Velliña frente ó mar ( testemuña de esperanza )

foto da vellaPor Joaquín Vilar
Es NAI silandeira,
curtida na espera,
daquel que se marcha,
do que nunca chega.

Es VIÚVA de náufragos,
no mar soterrados,
e tamén dos vivos
polo mundo espallados.

Es MULLER de néboa,
pouco tempo compartido,
de home navegante e mariñeiro,
frío alento recibido.

Es AVOA de arrugas,
vestida de sabios consellos,
a da mirada perdida
entre farrapos vellos.

Só quedas Ti,
e Ti es todas:
nai, viúva, muller, avoa…
cen mulleres nunha soa!

Adicado os mariñeiros muradáns de onte, de hoxe, de sempre…

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

A nosa Xente na Diáspora: Lucia Sendon Lago

Soy Lucía Sendón Lago, más conocida como la pequeña de los ‘Rusos’. Nieta de María del Ruso, una de las mejores cocineras que ha dado este precioso paraíso que es Muros, el pueblo que me vio nacer. Aunque llevo muchos años fuera nunca he dejado de sentirme muradana. DadoImagen16 que me encanta viajar he tenido la oportunidad de vivir en diferentes ciudades del territorio nacional. Tras graduarme en Periodismo, decidí lanzarme a la aventura empresarial y montar, junto a una socia, una agencia de comunicación para emprendedores, pymes y autónomos llamada Emprendoteca. Gracias a ello, en la actualidad, soy una de esas pocas afortunadas que ha convertido su pasión en su medio de vida. Un saludo lectores de The Muros Times y mis mejores deseos para esta publicación digital. (http://www.emprendoteca.com/que-es-emprendoteca)

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario

A nosa Xente na Diápora: Ana Formoso Otero

Soy Ana Formoso Otero. Nací en Muros hace unos cuantos años y emigré a Lanzarote hace 25 años. Soy hija de Vita y Nana. Tengo dos hijos y resido Imagen19en Arrecife. Trabajo en los apartamentos Relaxia Lanzaplaya desde el año 1991 donde soy subgobernanta. Saludos a todos mis familiares y amigos de mi pueblo.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado | Deja un comentario

O misterio da Illa de San Antón

p/ Manolo de Lajo

En Laxeiras, lugar da parroquia de Serres (Muros), encóntrase unha pequena illa coñecida como illa de San Antón, Santantón para os lugareños. Contan as lendas mitolóxicas que tanto o Alén como o inferno están en duas illas de Occidente, non moImagen13i lonxe do Finisterrae dos antíguos romans. Dase por feito que o inferno está na illa de Ons, na cova sin fondo coñecida como buraco ou porta do inferno; contaban os antíguos moradores que nas noites de temporal se escoitaban os lamentos das almas en pena. Por outro lado tamén apareceron algúns escritos donde sinalan a San Antón como o último santo en botarlles a bendición as almas boas antes de emprenderen a súa viaxe o Alén, dahí que se créa que a súa porta esta nesta illa ou nalgún lugar da costa entre Laxeiras e Abelleira. Posiblemente en Pedra Carneira, pedra que con marea baixa escorada asoma como a entrada dunha cova por donde sale o arneirón que antigamente se usaba para cubrir as campas dos mortos; reseñar que o único sítio da costa donde se pode conseguir arneirón, é Pedra Carneira. Un tanto misteriosa a relación do arneirón cos mortos, e que ese sea o único lugar donde conseguilo ¿nonsi?. Para rematar non ten moito sentido que unha illa tan pequena como a de San Antón tivera unha capela no seu cúmio, a non ser que hubera unha creenza moi forte para que tal obra fose feita.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

O balaustre da torre da parroquial de Muros.

 (p/ M. Lago Alvarez)

Entre as moitas fotos antiguas de Muros, que nestes últimos anos apareceron nas redes sociais, moitas foron as que me chamaron a atención; pero unha en especial: unha foto da fachada da ExColexiata de Muros, na que se pode observar como a torre do campanario carece da balaustrada que ahora ten.Imagen11

Nin preguntando ós mais vellos fun capaz de datar a foto, pero como a miña curiosidade sempre foi grande… fun capaz de resolver o misterio.

No periódico local “La Liga de Amigos”, no seu número 102, de 15 de maio de 1912, e dentro da sección “de interés local”, recóllese a seguinte nova:

“Gracias Sr. Cura”.

“Hace tiempo veníamos pidiendo a dicho señor la necesidad de poner en la torre de la iglesia un balconcillo, fuera de hierro o de ladrillo para evitar que se cayeran de la misma los niños que tenían que subir a tocar las campanas, al fin entre otras mejoras llevadas a cabo en la iglesia le tocó también poner un bonito balcón de balaustres con los esquinales de ladrillo a todo el descanso que hace la torre, quedando evitado con esa mejora el que los niños puedan caerse abajo. Nuestra enhorabuena al Sr. Souto Iglesias y tomen nota los del Ayuntamiento de la actitud del Sr. Cura. Aunque contrarios en política oye nuestras quejas y hace las mejoras que son de justicia y ellos basta que nosotros lo pidamos para que no se haga y sino dígalo la calle del Príncipe.”Imagen12

Da nova queda claro que a balaustrada actual rematouse no ano 1912, a instancias do párroco de Muros, Don José Souto Iglesias, polo que, a foto de data dubitada debe ser anterior o mes de maio do mesmo ano.

Acoplada o lado ezquerdo da fachada principal, a torre do campanario foi construída no ano 1758, a expensas do Gremio do Mar, que tamén sufragara a construcción da capela dos Dolores (1784) e a do Espíritu Santo, que tiña a súa sacristía, e que durante anos foi o baptisterio da parroquial. A torre e de estilo barroco seguindo os usos e gustos dos grandes arquitectos compostelans, e a ela accedese polo interior da nave, por unhas escaleiras de caracol.

Publicado en Historia | Etiquetado , , | Deja un comentario