A nosa xente: Mirian Lago Sendón

Miriam Lago SendónMiriam Lago Sendón, naceu o 21 de febreiro de 1982, en Muros. Mudouse á illa de Lanzarote aos 19 anos onde traballou como camareira durante os 10 anos seguintes. Entre café e café utilizaba os comandeiros onde anotaba as bebidas para escribir calquera historia que se lle ocorría, inspirada na historia dalgún cliente. Con esas notas foi facendo un libro destinado á familia por Nadal, e así descubriu que esta era a súa verdadeira vocación. Así naceu “Entre sueños y paseos” . Non parou de escribir desde entón, creando blogs onde expón algún dos relatos, grupos de lectura facebook e e unha páxina persoal onde, a parte dos seus relatos, descubre novos escritores, ilustradores e artistas. Actualmente colabora en Universo da Maga, unha web cultural de Granada.
Con “Entre sueños y paseos” experimentou por primeira vez coas editoriais, pero pronto se fixo con todos os dereitos da obra para o seu auto publicación. A penas un ano despois, xurdille a idea de ”Y me llamé justicia”, un relato longo que, a verdade, está a gustar moito e da que pronto teremos noticias novas, novos plans.
Agora mesmo está a terminar a súa primeira novela fantástica. Esta novela a leva “cociñando” dende fai varios anos. De feito a idea inicial desta novela xurdiulle aos catorce anos, pois pasaba por unha época de conflito interior de preguntas constantes e necesidade de ampliar os seus coñecementos. Mirián foi apuntando toda aquela idea que asomaba pola súa cabeza, independentemente de que tivese sentido ou non. Varios anos despois comezou a debuxar os personaxes, aos poucos, ta que xurdiu a posibilidade de documentarme mellor e estruturar a obra como tal.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado | Deja un comentario

A nosa Xente: Domingo Barreiros Lago

Domingo Barreiros LagoDomingo Barreiros Lago, naceu na parroquia de  Louro, en 1942. Alumno da Escola de Abaixo e posteriormente do Seminario de Herbón onde cursou o bacharelato. Matriculouse no ano 60 por libre na Escola de Maxisterio de Santiago rematando os tres cursos da carreira no ano 61…oposicions para a praza de Mestre Nacional no 63 e exercendo 6 cursos en Alfabetización de Adultos (Outes, Noia, Carnota e Sobrado dos Montes). Servizo militar no Sahara e mestre propietario dunha escola de nenos no Freixo e outros centros de ensino, alternándoo todo como membro por máis de 20 anos na de todos coñecida “Orquestra Los Romero”, e para non se quedar curto foi o primeiro licenciado galego de Filoloxía Hispánica e Ciencias da Educación pola Universidade de Educación a distancia. Notable músico e compositor excelente, na actualidade e director das corais: Orfeón Ría de Muros, Coral «Agustín González» de Louro; Clube de Xubilados de Porto do Son, Liceo de Noia e «Francisco Añón» de Outes; Coral «Don Diego de Muros» e «San Xoán de Serres e Coral Xuvenil «Solpor de O Freixo.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado | Deja un comentario

Morreu de amor!

p/ Mª Luz Pérez Quintela

Morreu de amor¿Por qué tocan as
campás
Neste día tan fermoso…?
Preguntáballe Manuela
A María, a de Xestoso.

¡Ay Manuela, Manueliña,
Morreu case sin sentir
Mariquiña a de Xosé
Dun mal que non sei dicir.

Morreu soiña e distante
E ninguén puido saber
Porque sempre estaba ausente
Sen falares con ninguén.

Dis que preto a súa fiestra
Pasaba as horas sin xeito,
E dis que falaba soa
E choraba coma tola.

Afundida nun tormento.
Así a mirei no solpor
Un día que fun a vela.
¡Non tiven con que falar.

Volvín moi triste, Manela!
¿Morreu de amores quizáis…?
¿Qué pensas ti Maneliña…?
¡Morreu de amores, María
De tristura, soedá e melancolía!

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado | Deja un comentario

Refrexos

P/ A. Pouso
Arrebatadoras son as ondas
Que me chaman a ser náufrago nas túas praias
¡Oh, doce muller, querida miña!…
Arremetendo con forza, entraches a miña ialma.
Tenra e fráxil, cal paxariño
que na mañanciña a o sol, trina e canta…
refrexosE son os meus maiores anhelos
Os queixumes de amor da tua garganta…
Máis…., insondables son os teus peitos,
Do teu corpo as perfectas redondeces,
Que agochan a negrura, tristeira e profunda soiedade,
Aloxada nos plegues de todo ser…, i é a ialma.
Deixaste a inocencia adormecida
pra do amor beber as súas ansias…
Libando no cáliz da vida, facendo sofrir por onde pasa
Gran paradoxa o amor é, meu tesouro…
Póis ofreceche de bon grado él as suas ás,
Máis o tomar altura , cara do sol en pos,
Tras da sua amada…
De un só mandobre che aturuxa,
sofres , bagóas , esgorxache, eso é ao fin…,
Miña doce Praia, o que agochado ….
Aló moi fondo e dentro …, a tua ialma garda.

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

Navegar polo infindo

P/Manuel María Pena Silva

Manuel MaríaNo cume de Monte Louro
Plantei o meu corazón,
Bandeira a frotar no vento,
Mastro senlleiro, maior,
Dun grande barco de vela
Ancorado no solpor.

Polo sur vén Corrubedo;
A par da proa, O Neixón…,
A Roda, O Facho e A Insua
Mantéñense en comunión
Co meu navío sagrado,
(Onde mora a devoción
Dos ancestros parroquianos,
Loureanos de nación),
Envexa de riatelos
E gareteiros do Son.

Cando emprenda a travesía,
Cando endereite o timón
Rumbo ós dourados infindos,
-Pazos de dormir o Sol-,
Para navegar tranquilo,
Quero, por tripulación,
Uns mariñeiros veciños,
Cofrades do Caldeirón,
Expertos, nos Tres Saltiños,
Practicantes da inmersíón,
Nadar na casca da auga,
De “resolgo” e a pulmón…,

Desde o limpo ata o escuro,
Facendo esa exhibición
Con testemuñas expertas
Nas Artes da Natación,
En pórse cu para riba,
-En bolas, sen bañador-,
Amosando esa gaitiña,
Vermiño triste e sen voz,
Por mor de estar enrugada
Do salitre e o arneirón,
Pouca boroa na casa,
E de carne, nin ración…

Quero, pois, xente probada
No sufrimento peor;
que navegar polo infindo
non che é unha broma, ¡non!

¡Rompe amarras, Monte Louro,
Adiante, e a polo Sol,
Antes de que o roube a noite,
Co seu bocado traidor,
Pra nos deixar desnortados
Ó pairo do perdedor!
P/ Manuel María Pena Silva
http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario