Expresións muradanas

p/Manuel Lago Alvarez

Somos como somos, e por iso repito eu moitas veces que os muradáns somos <distintos, pero non distantes>.(esta frase e miña, -da miña creación-, e sei que co tempo farase popular e o seu uso será moi común). E como somos <distintos, pero non distantes>, na fraseoloxía popular muradana hai centos de palabras e expresións, que usamos a diario e que conforman unha maneira de ser. Moitas son propias nosas e outras andan tamén espalladas polo mundo mundial. Frases, expresións e refráns foron transmitidas de xeración en xeración e forman parte da nosa cultura tradicional. Todas son unha pequena mostra de sabiduría popular, e non son só os maiores quenes as usan, tamén as novas xeracións fixeron proa delas, e incluso moitas, son de adquisición e uso moi recente. De seguro que moitos lectores aportarán moitas outras.
A un bo amigo meu, profesor na Universidade de Santiago, pedinlle que fixera un estudio sobre este . Estou seguro que se fará, pero de momento ahí van estas frases e palabras que fun recollendo, de aquí e de alá, e como non, tamén das redes sociais. Van sen orden concreto e escritas nun galego… que é o que é… vamos… de Muros, que non é pouco. Si alguén ten paciencia, que as ordene como queira, que eu non vou durar toda a vida. (Si pasiensia me quixera…¡).
======O======
A confiansa levouna o inglés.
Aculicuá ¡
A dónde vas así cagharría…
Aaaiii, e teño un fillo tolo!
Aaaiiiii, que me estrujéi !!!!
Ahh! e que tés?
Ahhh… non vou casar cun alacabos…..”
Ahí estás ti, moco podre.
Ai que desgrasia, morreu o porco e quedou inasia ¡
Aquélame eso de ahí, que o quero para aquelar esto de aquí ¡
Arrédemo ¡¡
Arrenejado sea o demo!
Arrechéjame eso oh!
Arrómbame eso…
Barco grande ande ou non ande…..
Bichicoma!!!
Bueno estaba y se murió.
Cala muller, que sonche polvos de camiño.
Canto mais te agachas, mais che dan polo cú
Carallo lura, que borra botas ¡
Casachò, calsatrepias, no me vas blás.
Chiringar
Choco perdido
Choverá hoxe? (cando xa está chovendo)
Carallos cuan ¡
Cono, rosa, cono… ¡
Corre como un flispin
Dale con mas xeito y con más jrasia que parece que no tienes janas de trabajar.
Dar non dar… as de juanita riveiro ¡
Deixa así xa!!!
De aqui, pa alá todo pajo!!!
Demo de collón ¡¡
Demo de collón de baeta ¡
Demo de pasjuato!!
Dio-lo dé polas ajras ¡
Dio-lo paje!!!
Dis ti, non?
Donde dormen dous saen tres…
Donde vaia o caldeiro que vaia a asa ¡
E ló, ti, qué?
E logho, ti de quen ves sendo?
E lojo qué pasou?
É moito, moitiño
E ti de quen és?
Eche unha deleiva…
Eló, eres cricallán?
En que barco andas? oh!
Encartar
E que tés na orella rapas?
Eres mais feo que pejarlle a un pai.
Ese can vai desfeito.
Es máis feo ca Dios!
Es coma o castrón da chimpota¡
Esjorechoume!
Esjorrecha!!!
Estar o axexo ¡
Estás como unha xota…..
Este/a é parvo/a.
Faeneiro!!
Fálame sempre!
Faltan estáas…..
Ghuapo, ghuapo non é, pero ten un pelaaaasooooooo ¡¡
Hai cada can….
Máis que dios!
Home, o aquel de aquelar.. pareses parvo..
Iscalle, lura, que é carnada dura.
Julandron
La escarallamos
Latar a escola
Eche un mundo de jrande…
Levar un cajallón
Mais perdido que o barco do arrós
Merca un quilo de borraxeira e perdete !!!!
Mexevo
Miña nai boa, canta borraxeira hai hoxe…..
Morra eu e os filisteos ¡
Musiño/a
Non flotes¡¡
Mimá¡¡¡¡¡¡
Non hai carallo que vos faga
Non me amoques!
Non pasa rem ¡
Cala a bouca ¡¡
Noviño do trinque.
O que non corre, voa ¡
O que non tira os seus, e un porco ¡
O que quiras…
O meu millo seca todo ¡
Outra vaca no millo ¡¡
Pásame o aquel?.. qué aquel?..
Pásame o chirimbolo ese oh!
Pasoú fungando!!
Perro coche eh!!
Que pasada ¡
Que cada can lamba o seu carallo !
Que nin diola¡¡
Que non pasa rem ¡¡
Que pajo nos da o mundo ¡
Pasensia!, e un carro para levala…
Perro coche acaba de pasar…
Quei me rin con esa película……
Sejoume!.
Serás Lercha ¡
Ser pobre e non dar pena e traballo abondo ¡¡
Si pasiensia me quixera…
Si tal!! que lo se yo…
Tal para cual….marajota e media
Te-lo demo no corpo!
Ten unha empanada!!
Ten unha jrasia que nin dios
Tes jana ?
Tí eres enfermo
Ti es algo paxoco ¡
Ti es un papaostias ¡
Ti toleas!!!
Todo o mundo me berra ¡¡
Todos somos galegos menos o capitán que é de Muros.
Non fuses máis
Mi madriña!
Vas levar unha caldeirada de paus,jejej
Vamos os chuchamelos ou as amoras?
Tomar a mamada
Acañar
Ir as luras
Tomar uns chiquitos!
Vai de ahi mamalon do carallo.
Vai mirar si chove a punta do muelle!!!
Vai pola sombra ¡
Vai rasca-lo carallo ¡
Vaites, vaites…
Vale, veña!!!
Vámola andando ¡
Vouche dar unha fanecada…
Vouche dar unha lambeorcada ¡¡
Vouche dar unha tunda que che vou mandar para a botica
Vai de ahí…
Vai rañala ¡
Zi Tereza fora túa…..
Ti tamén tes bo carallo ¡
Xuntemonos e que vaian ¡

