A Nosa Xente: Pedro Luces Barreiros

En idade non ten moitos anos, pero en experiencia da vida sí. Chámese Pedro Luces Barreiros, pero todos o coñecemos por Pedro do Ancho. Naceu Imagen18no ,ano 1933 no moi muradán barrio de San Xosé. Seus país foron Ramón Luces Trigo e María Barreiros González. Con doce anos abandonou a escola para traballar co seu pai Ramón nas duras tareas da pesca. Con un sorriso nos beizos falame de cando saian para o Profundo, remando e remando nunha travesía que lles levaba catro horas. A pesca á liña; merluzas, as que viñeran… e logo outras catro horas para voltar a Muros. Tamén me dí das travesías a Fisterra (tamén a remo), nunha canoa propiedade d seu pai Pedro e que se chamaba Turita, e dime que hoxe as travesías son mais levadeiras, xa que os motores reman sós.

Cóntame que fixo dous anos de servicio militar no buque Almirante Valdés, e que logo de un breve tempo dedicado á pesca en Muros, empezou a navegar en buques mercantes españoles, que o primeiro barco no que navegou era da Naviera Vascongada e chamabase Leñador, e que nos moitos anos de navegación recorreu caseque todolos mares do mundo. Ós vintenove anos casou con María Figueiras Dosil, ca que tuvo dous fillos: Pedro e María.

Hoxe, xa xubilado, adica o seu tempo a dar longos paseos pola Vila, moitas veces acompañado dun pequeño can, do que dí que ainda que é pequeño e caivo, ten mais forzas que él. A historia de Pedro e parecida a de moitos muradáns que adicaron a súa vida ó mar; un mar que lle deu penas pero tamén moitas alegrías. Pese a todo, Pedro sigue sentíndose mariñeiro e que sempre o será.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario

Paseando por Muros

p/ Antonio Lago Piñeiro

Observar os cuadros de Antonio e como dar un paseo pola Vila, como sentirse andando de rúa en rúa, e palpar as súas nobres pedras. Antonio pinta con un realismo tanxible, e pudera decirse que as súas obras son como fotografías, pero nada mais lonxe: e só realismo dhun enamorado de Muros que escribe con plumilla e pincel versos de amor a Vila que o acolleu. Non hai edificio nin pedra coñecida de Muros, que Antonio non hubera levado ó papel ou ao lenzo. Estas que amosamos na revista TMT son unha pequeña mostra da gran colección de Antonio.

Imagen7Imagen6Imagen5Imagen17Imagen16Imagen15Imagen14Imagen4Imagen3Imagen13Imagen9Imagen8Imagen10

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado | Deja un comentario

A defunta

p/ Marcelino García Lariño

Unha moza de Lariño, no concello de Carnota, chamada Malena, casouse cun veciño noso da Virxe do Camiño, e veu vivir a Muros á casa da sogra que eraImagen1 viúva.

Malena era moi noviña, moi xeitosa por certo, traballadoriña e foi e aínda o é moi boa veciña, moi acudidora e moi da súa casa que ninguén lle ten que dicir. É un modelo de rapaza.

Ós poucos días de vir para a Virxe, para casa da sogra, cando aínda Malena a penas coñecía ós veciños e menos aínda ás xentes dos outros lugares, petáronlle na porta da casa. Malena foi a abrir e atopouse cunha muller que traía un bolso. O aspecto da recente chegada era máis ben de persoa achacosa, doente ou eivada, coa face entoucada, lúgubre, sombriza cunha cor esbrancuxada, pálida coma a dunha encoveirada.

A mociña, ¡miña almiña! que é moi sensible e educada, mandouna pasar e coidando que era unha pobre condoeuse dela e díxolle que agardase un Imagen2momento. Pero a muller que acababa de entrar abriu o bolso e del sacou unhas prendas de roupa de muller e rogoulle con elas. Ela, a Malena, díxolle que non necesitaba nada do que a muller lle ofrecía. Mais esta preguntoulle:

–¿Non está túa sogra na casa? Dille que estou eu aquí que veño por ela.

–¿Daquela, vostede quen é?– inquiriu a rapaza.

–Eu sonche “A Defunta”.

Negra cousa lle dixo. A boa e santa da rapaza deu en berrar coma unha tola –calquera faría o mesmo, ¿non si?–, dicindo:

–¡Miña sogra non baixe. Que xa ten aquí a morte agardándoa!

Efectivamente a vendedora era desta parroquia onde todo o mundo a coñecía polo alcume de “A Defunta”.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Carta da Redacción: Decembro-2013

E tempo de Nadal, e tamén tempo de recibir o ano novo. Atrás vai quedar un ano 2013 que veu nacer a revista cultural The Muros Times. Para algúns… un feito intranscendente, ou como pouco, un mal menor. Para moitos, unha iniciativa pioneira e longamente agardada; e agardada porque as terras muradanas nunca plasmaran por escrito tal maneira a posta en valor do patrimonio histórico, cultural, e artístico que atesouramos. Un pequeno grupo de Muradáns, de aquí e da diáspora, plantamos unha semente que está a dar froitos tanxibles. Son mais de 800 os seguidores directos na páxina de TMT, e foron 6400 os que accederon a versión dixital da revista do mes de octubre. Ós oito números publicados de abril a novembro tiveron un total de 23101 visitas, que e unha cifra que di moito do interese que os lectores teñen pola revista.

