Datos referentes a Muros do ano 1897

p/ Manuel M. Caamaño

Había maís comercio, máis industria e incluso tiñamos consignación de buques e consulados.
Asemella que o montante maior dos negocios, das industrias e das institucións estaban “copados” por unha burguesía composta por apelidos de antigos fomentadores e por familias patrianas de vella estirpe muradá. Pois como se pode comprobar, algúns apelidos repítense de xeito sistemático.
É de salientar a presenza dalgúns oficios e profesións xa desaparecidos ou en proceso de extinción hoxe en día na vila: Aceite e xabón, Alumeado público por petróleo, Constructores de buques, Consignatarios de vapores, Ferreiros, Profesoras en partos… Tamén e notable o número de habitantes do Concello: 9729, cifra moi similar aos censados hoxe en día.
Muros perdeu en pouco máis de cen anos unha gran parte de peso especifico na economía do conxunto de concellos da provincia da Coruña e deixou de ser unha vila fabril, para converterse nun lugar onde o sector servizos, aupados pola crecente presenza do turismo destas últimas décadas, tomou un gran protagonismo. O sector primario tamén decaeu en gran medida , pois a actividade pesqueira, a pesar do maior volumen de descargas, emprega a moito menos persoal e representa un menor porcentaje no conxunto das familias da vila. (Manuel M. Caamaño)

(Anuario del comercio, de la industria, de la magistratura y de la administración. 1897, página 1.299.)
PARTIDO JUDICIAL DE MUROS
4 Ayuntamientos – 29 parroquias – 30.157 habitantes
Muros de San Pedro.- Villa de 3.834 habitantes. En todo el ayuntamiento 9.729
AYUNTAMIENTO: Alcalde, Angel Lestón – Secretario, Manuel Rodríguez Conde – Escribano, Joaquín Fernandez.
JUZGADO DE PRIMERA INSTANCIA: Juez, Francisco Alonso Suárez – Escribanos: Santiago Lojo Sendón .– Ramón Reinoso. Registrador de la propiedad, Alejandro Toras Sanz.
JUZGADO MUNICIPAL: Juez, Rodolfo López.- Fiscal, Alfredo García Salgado.- Secretario, Tomás Lojo Malvarez.
Administrador de Correos y Telégrafos.: Alfonso Lago González.
Capitán de Puerto: Buenaventura Mayo,
Párroco.: José Souto Iglesias.
Instrucción pública: Profesor, Claudio Diz.- Profesora, Ramona Moreno.
CONSULADOS: República de Argentina.- Ramón de Artaza y Malvarez; Portugal,- Manuel Siaba Gómez (vicesonsul)
PROFESIONES, COMERCIO, INDUSTRIA:
Abacería.: Manuel Iglesias
Abogados,: Alfredo García Salgado, Pulino Lago, Rodolfo López, Manuel P. Luces, José Rodriguez, Ramón Suárez.
Aceite y Jabón: Baltasara Lago, Leonor Lago, Hijos de Lariño, María Lestón.
Alumbrado público por petróleo: (contratista) Domingo Péres Río.
Constructores de Buques.: Juan Malvárez, Lorenzo Malvárez.
Carniceros: Pelegrina Barral, Jósé Fernández Iglesias
Carpinteros: Gerardo Albariño, José García, Juan Malvárez, José Trillo.
Casino.: Recreo de Muros.
Colegio: José Ignacio Novo
Comisión, Consignación y Tránsito: Secundino P. Pardiñas.
Fabrica de conservas alimenticias: Timoteo Sel e hijos.
Consignatarios de vapores: Abelardo Dubert, Manuel Iglesias, Juan Louro, Secundino P. Pardiñas, R. Siaba.
Ebanista: Manuel Dubert.
Efectos navales: Angel Diez, Abelardo Dubert, Viuda de Ferrer, Hijos de Lariño.
Farmacéuticos: Joaquín Iglesias Siaba, Andrés Casal Núñez.
Ferretería y quincalla: Antonio Artaza, Abelardo Dubert, María Josefa Fernández, Viuda de Fernández, Hijos de Lariño, Secundino P. Pardiñas.
Fondas: José Barreiros, Viuda de Dubert (Real nº 15), Pedro García Ramón, María R. viuda de Lariño (Prim nº 8), Dolores Sendón (Muelle nº 12)
Herreros: Agustín Agra, Ramón Agrafojo, José Hernández.
Médicos: José María Calderón y Caamaño, Juan Lojo, Antonio Paz.
Navieros: Abelardo Dubert, Juan Lojo, Secundino P. Pardiñas, Alejandro Portals, Abelardo Romaní, José Romaní, Viuda de Roura, Siaba Iglesias.
Notario: Manuel P. Luces.
Pastelerías: María Josefa Caamaño, Juana Fernández, Leonor Lago.
Procuradores: José Concha Corvacho, Joaquín Fernández Martínez, Manuel Fuentes Otero, Varlos Mouriño.
Profesor de Música: Nicolás Bueno.
Profesoras en partos: Julia Fabeiro, Dolores Fernández Caamaño.
Salazón (fábricas): Abelardo Dubert, Juan Goday, Manuel Iglesias, Alejandro Portals, Higinio Portals, José Portals, Félix Romaní, José Romaní, Pablo Roura, Siaba Iglesias, Joaquín Vieta, José Vieta.
Sastres: Manuel Martínez, Lisardo Varela Bello, Manuel Varela Vizcaino.
Tabacos: (compañía arrendataria).- Santos Lago.
Tahona: Abelardo Dubert Siaba.
Tejidos: Joaquín Caamaño, Eduardo Cerviño, Abelardo Dubert. María Josefa Fernández, Viuda de Fernández, Isidro García, Juana González, Hijos de Lucías.
Vidrios: Ángel Díez, Hijos de Lariño, Adelaida Portals.
Vinos: Manuel Ballesteros, Viuda de Barreiro, José Barreiros García, Ángel Dios, Manuel Formoso, Pedro García Ramón, Manuel Romero Leis, Dolores Sendón, Juan Valdivieso.
Zapateros: Manuel Fernández Barreiro, Juan Fernández Fernández, Manuel lago, Juan Martínez, Manuel Pazos, Miguel Pazos, Felipe Romero.

Publicado en Historia | Etiquetado , | 1 comentario

Entevista a Amado Barrera.

p/Jorge Lago de Pexejo

Non fai falta buscar moito para poder encontrar xente interesante e merecedora de que nos conte a súa historia. É de resaltar que moitos dos entrevistados nestas páxinas son muradans de adopción, por vontade propia ou por que as circuImagen20nstancias lles fixeron vir a este canto de Galicia e o converteron en algo propio.

Amado Barrera nace en Hoyales de Roa, Burgos. Fillo dunha valisoletana e un galego que, en plena»mobilidade», vaise a Toro,  de onde Amado gardará as máis agarimosas lembranzas dos primeiros anos desa inesquecible «matria» que chamamos infancia, ao cabo dos que a familia trasládase a Madrid (a mobilidade continua).

No colexio é alumno «predilecto» de Don Pedro Dicenta (irmán do actor Manuel Dicenta), co que permanecerá en contacto durante anos. Don Pedro deixóu unha pegada fonda na alma de Amado, tanto na conciencia social e política (érache Don Pedro un republicano moi activo, o que non lle trouxo poucos problemas), coma nas inquedanzas culturais, especialmente na literaria.

J.L.:_ Amado, como para tantos que nos contan as súas peripecias, o futuro non está cicelado en granito e no teu caso posiblemente dístete conta cedo pois fixeches un pouco de todo ata te encontrar en Esteiro. Pero antes de ir a Esteiro, empecemos pola túa etapa escolar en Madrid. ¿Cómo foi o teu expediente alí?

A.B.: Non foi moi brillante, coma sempre lles contaba aos meus alumnos, para que non se sintisen uns fracasados se non entendían algo á primeira ou aínda que tivesen que repetir algún curso. Eran tempos das «reválidas» (que agora pode que regresen, meigas fora) e para face-la de «4º» tiven que emplear outro ano. A miña «pedra no zapato» era a Xeografía, que non relacionaba coa realidade, alí metido entre as catro paredes das rúas madrileñas. Meu pai non quería bromas e coma ese ano «de máis» só aprobéi unha parte enImagen21 Xuño, para Setembro xa me tiña buscado un taller de Mecánica de coches: se non aprobara, sería mecánico. Cando cheguéi coa nota, chamóu meu pai ao taller para dicir que non iría: non se andaba con bromas o Sr. Barrera. E facía ben. Espabiléi e xa non repetín máis: a Reválida do 6º curso saquéina sen problemas. O Bachilleir tamén foi pasando sen maiores problemas, pero tamén sen notas «maiores» , que sempre tiña eu moitas couas que facer, jaja., aínda que a Selectividade preuniversiaria custóume un verán agobiante nos madriles. ¡Uf!

J.L.:_ Obviamente o Sr. Barrera pai non se andaba con «chiquitas» en canto a encamiñarte cara a unha carreira productiva e a mecánica de automóbiles non tería sido unha mala opción. Pero tí tiñas as túas propias ideas, nun tempo soñaches con ser arquitecto pero ante a brevidade de tal sono, embarcaches noutras actividades non menos intelectuais pero se vangardistas. Cóntanos algo desa época da túa inmersión no Teatro da “Escuela de Arquitecturaç2 dirixida por Javier Navarro.

A.B.: Esa foi a miña última (que non derradeira) experiencia teatral e quizais a máis satisfactoria, por máis plenamente vivida, a pesar de ser incompleta: estudando Arquitectura, (estiven dous anos intentándoo estúpida e infrutuosamente, pois estaba cantado que eu sería incapaz de facer esa carreira), metinme no «Teatro de Arquitectura». Foi unha das vivencias máis enriquecedoras de toda a miña vida. Aquel grupo admirable anunciaba un mundo novo. Eran persoas libres, sans, ilusionadas, activas e loitadoras. Que reunións de conversacións alegres e optimistas, soñadoras e confiadas en si mesmas. Xentes así fixeron posible a saída do túnel, deron a luz un mundo novo, pariron un sol de posibilidades. Eles foron os pais da democracia e non os que así se proclaman. Dábannos as tantas da madrugada, e eu sentíame como un aprendiz de home.Imagen22 Había tantas mulleres coma homes, ou máis. E elas eran máis admirables aínda, porque maior era a súa loita. Era un ambiente desinhibido, pero extremadamente san, amable e entrañable. Inesquecible. A igualdade era o seu lema. O carpe diem o seu modus vivendi. Isto vai confundir ao amigo lector, así que aclaro: eran calquera cousa menos pasotas (noxenta palabra groseira). Con que ilusión ensaiaban, achegaban ideas, trasnoitaban… Eu non tiña tempo para ensaiar, tiña clases pola mañá e academia pola tarde. Se seguía en Arquitectura, xa tería tempo de integrarme totalmente. Axudaba coa tremoia, cos decorados, cortando as pranchas de poliexpan… E era un máis do grupo, como tal me trataron sempre. Sentíame acollido, apreciado, querido. Todos estaban en cursos superiores, eu era un novato. Pero só eu pensaba iso. Para todos era un máis da familia. O 22 de decembro do 68 (si, foi aquel ano!!) «representamos» no Teatro Español as églogas de Juan del Enzina («Enzina 68. homenaxe-revisión»), na dirección Javier Navarro e Fernando Giner. Que emoción andar de acá para alá polos corredores e camerinos, tras o escenario de tan importante teatro! Era o 68! «Hoxe comamos e bebamos, que mañá morreremos» cantaban os pastores… pero os actores con esas cancións cantaban máis que un carpe diem lúdico: cantaban a un carpe diem liberizador, carpe diem transgresor, carpe diem transcendente.

Era o 68!! No folleto dicíase que «Esta revisión culmina no tratamento dado ás églogas profanas, tratamento que constitúe unha nova forma teatral como concepto escenográfico dinámico e vivo«. Estou seguro que ás «autoridades competentes» lles deron ganas de meternos no cárcere a todos: églogas profanas? concepto dinámico e vivo? Hoxe comamos e bebamos…? Moita bile tiveron que tragar aquelas autoridades aquel e os seguintes anos. E estes grupos de teatro independentes, innovadores e, direino claro, revolucionarios, foron autores, actores e directores do destino que España se daría poucos anos despois. Eles, e non os outros. Os outros prostituíron ese destino que, non obstante, segue aberto á liberdade, á esperanza dun mundo mellor. Grazas a eles. A pesar dos outros. J.L.:_ E cando o Mestre naceu en ti, aflorou tamén esta vocación e tamén fuches feliz dándolle saída, proxectándoa tamén no teu alumnado. Nada máis chegar a Esteiro xa fixeches algo, pero encontrácheste aquí con José Agrelo (biografia) e entón fixécheste a un lado, claro, que Pepe Agrelo había tempo que era mecenas desta expresión social en actividade escolar (pero non só escolar), e te limitaches a colaborar con él, con ilusión, filmando as súas representacións escolares (O espantallo, Os soños na gaiola…).

A.B.:_ Coñecín Pepe Agrelo, ou director de teatro, antes de coñecer a Don Xosé Agrelo, ou Mestre. Aínda viviamos en Bayona, e foi durante unhas vacacións que estabamos en Noia e vimos que había teatro no Concello. Noite de Lobos. Foi impresionante. Quen me ía dicir que coincidiría con Agrelo anos despois, mestres os dous, en Esteiro. Aquela función reavivou en min a afección do teatro, lembrei o Juan josé, de Joaquín Dicenta (avó do meu Mestre, Don Pedro), por algunha estraña asociación de ideas, volvin recapacitar sobre a importancia do teatro como revulsivo social e cultural e decidín levar o teatro aos meus alumnos como recurso de comprensión e de expresión persoal e colectivo. Pero con Agrelo en escea, nunca mellor dito, o mellor que podía facer eu era «silencio polo foro» antes mesmo de empezar. Agrelo era moito Agrelo. Con que vanidade podo dicir hoxe que fun eu quen escribiu no ordenador o texto completo dá súa «novela» (autobiografía novelada) «Os sete coitelos», para pasarllo á editorial, e, aínda máis, que fixo caso dá miña suxestión de que suprimise a última folla do orixinal… hoxe lamento que me fixera caso. J.L.:_ E aínda así, non te resistiches a buscar válvulas de escape que che permitisen achegar o teu “granito de arena”, o teu persoal toque no esceario dos festivais de Nadal, de Fin de Curso… Un fito para ti foi aquela representación que dirixiches dunha emotiva obriña que escribiu unha alumna túa: O escenario en dúas metades: a un lado, as mulleres «viúvas dos vivos» botando de menos en Nadal ós seus homes que, ao outro lado, botaban de menos tamén os seus fogares. Cartolinas azuis eran as ondas que axitaban o mar que os separaba. Se ata te atreviches, xordo como dis que es para a música, a dirixir a toda a túa clase convertida en coro e levala ao I CERTAME DE VILANCICOS, e aínda volverías ao ano seguinte.

A.B.:_ Si, foi emocionante: o primeiro ano nin sequera me atrevín a subir ao escenario con eles. Alí arriba, sós, portáronse con dignidade e deron o dó de peito. A min fixéronme chorar. Ao ano seguinte, cos mesmos cativos, prometinme que subiría con eles, que por eles aguantaría o bochorno da exposición pública do meu analfabetismo musical, pero arrouparía, esta vez si, aos meus queridos nenos. Volvéronse portar, non deron a nota. A min non me importou dala.

Tamén foi emocionante a posta en escea da canción de Ana Kiro «Ou Serpent» que para o festival de fin de curso de 1990 preparéi e cantaron os meus alumnos, era o centenario dun dos naufraxios máis dramáticos da Costa da Morte. Toda a clase entoou a preciosa canción:

O SERPENT

Foi non 1890

cando en negra noite

con gran temporal

un cruceiro que viña do Norte

na costa galega foi embarrancar.

Era a noite do 10 de novembro,

ou mando do Serpent

ía mister Ross

e a tres millas do Cabo Vilaño

foi dar contra ás pedras

nos baixos do Boi.

En Camariñas,

aínda hoxe,

lémbrase ben

ou que na costa

aquela noite aconteceu.

Pobres mariños

Do barco inglés

cento setenta e tres homes

perderon a vida

salvándose tres.

Esta foi a gran traxedia

que nunca na vida

eu esquecerei.

Foron tantos vos que alí afogaron

que houbo que enterralos

na beira do mar,

onde vos restos daquel ciminterio

son hoxe testemuñas do noso cantar.

Inglaterra visteuse de loito

ou saber que ou Serpent

alí embarrancou

e para sempre a esta costa galega

de Costa dá Morte ou nome quedou.

En Camariñas……

E na intimidade da aula sempre había ocasión para que os alumnos recitasen «A canción do Pirata» de Espronceda, dramatizasen pasaxes de obras clásicas ou modernas…

J.L.:_ O teu último ano en Esteiro trasladouse Agrelo e entón fixeches ti a montaxe e dirección da obrilla de Ana Barrera, a túa irmá, «O encanto que veu do sol«, que tamén pasaches ao galego, claro. Ademais da adaptación, en colaboración cun compañeiro, Don Manuel, do AUTO DOS REIS MAGOS. Inesquecible aquel día. Foi, ademais da túa despedida do colexio de Esteiro, o pano a «O Mestre».

A.B.:_ En efecto, o ano seguinte empezaría como «Profe» no IES novo, inaugurado o ano anterior por esixencia do «guión» da nova reforma educativa, que convertía colexiais en bachareis e mestres en profes. Todos saíron perdendo. Os Mestres intentarían seguir séndoo, malia o novo apelativo, pero moitos fomos os que non o conseguimos, porque o cambio non era esta vez só de nomes (xa había anos que o de mestre se cambiara a Profesor de E. Primaria, e logo de novo a mestre): o alumnado entraba no IES como un síux en territorio comanche; os horarios de Profesor eran un empedrado piso para o paso pausado que o mestre ten que levar; a asociación de nais creu tamén «ascendida» de capitan de garda dos Mestres a capitan de corps de profesores; a Administración, como sempre, mirando para outro lado. Pero xa estou de novo a adiantar acontencimientos.

J.L._ Compartiches connosco unha parte fascinante da túa vida e gustaríame seguir descubrindo a este Amado que ten unha mina inesgotable de «memorias» para compartir aínda que estou seguro de que esas Memorias con maiúscula estarán un día á nosa disposición e sen as estreitezas de espazo que nos obrigan a despedirnos do mestre.

Como xa é costume gustaríame finalizar a entrevista co cuestionario de Bernard Pivot.

  1. J.L_ ¿Cal é a túa palabra favorita?

A.B.:_ BEIRAMAR, gústame estar na beira, na beira da mar

  1. J.L._ ¿Cal é a menos favorita?

A.B.:_ INFERNO. Aborrezo á xente que fai que o mundo sexa un inferno. 3. J.L._ ¿Que che emociona?

A.B.:_ O cariño que me ten o meu neto. Non hai cousa tan emocionante, nin de lonxe. 4. J.L._ ¿Que son ou ruído gústache?

A.B.:_ O son da mar cando, paseando pola praia, non se escoita outra cousa. O “silencio” do monte cando, paseando por él, non se escoita máis nada. 5. J.L._ ¿Que son ou ruído detestas?

A.B.:_ O sonoro silencio cando non estóu só. Pero esta resposta non corresponde á pregunta sobre ruídos. Tódolos “ruídos” me molestan. Todos. Por definición. Se non molesta, non é ruído. Pero detestable é o ruído que produce a violencia, sexa verbal ou material, non importa os decibelios, é a causa o que fai odioso o seu son.

  1. J.L._ ¿Cal é a túa imprecación favorita?

A.B.:_ ¡Ostras! agora non se me ocurre ningunha como favorita, (¡Manda ghuevos, qué poucas neuronas me van quedando!)

  1. J.L._ ¿Que profesión ademais das que exercestes che gustaría haber feito?

A.B.:_ Actor, Ebanista, Escritor, Oceanógrafo, Astrónomo, Astronauta, Director de cine, Arquitecto, Mago, Biólogo, Electricista, Químico, Matemático, Pedagogo, Catedrático… unha chea delas e ¿sabes qué?: Todo eso fixen: Fixen de MESTRE!! 8. J.L._ ¿Que profesión rexeitarías facer?

A.B.:_ ¿Rexeitar? Ningunha profesíón paréceme rexeitable, todas sonme respetables. Claro que moitas as exercería como estación de tránsito hacia ós meus “destinos”. Por exemplo contable, vendedor ambulante, telefonista, traductor…

  1. J.L._ Se o ceo existe, ¿Que te gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?

A.B.:_ ¡Benvido ao club!  

Publicado en Entrevistas | Etiquetado , | Deja un comentario

Luna lunera

© a.pouso

Quixera agradecer os creadores o terme en estima pra incluírme como administrador-colaborador en ista gran idea , e como primeiro aporte gustaríame que iste pequeno texto , fose unha homenaxe de recoñecemento a esas nais que un día nos tiveron que ver marchar lonxe do seu carón…
Alfonso PousoLUNA LUNERA…
A través de la gris ventana observo como la pálida Luna, con su tenue luz dibuja mil y una formas de penumbra , al reflejarse en el árbol del parque.
Vuelan a mi mente en tropel, una gran ola de recuerdos arremolinados Cuál torbellino en mi interior. Son un sin fin de momentos pasados, de vivencias de mi niñez, algunos de los cuáles , producen en mi rostro una mueca de felicidad agridulce…
Con cariño aún veo nítido como el primer momento ,esa silueta recortada. En el lateral de mi cama, llenando las negras sombras nocturnas deestrellas para mí.
Infatigable mujer, la que llenaba de luz mis días, la que velaba la noche si enfermo me ponía… Cuanta ternura derrochaba para con sus hijos…
Siempre dispuesta a regalarme un beso, una caricia, y con su faz serena de eterna sonrisa por mas cansada que llegase a casa , después de una agotadora jornada .
Eran tiempos obscuros, de pobreza miseria y exiguos recursos para la mayoría de nosotros; Tiempos en los cuales, nunca dejaste que viésemos la crudeza de esa precariedad.
Hoy te digo todo esto, mirando desde mi ventana de gran ciudad la Luna… Esa misma Luna, que tantas veces incluías en tus cuentos, y lo mismo era el castillo de un malvado mago,
Que una gran bola de queso, en la cual vivía el ratoncito Pérez… Te digo todas estas cosas, sin hablar, como tan solo tú y yo sabemos hacerlo, con los ojos de una sola alma. Quiero decirte, MADRE, que aún eres mi faro y guía, y hoy al poder tenerte a mi lado aún, ¡El motivo de mi alegría!. Quisiera decirte tantas cosas….
Desearía estar a tu lado, que me arroparas de noche, como hacías antaño, besar tu blanca frente , sentado en tu regazo, compartir un caramelo. Mordisqueando ambos lados… Al fin y al cabo MADRE, sigo como de niño… hablando yo demasiado. Pero si hoy hago esto, con la Luna divagando… Mientras refleja las sombras , del parque en el viejo árbol, tan solo es la esperanza , que mi pecho ha guardado, que el alma ordene hoy a este corazón alado … que vuele hasta ti madre mía, y te diga QUE TE AMO…

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente na Diáspora: Maria Angeles Caamaño Paris.

Hola a todos son Maria Angeles Caamaño Paris. Son a neta mais vella do señor Pepe de Corniños. Filla de María Angeles Paris Paris ( Cascarrona nova da Virxen do Camiño) e Antonio Caamaño Fernandez ( dos Carracás de Serres). Nacin en Serres no ano 1979. Salín do meu queridísimo Muros con 30 anos para Suiza porque Imagen17coñecín a miña parexa que anque naceu aquí (en Suiza) é español e de pais españoles de Mazaricos- Arcos. Teño un neno de case dous anos, chamase Xoel e xunto co meu home e o meu pai son os tres grandes motores da miña vida. Vin para este país no xulio do 2009. Actualmente resido en Lausanne, unha cidade de 140.000 habitantes máis ou menos. Comencei a traballar nun restaurante ( totalmente diferente a miña profesion: peluquera). Actualmente traballo no hospital desta cidade. En fin, este e un pedaciño da miña vida que comparto con vos porque esta boísima revista mo permite. Saudos a todolos meus amigos, bicos a meus irmans, que vos amo con locura, a miña cuñada Sonia que e coma a miña irma, miña cuñada Begoña, meus sobriños en especial a miña Laurita. A tia Sol (que te quero) e a toda xente do meu Muros. Un saudo e unha grande aperta para todos

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado | Deja un comentario

A nosa Xente na Diáspora: Jesús Sande Caamaño

Son Jesús Sande Caamaño,. Nacín en Muros na Calle Aurora (creo que ahora lle chaman Rúa dos Fornos). Meus país foron Manuela e Jesús. Estou felizmente casado con María Lamela que e de Ventín., e teño un fillo e unha filla, que xa me Imagen18deron duas netas. Marchei para os EE.UU, no ano 1972, e resido no estado de Ne Jersey. Agora estou xubilado e paso algo mais de tempo en Muros. Ata fai uns meses tivén un barco de pesca que se chamaba MUROS.   Puxénlle o nome de Muros, na honra do pueblo que me veu nacer. Agora teño outro barco que se chama María-Noel, que e o composto dos nomes das duas miñas netas, que son o meu gran tesouro.

Nota: Pois igual que a Manolo Varela, a foto fíxoma Manolo de América, que vamos… xa pode ir cambiando de cámara, que a que ten, a todo o mundo saca feo ¡¡¡.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado | Deja un comentario