Publicado en Arte e Cultura, Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

Os hórreos de Bornalle

p/ Elixio Vieites
Tipo de ben: Hórreo,
Concello: Muros
Parroquia: Abelleira (Santo Estevo)
Lugar: Bornalle. Cronoloxía: Descoñecida,
Descrición:
Picture3En Bornalle hai un bo exemplo dun campo de hórreos. Hai construídos 22 elementos e varían un pouco na tipoloxía. O modelo que sobresae e o hórreo feito de pedra e elevado sobre seis esteos individuais con tornarratos e servindo de apoio aos linteis que soportan a cámara. perpiaños con abertura en horizontal, cuberta a dúas augas e tella do país. Semellante acabado no penal que no resto da cámara. No cume das sobrepenas do pinche do tellado, algúns teñen adornos, pero a maioría vai sen el. Esta maneira de construír pódese chamar “tipo Noia” e esténdese de Noia a Corcubión.
Propiedade: Privada
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Referencias bibliográficas:

Haz clic para acceder a 22396CA020.pdf

(pp.2 de 16)
Brigantium. Boletín Arqueolóxico e Histórico da Coruña. Vol I, 1980, : UN EXEMPLO DE AGRUPACION DE HORREOS: BORNALLE-ABELLEIRA, CORUÑA-, por Begoña Bas López, p.195.
Afeccións: Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Non
Estado de conservación: Bo

Publicado en Arte e Cultura, Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

A Bandeira Galega e o «Joaquín Pérez» de Muros.

