Carta da Redacción -Xuño-2013

The Muros Times
ANO 0 – Nº 3 – XUÑO—2013

“The Muros Times” sigue crecendo, tanto en colaboradores como en páxinas, e neste número de xuño abrimos unha sección adicada ós muradans na diáspora, ós que con todo agarimo queremos rendirlle o pequeño homenaxe que supón traelos, unha vez mais o noso recordó, refrexando nas páxinas da revista o seu estar con nós.
Moito lle ten que agradecer Muros ós centos de homes e mulleres que espallados polo mundo, moitas veces forzados por causas económicas ou sociais tiveron que asentar e facer as súas vidas nunha terra alléa a súa, pero sempre coa súa casa; seu rueiro; a súa aldea, o seu pueblo, ou a súa Vila, no mais fondo do seu corazón.
Ninguén emigra por gusto. Doe deixar a terra, a familia, os amigos. Doe sentirse só; pero o afán de voltar está sempre presente:
“Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei”.
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero…
¡Quen pudera non deixar!.

Non nos deixades¡¡¡. Estamos sempre con vos ¡¡¡

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado | Deja un comentario

Muros, 1846: o axustizamento de Ginés Mato

p/ Manuel Lago Alvarez

Hai partes da nosa historia que son descoñecidas. As veces porque a tradición oral perdeunas e outras porque as referencias escritas desapareceron. No caso que hoxe vou a relatar, tal vez, polo escabroso do tema, a xente quixo esquecelo, pero aínda hai hoxe en Muros, aboas que lembran escoitar das súas aboas, relatos do acaecido na Vila durante e despois dos feitos que hoxe relatarei. Das aínda vivas, recollín datos que me serviron para darlle forma a unha historia certa que acabou movendo as conciencias de moitos.

o verdugoO día 15 de xuño de 1846, produciuse en Muros o axustizamento dun home chamado Ginés Mato. Foi a última persoa á que un xuíz de primeira instancia de Muros, condenou a morte en garrote. A Ginés Mato, de 33 anos, fillo de Pedro Mato, natural de Noia, e de María dá Canle, da parroquia de San Cosme de Outeiro, acusóuselle de ter dado morte a un home na Parroquia natal da súa nai. Tras o xuízo, e despois de haber apelado a Real Audiencia, a sentencia a morte confirmouse.

O uso do garrote xeneralízase ao longo do século XVIII, favorecido pola simplicidade da súa fabricación, que estaba ao alcance de calquera ferreiro. Mediante decreto do 24 de abril de 1832, o rei Fernando VII aboliu a pena de morte en forca e dispuxo que, a partir de entón, se executase a todos os condenados a morte co garrote:

“Deseando conciliar el último e inevitable rigor de la justicia con la humanidad y la decencia en la ejecución de la pena capital, y que el suplicio en que los reos expían sus delitos no les irrogue infamia cuando por ellos no la mereciesen, he querido señalar con este beneficio la gran memoria del feliz cumpleaños de la Reina mi muy amada esposa, y vengo a abolir para siempre en todos mis dominios la pena de muerte por horca; mandando que adelante se ejecute en garrote ordinario la que se imponga a personas de estado llano; en garrote vil la que castigue delitos infamantes sin distinción de clase; y que subsista, según las leyes vigentes, el garrote noble para los que correspondan a la de hijosdalgo”.Imagen1

Cada tipo de execución levaba aparellada unha escenificación distinta, diferenciándose cada unha principalmente polo modo de conducir o condenado ata o garrote: os condenados a garrote nobre ían en cabalo enselado, os de garrote ordinario ían en macho ou cabalo e os de garrote vil en burro, sentados mirando cara á anca, ou arrastrados.
É a denominación garrote vil a que prevaleceu e hoxe en día adóitase usar este nome para designar tanto o instrumento como a pena de morte que o utiliza.
A execución anunciábase cuns tambores co parche frouxo, non tirante, que se chamaban «caixas destemperadas», de onde quedou a expresión. Ginés Mato foi axustizado a garrote, nun taboado que se puxo no campo de San Roque, en lugar perfectamente coñecido, e que non cito nin sitúo, como tampouco citarei outros extremos para non ferir a sensibilidade dos lectores. O corpo do malfadado rapaz estivo exposto ó público dende as 11 da mañá ata as catro da tarde. Antes da execución recibira os sacramentos de penitencia e comuñón. Os irmáns da caridade acompañaron o seu cadáver, que foi soterrado no cemiterio parroquial de Muros, dentro da capela do cemiterio, que fora anteriormente o presbiterio da anterga parroquial de San Pedro.

O VERDUGO VEU DE VALLADOLID
O verdugo é un personaxe tan antigo como a Lei. O que sucede é que, polo seu atavío, carapucha, machado etc.. . adóitaselle identificar moito coa Idade Media. En moitas ocasións o verdugo impúxose para evitar que tras a cacharela, a multitude estendese as muxicas con grave perigo público. E en situacións así encontrouse Luís XI, Carlos El Malo, Pedro I de Castela, Pedro IV de Aragón…. e, se damos un salto no tempo, tamén o tivo que utilizar Isabel de Inglaterra, Pedro el Grande e ata o propio Napoleón.

E se o verdugo fose unha muller ? Pois as houbo! , se, en Francia, en tempos de San Luís, para executar outras mulleres e se lle chamaba a «Bourelle».

En España xa se comezou a exonerar de cargas o verdugo en tempos de Juan II quen, en 1.435, ordenou que quen exercera de verdugo estivese exento de toda carga municipal ou real. Mais adiante regúlase con maior precisión o cargo de verdugo. Carlos I ditou unha Ordenanza, en Toledo, en 1.525 e, mais tarde, o seu fillo Felipe II outra en Valladolid, en 1.556, que permitían ao verdugo quedar coas roupas que levaran postas os condenados.
O cargo de verdugo estaba mal considerado socialmente. aínda así, transmitíase de pais a fillos. E é curioso que o verdugo Sansón, famoso na Revolución Francesa, que guillotinou a maioría dos condenados, era fillo e neto de verdugos. Pois xa nesa época, escribiu unhas memorias coas súas mellores execucións.
O verdugo que executou a Ginés veu dende Valladolid, e estivo en Muros moito antes da execución. O principio pasou desapercibido, pero cando a xente soubo quen era, o seu paso polas rúas da Vila, os veciños pechaban fiestras e portas. Non lle foi mal o executor, que quedou na Vila e acabou casándose cunha moza e tivo descendencia.
Penosa foi a execución e sorprendente o que aconteceu anos despois: un home atormentado polos remordementos confesouse autor do crime que lle atribuíron a Ginés. As xentes da Vila sentíronse culpables do sucedido, e consideraron o axustizado un “santo”, sendo moitas as persoas que durante longos anos, cando pasaban polo lugar onde fora axustizado, facían a sinal da Cruz, e outra moitas acudían a súa tumba a implorar os mais diversos favores.
Fontes: Arquivo Parroquial de Muros, L.S. 34. Fol 72. vto, depositado no Arquivo Histórico Diocesano, e relatos contrastados con xente maior da Vila.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Dejar de Fumar!

p/ Dra. CASTIÑEIRA
Un estudio a largo plazo muestra los beneficios en la salud cardiaca de dejar el hábito aunque se gane algo de peso
Aunque muchos fumadores temen el aumento de peso que a menudo conlleva el dejar de fumar, un estudio reciente sugiere que ese peso adicional no contrarrestará los beneficios en la salud de dejar de fumar. El estudio, que contó con más de 3,200 personas adultas de EE. UU., halló que los fumadores que lo habían dejado redujeron su riesgo de enfermedad cardiaca y accidente cerebrovascular a la mitad. No importaba si ganaban peso después de dejar de fumar.
Dejar de fumar«Esto vuelve a confirmar a los fumadores que los beneficios de dejar de fumar siguen siendo mucho mayores que cualquier pequeño riesgo para la salud que pueda ocasionar el ganar peso», indicó el Dr. Michael Fiore, fundador del Centro de Investigación e Intervención en Tabaco de la Universidad de Wisconsin, en Madison.
La investigación sugiere que la mitad de las mujeres y la cuarta parte de los hombres que fuman están preocupados por el peso que ganarían si dejaran de fumar.
«El aumento de peso es una razón habitual que los fumadores señalan para no dejar de fumar», comentó Fiore, que coescribió un editorial que acompañaba al estudio en la edición del 13 de marzo de la revista Journal of the American Medical Association. Por supuesto, el miedo a ganar peso podría deberse a razones de salud o no. Algunos fumadores quieren evitar esos kilos adicionales por una razón «cosmética», afirmó el Dr. James Meigs, autor principal del estudio y médico en el H. General de Massachusetts.
Pero con respecto a la salud cardiovascular, agregó Meigs, los nuevos hallazgos muestran que ganar peso no es una excusa para no dejar de fumar.
Fiore se mostró de acuerdo. «Dejar de fumar es lo mejor que puede hacer por su salud», aseguró.
Los hallazgos se basan en 3,251 personas adultas que participaron en el Estudio de Descendientes de Framingham, una ramificación a largo plazo del Estudio Cardiaco de Framingham. Dentro del periodo de tiempo considerado, de 1984 a 2011, los participantes se sometieron a exámenes de salud aproximadamente cada cuatro años; al principio, el 31 por ciento eran fumadores, pero en el último examen, esa cifra se había reducido hasta el 13 por ciento. Durante el periodo del estudio, 631 personas sufrieron un ataque cardiaco, un accidente cerebrovascular, insuficiencia cardiaca o de arterias de las piernas obstruidas, o fallecieron por problemas cardiovasculares. Pero los antiguos fumadores tenían solo la mitad del riesgo de los actuales fumadores, aunque hubieran ganado peso. Y como ocurre habitualmente, habían aumentado de peso: un promedio de 5 a 10 libras (de 2.26 a 4.5 kilos) en los años siguientes a dejar de fumar.
«De manera que el mensaje es: sí, puede esperar que ganará peso en los primeros años después de dejar de fumar», afirmó Meigs. «Pero, aun así, reducirá su riesgo de enfermedad cardiovascular a la mitad».
Los investigadores también se centraron en los participantes del estudio con diabetes, un factor de riesgo importante de enfermedad cardiaca y accidente cerebrovascular. Descubrieron que las personas que dejaron el hábito de fumar experimentaban una reducción del riesgo parecida a la de los fumadores sin diabetes. Pero el hallazgo no fue significativo desde el punto de vista estadístico, lo que significa que pudo deberse a la casualidad. No obstante, Meigs hizo hincapié en que el descubrimiento no significa que las personas con diabetes no se beneficien de dejar de fumar. Culpó a las estadísticas: simplemente no había las suficientes personas en el estudio que fueran fumadoras, tuvieran diabetes y sufrieran de un problema cardiaco como para obtener un dato estadísticamente fiable.
Y Meigs indicó que, para un fumador con una afección cardiaca importante como la diabetes, dejar de fumar sería incluso más importante.
Pero incluso aunque ganar peso no contrarrestará los beneficios para el corazón de dejar de fumar, muchos fumadores quizás quieran evitar pasar por eso de todas maneras. «Y hay algunas cosas que usted puede hacer para minimizarlo», comentó Fiore.
Una de ellas sería empezar a hacer ejercicio. «Introduzca algo más de actividad física en su rutina diaria», aconsejó Fiore. Y como premio, añadió, la investigación sugiere que el ejercicio puede ayudar a rebajar las ansias de nicotina.
Vigilar la dieta es clave, comentó Fiore, porque los fumadores a menudo recurren a los alimentos dulces y grasos cuando intentan dejar de fumar. También hay evidencias de que los chicles y las pastillas de nicotina pueden ayudar a evitar el aumento de peso. No se sabe con certeza la razón, pero puede ser por los efectos de la nicotina en el metabolismo, comentó Fiore.

Publicado en Mediciña | Etiquetado , | Deja un comentario

Cousas de nenos

p/ Alfpnso Pouso
Ás veces, algunhas poucas veceso sangue xeóuseme nas veas ao entrar na cociña e ver a José A. sentado ao lado da cheminea e xunto a el, que era aínda máis grave se cabe, ao seu pai, tomando un vaso de viño e charlando amigablemente co meu, os deuses decidiran me dí conta nada máis entrar cando a miña cara sen querer tropezou coa palma da man do meu pai, mentres o cabrón de José Antonio cos seus relucentes seis puntos de sutura sorría o moi can, sorriso que máis adiante lle custaría…, pero dunha forma cruel, sem, recuperamos a facultade perdida de volver á nosa nenez a través do máxico mundo dos sonos e esta foi unha delas, unha desas noites nas que desexarías que non amencese, que non rematase nunca. Recobrei a sensación pracenteira do sol primaveral acariciando o meu rostro ao durmir nas rochas da praia de Portocelo xunto aos meus amigos de delitos mentres nos escondiamos facendo xovencos na escola, un de tantos días, pasando a tarde entre calada e calada daqueles míticos Celtas curtos, eran sen filtro e endiabladamente fortes, pero á súa vez os máis alcanzables aos nosos cheos de arañeiras petos e como colofón entre cigarro e cigarro, un bo baño en pelotas no mar, así nos evitabamos mollarnos os calzóns de algodón, máis malos de secar ao sol que a nai que os pariu…
Cousas de nenosAsí transcorrían as horas, facendo tempo para que desen as seis e poder volver á casa a pola merenda, coma se nada tivese sucedido colliamos o chusco de pan da tahona do señor » Pepe do Cancholo » e as dúas onzas de chocolate groso e duro, que aínda que era dos de facer á cunca os cativos o roïamos con verdadeiro afán, aqueles aínda non eran tempos de petit suisses, non para nós polo menos, e como frechas volviamos saír a xogar á rúa, o verdadeiro cuarto de xogos daquel entón.
Tras reunión de urxencia na árbore «do rio de abaixo «, tomamos a decisión de volver declarar a guerra aos de » Corea » barrio fronteirizo do noso, o » roeiro novo » e xuntos, media ducia de chacais, esperabamos a que algún pasase preto do dique, os deuses bendicíannos e estaban connosco pois viñan tres incautos inimigos sen decatarse da emboscada cruel que no seu contra estábase a fraguar, e á orde de Fuegoo!, saíu en tropel unha chuvia de pedras que obscurecieron o seu ceo coma se dun chuvasco do Norte se tratase. Os proxectís eran pedras de cuarzo, por aquí chamadas de ( Seixo )escogidas con esmero na calita do Pindo, ao lado dePortocelo, polo seu tamaño e peso perfectos para tales masacres.
A sorte esta vez, non estaba do meu lado, xa que no fragor da loita puxen tanto empeño no meu lanzamento que esquecendo a orde de non tirar a dar, lle asestei unha fenomenal pedrada a José A. facéndolle caer redondo como antano fixese David con Goliat, nin que dicir ten, que esa tarde a escorrentada foi xeneral e cada moucho á súa oliveira antes das oito. Transcorrida unha hora máis ou menos do tráxico suceso, co meu ego polas nubes dirixín os meus pasos á casa, pre nos volve chamar xunto a el este mundo para fodernos o bo que temos ,y entón soou o espertador anunciando a hora de levantarse
©. a. pouso

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

A perda do Cardenal Cisneros

By:Manolo de Lajo
O Cardenal Cisneros era un cruceiro da Armada de 7.500 toneladas de desprazamento, 106 metros de eslora e 18,55 metros de manga. Foi botado en Ferrol en 1897 e montaba 2 canóns de 280mm., 8 de 140mm., 8 de 57mm. 10 de 37mm. ademais de 3 tubos lanzatorpedos. Estaba propulsado por 2 máquinas verticales de triple expansión con 4 caldeiras dobles e 40 fornos para darlle unha potencia máxima de 15.000 cv. a unha velocidad de 20 nós.
cardenal cisnerosNa noite do día 28 de outubro de 1905 as lanchas xeiteiras de Baño e Boavista sairon de Anido para dar o lance de alborada. Esa mañanciña decidiron facelo na zona da costa comprendida entre os baixos de Meixide e Ximiela, visto que no lance do axexo tiveran boa marea nela.

Contaba meu bisavó Tieles que cando estaban recollendo as pesas viron o Cardenal
Cisneros virar o Neixón e poñer rumbo a Virullos, correxíndoo a babor o estar nas cercanías destes e tomar unha nova derrota para pasar por o suroeste de Meixide, ainda que para o coñecemento del pareceulle moi pouco o desvío. O barco navegaba a un andar de 10 ou 12 nos por o cal estaría o caron de Meixide en 10 minutos, eso si conseguia librar Ximiela pois levaba casi na proa. Entón meu bisavó e os patróns das outras lanchas, entre eles os Coxos e os Saturnos, comenzaron a levantar as mans e berrar para avisarlles do perigo; o cal o barco repondeu cunha salva de pitadas, coidarían que os estaban a saudar.

Uns minutos máis tarde sentiuse a bordo unha forte trepidación, que fixo deter a máquina. Tocaron cuns baixos por o sur de meixide que nas cartas da época non estaban marcados, pero que os mariñeiros muradans sí coñecían.

A consecuencía do choque inundáronse os departamentos das caldeiras de popa e os das máquinas de proa inutilizando as bombas coa parada da máquina.
Dando o barco por perdido o comandante Manuel Díaz Iglesias, a voz de sálvese quen poida, mandou arriar os botes salvavidas onde embarcaron os tripulantes e disparáronse uns cañonazos co fin de chamala atención. O Cisneros mergullou primeiro a proa e dispois, levantando a popa, afundeuse por completo mostrando as hélices.
Toda a tripulación, navegando nos seus própios botes ou a bordo das lanchas muradanas que acudiron a demanda de auxilio, foi chegando de volta a Muros.
O rei Alfonso XIII fíxolle un recoñecemento o povo de Muros por a súa actuación, tanto no rescate como na acollida.
Nos dias seguintes non tardou en soar esta cantiga na vila: «Adeus Cardenal Cisneros que pronto te has perdido, despois de sair de Muros, nos baixos de Meixido».

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario