A casa de baños de Muros

p/ Manuel Lago Alvarez.

Cando nos tempos de hoxe está moi de moda o que se ven en chamar o , fai cen anos, xa en Muros se abrira o público unha casa de baños, que tiña a súa ubicación no que hoxe son as instalacións municipais do Pozo do Cachón, e que de antano fora unha concesión realizada no ano 1839 a D. Ignacio Pérez Bazarra.
Picture32A autorización para por en marcha as obras de acondicionamento dos locais publicouse na Gaceta de Madrid, nº 73, o 13 de marzo de 1916, sendo o impulsor da iniciativa o promotor muradán D. Abelardo Dubert Siaba, quen tivo que sortear unha morea de trámites administrativos así como algunha que outra reclamación, como a formulada por D. Abelardo Romaní e outros, que presentaron alegacións ante a administración para que non se accedera o solicitado polo Sr. Dubert. Alegaba o Sr. Romaní que non era certo que se iñan a executar obras para baños; que de otorgarse a concesión non poderían amarrar e desembarcar os pescadores e que carecían as obras de zona de salvamento e vixiancia e que como consecuencia das que existen, escasean os mariscos na praia. A reclamación non prosperou, xa que a iniciativa contaba con todos os pronunciamentos favorables.
Picture33Realizadas as obras necesarios as instalacións publicitábanse na prensa da época baixo o nome comercial de , e tamén con moita sorte de referencias os servicios que ofertaba o establecemento: .
O establecemento alcanzou grande fama pola calidade dos servizos que prestaba, que viñan avalados polo uso de procedementos de outros establecementos europeos como Carlabad, Marienbad, Franzensbad, Dx y St Amand, etc, ofrecéndose tamén baños de lodo e cieno, existentes nas proximidades do edificio, con cantidade crecida de sulfuros, según os análisis que constaba en nota expedida polo Catedrático de Química Analítica da Facultade de Farmacia de Santiago, Sr. Deulofeu, e que estes baños eran moi indicados para todas as dermatosis, e moi especialmente para os eczemas, .
Esta casa de baños foi todo un éxito, e doulle fama a Muros, pero a súa permanencia no tempo foi efímera por motivos relacionados coa economía nacional que naqueles tempos estaba pasando por malos momentos.

Publicado en Cousas que interesan, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Bietiño do Pouseiro

p/Marcelino García Lariño

Bieitiño do Pouseiro era o vinculeiro da casa dos Pouseiros do lugar de Fenestranova no Rebordelo de Arriba.
Ó Bieitiño chegoulle a idade de ir a servir á Patria, como todo fillo de veciño, e entrou de recruta no acuartelamento do exército da capital da provincia.
O pai do Bieitiño, que amais de se-lo patriarca dos Pouseiros era tamén o cacique de Rebordelo de Arriba e de Rebordelo de Abaixo, coñecido e moi sonado en toda bisbarra e fora dela polas súas cacicadas, tiña moitas e moi boas recomendacións en algures, e, entre elas, a do señor comandante do cuartel de instrución na que entrara o fillo como recruta.
Picture31Acostumado o morgado dos Pouseiros a dispor como e cando quería o que lle daba a gana, coidou que na vida castrense á que agora pertencía, ía face-lo mesmo. Mais non foi así; pois deu con un tenente que o obrigou a entrar polo rego.
Como Bieitiño estaba tan recomendado polo cacique do seu pai, calquera cousiña por livián que fose que lle dixera ou fixera o tenente, faltáballe tempo para ir a contarlla o señor comandante. Este oíao sempre, e sempre tamén, lle dicía o mesmo:
Mais o tenente parece que non estaba con esas, porque as reprimendas eran continuas, como continuas eran tamén as queixas do recruta no despacho do señor comandante.
Unha vez tivera Bieitiño un altercado con tenente, ó que chegou incluso a ameazar; mais este, que era un valente, púxose no seu sitio e cantoulle as corenta e algo máis. Bieitiño foi correndo o despacho do señor comandante a contarlle o episodio. O comandante despachouno dicíndolle o consabido: .
O tenente, que non era parvo, xa desconfiaba de que o vinculeiro dos Pouseiros íalle con contiños ó comandante, e seguírao, sen que o vira, ata o despacho agochándose detrás dunha columna.
Ó saír o soldado botouse a el o tenente como arrabiado, como se estivese loitando na máis feroz das batallas, e feito un ferabás, espetoulle:
–¡Como che vexa entrar outra vez no despacho do comandante, cómoche os fígados!
Cheo de medo o Bieitiño, botouse a correr cara o despacho do comandante. Cumprindo o mandado nas ordenanzas militares, abriu un pouquiño a porta do despacho entrementres dicía:
–¿Dá usía o seu permiso, meu comandante?
–Pase.
O comandante ó velo, exclamou:
–¡Outra vez por aquí! ¿Qué quer, vostede, agora?
–O tenente díxome que me vai comer os fígados.
–Váiase tranquilo, soldado, cando llos coma véñamo a dicir.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Mais aló das Lens