p/ Francisco Abeijón Núñez

O pailebote muradán Joaquín Pérez tivo a honra de ser o primeiro barco no que ondeou a bandeira galega. Este feito tivo lugar o primeiro de xullo mil novecentos trinta e dous. Aquel día de verán no peirao de Muros encetábase unha excursión Imagen58de Ultreyas –organización xuvenil galeguista- que durante quince días ía transitar polas Rias Baixas. Tratábase dunha viaxe de formación e aprendizaxe para un grupo de rapaces nas materias de xeografía, navegación, historia, etnografía, etc… Estaba insertada nunha moderna concepción do ensino pedagóxico que facía furor por toda Europa nos anos trinta do século XX. Polas referencias escritas da viaxe sabemos que visitaron entre outros os portos de Ribeira, Rianxo, Cambados, Vilagarcía, O Grove, Portonovo, Bueu, Ons e Vigo. Para aqueles cáseque dúas ducias de rapaces, entre os que podemos citar a Isaac Díaz Pardo, X.Astorga Anta, Torres Caplane, Penas e un longo etcétera de Ultreyas sería unha excursión inovidable. Para os profesores Xurxo Lourenzo, X.Martínez López, Álvaro das Casas, R.Martínez e Isidro Parga Pondal era unha importante xeira da que se tirarían algúns estudios e varias experiencias. E para a organización xuvenil galeguista Ultreya supoñía un paso adiante na súa propia consolidación e no traballo de educación da mocidade cara a reconstrucción da Patria.

Esta viaxe como barco escola significaba un flete excepciónal para Joaquín Perez. Xa que o barco adicábase normalmente ao transporte de mercadorías dende Vigo, a coñecida como carreira de Vigo, para a casa armadora da familia Pérez de Muros. Ninguén nos asteleiros do Caniso situado na Inxuela en Esteiro donde fora construido polo mestre Manuel Brea Cernadas “o mariñán” en mil novecentos vinte podía sospeitar que este barco de pouco máis de dezaseis metros de eslora e apenas vintecinco toneladas métricas de rexistro bruto estaría destinado a entrar con letras maiúsculas na historia de Galiza.

O Joaquín Pérez iría mandado polo patrón esteirán de confianza da casa dos “carraspellos”Imagen59 muradáns. A dos Pérez era unha das casas industriais e comerciais máis puxantes da burguesía da época. Xosé Caamaño Esteiro nacido en Esteiro en mil novecentos, era coñecido por Xosé de Fisterrán, e estaba en posesión do nomeamento de patrón de cabotaxe para pilotar barcos de vela e vapor por augas de Vigo, Pontevedra e Vilagarcía dende 1930. Este mariñeiro tamén sería, máis tarde en 1934, tamén o patrón do Genoveva –folio VILL-3ª-2-1463-, a primeira baca de arrastre que houbo no porto de Muros. E máis tarde moi coñecido na postguerra por ser o patrón do barco secuestrado polos republicanos fuxidos que levaron ao mítico Lino Tieles dende a ria de Muros ata as costas francesas –pero esa historia debullaremola máis polo miudo noutra ocasión-.

O resto da tripulación do Joaquín Pérez durante esta histórica viaxe estaba formada polos mariñeiros esteiráns Bieito Caamaño Esteiro –Benito de Fisterrán– irmán do patrón, Xan Maio Caamaño –Xan de Meliño-, Xosé Caamaño Cernadas –Xosé de Ferreñas-, e máis un meiriño apelidado Lamas e casado en Muros. Como sabedes os meiriños por estes lares son as persoas orixinarias das rias baixas.

A emoción bulía na mente dos rapaces. Auténticas vangardas galeguistas sabedoras de que era a primeira vez na historia da navegación galega que a bandeira azul e blanca ondeaba na popa dun navío. Unha vez doblado o Rebordiño e avistando pola amura de estribor os cumes do monte Louro aqueles privilexiados estudantes empezaban a apagar a súa sede de sabedoría aprendendo as doctas ensinanzas dosImagen60 seus mestres aplicando de xeito práctico a filosofía da organización Ultreya, que fora creada en febreiro dese mesmo ano por Álvaro das Casas, director do instituto de Noia e destacado político arredista.

Esta filosofía dos Ultreyas quedaría expresada aínda que coa exuberante retórica da época no decálogo da organización:

  1. Porque amo a Galiza con toda a miña alma , adicareille os meus millores esforzos para formala eternamente feliz.
  2. Porque a miña vida está chea de mágoas, a miña mocidade será unha leda canción que erguerá o espírito de todos os coitados.

III. Porque estou afincado no chan nativo endexamais hei de crebar as ligazóns coa miña xente, manterei sempre aceso o fogo do meu lar.

