A Voz dos Nosos Poetas: Que non é touca ou toalla

Que non é touca ou toalla

Que non é touca ou toalla

nos dous cumes pioneira,Imagen37

nin tampouco borraxeira

competente pola talla;

carda algodón de primeira

esta nube silandeira,

virtual e sobranceira,

de ilusionismo en baralla

que, polo visto, é pantalla;

condesación tan lixeira,

de verán, faina a peneira

por renegar da poalla,

do orballo, chuvia guerreira

do tempral cando atalla,

do vendaval cando malla

sen compaixón na ribeira;

é tan bestial na batalla

quen no estío algodoeira.

 http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , , | Deja un comentario

Aires de Patrón

p/ Manuel M. Caamaño

Sonou o timbre do teléfono do barco, e ao descolgalo, no outro lado da liña, a voz dun vello coñecido tamén patrón dun porto veciño que me chamaba para unha consulta nada habitual.

A conversa que mantivemos foi máis ou menos esta.Imagen36

– Coñeces a algunha menciñeira en Muros que quite o aire? – Estasme a tomar o pelo?

– Non , necesítoa de verdade.   – E lo?

-Fai unha boa temporada que non me van ben as cousas no traballo. Vaiamos onde vaiamos a pescar, os peixes para nós sempre son poucos. Xa probei todos os remedios que eu podo aportar e seguimos igual , teño que estar posuído por algún mal aire!

Eu coñecía o meu interlocutor facía unha morea de anos , dende que aínda rapaces estabamos na escola de náutica en Vigo aló polos anos 70, e crin que me estaba a tomar o pelo con esa pregunta. Pero ante tales argumentos e ante a evidente desesperación do meu amigo, din creto a súa petición e quedei en informarlle das miñas pescudas en pos da menciñeira.

Non me fixo falta buscar moito, fun informado da existencia dunha recoñecida “sanadora de aires” nun lugar da parroquia de Serres e así llo comentei ao meu amigo, quedando citados para o seguinte sábado en Muros. Picoume a curiosidade por saber máis da sanadora e souben que era sogra dun coñecido meu e pedinlle a ese coñecido que nos acompañase. O sábado en cuestión xuntámonos os tres e acudimos en comandita á consulta.

Nun alpendre de pedra estaba a vella , medio encurvada pola artrosis e cos avíos de sanar preparados.

Unha peneira era o instrumento que ía dicir se o meu amigo tiña o “aire” e se o tiña, dilucidar a súa procedencia, pois disque cabia a posibilidade de que fose de morto ou de vivo ese mal tan etereo.

Nun lateral da peneira unha tesoira espetada, e dentro da criba un peite(símbolo da bruxa) , unha moeda enferruxada e arredor da tesoira un rosario , por aquelo de ter contentos aos santos cristiáns.

O ritual era simple. A vella cun dedo na tesoira e o presunto posuído polo “aire” con outro sostiñan a peneira. A menciñeira recitaba o conxuro.

-Peneiriña de peneirar , dime si (aquí o nome do doente) ten o aire, se é de vivo vírame a cara e se é de morto vírame o cu.E a peneira pendurada da tesoira comezaba a revirarse sempre ao mesmo sentido.

Varias veces lle fixo a mesma pregunta e outras tantas a peneira revirouse do mesmo xeito.

A sentencia foi clara: -Meu fillo , tes o aire e é aire de vivo. A receta, simple. -Tes que pasar polo fume.

Eu observaba todo aquelo entre escéptico e abraiado de ver como a peneira se reviraba cada vez que a vella nomeaba ao coitado do meu amigo, e pedinlle a vella si podía eu soster a peneira xunto co enfermo de “aire”. A muller accedeu sen ningún reparo e sostivemos a peneira meu amigo e mais eu mentres a vella repetia o ritual. A peneira revirábase de tal maneira que esvaraba de entre os nosos dedos cada vez que ela dicía o nome do meu amigo!

Logo para maior gloria da menciñeira e maior confusión para min, pronunciou o meu nome e a peneira non se moveu un só pelo entre as nosas mans; polo visto eu estaba libre de aire algún!

Convencido eu de que a peneira viraba sen truco nin artificio visible, pasamos ao seguinte ritual. O que ía a sanar o meu amigo!

Unha trepia de ferro con loureiro ardendo e fumeando no seu interior pousada no chan, era o instrumento. Nada de ultrasóns, nin escaneres, nin raios X , tan só unha trepia.

O doente pasaba unha e outra vez por riba do fume mentres tres mulleres chamadas María rezaban “padresnuestros” e “avesmarias” e a menciñeira murmuraba escuros e segredos conxuros.

Así escasamente un minuto ata que a vella decidiu someter ao meu amigo a un novo dictame da peneira . A criba esta vez nin se inmutou co nome do antes posuído,. -Estas curado meu fillo- Foi a sentencia da vella.

Eu coido que a muller nada pediu polo seu traballo , e si algo obtivo foi pola boa vontade do doente.

Cando saímos do alpendre a faciana do meu amigo tiña un xesto moi distinto que cando entramos.

Poucos días despois era eu que marcaba o telefono del para preguntar si as cousas cambiara. – Man de santa, Manuel . Esa muller cambioume a vida.

– Vanche mellor as cousas logo?

Dende aquel día os peixes apéganse a min leve a onde leve o barco.

Raio, pensei, porque non había de ter eu tamén o “aire” para que logo de sanado se me apegasen tamén a min os peixes! Poderosa arma é fe.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Entrevista ao Grupo «TERBUTALINA»

Por Quin Caamaño

Quin Caamaño .-Todo o que escoitei e lin de vós non é nada convencional, polo tanto esta entrevista tampouco debería selo.Imagen32

Quin.- Vós de quen sodes?

-A Terbutalina nase no insentro entre Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros)

Q.C. -Sodes todos de Muros?

Terbutalina -Hai tres de Esteiro, un de Ventín e outro que ninguén quere recoñecer como propio.

Q.C.- Supoño que esta pregunta vola farían unha morea de veces, por que o nome de Terbutalina?

  1. -Por motivos puramente comerciais. Cobramos unha comisión dun emporio farmacéutico que non podemos citar. Imagen33

Q.C.- Como se creou o grupo?

  1. -Grazas a un anuncio de Infojobs.

Q.C. -Entre vós tamén hai un poeta, non?

  1. Esperemos que non. Terbutalina está en contra da literatura e de calquera outra forma de arte que non sexan a música e a tanatopraxia.

Q.C. -Sei que non é a primeira incursión no mundo da música. De onde vindes?

  1. -Tocabamos todos en John Happy Driver, un proxecto para sacar a nenos pobres das favelas grazas ao free-jazz, mais expulsáronnos polas nosas incoherentes ideas políticas.

Q.C. -En pouco tempo fixéstesvos cun oco na escena musical galega. Como foi o proceso?

  1. -Compoñemos cancións que despois tocamos en concertos, a xente escóitaas e despois cántaas cando está de festa ou tras o coito. É dicir, facemos o que fai un grupo que se valore algo a si mesmo.

Q.C -Xa levades feito varios traballos, algún deles gravados en Portugal e Los Ángeles. Como foi iso?

  1. -Iso son caprichos que nos permitimos de cando en vez. Como ben se sabe, ningún de nós está casado (por agora), polo que podemos gastar os cartos que gañamos nos concertos no que nos peta. Xa gravamos en Los Ángeles, Portugal e Belgrado. O próximo disco igual o gravamos en Londres ou en Tijuana. Iso é o que temos en mente, vaia.

Q.C. -As vosas cancións son moi peculiares, con letras moi divertidas e moito ritmo. Como é o proceso de composición?

  1. -Preferimos non dicilo, porque incorreriamos en varios delitos.Imagen34

Q.C. -De donde bebestes musicalmente?

  1. -Cada un de nós ten as súas influencias. Sería moi complicado citar só unhas poucas, mais podería resumirse que a Terbutalina bebe de si mesma. Autoinfluénciase.

Q.C -Na actualidade como definirías o voso estilo?

  1. -Garage-punk.

Q.C. -Co tema “Filloa” vexo unha intención de defender o noso ante a invasión das cousas que nos veñen de fóra. É así?

  1. -Non, para nada.

Q.C. -Este foi un ano importante para Terbutalina. Nomeados como mellor grupo galego nos Premios da Música Independente e un dos vosos discos está entre os 25 mellores do rock galego. Non está nada mal, non?

  1. -Son cousas que van pasando, mais ás que lles damos a súa xusta importancia. Se estamos nisto non é por esa clase de recoñecemento, senón polo sorriso dun neno, mellor dito, polo sorriso dunha nena ou de varias.Imagen35

Q.C. -Tal como está o mercado é difícil vender discos. Vós tomastes outro camiño neste sentido. Explicádeo.

  1. -É sinxelo: non vendemos discos. Finaciámonos cos directos.

Q.C. -Cantos discos levades editados ou colgados?

  1. -Contando directos e EPs, un total de seis.

Q.C. -Neste verán actuastes en varios festivais e festas. E agora, que vos queda para este ano?

  1. -Gravar novo material para volver suar nos escenarios.

Q.C. -Para cando unha actuación en Muros?

  1. -Cando lle poñan o noso nome a unha praza.

Q.C. -Como vedes a Terbutalina dentro duns anos?

  1. -Se todo vai ben, presidindo a Xunta.

Q.C. -Tanto polas letras das cancións, da música e os vídeos sodes un grupo moi divertido e cañeiro.; iso non quita o voso compromiso coa actualidade dando a vosa versión.

  1. -Somos un grupo de música.

Q.C. -Foi un pracer esta conversa, agardamos vervos axiña por Muros e desde The Muros Times desexamos que todos os vosos proxectos cheguen a bo porto.  

  1. -Agradecidos a vós polo trato que nos dades.

Discografía: Live in Catoira (2011) – Que-de-leite! (2011)

Broncodilatador (2011) – Hostias para todos (2012)

Ritmo Serbio (2013)

Letras de algunha canción de Terbutalina FAI SOL.

Fai sol, e veñen os turistas

e suben os presios

e desaparesen as caras de despresio

Fai sol, e eu estou moreno

Bambamdubidubambam, Bambamdubidubi

Bambamdubidubambam , Bambamdubidu

Fai sol e énchense as terrasas

e póñense en bikini todas as rapasas

Fai sol e eu estou moreno

Bambamdubidubambam / Bambamdubidubi /

Bambamdubidubambam / Bambamdubidu

http://www.youtube.com/watch?v=6LCuNpLJMPM

Publicado en Entrevistas | Etiquetado , | Deja un comentario

A fonte da Pontella do Maio en Esteiro

p/Francisco Abeijón Núñez.

Hai agora un par de anos, a nova corría como un ruxe ruxe por todas as parroquias do concello: os veciños do lugar do Maio ían facerlle o cen cumpleanos á súa fonte do lugar. Tratábase dunha festa atrevida e especial. Con presenza dosImagen28 membros da corporación muradana coa súa alcaldesa á fronte, con concurso de tartas incluída e a que finalmente acudiría moita xente. Imos repasar hoxe aqueles días e aquela festa para saber un pouco máis da fonte da Pontella do Maio.

Os veciños dispuxéronse a celebrar os cen anos da construcción da fonte da Pontella sabedores de que non se trata da fonte máis vella da parroquia. Máis ben ao contrario, probablemente a da Pontella sexa unha das fontes máis novas. Polo título de fonte máis antiga de Esteiro terían que loitar as outras fontes: a do ferrollo, a lamuda, a da chouza, a do pozo de fontenla, a do barreiro, a da mexadoira, a da mixirica, a de fontecoba, a de fontedortas, a da marta, a do canle de solleiros, a de reboredo, a de uhía, a do catalán na ribeira, etc… Tampouco se trata dunha fonte lexendaria como a de “riba” na que se xuntaban as meigasImagen31 nas noites das «areas gordas» a lavar, peitearse e para esquillar aos curiosos.

Pero a da Pontella é a fonte máis singular de Esteiro. Trátase dunha fonte bonita e moderna. Foi feita a principios do século XX con unha fasquía de construcción vilega. A súa base octogonal e a adornada columna central fan pensar na imaxe típica dunha praza en calquer vila de Galicia. Foi unha contrucción ambiciosa para o tempo e o lugar no que foi instalada. Sobre esta fonte contan que xurdiu unha lenda: a de agacha no seu interior un auténtico tesouro.

A fonte foi construída no outono de 1911 pola cuadrilla do mestre canteiro “do neto de Reboredo”. Fíxose a instancias de varios veciños do lugar do Maio que un ano antes presentaran unha solicitude ao efecto no concello de Muros. A súa construcción foi unha das primeiras decisións que tomaría como alcalde, D.José Romaní Ferrer. Un home que era a terceira xeración daqueles cataláns que a principios do século XIX emigraron a Galicia para instalrse en Esteiro na percura de sardiñas. Este alcalde de Muros era neto de José Romaní i Ytllas e de Rosa Cruz i Roca, matrimonio que procedente de Blanes na provincia de Girona foron o alicerce do imperio que crearon osImagen30 romaní esteiráns.

Gracias ao arquivo municipal de Muros, custodiado por Pepita Fernández, podemos saber hoxe que o coste total da obra foi de mil cincocentas setenta e unha pesetas da época. E tamén que foi precisa a autorización de Manuela Montes Núñez para pasar a tubería que conduce a auga dende o manantial ata a ubicación da fonte á beira do camiño do lugar.

Co paso do tempo, a fonte da Pontella, converteuse no principal espazo cívico e de reunión do lugar do Maio. Antes da existencia da traída da auga corrente ás vivendas, a Pontella foi o punto de encontro da xente que ía á fonte para encher as caldeiras de auga. E máis modernamente, pasou a ser o sitio no que reinar os nenos do lugar, e para as reunións da mocidade nos seráns no tempo de verán.

Na Pontella tamén se viviría un destacado episodio no tramo final da dictadura franquista cando o alcalde de Muros daquel tempo dispuxo o seu traslado e a construcción dunha especie de alxive no lugar. Os veciños xuntáronse para desmontar esta maniobra e mesmo tiveron que enfrontarse aos obreiros municipais. Impedindo o traballo da brigada municipal desfacéndolle pola tardiña o choio feito durante todo o día. Este épico episodio chegaría á xustiza tendo que pasar a declarar diante das autoridades da época moitos veciños que foron encausados por este asunto. Protagonizando, principalmenteImagen29 as mulleres do lugar do Maio, un exemplo de solidariedade entre veciños por non identificar ninguén aos autores dos feitos. Esta decidida oposición veciñal conseguiu ablandar a unhas autoridades municipais que estaban totalmente deslexitimadas socialmente no tramo final da dictadura. E ao contrario do que lle pasou a outros monumentos no concello de Muros a fonte da Pontella non se moveu do seu sitio no lugar do Maio.

Se cadra, por estes motivos a fonte da Pontella foise convertindo nun sinal de identidade do lugar. E ao final vai resultar certo que a fonte agacha na súa base un tesouro. O tesouro da solidariedade entre as persoas que fixo posible que os veciños defenderan o patrimonio comunal. E tamén para que lles dese por xuntarse todos a celebrar o centenario da súa construcción:

O lugariño do Maio,

non hai sitio como el,

non te vaias queridiño,

sen coller amores nel

O lugariño do Maio,

luce con moito esplendor,

coa fonte da pontella

e un ciclón gañador.

Publicado en Arte e Cultura, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

O Casino de Muros

p/ Francisco Caamaño Cebreiro

O Casino de Muros, que fora fundado no ano 1895, está a piques de desaparecer, e con él , unha das sociedades mais antiguas de Muros e a súa bisbarra.Imagen26

Reproducimos en TMT un traballo realizado por Don Francisco Caamaño Cebreiro (+), no ano 2007, para a páxina Web do CIRCULO DE RECREO NAUTICO MURADANO:

“El Círculo de Recreo Muradano se constituyó en Sociedad Recreativa en la villa de Muros el 13 de Enero de 1895. Estuvieron presentes en el acto fundacional los siguientes señores: D .León Casiano Campelo – D.Timoteo del Sel – D.Alejandro Portals Boris –D.Abelardo Dubert Riva – D. Adelino Portals Boris – D. Joaquin Vieta – D.Juan Lojo – Ricardo Romani Ferrer – D. Abelardo Dubert Siaba – D. José Fernández Iglesias – D. Adolfo del Sel – D. Abelardo Romani Azuaga – D. Jose Romani Mariño – D. Alejandro Portals Portals – D. Francisco Dubert Siaba – D. Manuel Romero – D. Luís González – D. Joaquin Caamaño – D. José Manuel Castroman – D. Antonio del Sel – D.Secundino P. Pardiñas – D. Francisco López – D. José Portals Boris – D. Juan Louro.Imagen27

Tuvo su domicilio social en la casa nº 24 de la calle del Mar , propiedad de D .José Portals Boris

La primera Junta Directiva recayó por unanimidad en los siguientes señores:

Presidente : D. Juan Louro

Vicepresidente : D. Antonio del Sel

Secretario: D. Secundino Paris Pardiñas

Vocal: D. Ricardo Romaní Ferrer

Vocal: D. Francisco Dubert Siaba

quienes acometieron la redacción de los primeros Estatutos por los que se regiría la Sociedad. El arranque de la misma fueron con 28 socios .El primer conserje D. Luís Romero, maestro nacional con un sueldo anual de 630 pts y el encargado del primer equipamiento mobiliario.

El objeto de la Sociedad era proporcionar a los socios y familias, recreo, distracciones, difundir la cultura por medio de conferencias, cursillos y fomentar la lectura con una buena biblioteca. Se prohibía tratar cualquier asunto de carácter religioso o político

Figura registrada en el Libro Registro General de Asociaciones perteneciente al fondo documental del Gobierno Civil de la Coruña al folio 26 posterior y 27 anterior de la referencia 5022 el día 20 de Enero de 1895.

A lo largo de su centenaria historia sufrió distintas alteraciones, tanto en lo referente al domicilio social como al estatutario.

Con respecto al estatutario destacan fundamentalmente la modificación del artículo 17 del reglamento efectuado el 21 de Enero de 1919 .En esa fecha el domicilio social estaba en dependencias del propio Ayuntamiento. Presidía la sociedad Imagen25Antonio Beiro Uhía.

A petición del Gobernador Civil, bien por extravío de los anteriores estatutos, bien por haber sufrido la Sociedad un cierre por sanción o por ambas causas, se modificaron varios artículos dando lugar a una nueva redacción del reglamento; esto ocurría el 29 de Febrero de 1928 bajo la Presidencia de D .Isidro García Dubert. En esa fecha la razón social estaba en la calle de La Marina nº 11 (Edificio Artaza) Los socios en esa fecha eran 60.

La reforma estatutaria obligatoria después de la guerra de 1936 obligaba a reformar determinados artículos a todas las Asociaciones en virtud del Decreto de 25 de Enero de 1941. Se aprobó dicha reforma el 1 de Marzo de 1941 y al mismo tiempo la nueva Junta Directiva presidida por D. Manuel Rodríguez Paris. En ese momento el nº de socios eran 49 y el local social era el actual edificio del Banco Gallego.

El 30 de Junio de 1952 debido a un violento incendio quedó destruido el local citado anteriormente con todas sus pertenencias a excepción de una silla olvidada en el balcón del inmueble. Presidía la Sociedad D .José Malvárez Dubert y la dirección era Avenida Calvo Sotelo nº 30.

Desde el incendio hasta el traslado al Curro de la Plaza nº 2 las actividades sociales se desarrollaron en el bar de Ramón que existía en el ensanche de la Avenida de la Marina

La reforma estatutaria aprobada el 20 de Enero de 1961 fue solicitada por D. Manuel Fuentes Lago presidente de la sociedad en esas fechas. El local seguía en el Curro de la Plaza nº 2.

Pequeñas reformas durante un periodo de tiempo hasta que en fechas recientes se amplía la denominación social que pasa a llamarse CIRCULO DE RECREO NAUTICO MURADANO con domicilio Corro de la Plaza nº 2 . La Sociedad la presidía D. Marcelino Otero Ramos.

Actualmente (2007) su Junta Directiva está presidida por Dª Begoña del Sel, integrando el equipo directivo Pepa Fabeiro, Marco Lojo, Ramón Sambade, José Da Silva, Dolores Ferreiro, María Teijo, Antonio Caamaño, José Luís Martínez y Miro Lago“.

Muros a 24 de septiembre de 2007″

Publicado en Historia | Etiquetado | Deja un comentario