A Nosa Xente: Manuel María Pena Silva

Neste número de TMT, traemos ás nosas páxinas, a un muradán singular; un home feito a se mesmo, que foi mestre de varias xeracios ás que soubo, con notable paciencia, inculcarlles a súa paixón pola literatura. Grande orador e excelente A nosa xente 1prosista, agora, xa con algúns anos, pasional poeta. O noso muradán, Manuel María Pena Silva, naceu na parroquia de Louro non ano 1942, estudou humanidades non Seminario Franciscano de Herbón-Padrón de 1955 a 1960; continúa en Santiago, do 60 ao 61, facendo ou noviciado. De volta a Louro, simultanea traballo nunha pequena empresa familiar relacionada coa pesca cos estudos de Maxisterio (por libre) e remata a carreira durante o servizo militar; xa casado, matricúlase na universidade e acada a licenciatura de Filoloxía na especialidade de Hispánicas. Correspondente dá Axencia EFE dá bisbarra de Muros-Noia durante máis de quince anos, formou tamén parte do equipo de redacción do xornal comarcal «BARBANZA», que contaba, entre outras, coas destacadas colaboracións do poeta Antón Avilés de Taramancos e do dramaturgo e novelista Pepe Agrelo.
Realizou traballos de tradución, exerceu a docencia en Muros e xubilouse (na ESO) no Colexio MONTESOL de Vigo. Na actualidade, vive en Muros.

 

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , , | Deja un comentario

Son da Virxe (II)

Joaquín Vilar Gómez
Adicado a toda esa xente que leva (levamos) eses alcumes tan fermosos herdanza e recordo dos nosos ancestros.

Tono da Catuxa, taménA virse1
Juan José da Colacheira,
Marcial da Parroucha
e Malita da Papeira.

Nome, mote, apodo
Mantela,Pompona e Kikolo.

Rolamos os tombos nas Neves,
A virxe2bailamos na festa da Función,
trouleamos arreo na Plantío
encharcamos os pés no Furón.

Español, Pandereta, Brinqueiro
Laxiña, Queimado e Pateiro.

Para praias as de Louro,
faro o de Rebordiño,
A virxe 3mais para berberechos,
a da Virxe do Camiño.

Navallas, ameixas, orolas,
bois, nécoras e sentolas.

A retranca de Minocho,
non deixaba indiferente,
os seus pareados
facían rir á xente:
– «Milucho mataba un pucho
e Humberto tiña o cu aberto»-

Nacha, Cubano , Cachucho
Cachola, Vilela e Milucho

Na Lomba xogamos felices,
nas Caustras sentimos medo,
subimos ó lugar de Perdices
pasando polo Espiñeredo.

Palomar, Alivía, Cuncheiro
Manijua, Rambla e Barreiro.

Estes modestos versos son unha disculpa para volver a escoitar eses nomes e motes tan fermosos, tan sonoros e tan nosos . Hai palabras que por si mesmas, de seu, xa son poesía. E hoxe en día saíron da Virxe e están espallados por unha morea de lugares e países.

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

¿Que facemos na Escola de Música? ¿Para que serve unha Esmu?

p/ Ali Uhía

O papel que me toca hoxe aquí é representar como directora á Escola de Música Municipal de Carnota, e vou falar uns minutiños de o porqué o interés de estar e formar parte desta revista. E non é máis que o de intentar darlle pulo á música, de espallar os nosos coñecementos e de dar a coñecer a importancia das escolas municipais na Sociedade.
EsmuA triloxía música-educación-sociedade expresa unha relación moi estreira, e non é un feito casual, xa que a música forma parte do home dende que nace. O ser humano comunícase a través da música e ademáis faino dun xeito natural, xa que é ensencialmente unha linguaxe abstracta, pero chea de significados. É por tanto algo importantísimo que estes coñecemntos innatos e naturais se canalicen e se inculquen dende que nos escolarizamos, posto que a música axúdanos en todos os campos da nosa vida: na sociabilidade, á hora de expresar sentimentos, surte un efecto positivo no rendemento académico dos nenos, axuda a erradicar o fracaso escolar, e así podería estar horas, sin olvidarme do ben coñecido refrán de “A música amansa ás feras”.
Pero tantos plans educativos, tantos políticos eruditos que fixeron LOGSEs LOEs e demáis marabillas , non lle souberon dar á música o lugar e o tempo que lle corresponde, que para eso xa están os Conservatorios, antigamente especie de universidades privadas e moi caras.
Esmu2Pero dende hai uns anos surxen as Escolas de Música, que non son máis que un punto de encontro adicado ao universo do son e aos mares de ritmos. Posto que a música é por excelencia a linguaxe de afectividade, deberiamos apreciala e percibila non só como unha arte expresiva, senon, tamén, comunicativa. Unha arte que facilita a potencia as relacións entre individuos dunha mesma sociedade, aínda que moito se utiliza a música en beneficios duns poucos bribóns, ingnorando e despreciando a nosa porpia idiosincrasia e a nosa riqueza cultural, todo aquilo que nos legaron os nosos maiores. A nosa intención é que a música forme parte da educación integral e cultural, a base de experiencias, produccións e audicións tanto individuais como colectivas.
A pretensión fundamental das Esmus é formar unha sociedade alfabetizada musicalmente e que isto derive nunha utilizacións práctia dos coñecementos musicais adiquiridos, ben coma aficcionados activos ou como consumidores con xuízo crítico, ademáis de descobrir e enauzar posibles vocacións. Intentamos aportar os medios que favorezan a interrelación, a expresión, a comunicación, a cooperación e a participación. Piares dunha boa e sana convivencia democrática.

Publicado en Educación, Música | Etiquetado , | Deja un comentario

A visita do señor capelán

p/Marcelino García Laríño
Marcelo da rabelaseñor Arximiro das Anselmas, con moitos anos ó lombo, e moi eivadiño o pobre por mor das moitas doenzas que padecía, maiormente nos últimos anos, atopábase internado nun santo hospital.
O coitadiño que sempre fora moi xangal, moi falador e, por certo, moi agradable no trato, era un home de moi ben ser en tódolos aspectos: nunca rifaba con ninguén, decote con moi boas palabras e, en canto puido e as enfermidades o deixaron, foi un home moi traballador e moi responsable das súas obrigas.
O capelán do hospital visitábao tódolos días e algunha vez recuncaba, pois tiña un especial interese polo velliño tan ocorrente, tan falangueiro e tan mansiño nas súas sempre agradables conversas.
Un día, como facía a cotío, o Capelán, que estaba ó tanto de todos seus males o mesmo que da súa moita idade, ó pasarlle a visita, preguntoulle:
–¡Que! ¿Cómo nos atopamos hoxe, don Arximiro?– Contestándolle o ancián, educado coma sempre:
–Pois aquí me ten, doente coma sempre e con moitiños anos riba das costas.
–E logo ¿cántos anos ten?– Inquiriu o creo. O que lle respondeu o enfermo con outra pregunta:
–¿E vostede cantos me bota?– O capelán sabía de sobra os anos que o señor Arximiro tiña, pero piadosamente e co gallo de darlle azos, díxolle: –¡Home! Vostede terá a todo máis ter, eu que sei; botándolle xa polo moito… andará cerca dos oitenta anos.
O velliño ceibou unha gargallada, e faloulle:
–¡Oitenta anos! ¿E vostede de que vai? Téñolle noventa e seis cumpridos xa no mes de santos.
–¡Quen o dixera! Para ter eses anos está vostede feito un rapaz. ¡No sei de que se queixa!
–Eu non me queixo dos anos, señor. Eu quéixome das moitas enfermidades que teño. Mire vostede, de aquí para arriba –sinalándolle coa man a cintura– teño mal o estómago, o pulmón, o corazón, a gorxa, a vista, o oído… eu que sei: todo. Pero de aquí para baixo –da cintura– estoulle coma un meniño.
–Daquela amigo, si se atopa tan ben da cintura para abaixo, vostede quéixase de soberbia. ¿Pero atópase tan ben como vostede di da cintura para abaixo?
–Eu non lle dixen que estaba ben. Só lle dixen que estou coma un meniño da teta: porque mexo e fago por min a toda hora.
E era certo.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Carta da Redacción – MAIO—2013

Un número mais de “The Muros Times”, e xa van tres…, e neste especial do Mes das Letras Galegas contamos coa colaboración de mais muradanos comprometidos e queredores: Marcelino García Lariño (Marcelo da Rabela), Manuel María Pena Silva (Rioderradeiro), Xoaquín Imagen2Figueiras (Xokas), César Acuña Rios, Director da Escola Municipal de Música de Muros, e José Manuel Formoso Luces (Porrúa).
Como poderedes ver a revista segue crecendo, e crece en páxinas e seguidores porque Muros botaba en falta unha revista cultural, porque lembra as desaparecidas «A Eiroa» e «A Motora», revistas editadas en Louro e Esteiro, que tanto aportaron en todos os eidos. Agora, TMT quer ser de todos os muradáns, dende unha punta ata outra, e queremos que participe mais xente coas súas colaboracions. Afortunadamente temos unha xuventude moi ben formada e da que Muros ten que sentirse orgulloso. Esta xuventude ten moito que achegar e dicirnos. A xuventude muradán lle decimos: enviade os vosos artigos o correo de TMT. A vosa colaboración e moi importante.

NB.: Moitas persoas nos pediron exemplares en papel da revista. De momento, só se fixeron oito exemplares, que foron distribuídos nas bibliotecas, institutos e colexios do Concello.

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado | Deja un comentario