A Capela do Espíritu Santo

p/ Xokas Figueiras

Conta a lenda, que a imaxe de pedra apareceu na praia, e mentres se transportaba nun carro camiño da Vila os bois detivéronse no alto do Campo das Cortes, negándose a continuar, indicando así o sitio onde debía erguerse a capela.
A súa construción sitúase cronoloxicamente entre o 1250-1350; aínda que o profesor Caamaño estima que podería tratarse dunha obra tardía, entre o 1350 éo 1400. Ano arriba ano abaixo trátase dunha das capelas máis antigas non só do concello, senón tamén da capela do espiritu santocomarca, ca mesma idade que a igrexa de Santa María a Nova de Noia.
Exteriormente trátase dunha edificación rectangular, de estilo gotico-mariñeiro; na cabeceira atópase a capela maior de forma cadrada e lixeiramente máis estreita que o resto da edificación. Os muros están compostos de bloques de cantería que rematan superiormente nunha cornisa apoiada sobre canzorros de diversas labras: xeométricos, zoomorfos…, estes a súa vez sosteñen o tellado, a dúas augas, de tella do pais. A fachada principal, fruto da ampliación levada a cabo no século pasado, ten un marcado sabor románico, con columniñas embebidas nas zambras que sosteñen un dintel moldurado de medio punto, no que reza a seguinte inscrición: “SANTO-ESPIRITU-PARACLITO AMPLIOSE ESTA CAPILLA POR PUBLICA DEVOCIÓN 1927-1928”, e enriba, debaixo da pequena espadana coroada cunha cruz, ábrese un pequeno óculo.
O interior atópase dividido en tres treitos por senllos arcos faixóns que descansan sobre ménsulas, accédese a capela maior a través dun arco de medio punto e atopase cuberto todo o conxunto con bóveda de canón. Alberga diferentes imaxes, o altar maior é presidido por unha imaxe gótica do Pantocrátor ( Pai, Fillo e Espírito Santo) pertencente a principios do século pasado, a súa dereita unha imaxe da Virxe co Neno e a esquerda unha imaxe de San Nicolás; na entrada da capela maior no lado do evanxeo atópase a imaxe primitiva do Espírito Santo que Carlos Cayón define como: “riquísima reliquia ojival, tesoro artístico e histórico.”
Dos primeiros séculos non se sabe nada, o primeiro dato sobre ela aparece nun testamento do ano 1563 onde deixáselle esmola; sábese tamén que no 1609 cando Jerónimo del Hoyo visítaa, que a ermida estaba ao cargo da vila; e posteriormente no 1740 foi visitada polo bispo de Avaren o que deixa escrito:
“…que la hermita del Espiritu Santo queda contigua a una casa que sirve para recogerse un ermitaño y una huerta con que ayudara a su manutención, todo propio y perteneciente a dicha hermita y que con motivo de haber muerto el ultimo ermitaño se ha introducido en el manejo y usufruto de D. Sebastián de Giance, vecino de la villa”. Posteriormente, no 1847 o dicionario Mandoz recolle: “Espírito Santo: casa y hermita en el ayuntamiento y feligresía de San Pedro de Muros”. Entre os anos 1927-28 sufre unha pequena ampliación (fachada e treito ate o primeiro arco) por parte dos veciños de Campo das Cortes, os que nos seus carros transportan pedras da ermida caída da Santa Cruz . A esta época pertence a imaxe que preside a capela, a fachada (na cal se atopa un gravado antropomorfo), a espadana e o encintado interior.

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado , | Deja un comentario

Ora et Labora – A vaca misioneira

p/ Marcelino García Lariño
MarcelinoEn Muros, no arrabalo de Campo de Cortes, houbo unha vaca que a xente deu en dicir que era santa.
Eu non sei, nin son quen de dicilo, se haberá vacas santas. Disque, eu nunca as vin, que na India hai vacas sagradas que non traballan pero comen, e que a xente ata se axeonlla cando as ve.
Esta, á que me refiro, non era sagrada; traballaba moito e con traballiños abondos. No físico era unha vaca coma outra vaca calquera, con cornos, rabo, patas, ubre e raxo. No espiritual, se é que as vacas teñen espírito aínda que sexa pequeniño, xa non me meto porque non debo nin podo, nin quero, meterme en cousas ás que eu, coitadiño de min, non teño capacidade intelectual nin xurídica suficiente para chegar a elas, e menos aínda de comprendelas.
A vaca en cuestión santa non sería, pero moi relixiosa si que era. VacaNotábaselle ás légoas. Moi escrava no traballo, moi mansa e caladiña, moi guieira e reputada vaca da súa corte, aínda ben non escoitaba o tanxer da campá, de súpeto paraba o que estivera facendo, e ata que finara o toque, non movía pé nin perna. E aínda que o amo a aguilloara e lle pegara que a veces incluso a facían sangrar, a vaca non protestaba, non se movía. Era unha mártir que morría pola fe.
Tódolos días, cando a campá da igrexa tocaba ó Ángelus: tres, tres, tres e trinta e tres badaladas, a vaca negábase a moverse, como se fixera unha folga de brazos caídos, e os humanos que traballaban con ela non lles quedaba outro remedio que secunda-la folga. Así de claro. E si se trataba de dar sinal de morte, repique de procesión ou misa solemne, actuaba do mesmo xeito: a vaca non se movía aínda que a matasen a golpes.
Esta vaca, que existiu de verdade, e que os feitos que referimos son verídicos e non contos, como ó mellor poidan coidar algúns descridos, que de todo hai na viña de El Señor, mercáralla Alexandre da Pesca ós frades franciscanos do mosteiro de Louro. Nacera e criárase esta irmá vaca (como lle chamaría o noso santiño de Asís) entre os monxes, e dende ben xovenquiña estaba afeita á mansedume, á humildade, á paz e ás badaladas do mosteiro. Cando xa de xovenca feita e dereita traballaba, os pais franciscanos e os irmáns leigos que a dirixían nos cotiáns quefaceres na horta, ó oír o soar do sino da espadana invitándoos á oración paraban as tarefas. Ela tamén facía o mesmo; e cando saíu do mosteiro para vir para Campo de Cortes, non perdeu o hábito e proseguiu conservando esas boas costumes que nunca deberan rexeitarse.
A xente tívoa sempre por santa. Volvo a dicir que eu non sei se as vacas poden ser santas ou non. Ou se o foi, ou se non o foi. Para min, para o meu punto de vista e o meu pouco entender, foi unha vaca misioneira. ¿Por qué? Porque o seu amo nunca foi quen, a pesar das tundas e castigos que tal lle aplicou co gallo de facela traballar entrementres a campá tocaba, de conseguilo. Nembargantes ela, coa súa docilidade seráfica, logrou que o Alexandre da Pesca, cando a campá da torre da igrexa tocaba á oración, se persignarse, rezase, e se tiña a pucha na cabeza a

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Musicoterápia

p/ Esmu-Carnota
MusicoterapiaA musicoterapia ten infinidade de definicións por diferentes expertos, pero eu, mestra de educación primaria, terapeuta ocasional nun centro de xente discapacitada e profesora de piano, defínoa coma “o emprego da música, en todo o seu concepto, para acadar uns fins ben definidos, que no son outros que cambios ou manifestacións no comportamento da persoa á que se dirixe a fin de que poida comprenderse mellor a sí mesma e ao seu mundo, para poderse adaptar mellor á sociedade e facerse entender”.
A musicoterapia pode ir dirixida a moitos sectores da sociedade e moi diversos:
A nenos con:
• Dificultades na aprendizaxe
• Problemas de conducta
• Trastornos profundos no desenrolo (autistas)
• Nenos con deficiencia mental
• Con dificultades na socialización
• Con baixa autoestima
• Con trastornos médicos crónicos ou dexenerativos (cáncer, cardiopatías, problemas da dor, etc.)
A persoas que non teñen problemas de saúde pero que lles permite emplear a música para:
• Reducir o estrés a través de facer e escoitar música
• Como apoio no proceso do parto nas mulleres
• Aumentar a creatividade e a capacidade de resolver problemas
• Para diminuir a ansiedade
• Para millorar a autoestima
• Para manexar o estrés
Os efectos que produce son distintos en cada persoa, e dependen da etapa de vida en que se estea (nenos, adultos, anciáns), dos coñecementos de música que se teñan, da recepción da música e dos seus gustos, polo tanto, a musicoterapia é absolutamente personalizada….
A pesar disto, recoñécense patróns comúns entre doentes do mesmo rango e póidose establecer unha serie de efectos, xa sea físicos, psíquicos ou sociais:
Físicos:
Incrementa ou disminúe a enerxía muscular.
Acelera a respiración ou alteran a súa regularidade.
Produce un efecto variable pero marcado no pulso, na presión sanguínea e na función endocrina.
Incrementa a extensión dos reflexos musculares.
Provoca cambios nos trazados eléctricos do organismo, así como tamén no metabolismo e na biosíntese de variados procesos enzimáticos.
En adultos pode aliviar algunhas afeccións psicosomáticas como a asma, as úlceras, etc.
Nos nenos mellora o desarrollo cerebral.
Psíquicos:
Pode cambiar emocións en cortos períodos de tempo.
Axuda a personas con depresión, ou con problemas mentais máis severos.
Relaxa e disipa a fatiga, disminúe o stress.
Aumenta a sensación de enerxía.
Axuda a dormir millor.
Liberación de tensións emocionais e psíquicas inmediatas. Produce un incremento na seguridade e estabilidade emocional.
Mellora a capacidade de comprensión.
Axuda á introspección.
Sociais:
Facilita a comunicación, promove a expresión individual, favorece a integración social.
Incremento da capacidade de expresión das persoas, sendo capaces de revertir a timidez.
En terapias en grupo aumenta a sociabilidade e a confianza.
Reverte o aislamento tan común nos nosos días.
Pois todo beneficios, así que, vivamos a musica !!!

Publicado en Música | Etiquetado | Deja un comentario

A nosa xente na diáspora: José Manuel Fernández Mayo

Son José Manuel Fernández Mayo coñecido por moitos alcumes, dependo do lugar e José Manuel Fernández Mayodo momento.
Fillo de Maruja de Chinote …..e de Manolo da Nea, da Pontenova e do Vilar (Abelleira). Divorciado con tres fillos.
Nacín en Asturias, vamos que xa nacín emigrado, no ano 1.952. A culpa foi da miña bisaboa, miña pobre, unha asturiana que casou con Antonio de Chiñote, o vello, nada menos que en Bos Aires e que finou n’ Abelleira,
Actualmente resido en, (Xixón , Asturias) e cando podo vou ata O Cruceiro (Abelleira) Por moito tempo que pase fora sempre sentiréi nos meus pes as areas de praia de Mondelo e na miña retina terei imaxen de Muros e o Monte Louro como si fora un telón de fondo. O que se vive de novo non se esquece.
Traballei na Conselleria de Educación do Principado de Astuiras, coma mestre de Eduación Especial estou retirado dende comenzos d’este curso.
Anécdota: Traballei o longo de 21 años n’un colexio chamado “Asturias” donde o director era de Ourense e de xefe de estudios eu.
A parte son actor de teatro asturiano, Estou enrolado na compañía “Rosario Trabanco “ de Gijón, de gran rexoñecimeto no mundo teatral d’esta terra en que vivo .
O que más me enche de orgullo e que me recoñezan galego .
Anécdota : n’un descanso fixéronme unha foto con Moncho Bugallo e no pe escreben: dos gallegos.
Saudos , apertas e bicos a miña xente d’Abelleira

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario

A nosa xente na diáspora: María Dolores Sendón Formoso.

Son María Dolores Sendón Formoso, coñecida tamén por Mariloli de Taxes, son filla María Dolores Sendón Fernándezde Pedro e María Dominga (a rubia de Taxes), estoú divorciada.
Nacín en Taxes-Louro-Muros. Emigrei a Mogán-Gran Canaria no mes de abril do ano 2013, e actualmente resido en Mogán-Gran Canaria, traballo no Concello de Mogán como membro da Policía Local. Saudos, apertas o amor da miña vida, que é o meu fillo juapo MANUELIÑO, a miña NAIÑA, e a tódolos meus amigos da NOSA TERRIÑA……… Ahh tamén si interesa, eu non teño problema e dicir os meus anos, o conto e cumplilos…………..15 de novembro do 70.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario