Fermosa ave que vemos por todo-los prados, bosques, parques e mesmo xardíns e que aniña tamén en calquera recuncho ente arbustos, mirtos e mesmo
frutáis ben agochadiños para que non os vexan os gatos ou miñatos.
Chegando a 25 cm de largo e ata 40 de envergadura, ten unha uniforme cor negra o macho, có peteiro e o anel ocular alaranxado, sendo pardo moteado o da femia,m que ten o peteiro amarelento
Voan con moita axilidade, a mediana altura, e camiña a saltos, eguéndose todo estirado cando se para.
Empeza a cantar xa a finais do inverno, cunha melodía inconfundible, agarimosa e melódica, composta de varias estrofas breves e variadas cun típico final agudo. O canto de reclamo
é unha sucesión de notas agudas e moi seguidas que van subindo de tono. E cando se levanta espantado lanza un cacareo moi de seu.
ANIÑANDO
A parella de merlos non tolera intrusos, chegando a agredir a outros merlos para os botar do entorno do seu niño. Tanto se cegan na pelexa que se lles pode chegar a colle coa man. Se lles pon diante dun espello chegan a se esgotar pelexando contra a súa imaxe.
O niño é unha cunca feita de poliñas que recubre con terra por dentro, gostando da húmida das macetas para tal uso. A ubicación e calquera que quede agochada entre a vexetación de árbores e arbustos, coma o da fotografía, que estaba nun limoeiro da horta.
Poñen de 3 a 6 oviños e o macho colabora algo, pero pouco,
na incubación. Deberían ter un 8M as merlas.
Fan dúas o tres postas ao ano.
Os pitiños tardan 14 días en abandoa-lo niño.
QUE QUÉ COMEN os merlos? Máis que nada, insectos. Pero tamén miñocas e cando hai froita, pois froita, para lamento dos seus donos, que non se decatan de que paga a pena lles pagar con unha pouca de froita o benéfico traballo que fan eliminando insectos e vermes. Por outra banda, non é difícil protexer-las fresas con unha redecilla.
Amado Barrera, Marzo 2018, para THE MUROS TIMES

a todo o que visitase o templo nun Ano Santo Xubilar. Tamén concedía aos fieis un valioso documento que acreditaba percorrer o Camiño de Santiago e aseguraba o dereito de asilo na cidade e nas igrexas polas que descorrían os distintos camiños que levaban á cidade do Apóstolo. Convertida en meta de salvación da Cristiandade, a catedral evolucionou con tal vitalidade que foi capaz de impulsar a construción de calzadas, hospitais, albergues, mercados e burgos enteiros (incluso a centos de quilómetros de distancia de Santiago), nas rutas que transitaban os peregrinos para alcanzala. A este bulir, Muros, como o porto máis importante de Galicia naquel século, non foi alleo. O Santuario da Virxe do Camiño co seu hospital de Lázaros, e o feito de contar con dúas parroquias (Tal e Louro) que teñen por Patrón ao Apóstolo Santiago, son consecuencia da importancia da Vila como centro e inicio das peregrinacións á inmortal Compostela.
prosperou máis que nos acabou facéndose dono da historia e así arrogouse o feito de que o Camiño Inglés iniciábase en A Coruña e Ferrol.
Xuíz da Vila que os enviou arrestados ao Gobernador de Galicia D. Antonio de la Cueva. Coñecendo en Santiago este apresamento, o Arcebispo e Cabido reclamaron os referidos peregrinos; pois en virtude dos privilexios e concesións que tiña a Igrexa Compostelán, os peregrinos por ninguén podían ser molestados e perturbados no cumprimento da súa romaría. Consultou o caso D. Antonio de la Cueva co Emperador Carlos, o cal desde Burgos, en carta de17 de Xuño de 1524, contestoulle, que en canto aos peregrinos, se constase que, en efecto, viñan en romaría a Santiago, non lles estorbase no seu camiño, e en canto aos outros franceses prisioneiros retivéseos no seu poder ata que fosen trocados. Dálle tamén grazas o Emperador polas providencias que tomara para defensa da costa de Galicia protección e estimulo.
zabra fuisteis Requerido por los del Cabildo desa sancta yglesia con el priuilegio que tiene de la libertad de los Romeros para que no lo hiziesedes, antes que los dexasedes libres, no ay que dezir sino que en quanto a los dichos Romeros y nao en que uinieron siendo y constandos que ellos son Romeros y pelegrinos e que uenían solamente en Romeria a señor Santiago hagays que se les guarde el dicho preuilegio/ y en los otros XVII franceses no ay necesidad de en-biarlos aca, syno uos hazed alla con ellos lo que se acostunbra en guerra en semejantes cosas e sy por la jnformacion que ouierdes pareciere que ay entre ellos alguna persona de calidad auisar nos eys dello.
cada vez, a rouqueira aínda se agravaba. Como os da casa toleábanme de que eso forzosamente tiña que ser cousa mala, moi mala, collín pánico e terminei por ir ó Centro Médico á consulta do otorrinolaringólogo que, se para pronuncialo cómpre estudio, para escribilo é mester facer todo un curso na escola de noite.