Nestes meses de posta en marcha non foron poucas as dificultades, pero os que colaboramos e escribimos en TMT, soubemos afrontalas; unhas veces con notable paciencia e outras gardando un prudente silencio. Non é fácil levar adiante unha tarefa cando un se atopa rodeado de ácidas críticas que só se fundamentan en un: a ónde van eses?. Pois como dicían os nosos devanceiros: éche o que hai ¡¡¡, e por ser así, TMT seguirá sendo unha oferta cultural ABERTA e PLURAL, e como tal non renuncia a que os seus colaboradores sexan persoas do mais normal, xentes de aquí e de acolá, que moi por encima do seu pensar individual, están comprometidas en que TMT sexa unha revista para todos; e para todos a nosa mais rendida felicitación: Para os bós momentos, gratitude; para os malos, moita esperanza; para cada día, unha ilusión, e sempre, sempre, felicidade.

FELIZ NADAL E UN VENTUREIRO ANINOVO ¡¡¡

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado , | Deja un comentario

O novo período de programación UE 2014-2020

p/ Inés Monteagudo Romero, Técnico de inspección e promoción

Agader

O reto máis importante que ten a UE para este novo período de programación é saír da crise e retomar o camiño do crecemento sostible. Para iso precísanse unhas finanzas públicas saneadas, reformas estruturais e investimentos a prol doImagen1 crecemento e a mellora do emprego.

A Estratexia UE 2020 vai dirixida a acadar unha economía intelixente, sostible e integradora, que se supón vai xerar emprego, produtividade e cohesión social. Así, neste novo período o FEDER, o FSE e o FC teñen como obxectivos o “Investimento en crecemento e emprego” e a “Cooperación territorial europea”, neste caso só o FEDER.

Os fondos estruturais e de investimento europeos (Fondos EIE) inclúen en España, para o período 2014-2020, o fondo europeo de desenvolvemento rexional FEDER, o fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural FEADER, o fondo europeo marítimo e da pesca FEMP e o fondo social europeo FSE. Os fondos EIE teñen como obxectivo promover a competitividade e a converxencia de tódolos territorios e son un instrumento esencial para facer fronte aos retos do noso pais, restablecendo e aumentando o crecemento e garantindo unha recuperación que xere emprego.

Para acadar estes obxectivos búscase a coordinación entre os fondos, evitando solapamentos, e tratando de acentuar os efectos positivos a través das sinerxias. Neste camiño a Comisión propón un Regulamento de disposicións comúns, que persigue intensificar a coordinación, para concentrar os recursos en acadar os obxectivos da estratexia UE 2020. Así estableceranse uns obxectivos temáticos comúns, unha planificación e mecanismos de execución máis coherentes, unha reserva de eficacia, e unhas normas de subvencionalidade máis simplificadas, entre outros elementos. O FEDER e Imagen5o FEADER contribuirán a tódolos obxectivos temáticos, incidindo nos ámbitos nos que actúan as empresas e na prestación de servizos; o FSE atenderá ao emprego e a mobilidade, a educación, competencias e aprendizaxe permanente, promoción da inclusión social e loita contra a pobreza; o FEADER terá como obxectivo o crecemento intelixente, sostible e integrador nos sectores agrícola, alimentario e forestal, así como as zonas rurais; o FEMP centrarase na viabilidade e competitividade da pesca e da acuicultura, promovendo a cohesión social e a creación de emprego nas comunidades dependentes da pesca, diversificando a actividade cara outro sectores marítimos.

Os traballos de programación da política de cohesión inclúen un Acordo de asociación de España, e os Programas operativos nacionais.

O Acordo de asociación é un documento nacional, no que se expón a estratexia e as prioridades de investimento dos fondos. Para elaborar a estratexia faise unha análise da situación, incidindo nas disparidades existentes entre as distintas rexións, nas oportunidades de crecemento e debilidades, nas diferentes áreas de investimento que identifican os regulamentos, e que son os obxectivos temáticos: Potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación; Mellorar o uso e a calidade das tecnoloxías da información e das comunicacións e o acceso a estas; Mellorar a competitividade das pequenas e medianas empresas, do sector agrícola (no caso do FEADER) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP); Favorecer o paso a unha economía baixa en carbono en todos os sectores; Promover a adaptación ao cambio climático e a prevención e a xestión de riscos; Protexer o medio e promover a eficiencia dos recursos; Promover o transporte sustentable e eliminar os embotellamentos nas infraestruturas das redes fundamentais; Promover o emprego e favorecer a mobilidade laboral; Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza; Investir na educación, no desenvolvemento das capacidades e na aprendizaxe permanente; Mellorar a capacidade institucional e a eficiencia da Administración pública.

Pola súa banda os traballos do Programa operativo lévanse a cabo respectando o principio de partenariado e gobernanza multinivel; é dicir, están involucradas as autoridades públicas dos diferentes niveis da Administración española (hai un programa operativo por comunidade), e os axentes económicos e sociais.

Se nos dan oportunidade, iremos desenvolvendo estas primeiras apreciacións e analizando as repercusións que estas actuacións van ter na nosa economía.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , , | Deja un comentario