A nosa Xente: César Cisneros Luces

P/ Manuel Lago Álvarez

César Cisneros Luces-Un muradán que dedicou toda a súa vida ao periodismo
César Cisneros

Ninguén e capaz de negar que Muros deu a Galicia, España e o Mundo, mulleres e homes, que ali onde estiverán, deixaron a súa impronta. Moitas veces “rebeldes con ou sin causa”, pero a súa pegada quedoú. Moitos son grandes desconocidos, os que o pasar do tempo levounos a un olvido total. Hoxe vou intentar dar a coñecer a un muradán egrexio, que aló nas Américas. deu moito que decir. E refirome a CÉSAR AUGUSTO CISNEROS LUCES, un muradán autodidacta que foi quen de adicar toda a súa vida ao periodismo., sin renegar nunca dos seus humildes oríxenes.
Cuba, Uruguai e Bos Aires foron os destinos de César Cisneros Luces na emigración. En todos quedou pegada da súa presenza a través das súas colaboracións xornalísticas ou dos diarios que dirixiu. Este xornalista e escritor aparece como unha das principais figuras da prensa galega en América.
César Cisneros Luces naceu en Muros o 22 de setembro de 1849. Tras cursar os estudos primarios, con trece anos, emigra a Cuba. Na Habana residía o seu tío Andrés M. ª de Cisneros e Pereira. Comezou a traballar como dependente no comercio Diana, ao tempo que ía aumentando progresivamente a súa formación. Nesa época comezou a súa colaboración co «Diario da Mariña». Trasládase co seu tío a Cárdenas e máis tarde a Sagua. Nesta segunda localidade exerceu como director de «A Voz de Sagua». Posteriormente, formou parte da redacción do «Diario da Mariña».
Problamas de saúde obrígano a retornar a Galicia en 1868. Foi nomeado como profesor de instrución xeral na Escola Naval Flotante de Aprendices de Mar, instalado na corveta Mazarredo no Arsenal de Ferrol. Oposto á sublevación republicana de outubro de 1872, foi capturado polos sublevados. Cisneros Luces narraría posteriormente estes feitos no libro El Gallego«A insurrección do Ferrol».
En 1873 volveu seguir o camiño da emigración, esta vez cara ao Río da Prata. Asentouse nun primeiro momento en Uruguai. Cofundador do colexio de ensino primario Hispanoamericano na localidade de La Unión. Pasou despois a exercer a contabilidade de libros nunha oficina do Ferrocarril Central uruguaio. O seu seguinte traballo foi a dirección do diario «A Carta Branca». Dende as columnas deste medio combateu a ditadura de Lorenzo Latorre, precisamente as persecucións que tivo que sufrir motivaron a súa marcha a Bos Aires en abril de 1877. O 15 de maio de 1877 comeza a traballar como redactor de «O Correo Español».
Cisneros Luces foi asinante dunha convocatoria, o 13 de marzo de 1879, da que sairía a fundación do primeiro Centro Galego de Bos Aires. Foi elixido como vicepresidente da primeira xunta directiva do Centro Galego. Neste senso, hai que dicir que Cisneros mantivo moi malas relacións co presidente do Centro Galego, Manuel Vázquez Castro, que contribuirían á desaparición da entidade. En 1879 Cisneros Luces fundou «O Galego», cuxo primeiro número sae o 27 de abril dese ano. Dende as colomnas deste xornal criticou a xestión de Vázquez Castro á fronte do Centro Galego. Pero o oficio de xornalista non sería a súa única ocupación. En efecto, Cisneros traballou tamén como docente e axente de negocios. Tras a desaparición de «O Galego», cuxo último número sae o 7 de novembro de 1880, Cisneros pasou a traballar como corrector de probas en «O Diario». Tamén se colocou como Inspector de desembarque, dentro do Departamento xeral de Inmigración. En xaneiro de 1883 daría comezo unha nova etapa do diario «O Galego», que, sen embargo, só conseguiría sobrevivir durante seis meses. Non obstante, en maio de 1888 Cisneros promovería unha terceira época deste xornal, que pouco tempo conseguiría sobrevivir. Pasou a traballar como corrector de probas no diario «Sudamérica». Pouco despois fundou «A Bandeira Española», que só se publicaría durante sete números.
Decide trasladarse a Montevideo, pasando a colaborar en «O Pampeiro», «a Unión Galega», «Montevideo Noticioso» e «O Galego» que se publicaba na capital oriental. En febreiro de 1896 enferma e é internado no hospital italiano de Montevideo. Ao saír deste centro regresa a Bos Aires, onde ao pouco tempo ten que ingresar no hospital Español. Neste último centro faleceu o 4 de xaneiro de 1897, ós 48 anos de idade. Ademais da súa actividade xornalística, César Cisneros escribiu o libro La insurrección de Ferrol, no que narra os acontecementos da sublevación republicana que tivo lugar o 11 de outubro de 1872, que o levou ao cárcere. Tamén cultivou a poesía, «Na Ausencia» é un dos seus poemas máis coñecidos.
Fontes: xunta.es — galegos.info

