¿Qué factores fan ao músico…? ¿o xenio ou o estudo?

p/ César Acuña Rios   (Director da Escola Municipal de  Música de Muros)
“O músico nace, non se fai”. Dise que o talento musical hérdase e que, se se carece del, non é posible triunfar cun instrumento. Non existe evidencia de semellante tese. A capacidade técnica inclúe unha coordinación motora e unha soltura que facilitan a execución de pasaxes rápidas sen titubeos. Con todo, os bos músicos son algo máis que uns técnicos e engaden uns efectos expresivos tales como cambios de medida, de velocidade, matizacións Músico 1no fraseo, etc. Estes efectos axudan a comprender a música.Nalgúns medios musicais considérase a expresividade como o “xenio” do intérprete, pero as diferenzas de capacidade expresiva poden ser froito dun “talento innato” ou da práctica. O mito do talento. – Os factores culturais, non os biolóxicos, son causas do virtuosismo musical nas nosas sociedades.- O triunfo na música non sempre é de orixe familiar. Pódense lograr resultados extraordinarios en nenos/as sen antecedentes musicais- A maioría dos grandes artistas non foron nenos prodixio, non mostraron indicios de ser unha promesa e tiveron que practicar nos seus instrumentos durante moitos anos.- Non existen exemplos de logros no ámbito musical que non foran precedidos por moitos anos de intensa preparación. Tamén no caso do nenos prodixio.- O “bo oído” considerouse un talento innato cando, de feito, é unha característica dos 2/3 da poboación. Como se desenvolve a capacidade musical? – Hábitos infantís: As experiencias infantís teñen unha importante influencia no desenvolvemento da capacidade musical. Os estímulos familiares (cancións de berce, bailes), crean certas disposicións para o exercicio musical.- Altos niveis de estudo: Os mellores violinistas practicaron durante 10.000 horas ao chegar aos 21 anos, é dicir, o dobre de tempo dos seus compañeiros menos capaces.- Influencia do estímulo familiar: a actitude dos pais é fundamental. Moitos nenos teñen o curioso sentimento de considerarse “músicos” grazas ao apoio familiar. Naturalmente a actitude oposta ten efectos negativos.- Influencia dos profesores: os nenos adoitan cualificar aos seus mestres segundo a simpatía, graza, camaradería e agarimo que lles demostran, en contraste con quen lles fixeron sentirse humillados e desalentados durante as clases. Non negamos a importancia da herdanza nin a súa influencia no comportamento humano. Pero os humanos compartimos o 99% do material xenético e a capacidade musical é característica da nosa especie. Os dotes musicais dependen dunha serie de xens específicos que constitúen “o talento musical”. Descoñecemos cal é o material xenético que inflúe en tales dotes e nas diferenzas que se manifestan entre individuos a través do pensamento musical. Por outra banda, existen numerosos testemuños científicos que nos falan da influencia da práctica na capacidade musical.

Publicado en Música | Etiquetado | Deja un comentario

A Voz dos Nosos Poetas: Marcelino García Lariño

O MEU MUROS

 Quérote, Muros, de día,

Quérote, Muros, de noite,DESDE EL MOLINO DEL VIENTO

Na tristura, na alegría,

Na mala e no boa sorte.

Quérote con tolería,

E hoxe un pouco mais que onte;

Quérerte a ti é teimosía

Porque te quixen decote.

Querereite mentras viva,

E aínda… despois da morte.

Marcelino García Lariño

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente: Marcelino García Lariño

(Marcelo da Rabela)

O noso Marcelo, nado en Muros, un 17 de marzo de 1930, adicou toda a súa vida a louvar a Muros e a súas xentes. Como escritor e poeta, supo acercarnos o mais entrañable das xentes de Muros. Sempre aberto a participar en todalas iniciativas lúdicas e culturais, na sua xuventude foi secretario de Acción Católica Muradana; Imagen1secretario da refundada Adoración Nocturna de Muros; membro fundador da Comisión da Cabalgada de Reises; Festa da Flor; Festival Mister Feo; Teatro Muradán. Articulista en Xornais galegos, foi tamén un gran colaborador da Folla Parroquial de Muros, na que foi autor de moitos artigos e de sentidos versos, nos que refrexou con sinxela pluma os seus mais íntimos sentimientos de amor á Igrexa.

O 28 de maio de 2011, o Salón de plenos do Concello de Muros visteuse de gala para acoller o acto de entrega da Medalla da Vila de Muros o noso benquerido veciño Marcelino García Lariño. Neste acto, acompañado dos seus familiares, Alcalde, Corporación municipal, e un gran número de amigos, Marcelo, visiblemente emocionado, recibeu a distinción, entre una salva de aplausos, que como campanas ó vento, anunciaban os muradanas, que se lle estaba a facer a un dos seus fillos mais queridos unha mais que merecida homenaxe por toda unha vida adicada a Vila que o veu nacer.

Dende estas páxinas de “The Muros Times”, non podemos menos que sumarnos a esta merecida homenaxe a este muradán egrexio, bo e xeneroso, e desexarlle que o seu amor a Vila e a suas xentes siga perdurado e que a sua presencia entre nos, siga alentando esos valores dos que él fixo bandeira sempre, que non outros que os de ser, por encima de todo, un “Queredor de Muros”.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario

A Voz dos nosos Poetas: Manuel María Pena Silva

Son de Carnota as leiteiras

Conto por toucas. Son cinco,
ben concentradas na estrada,
como encofrando miradaA nosa xente
para encarrilar o brinco.

Son de Carnota as leiteiras;
á vila, abrindo a mañán,
con caldeiretas na man
chegan, de cote, as primeiras.

En Muros venden patacas,
ovos, allos e cebolas
no mercado e polas rúas;

se con desprezo as atacas,
non por iso as descontrolas
nin o valor desvirtúas,

pola contra, inda acentúas
bautizo ao leite das vacas.

http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , , | Deja un comentario

Os libros das nosas escolas de antes…

Imagen5 Imagen6 Imagen7 Imagen8 Imagen9 Imagen10 Imagen11 Imagen12 Imagen13 Imagen14 Imagen15

Publicado en Educación | Etiquetado | Deja un comentario