O señor Facundo alcumado «Collón», e os rapaciños cantores

-p/ José María García Rodríguez

Permitídenos que acheguemos un relato que non é noso, pero que si é dun muradán que, a pesar de ter vivido a meirande parte da súa vida afastado de Muros, nunca tivo á Vila lonxe do corazón.
José María García Rodríguez, naceu en Muros e residiu durante moitos anos en San facundoJuan de Puerto Rico. Foi escritor, xuíz e diplomático. Estudou dereito en Deusto e Valladolid e exerceu como xuíz en diversas cidades españolas. Foi Canciller do Consulado de España en República Dominicana e en Puerto Rico.-
Ahí vai o conto:
“O señor Facundo estaba casado coa señora Merexilda. Tiñan unha tendiña que se achegaba a taberna. En fronte deles vivían as Rulas; unha vella, súa nora e un rapaciño, neto da primeira e fillo da segunda. O señor Facundo e a señora Merexilda tamén eran vellos. El regordecho. Ela fraquiña; o pelexo da cara engurrado, guedellas brancas e os ollos negros. Ben puidera asemellarse a unha bruxa. As Rulas dicían que o era. E non entraban nin saían da casa, sen ter moito coidado en darlle o cu a porta da tenda dos seus veciños. A máis de facerlle a figa. A figa sabedes que non son os corniños. Os cornos danse, endereitando na man o furabolos e o dedo meñique e recollendo os outros dous.

-Toma, toma, cornos para ti, dicían as mulleres ao berrar.
E batían as dúas mans cos cornos dados.
A figa faise cos dedos pechados nun puño e metido o gordo entre o furabolos e o maior. Esa é a figa que lle facían as Rulas a señora Merexilda, que andaba por elo queimada, frixida e refrixida coa rabia. Case que doente.
Un pouquiño mais alá tiña a súa casa don Santiago Loxo, cos seus soportais. Embaixo deles protexíanse os rapaces e poñianse a cantar:
Collín, collín, collín, toxos e flores
en pensamé e pensamé, e pensamentos,
palá, palá, palabras amorosas
que leva o ve, que leva o ve, que leva o vento.
Ai quéreme, Maruxa, quéreme,
que che vai ben, chas, pun!
O señor cura de Esteiro
ten a camisa rachada,
que a rachou na silveira
ao correr tras a criada…
Ai quéreme, Maruxa, quéreme,
que che vai ben, chas, pun!
E unha volta e outra, E máis os días de chuvia.

O señor facundo, que se enrabechaba que o levaba o demo co alcume que lle tiñan, dende que comezaba a oír iso de «collín, collín, collín toxos e flores…» poñía unha cadeira na porta da tenda, enriba dela unha bulsa chea de croios e pelouros, e nas mans ou na faldriqueira as pesas da libra, media libra e tres cuartos. E esperaba. porque aqueles condenados dos rapaces cantores, máis cedo ou máis tarde, finaban cambiando a letra do cantariño. E ouvíase un «collón, collón, collón toxos e flores…» tan fortemente berrado que até no inferno, o mesmo Arrenégote o escoitaría. O señor Facundo a súa vez, berráballes nun castelán severo e hiperbólico:

«¡Mal rayo los parta! ¡Así el mismísimo demonio los confunda!»
E os rapaces fuxían. O señor facundo corría detrás deles e arreboláballes as pesas e os pedregullos con canta forza podía. Un seixo bateu a un mociño de Louro e fíxolle unha grecha na cachola. Houbo que chamar a don Antonio Beiro, que era o médico, para que lle cosese os puntos na botica de don Carlos Iglesias.
Viñan, de brazo dado o señor Manuel do Monte e Ferreirós, que eran os dous gardiñas da vila e chegaban sempre tarde a todos os barullos:
Que pasa? Que Pasa? preguntaban. Dicíanllo. Sabíano de sobra. E no máis rexo do rebumbio, pregábanlle ao inxuriado con tratamento de moita cerimonia: -Non se incomode don Facundo; haxa paz e paciencia…
Ao carón dos gardas había varios rapaces, dos cantores ou non. Un avisáballe
-Señor facundo, as Rulas están mirando pola fiestra e ándanlle facendo a figa. E ríndose…
E o señor facundo
-Un raio que as fenda. Calquera día póñolles un xuízo de faltas que as fodo.
E outro rapaz con moita vontade:
-Quer que lle axude a buscar as pesas?
Axudábanlle. Xuntáronse mais rapaces embaixo dos soportais de don Santiago Loxo, cantaruxando: -Ferreirós, rouboulle a capa a Dios, e os zapatos a Pilatos…
E Ferreirós: -Señor facundo, emprésteme as pesas, que os escarallo…
E mentres os corría, viña outra manchea de mociños, poñendo a boca no mundo ao cantar:
Collín, collín, collín, toxos e flores…
O señor Facundo ao señor Manuel do Monte:
-Vostede é a autoridade, interveña.
-Coma vou intervir, se aínda non se fixo violación de lei ningunha?
-Pero vaise a producir e xa se produciu. Vostede querería que lle chamasen o que eses desvergoñados me chaman?
Retrucaba irado o señor Manuel do Monte:
Peche o peteiro, a min non me ensine a cumprir coa miña obriga.
Volveu Ferreirós cos liviáns na boca, case que afogado.
O señor Facundo preguntaba, comesto polo carraxe:
-Para que serve a autoridade nesta vila? Doume aos demos!
Os rapaces non lle deron tempo de seguir, pois xa estaban de novo coa cantaroliña, embaixo dos soportais de don Santiago Loxo. E o señor Facundo coa orella esperta, os ollos abertos e as pesas nas mans, dálle que te dálle a leria de que na vila non había autoridade, que o alcalde era un merdeiro e os gardas uns non sei que.
Comezou a orballar. E dixo Ferreirós, sen que o señor Facundo puidese escoitalo:
-Son máis das dez da noite, ímonos, meu compañeiro, que xa me ten até os collóns, este Collón do carallo…
E fóronse. En canto se foron, saíu de novo a maldicida cantaroliña, esta vez da banda da praza do Cristo. E cando se escoitou a verba inxuriosa, o señor Facundo arrebólalle unha pesa a un rapaz e rómpelle un vidro do escaparate de Luís do Peludo, zapateiro da veciñanza. A señora Merexilda e a muller do Peludo puxéronse a berrar polos danos…E embaixo dos soportais de don Santiago Loxo xa había outros cantando. E cando foi o señor Facundo a escorrentalos a pedradas e coas pesas, cantábanlle o collín, collín, dende a praza do Cristo…Toleábano. Seguían a señora Merexilda e a muller do Peludo berrando. As Rulas facíanlle a figa dende a xanela. Mentres pasaba por alí Chichapán:
-Aí Basilisa, mira como veño
Cunha borracheira que xa non me teño…!
De viño, claro. porque a auga, o noso follalateiro nin a probaba. Basilisa era a súa dona, coma xa sabedes ou imaxinades. Mentres dende a súa fiestra, Pepa da Fortuna, que era pouco asisada, berraba:
-Padre amado, viva Muros cu de riba para abaixo!
Os cans ouveaban medio tolos polas rúas da vila . E mentres, seguía a orballar.
A señora Merexilda pregoulle ao seu home:
-Facundo, ímonos deitar que xa é noite.
-Tes razón, que eses dous carabineiros de Manuel do Monte e Ferreirós, levan xa roncando como meniños por máis de dúas horas, esquecidos de manter o imperio da lei, nesta nosa puñetera vila.
Fóronse durmir. Ao lonxe escotábase aínda:
Collín, collín, collín toxos e flores…”

José María García Rodríguez.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

O Naufraxio e o expolio do buque Sovereing

O día 3 de xaneiro de 1901, embarranca na Cova do Rego de Auga  o veleiro Inglés Sovereign  De Cardiff zarpou o bergantín inglés Sovereign o día 3 de xaneiro de 1901con rumbo a Vilagarcía . Ao chegar a altura da ría de Muros o temporal do SW arrepiaba e o capitán do Sovereing decidiu gorecerse no porto de Muros pero veu a embicar na mañá do día 7 na pequena enseada da Cova entre as puntas Rebordiño e A Vouga a escasos dous quilómetros da Vila.
SovereingO pouco de acontecer o naufraxio presentouse no lugar o axudante de mariña de Muros para coordinar o salvamento dos tripulantes do navío e tratar de salvagardar a súa carga.
Os mariñeiros ingleses foron axiña postos a salvo polas xentes de Muros sendo aloxados en casas da veciñanza ata seren repatriados.

O buque despezouse no lugar do seu embarrancamento, non sen antes ser visitado polos raqueiros que espoliaron parte do seu cargamento e das pertenzas dos tripulantes. Que despois de cumprido o deber de salvar as vidas dos tripulantes, tamén había que atender ás necesidades materiais!

Texto dun telegrama enviado polo axudante de mariña de Muros á comandancia militar de mariña da Coruña : 7 de xaneiro do 1901, Muros 12 da mañá:

“Esta madrugada embarrancou no punto da nosa costa denominado a Cova, o bergantín inglés Sovereing, Toda a tripulación foi salvada en botes . O buque no vai poder reflotarse. Comézase a sacar do mesmo os obxectos persoais dos tripulantes e a carga. Un bote pertencente ó canoneiro da Armada Española Vasco Núñez de Balboa saíu para prestar auxilios. As autoridades e veciños deste porto prestan excelentes servizos co motivo do sinistro”.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

25 aniversario da agrupación folclórica Ximiela

P/ Quín Caamaño
ximiela-A Agrupación Folclórica Ximiela de Louro celebra no mes de Maio o seu 25 aniversario, por tal motivo desde The Muros Times quixemos achegarnos a Louro para que nos conten un pouco a historia e os momentos mais relevantes da Agrupación.
-Ximiela non se creaba para ser un grupo folclórico internacional nin fastoso, senón para unha meta máis común pero non menos importante: recuperar as nosas tradicións, as nosas raíces o noso folclore. Foi todo pasiño a pasiño, sen pretensión ningunha e deste xeito comezaron a xurdir pequenas oportunidades: as primeiras actuacións, os viaxes fóra de Galicia, os novos traxes, as aparicións televisivas, a gravación do disco, a publicación do libro A indumentaria tradicional galega: O traxe de Muros, as exposicións dos nosos traxes, e agora o noso 25 aniversario que terá lugar na Antiga Fábrica de Sel o vindeiro 25 de Maio.
¿Cómo empezou o grupo de baile?
En 1988 no seo da A.N.P.A: do Colexio Público de Louro, nace un grupo de baile tradicional coa intención de que os xoves de Louro mostraran interese polo noso folclore xa casi esquencido entre a poboación nova e non tan nova do pobo. Con moita ilusión e sin experiencia o grupo vai collendo forma es os rapaces e rapazas vanse involucrando cada vez mais. Empezan con actuacións no colexio, na vila e ata fora do Concello.
-Fundación do Grupo Ximiela.
No ano 2002, necesitábamos que o grupo tuvera entidade propia, con estatutos e una directiva. Ese foi o motivo de independizarnos da ANPA do Colexio e creamos A Agrupación Folclórica Ximiela.
¿Por qué o nome de Ximiela?
O 24 de xuño de 1908, día de San Xoán, o afundimento dun vapor-correo chamado Larache alarmaba a parroquia de Louro embarrancando no baixío de Ximiela. A xente de Louro e veciños da vila de Muros socorreron a tripulantes e pasaxeiros da embarcación sen sorprenderse da traxedia que por desgraza non era a primeira vez. O mar quixo levar con el 91 vidas que viaxaban nese correo-mixto que tiña como ruta Vigo – A Coruña. Os 60 náufragos foron enviados ó seu destino; recibindo así máis tarde un telegrama da compañía transatlántica o agradecemento polos auxilios prestados ós fillos nobres de Muros.
Por este lugar situado no océano Atlántico fronte a Montelouro, en lembranza do labor humanitario, os compoñentes da agrupación acordamos que levase o nome: “XIMIELA”.
-Xa dende os inicios comenzáchedes a actuar fora de Louro. ¿Cómo xurdiron as viaxes?
Os primeiros viaxes foron intecambios culturais con outros grupos de diferentes sitios. Un co que estivemos máis en contacto e viaxamos a súa terra foi “Maura Xeva” de Avilés, ademáis de ser un dos primeiros grupos en acollernos.
Máis tarde iríamos ata a Badalona, Santurce, Madrid, Viana do Castelo, Oviedo… sen olvidarnos moitos lugares da nosa terra. Todos estes viaxes foron experiencias marabillosas para Ximiela, novas amistades, novos lugares, novas ilusións e sobre todo foron un xeito de unir máis o grupo e sentir que hai recompensa despois de tanto traballo.
-Os traxes que lucides nas galas son verdadeiras xoias. ¿Qué traballo hai detrás?
Cos anos Ximiela foise establecendo e collendo experiencia e comezou a inquedanza de realizar novos traxes pero para iso foi necesario investigar o noso traxe. Sobre todo existía e existe unha especial predilección pola recuperación da indumentaria muradana. Petamos moitas portas para que nos ensinasen esas reliquias que alghúns afortunados posúen, vimos moitas fotos, escoitamos moitos recordos de xente maior e limos a pouca información escrita que existe.
Todo este traballo é totalmente artesanal e realizado polos propios membros de Ximiela, moitas delas parte da directiva da asociación. Elas intentan reproducir ata o máis mínimo detalle para ser o máis fieis posible ao traxes antigos, desde os botóns ata o voo das saias.
-Outro dos ambiciosos proxectos do grupo foi a publicación do libro “A indumentaria Tradicional Galega”. ¿Por qué un libro?
A Agrupación conta cun vestiario moi variado, con traxes de gala, entre o que destaca o traxe de Muradana, traxes de cotío e traxes de época.
A historia do libro naceu a partir da idea dun calendario e mira no que acabou. Ximiela tiña a intención de realizar un calendario con fotos do noso traxe. O fotógrafo encantoulle os nosas vestimentas e comentounos porque non facíamos un libro todo ese material. E así xunto coa colaboración da Deputación de A Coruña publicamos A indumentaria tradicional galega: O traxe de Muros. Esta publicación levounos a facer unha serie de exposicións pola provincia de A Coruña e tamén en Madrid, Santurce e Viana do Castelo; ademáis de isto naceu a nosa colección de bonecas.
-Non só realizades os traxes, rebuscades no folclore senón que tamén tendes un disco editado.
Outro momento marabilloso para o grupo foi a gravación do noso disco que leva nome do grupo. Baixo a dirección de Pablo Seoane e ca Fundación Paideia fomos ata o estudo Mans para realizar o noso primer traballo discográfico, baixo a dirección de Pablo Seoane.
-Este mes de Maio celebrades o 25 aniversario, para elo grabástedes un spot para anunciar A Gala. ¿Qué nos podedes adiantar a The Muros Times?
Ca gala que estamos preparando para este 25 aniversario queremos demostrar que no noso pobo se poden facer cousas importantes e de calidade. Nesta actuación buscamos unha forma nova de “consumir” a cultura tradicional, crear espectáculo e que xente descubra o noso folclore ten o sufiente potencial para que se leve a grandes espazos.
É moi difícil preparar algo tan grande porque moitos dos rapaces estamos fóra estudando ou traballando pero facemos o sacrificio de vir todos os fins de semana porque pensamos que isto que estamos facendo vale realmente a pena. E xa non é só ensair, tamén é preocuparse desde cómo vai ser o cartel que vamos poñer ata se todas as pezas de roupa quedan adecuadamente a todos os membros.
Este 25 aniversario comezou ca gravación dun spot que ademáis de que foi realizado para promocionar a gala tamén foi unha actividade especial para os que formamos parte de Ximiela, sobre todo para os nenos que disfrutaron un montón.
Puxemos en marcha un blog onde tratamos temas do grupo, entrevistas a xente do folclore, o traxe galego, eventos importantes neste eido…
Gracias XIMIELA pola vosa colaboración, achegándonos toda a información e por brindarvos a realizar esta entrevista. Gracias que queremos facer extensivas o Grupo por todo ese traballo de recuperación do noso folclore.
Desde The Muros Times desexamos que a Gala sexa todo un éxito.

Publicado en Entrevistas | Etiquetado , , | Deja un comentario

VI Exposición de Pintores de Muros

VI Exposición de Pintores de Muros, promovida e organizada pola Asociación SORUM, celebrada en marzo-2013

Fotos: Quín Caamaño.

Imagen17Imagen18Imagen19Imagen20Imagen21Imagen22Imagen23Imagen24Imagen25Imagen27Imagen28Imagen29Imagen30Imagen26Imagen31Imagen32Imagen33Imagen34

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

Obesidad infantil

Por Dra. Castiñeira

-El entorno del niño es clave en la prevención de la obesidad infantil

Los grandes cambios de las últimas décadas han repercutido, drásticamente, en la manera de alimentarse de los niños. En este sentido, la obesidad infantil o el sobrepeso han experimentado un incremento considerable hasta llegar a convertirse en un problema de salud pública. En España, según datos de la Encuesta Nacional de salud 2011 – 2012, la obesidad ha pasado de afectar al 7,4% de la población en 1987 al 17 % actual. El ascenso ha sido más marcado en hombres que en mujeres, aunque las mujeres llevan una vida más sedentaria. En el caso de los niños, uno de cada diez presenta obesidad y dos de cada diez sobrepeso, con porcentajes similares en ambos sexos. Son datos muy alarmantes y muy similares a los de EE.UU., donde existe el mayor nivel de obesidad del mundo. Además, se está detectando que la obesidad aparece en edades cada vez más tempranas y la mayoría de los casos son de origen multifactorial.
Ovesidad infantilLa revisión científica británica “The influence of the food environment and obesity in young children”, que recoge 35 estudios realizados en niños menores de 8 años en tratamientos por sobrepeso, destaca que muchos tratamientos sobre la obesidad se han centrado en cambiar el comportamiento individual con el objetivo de prevenir el exceso de peso. Sin embargo esta estrategia solo ha llevado a mejorar a corto plazo la enfermedad y los factores de riesgo relacionados.
INFLUENCIAS NEGATIVAS
Según el estudio, es muy difícil cambiar un comportamiento individual en un ambiente donde cada vez más se promueve un estilo de vida sedentario y un consumo elevado de calorías.
Los individuos interactúan con el ambiente en múltiples “microambientes” como la escuela, sus hogares y su barrio.
A su vez, están influidos por los llamados “macroambientes” como la educación, la salud, las instituciones, la industria alimenticia y las ideologías y las actitudes de la sociedad.
Esta suma de influencias en las condiciones de vida actuales es lo que promueve la obesidad en los individuos. En este sentido, modificar el ambiente obesogénico podría producir un efecto más duradero que en los cambios del comportamiento individual. Se requiere sensibilizar a la sociedad de los riesgos para la salud que conlleva el sobrepeso u obesidad y de la importancia que tiene transformar los ambientes obesogénicos en que actualmente viven los niños, donde la práctica de actividad física es muy limitada.
LOS CAMBIOS
Estos cambios conductuales que conllevan el aumento de los casos de los niños con obesidad infantil o sobrepeso se deben, en parte, a los cambios demográficos y culturales de nuestra sociedad: los horarios laborales de los padres, el incremento de las familias monoparentales, comedores escolares, etc. han afectado el comportamiento de las familias y, por lo tanto, de los niños, en múltiples aspectos, incluidos el comportamiento alimentario y la actividad física.
Esta situación es producto de los profundos cambios sociales y de conducta que afectan negativamente a la actividad de los niños. Actualmente, su tiempo libre lo ocupan en actividades sedentarias como ver la televisión, jugar con videojuegos, usar el teléfono móvil, ordenador e Internet, etc. Contribuyen a este problema por una parte la tecnificación del hogar y de los edificios (ascensor, electrodomésticos) y el uso de los medios de transporte motorizados, y por otra parte, la inseguridad en las calles en cuanto a viabilidad y delincuencia ha producido una disminución importante en el porcentaje de niños que van a pie o en bicicleta hasta el colegio, y que juegan en las calles.
INFLUENCIAS DIARIAS
El estudio evidencia que las influencias diarias son determinantes para sufrir obesidad y que la edad apropiada para comenzar a prevenir la obesidad se encuentra en los primeros años de vida de los niños.
Además, y sin que exista una única causa que lo provoque, la obesidad infantil o el sobrepeso exige una profunda revisión de los hábitos de los niños así como en la educación de padres y profesores. Destaca que el entorno familiar y escolar tiene una gran importancia a la hora de determinar la actitud del niño hacia determinados alimentos y el consumo de los mismos.
Los especialistas recuerdan que los hábitos alimentarios – que influyen en las preferencias de alimentos, el consumo de energía y la ingesta de nutrientes- se desarrollan normalmente durante la infancia y en particular durante la adolescencia.

Publicado en Mediciña | Etiquetado , | Deja un comentario