p/Manolo de Lajo

As Lens son uns dos moitos baixos da costa muradana, sitos por ò Oeste da punta do mesmo nome na coñecida zoa do Ancoradoiro, parroquìa de Louro.
Sì nos preguntamos ¿Que hai màis alò das Lens? a resposta serìa que màis alò das Lens non hai nada, é o fìn, a porta de entrada ò outro mundo, o porto no que as almas se embarcan para a sùa viaxe ò Alén.
Picture30Habìa unha antigua lenda que contaba a historia dùn barqueiro que era o encargado de levar as almas dende as Lens a Birrullos, para alò purgar as faltas pendentes antes da ùltima viaxe ò Alén.
Contaba meu bisavò, cando nas noites frias de inverno nos sentàbamos oredor da lareira, de ter topado co barqueiro nos dìas de marixìa cando pescaban as robalizas nos baixos de Birullos, Ximiela e Meixide. Nìn para él ollaban, por medo a que tamén os levara consigo.

Non sei canto de certo terà o conto, pero a nosa terra foi durante séculos o fìn do mundo coñecido e porta de entrada do outro. Verce de moitas lendas as cales foron pasando de pais a fillos ate os nosos dìas.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

O «confesionario» do Señor Antón

p/ Manuel M. Caamaño

O Señor Antón da Laxiña foi mariñeiro durante case toda a súa vida. Nos seus derradeiros anos, xa xubilado, adoitaba pasar os seráns, cando facía bo, sentado nun banco de pedra que estaba pegado na parede do alboio da súa casa. A aquel banco el soia chamarlle “Ó Confesionario” e tiña ben boa razón de haberlle posto aquel nome, pois todos cantos veciños da aldea que pasaban preto de alí, paraban sempre uns intres a charlar co vello e el preocupábase polas pequenas cuítas que aflixían os seus conveciños.
– Que tal che vai a xovenca, Luís?  – Vai vella Antón, cada vez da menos leite, non sei que ei facer con ela.
– Non te preocupes home, a vaca pona no carro que se non serve para dar leite…para ir á herba aínda ben vale. E ao leite bótalle auga, que os pescos da vila non entenden e halles de saber igual a gloria bendita.
– Pois mirado así, si que tes razón. Bos días señor Antón.  – Bos días leves, Luisiño.
Picture29Sempre tiña remedio para todo, tanto fose para a vaca do Luís, como para as mans da Aurora que se queixaba de que lle doian de tanto legón e tanto fouciño.
– Auroriña, miña alfaia. Se queres non estar mais doente das túas mans tes que mexarlle nelas todas as mañás hasta que se che curtan. Que tes as mans tan finas que asemellas unha “señorita” desas que non teñen callos nas mans pero si noutro sitio máis abaixo. Nos aló en Terranova faciámolo a cotío e mira aínda que mans teño.
– Ai Antón! Que cousas dis home, iso é unha porcallada.  – Faime caso oh! Que sabe mais o Diaño por vello que por Diaño.
Porcallada, si que era!, pero Aurora á mañá seguinte, no cuberto , fixo ó que lle aconsellara o vello, e ben que lle foi!.Eu cada vez que ia a aldea, como me quedaba de paso para a casa de miña sogra, tamén pasaba polo “Confesionario”.
Leliño noso! Cada vez ves menos pola aldea, dicíame sempre como primeiro saúdo.
– Xa ben vostede sabe que non podo señor Antón, que o mar déixame pouco temp para todo.
– Boh! Os pescos sempre fostes un pouco toleiróns e lacazáns. Quéixaste de que non che deixa tempo o mar e se hai unha vela de vento xa quedades en terra amarrados polos cornos. Se tiveras que andar o bacallau como andei eu por mais de corenta e cinco anos, ias saber ti o que é ter falta de tempo. Eu viña a casa só co tempo xusto de deixar preñada a miña Loliña e marchar de novo para o mar.
Cando se cansaba de meterse comigo, comezaba a contarme as súas historias do mar.
– Eu tiña que haber morto no mar, Leliño! Logo de tantos temporais e golpes de mar, nunca pensei finar de vello e menos na cama.
– Unha vez, -seguiame a contar- Na altura da Illas Azores, cando iamos de Vigo para os grandes bancos de Terranova, colleunos un temporal de oeste!…Estivemos trinta e dous días á capa, de tal maneira, que en vez de ir avante, viñemos empurrados polo vento e a corrente de volta para España. Xa se vía Fisterra, e todos pensabamos que iamos a bater na costa, cando quedou calma.
– Pero Señor Antón, iso é imposible!  – Vasme dicir ti a min que non. Acaso estabas ti a bordo?
Eu, ante argumentos de tanto peso…calaba e seguía escoitando, que sempre fun mellor escoitador que falador. – “Bueno” señor Antón, voume que teño que facer un recado en cas a sogra.
– Vai lo meu fillo, saúda a Lela da miña parte e ti vai para o mar , can! Que os pescos en terra nada máis que sabedes estar na taberna.
Durante moitos anos “O Confesionario” foi parada obrigatoria para min na aldea. Cada vez escoitaba sempre unha historia nova dos beizos do vello mariñeiro. Co tempo os seus ollos fóronse apagando a causa dunhas cataratas das que nunca quixo operarse, pero a súa lingua continuaba ben áxil, e a súa retranca tan fresca como a primeira hora.
Un día o chegar do mar, a miña muller díxome que ao señor Antón déralle a enfermidade esa tarde e que estaba pronto a morrer. Fun á aldea, a súa casa a despedirme daquel home que loitaba na cama polos seus últimos alentos de vida. Achegueime a el, collino da man e cando escoitou a miña voz, díxome…
– Ai! Leliño noso, nunca pensei morrer na cama de vello. Lévame para o mar contigo Leliño, que non quero finar como un covarde! Esa noite entregou a súa Alma a Deus noso Señor o señor Antón da Laxiña, e eu dou fe de que non o fixo como un covarde, aínda que finase de vello e na cama…

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Gripe y catarro: similitudes y diferencias

p/ Dra Castiñeira.
La gripe y el catarro son, posiblemente, las enfermedades contagiosas más comunes que se registran entre los meses de noviembre y marzo.
Raro es el invierno en el que no se padece alguna de estas dolencias, que provocan – entre otros síntomas- dolor de cabeza, músculos doloridos, escalofríos o fiebre.
Aunque es común confundir gripe y catarro, lo cierto es que existen diferencias sustantivas entre ambas enfermedades.
Picture28La GRIPE es una infección vírica respiratoria que suele contraerse en los meses más fríos del año. Los síntomas aparecen de forma súbita (fiebre con escalofríos, cansancio físico, dolor de cabeza y muscular) y la recuperación suele total en una semana, aunque puede prolongarse hasta los 15 días.
Por su parte, la aparición de los síntomas del CATARRO es paulatina, entre uno y tres días, y suele durar entre dos y cinco días.
El resfriado o catarro común se considera de una infección leve de nariz y garganta, que puede estar causada por más de 200 tipos distintos de virus; mientras que la gripe es una infección de vías respiratorias causadas por uno: el VIRUS DE LA INFLUENZA.
LOS ANTIBIOTICOS NO CURAN ESTAS ENFERMEDADES.
En contra de lo que algunos creen , los antibióticos no pueden curar estas enfermedades, pues están originados por virus y los antibióticos actúan frente a bacterias.
Conviene recordar que un uso inadecuado de estos medicamentos puede ayudar a crear resistencias en el organismo, lo que hace que sean ineficaces cuando los necesitemos para tratar una enfermedad bacteriana.
Si usted tiene catarro o gripe acuda a su medico de familia y el prescribirá los medicamentos que le conviene tomar. Existen numerosos tipos que ayudan a aliviar los síntomas, entre ellos están: analgésicos-antitérmicos, en caso de gripe o catarro, pues ayudan a aliviar dolores y provocan que la fiebre disminuye.
También suelen usarse descongestionantes, antihistamínicos o expectorantes. Y en ciertos casos se recomiendan antitusígenos, por ejemplo cuando existe tos seca que impide comer o dormir.

Publicado en Mediciña | Etiquetado , | Deja un comentario