Publicado en A Nosa Xente, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Alimentación saludable y rendimiento escolar

p/ Dra. Castiñeira.

Los neurotransmisores cerebrales funcionan mejor cuando la dieta es balanceada, equilibrada y sana, y favorece a que los chicos aprendan más.
Las comidas saludables ayudan a que los chicos se concentren más en la escuela, favoreciendo el aprendizaje.
Esta capacidad que poseen determinados alimentos estaría vinculada con la posibilidad de estimular los neurotransmisores cerebrales.
AlimentaciónÉsta es la principal conclusión a la que llegaron los profesionales del Sistema de Salud de la Universidad de Michigan en Estados Unidos que, liderados por la médica nutricionista Catherine Kraus, analizaron cuáles son los factores que deben considerarse a la hora de elegir alimentos saludables para los niños.
Para que puedan almorzar en la escuela, se recomienda enseñarles desde niños qué alimentos elegir.
Desde hace algún tiempo se discute en nuestro país la puesta en marcha de una política sanitaria y de alimentación por la cual las escuelas estén obligadas a ofrecer a los chicos alimentos saludables, en lugar de las conocidas y calóricas golosinas.
Si bien en algunas instituciones esta modalidad se cumple pasando a ocupar un rol preponderante en los comedores y bares las ensaladas, las frutas y los sándwiches de verduras; en otros centros educativos la transformación aún no se ha cumplido.
En el caso del estudio-informe, los investigadores estadounidenses se encargaron de asegurar que «lo más importante es que los padres se preocupen por los alimentos que sus hijos consumen pero que, además, les den el ejemplo optando ellos también por comidas más sanas y nutritivas».
alimentación 2«Es muy importante prestar atención a la alimentación pues la niñez es una etapa crucial en la cual tanto el organismo como el cerebro se están desarrollando y debemos darles ‘combustible’, principalmente con buenos alimentos. Pero la realidad es que los padres no pueden estar constantemente viendo qué comen y cuánta cantidad los chicos. Por eso hay que trabajar sobre la educación para ensañarles a cuidarse, ser inteligentes y adoptar hábitos moderados y saludables desde pequeños. Eso comienza cuando la familia se sienta a la mesa y ellos pueden ver que tanto su mamá como su papá comen lo mismo», señaló la doctora Kraus.
«Comer en familia es un excelente hábito que sirve no sólo para ver cuáles son los hábitos que están incorporando los chicos sino para ponerse al tanto de las cosas que comen en el colegio y la actividad física que están realizando. Dentro de este punto, cabe destacar que lo mejor sería apagar el televisor para favorece el diálogo y evitar distracciones», puntualizó el doctor Alberto Cormillot, médico especialista en nutrición, director del Instituto Argentino de Alimentos y Nutrición (IAAN).
RECOMENDACIONES BÁSICAS.
A fin de poder elaborar una rutina saludable, los responsables del Sistema de Salud de la mencionada universidad afirmaron que «lo primero que no puede faltar en un plan de alimentación es el desayuno. Está comprobado por diversas investigaciones que los chicos que se salten el desayuno presentan un rendimiento escolar menor a aquellos que se sientan y desayunan de manera equillibrada»
Entre los alimentos recomendados para la primera comida del día se cuentan los cereales, los panes, las frutas enteras (no jugos), los quesos, los yogures y la leche.
En cuanto al mediodía -dado que por lo general los chicos de primaria y secundaria hacen esa comida en el colegio- lo recomendable es recurrir a las viandas para evitar que compren en el restaurant, bar o buffet.
«Una buena opción es mandarles pescado, pollo y ensaladas como acompañamiento. Para tentarlos es ideal intercalar verduras de diferentes colores y tamaños. Lo mismo sucede con la fruta que puede ser un excelente postre. Es mejor elegir dos pequeñas y diferentes. En cuanto a las bebidas, es mejor optar siempre por agua con o sin gas», enumeraron.
Con respecto a la cena, si los chicos comieron pollo, pescado o carne al mediodía, el equipo de la doctora Kraus sugirió optar por la pasta a fin de equilibrar el consumo de proteínas con el de hidratos de carbono.
«En general es importante llevar adelante una dieta baja grasas saturadas dado que éstas elevan los niveles de colesterol malo o LDL. Sin embargo, en la etapa que va de los 10 a los 17 años, no es la mejor opción pues las hormonas sexuales se generan en base a moléculas de colesterol con lo cual podría afectarse el desarrollo. Sabiendo estas cosas se pueden planificar e ir elaborando combinaciones diferentes para aprender a cuidar la salud desde pequeños», refirió el doctor Alfredo Lozada, médico cardiólogo.
«Cuando los chicos consumen alimentos de alto contenido calórico y que poseen mucho azúcar experimentan una especie de colapso que los hace sentirse cansados y ‘pesados’. »
«Del mismo modo, la cena también afecta porque si el niño quedó satisfecho pero no se siente sobrecargado, podrá descansar mejor y más relajado, condición que favorece notablemente su rendimiento al día siguiente», concluyó la especialista.

Publicado en Mediciña | Etiquetado , | Deja un comentario

Convento de San Francisco do Rial (Louro Muros)

Convento de QuinSituado ás aforas da Vila de Muros,na parroquia de Louro, a primeira constancia dunha edificación data do ano 1223 mais posiblemente sexa anterior. No ano 1432 a capela románica de Santa Mónica do Rial pasa a ser convento grazas a unha bula papal de Eugenio IV na que concedía indulxencias por visitala capela en certos dias. Nun principio os monxes vivían en «observancia» como consta nos acordos forais do ano 1475 mais tamén predicaban «sermóns cuaresmais» na próxima Vila de Muros segundo documentos do ano 1583. Albergou a grandes persoas como Fray Antonio de Acuña a quen lle debe a súa gran biblioteca, Fray Juan de Muros ou Fray Arias de Fresno quen morreu no convento debido a ser el o encargado voluntario de coidar os apestados, contraendo el a enfermidade e sendo sepultado dentro da igrexa aos pés do altar maior. A súa fundación atribúese segundo Ramón de Artaza ás xentes da Vila de Muros basándose en varios documentos que así o certifican, como un do ano 1820 no que a Audiencia Nacional do Reino pide un inventario o concello no que o convento aparece como fundado polos da Vila e así como no ano 1810 cédenselle as chaves do mesmo durante as procesións da Semana Santa para que as porte o ilustre Gaspar de Jovellanos. A súa pasada importancia queda así revestida, tamén nas múltiples terras, sendas e pensións vendidas na desamortización, así como nos múltiples testamentos que o largo da súa historia (1435, 1563, 1751, 1875, etc). Tras varios anos de inactividade no que é vendido, case desaparece, e grazas ao señor Garcia Pan, quen o cede xunto cun gran piñeiral, voltando a mans dos Franciscanos quenes con axuda dos veciños voltan a darlle vida construíndo o viacrucis para conmemoralo feito, iniciativa do P. Coll. Durante os primeiros anos do século pasado desempeñou a función de Escola Seráfica ate que foi trasladada o convento de Herbón en Padrón.
O mosteiro encontrase hoxe en día totalmente reconstruído e non conserva as antigas dependencias monacais de estilo gótico. A fabrica é sinxela e destaca o claustro de escasa altura e dimensións, nun estilo sobrio, típico nas construcións galegas, con arcadas de medio punto sobre columnas cadradas, nun dos laterais unha inscrición: «Este paño de de claustro hizo bastian baçar y su muger Margarita Perez, año de 1646″; atopandose o claustro presidido por un fermoso cruceiro. Dentro do recinto amurallado do convento que cubre 75.000 m2 atópase un bosque de pino cruzado por un regato, así como as instalacións monacais xunto cun cemiterio, restos de petroglifos, un muíño, fontes, etc… A dia de hoxe acolle, a parte das funcións relixiosas, un cámping e un hostal.
A igrexa conserva a fábrica de estilo oxival, con arco triunfal columnas e capiteis. A planta ten a capela maior na cabeceira, de menor ancho e destacada o exterior pola menor altura; volumetricamente, destaca unha torre campanario, engadida na fachada.

Referencias bibliográficas:

PATRIMÓNIO GALEGO.
SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».
ARTAZA MALVAREZ, Ramón: Historia de Muros y su distrito 2ª edicion
Fotos de:  Nieves Formoso, Quin Caamaño e Lourolobios.Convento de quin 4

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

As contas do noso Concello no 1576

p/Manuel M. Caamaño

Estas son as contas dos ingresos e gastos fixos do concello de Muros no ano 1576.
É de salientar que as meirandes partidas recaudatorias proviñan daAs contas do noso concello pesca (cousa do mais natural sendo Muros unha Vila mariñeira), e do Pan , trigo e centeo , pois o millo aínda tardaría algún tempo en ser traído da América .
Os gastos íanse na case súa totalidade en pagar ao Rei ao Arcebispo e ao mantemento da Colexiata.
Aínda así e todo había un superávit de mais de 35.000 maravedís!

INGRESOS (Maravedís)
1- Dezmo da Pesca 40.666
2- Dezmo do Pan 12.440
3- Dezmo do prometido da pesca 334
4- Dezmo do prometido do pan 600
5- Peso do concello 1.105
6- Cestería 1.700
7- Prometido de Cestería 300
8- Xuro que a Vila ten por Privilexio real,
Situado sobre as rendas da Vila 100.000
9- Sobor a Pesca e Viño 66.000
10- Sobor os Alfolís do sal 34.000
11- Xuro sobor as Rendas Reais da
Vila de Vigo, por un Privilexio Real 50.000
12- Dezmo do Pan 10.750
13- Dos 11 cercos que se adican a pesca
da sardiña e “talieiros” (patróns) que
os dirixen, a 4.000 cada un 44.000
14- Pagado polo Couto de Louro, polo
Servicio ordinario 5.000
15- Pensións sobre as fincas aledañas
As murallas 221

TOTAL 367.576

GASTOS (Maravedís)
1- Rexedores 5.000
2- Procurador Xeral 3.000
3- Quita do dezmo da cestería 1.500
4- Do servicio ordinario 42.168
5- Organista 10.000
6- Aos frades de Santa María do Rial
(S. Francisco de Louro) 3.740
7- Aceite para alumear o Santisimo 3.500
8- Ao cabildo de Santiago (sinecura) 43.500
9- Xuro da Vila 33.000
10- Ao porteiro da Vila 3.000
11- Corretaxe 15.000
12- Ao Arcebispo 32.500
13- A Colexiata (do Santo Oficio) 19.500
14- Servicio da Súa Maxestade 60.000
15- Coengos e colexiata 56.500

TOTAL 332.508


 Total de INGRESOS 367.576
Total de GASTOS 332.508
Sobrante ao favor do concello 35.068

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Miña nai Galiza

De alfonso pouso

p/A. Pouso

Pel sen pel,
tan soio os osos branqueando a o carón do aire
Lividez curtida nas salgadas fervenzas dos teus mares
escumas brancas … nas escuras brétemas o alborexar da noite
E diante de ti miña nai me axeonllo espido
cal naufrago… esquencido dos meus e alleos
como una preada
acababa de ser vomitada por un vello congro
e unha vez máis ensínasnos que eres tan soio ti mail-as túas rutías a forxadora das nosas vidas …
Pel sen pel…, e brancos osos , esquencidos do vento
Máis nunca nosos…

[ a. pouso ]

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario