no ano 1960. A cruz ten pegadas dúas placas metálicas cos seguintes gravados: a inferior di “SOCIO AMIGO, YA ESTAS EN EL MAR QUE TANTO AMASTE AHORA DINOS: ¿QUE ES LO QUE HAY MAS ALLA DE LAS ESTRELLAS”; e a superior, “A mis Padres para siempre”.

Propiedade: Descoñecida Uso actual: Outros Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Non está inventariado Elementos mobles: Tradición oral: Referencias bibliográficas:   INVENTARIO DO PATRIMONIO MARÍTIMO PESQUEIRO NO ÁMBITO DAS CONFRARÍAS DE PESCADORES DE MUROS, LIRA, O PINDO, FISTERRA E LAXE

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si Está cuberto de maleza: Non Está afectado por algunha obra: Non Estado de conservación: Moi bo

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado , , | Deja un comentario