  1. Porque penso no que fun, no que son e no que teño que ser, respetarei os vellos e pequenos e defendereinos de toda aldraxe e sofrimento.
  2. Porque quero a eficacia da miña laboura, axudarei os nobres desexos dos meus compañeiros como quixera que me axudasen a min na arela dos meus limpos soños.
  3. Porque teño que ser home útil a miña Terra, cumprirei todas as miñas obrigas para ir facendo a miña historia de cidadán exemplar.

VII. Porque quero limpar a miña axuda de erros, educarei o meu esprito no estudo e no traballo.

VIII. Porque teño de ser rexo na axuda aos meus irmáns, fortalecerei meu corpo na craridade das augas e no ar das montañas.

  1. Porque soño nun provir de verdadeira fraternidade, farei que rente min se xunten todos os rapaces galegos para que o día de mañán non nos afasten prexuízos de caste.
  2. Porque quero unha Galiza enteiramente galega en convivio con todas as culturas abrirei o meu peito a todos os homes de boa vontade e reita intención.

O día quince de xullo de mil novecentos trinta e dous o barco de Muros, Joaquín Pérez, rendía viaxe en Vigo coa súa bandeira azul e branca na popa. A primeira universidade flotante da nosa terra facía doutores “honoris causa” a toda a pasaxe e a súa tripulación. O patrón de cabotaxe número 551 da Comandancia da Mariña de Vilagarcía, Xosé de Fisterrán, sorría dende a ponte. Matinaría na trascendencia histórica desta viaxe que estaba tocando ao seu fin? O finado de Pepe Agrelo e máis eu que investigamos este asunto en mil novecentos noventa e dous coidamos que si.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

A visita a Muros do Sr. Obispo Auxiliar de Santiago, en 1913

p/ Manuel Lago Alvarez

Esta foto que hoxe traemos as páxinas de TMT estivo sen datar ata agora. Correspondese á visita a Muros do Sr. Bispo Auxiliar de Santiago, Don Ramón Fernández y Balbuena, o día 25 de abril do 1913.
Picture2A visita do Prelado foi todo un acontecemento. Baixo palio, e camino da Colexiata, percorreu a rúa do mar, sendo recibido polo señor Cura Párroco, pola Corporación Municipal, presidida polo Segundo Teniente de Alcalde Sr. Agra Lago, polos Xuices de Primeira Instancia e Municipal, Forza de Carabineros o mando do oficial xefe da sección, polo Axudante de Marina, Comandante do posto da Garda Civil, Oficial de Telegrafos, Fiscal Municipal, Diputado Provincial Sr. García Portals, o Administrador de Correos, o Director de Sanidade Don Juan Lojo e os maestros das escolas do pueblo. Foi un neno da Escola Pía quen lle deu a benvida. Contan as crónicas que os actos remataron con un viva ao Sr. Bispo, a relixión, ao catecismo e a Patria. No acto de recibimento tocou a Banda Municipal de Música de Muros, que por actuar nese día, percibeu a cantidade de cen pesetas, por acordó da Corporación municipal de catro de maio, (ML)

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Os Nosos Beléns

p/ José Manuel Formoso Luces

As orixes deste costume de reproducir en imaxes o nacemento de Xesús se remonta ao século 13 por iniciativa de San Francisco de Asís. Dise que, mentres predicaba pola campiña de Rieti, Italia, o sorprendeu o cru inverno ao humilde predicador que vestía con farrapos. Refuxiouse na ermida de Greccio. Era o Nadal do ano 1223. Mentres oraba rodeado daquela paz do bosque e meditando a lectura do evanxelista San Lucas, tivo a inspiración de reproducir en vivo o misterio do nacemento de Xesús en Belén. Construíu unha casiña de palla a xeito de portal, puxo un presebe no seu interior, trouxo un boi e un asno dos campesiños do lugar e invitou un pequeno grupo deles a reproducir a escena da adoración dos pastores. A fermosa idea propagouse por toda Italia, logo a España e o resto da Europa católica.

Imagen45 Imagen46 Imagen47 Imagen48 Imagen49 Imagen50 Imagen51 Imagen52 Imagen53 Imagen54 Imagen55 Imagen56 Imagen57

Publicado en Arte e Cultura, Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario