A nosa xente na diáspora: Tono de Tona

Son Tono de Tona, fillo de Tona e de Jaime , casado con Almudena Benito Nogal, Tono de Tonomadrileña. Nacin en Campo de Cortes. Funme pra Madrid, fai 20 anos. Vivo na Serra de Madrid, en un pobo que se chama Mangiron, e estou facendo unha casa dunha aldea de Segovia; esta aldea chamase La Nava. Traballo de autonomo da construcion, son encargado de obras ou era antes da crisis,,,,Moitas gracias pola invitacion, e un forte abrazo

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario

A nosa xente na diáspora: Mónica Fernández

Son Mónica Fernández Martinez coñecida como a filla de Pepita Luisa de chuvasco. Filla de Pepita Luisa e Moncho (gorrion) Casada con Gustavo Nine Varela, de Esteiro
Nacin na coruña en 1974 emigrei ós Estados Unidos en 1996
Monica FernándezActualmente resido nun pobo chamado Montrose no estado de New York
Traballo limpando casas dende que cheguei a este pais no 1996, e levo o meu querido Muros sempre no meu corazón.
Moitos saudos, apertas e abrazos a toda a miña xente muradan en especial a miña nai, as miñas irmans, Joséo meu sobriño ,os meus cuñados e os meus tios e primos. Querovos a todos na alma

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario

A nosa xente na diáspora: Antonio Rey

Moitas grazas polo recibimento.
Nacín en Bos Aires e o meu avó paterno era de San Xián de Torea.
Cando enviudou veu vivir connosco e eu tiven a oportunidade de compartir vinte anos no mesmo fogar.
Antonio ReyO meu avó veu cara a América no ano 1927 e nunca voltou á terra.
Eu tiven a sorte de estar alá dúas veces (a última o ano pasado).
Publiquei un libriño que se chama “Son galego”, e que explica o meu sentimento con Galicia en xeral e con Muros en particular.
Xa publicara algo ao respecto Manuel M. Caamaño en I LOVE MUROS.
Podes ler algo do libriño no blog Cuspe de Pita:
http://cuspedepita.blogspot.com.ar/search/label/Son%20galego.
Podes ver algo da miña historia a partir do minuto 4:30 do vídeo:

E a partir do minuto 3:12 neste:

Teño catro fillos e casei cunha descendente de vascos. Son mestre e profesor.
Non che quero amolar coas miñas lerias…
Unha aperta, Jorge.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario

O Bonifaz

p/ Manuel M. Caamaño
Os patróns de pesca do arrastre necesitamos coñecer todos e cada un dos obxectos, pedras e cascos asolagados que hai no fondo da plataforma continental onde adoitamos traballamos para non prender as nosas redes neles estragando dese xeito o día de pesca e causando grandes avirías nas artes de pesca.
A miña grande curiosidade polo tema dos naufraxios ven dada pola circunstancia de que centos de cascos asolagados nas augas de preto das nosas costas son de procedencia , nome e circunstancias descoñecidas, sendo rebautizados por nós de diferentes maneiras para localizalos e situalos. Iso ben dado polo afastamento no tempo e pola falta de información, ou documentación deses naufraxios, dos que tan só quedan os seus restos como testemuña muda e perenne da súas traxedias.
´Dalgún pecios, a causa a ter ocorrido os seus naufraxios en tempos máis recentes, coñécense os seus nomes e as circunstancias dos seus naufraxios , as máis das veces moi tráxicas!
Un destes casos de e o do petroleiro “BONIFAZ” da compañía navieira española “Castilla” , de triste lembranza na vila de Muros.
O Bonifaz que prestaba servizo para a CAMPSA no momento da súa traxedia , zarpou do porto da Coruña con destino a Cartaxena o día 2 de Xullo do ano 1964, despois de ter descargado para a refinería da cidade herculina 19.000 toneladas de petróleo cru.
Ían abordo del nese viaxe 47 tripulantes e 7 mulleres como pasaxeiras, que acompañaban aos seus maridos nesa travesía.
Ao pouco saír da ría da Coruña e antes de chegar á altura das illas Sisargas a néboa fíxose espesa dificultando a visibilidade e polo tanto a navegación.
O capitán do Bonifaz , don José Amézaga, ordenou reducir maquina e reforzar a garda con vixías nos aleróns da ponte de mando, tal como mandan as ordenanzas e as regras elementais de navegación.
BonifazNavegaban con esas nulas condicións de visibilidade nunha costa que soportaba un dos maiores tráficos marítimos de mercadorías do mundo; un trafico que non estaba regulado de ningún xeito, e no que unha gran maioría de buques navegaban aínda sen radar, tan só confiando en que fosen escoitadas as sinais acústicas das súas buguinas de néboa polos outros buques que se cruzases na súa derrota.
No caso do Bonifaz non serviron de nada as precaucións tomadas. Ás 10 da noite do día 3 de xullo era abordado polo tamén petroleiro de bandeira francesa “Fabiola” a nove millas ao oeste de Cabo Fisterra.
En tan só media hora, logo do abordaxe e dunha forte explosión, desapareceu o buque tragado polas augas deixando un balanzo tráxico de 20 desaparecidos e cinco falecidos. Na traxedia tan só houbo 29 superviventes.
……………..
Entre os tripulantes desaparecidos había catro veciños da vila de Muros :

Juan José García Malvarez de 63 anos que ocupaba o cargo de Mozo.

Jesús Malvarez Fernández de 48 anos, caldereteiro.

Antonio Tajes Tajes de 43 anos, fogueiro.

Jesús Fernández Tajes de 26 anos , limpiador

…………………
Un dos superviventes do naufraxio foi o capitán Amézaga o cal fixo estas declaracións ante as autoridades logo de ser desembarcado no porto de Vigo
“El buque fue embestido por la popa en el costado de babor, en medio de la niebla por el petrolero galo Fabiola que tenia el doble de tamaño que el Bonifaz y tras declararse un fuego a bordo, xusto en la zona de colisión, el barco se fue a pique en menos de media hora.
Los tripulantes desaparecidos eran justo los que estaban alojados en el costado que sufrió el impacto del abordaje y posterior incendio, para abandonar el barco que se hundía ordené arriar dos botes salvavidas en los que embarcaron los tripulantes que en eses momentos se encontraban en cubierta, mientras un marinero y mas yo permanecimos a bordo hasta que las aguas llegaron al puente , momento en que nos lanzamos al mar donde estuvimos nadando durante una hora hasta que un bote auxiliar del buque holandés Setas nos recogió”
……………
Algunha vez teño estado cas miñas redes enganchado nos restos do Bonifaz , cousa que agora mesmo antolláseme case un pecado por crer ter perturbado o eterno descanso dos seus desaparecidos.

No ano 2008 fixemos en Muros unha homenaxe ás vítimas do Bonifaz. Estiveron aquí varios dos superviventes , entre eles o capitán Amezaga, e moitos familiares dos mortos e desaparecidos.
Este ano faremos o noso particular homenaxe ás vítimas do mar en Plencia, País Vasco. Lugar de nacemento e de residencia do capitán do Bonifaz, o cal, ainda que case con 90 anos e practicamente cego. Aínda se emociona e énchese de ledicia ao volverse atopar cos seus vellos compañeiros e coas familias dos que perderon as súas vidas naquela terrible traxedia.
O vindeiro ano cúmprese o cincuentenario do naufraxio do Bonifaz e os superviventes e as familias das vítimas, volveranse a reunir en Muros. E xunto coas familias de aquí volveremos a lembrar e a honrar a memoria daqueles que perderon as súas vidas nas augas da nosa costa.

FICHA TECNICA
ARMADOR :…………………………. …Naviera de Castilla
TIPO :…………………………………….. Petrolero
ESLORA :……………………………. …170,67 Metros
MANGA :…………………………………. 21,64 Metros
PUNTAL :……………………………….. 11,90 Metros
TONELADAS P.M. :………………….. 19.420 TM
PUESTA QUILLA :……………………..17/02/1957
BOTADURA :…………………………….27/09/1957
ENTREGA :……………………………… 2/02/1959

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

A nosa xente: Manuel Fabeiro Gómez

MANUEL FABEIRO GÓMEZ  (Muros 7-8-1916, Noia, 1992)
Ainda que xa non estás con nos, o seu legado como poeta, prosista e historiador permanecerá para sempre vivo na mente dos muradans, pois co seu traballo excelso supo afondar nos sentires da Vila que o veu nacer. Historiador, poeta, e escritor, ingresou en 1934 nas Mocedades Galeguistas. En 1950 fundou en Noia a revista Tapal, que dirixiu ata que desapareceu en 1956. Colaborou, entre outras publicacións, Manuel Fabeiro GomezEn Compostellanum, Lar, Poesía española, Boletín da Real Academia Galega, Cuadernos de Estudios Gallegos e La Noche. Da súa produción destacan os artigos “Ordenanzas de la villa de Noya de 1589”, “Os cobrados de Noya”, “Una biblioteca noyesa de finales del siglo XVIII”, “La Santa Biblia y la filatelia”, “Matasellos religiosos de Galicia”, “O correr da pluma” e “Breves notas sobre Añón”. Como poeta publicou “Cachemare da saudade”,“Muros: Poemas da terra natal” e Follas de un arbre senlleiro (1951), Cancioneiro de Muros I (1955), Cancioneiro de Muros, II e III (1968) no Boletín da Real Academia Galega. Do seu “Cancioneiro Muradán”, reproducimos unas coplas:

CANCIONEIRO MURADÁN:
O lugariño de Serres
é pequeño pero forte;
para pasar por él
hai que sacar pasaporte.

Anque son de Torea,
non son toreán,
zapatitos de seda,
polainitas de lan.

E na Acerca hai boas mozas,
na calle Ancha a frol délas;
na Axesta catro peladas
para pechar as cancelas.

Si queres ver a Pelada
pol-a mañán, en cabelo,
súbete a Pedra Furada,
mira para Rebordelo.

A Torea, a Torea,
a Torea, que o dan;
a que no da no cuberto,
dao no cocho do can.

Quen queira fanfarrochos,
vai en casa da Borraxeira,
que os vende tío Lucas
da súa fanfarrocheira.

Mariquina, Mariquiña.
Mariquiña dos amores,
queda na Porta da Vila
falando con dous señores.

Quen me dera un ovo podre
para frexir con saín,
para lle dar a esa burra
que anda falando de min.

Meu San Antón de Abelleira,
feito de pau de ameneiro,
compañeiro dos meu zocos,
irmán do meu tabaqueiro.

Nosa Señora das Neves
ten as portas para o mar;
e a Virxen do Camiño
tenas para o vendaval.

Nosa Señora do Carmen
ten os pendientes de pedra;
ben-os podía ter de ouro
¡miña Virxe! Si quixera.

Nosa Señora do Carmen
velahí vai pol-a ribeira,
collendo conchiña a cuncha,
metendo na faldriqueira.

O señor cura de Serres
Non ten capa nin capelo;
¡qué viva o cura de Muros
Que a ten de terciopelo!

San Xulián de Torea
non ten camisa lavada;
Santa Comba de Carnota
ten catorse na solaina.

San Xulián de Torea
ten a escopeta n aman;
para mata-los paxaros
domingo pola mañán.

En Laxeiras hai xirelo,
e no Salto xirelada;
hai na Porta da Vila
Xurelos de media vara.

Os suspiros dunha mincha,
as bágoas dun mexillón,
os amores dun percebe
fan chorar a un camarón.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado | Deja un comentario