A Capela do Carmen

p/ Xokas Figueiras
Capela do CarmenEstá formada por unha planta dunha soa nave dividida en dous treitos por un arco de medio punto apoiado sobre pilastras; cada un dos treitos cóbrese con bóveda de crucería. Na cabeceira a capela maior á que se accede por un arco de medio punto e cóbrese con bóveda de aresta. No exterior destaca a riqueza da fachada principal composta de xeito simétrico, sobre a porta un brasón en forma de medallón de grandes dimensións e debaixo unha inscrición que reza que foi D. Jeronimo Duran, residente en Chile quen puxo o caudal para a construción da capela no ano 1766. A capela conta cun gran patio de cantería onde reza a inscrición 1767.
Ramón de Artaza di do brasón e da inscrición de debaixo:
“O brasón conta de oito cuarteis máis un central, o primeiro (superior dereito) e o dos Maldonado ou Rúa, o segundo cinco follas de figueira, apelido Figueroa, o terceiro descoñecido, o cuarto son as armas dos Feijóo, o quinto o dos Romero. o sexto poderían ser os Bermudez, o do centro descoñecido”.
A inscrición di:
Capela do Carmen1SE HIZO CON CAUDAL DE D. JERONIMO DURAN RESIDENTE EN LA CIUDAD DE CHILE,SIENDO EL SR. D. MARCOS ARCAIZ IBARNA BARRO FISCAL DE LA REAL AUDENCIA DE ESTE REINO, DEDICADA A NTRA. SRA. DEL CARMEN, AÑO DE M.D.C.C.LXVII.

O seu dono, «in solidum» no ano de 1775 era D. Felipe Romero Duran Alvarez de Figueroa y Ardeleiros.

Publicado en Arte e Cultura, Historia | Etiquetado , , | Deja un comentario

Entrevista a María Teresa Mayo Freire.

p/Jorge Lago de Pexejo
JL._: Encantado de facer esta entrevista contigo María Teresa. Cóntanos algo de tí.
Maria Teresa Mayo Freire: Son a menor de catro irmáns. A miña vinculación co mar ven dende a cuna xa que a miña nai foi, elas facíanse chamar daquela, María Teresa Mayo Freireatadoras. Polo tanto pasei un parte da miña infancia no muelLE de Cabanas con miña nai e as suas compañeiras. Pero, curiosamente, esa vinculación non foi a que realmente me trouxo a plantexarme o que hoxe fago. Estudiei Bacherelato e (daquela chamase así) F.P.II no instituto de Muros e iniciei a carreira de Relación Laborais na Universidad de Santiago, estudos que non rematei. Caseime con 23 anos, e foi, precisamente o meu marido que me fixo retornar a esa vinculación mariñeira esquencida. Fixemos un barco no ano 97, i eu estaba, por aquel entonces o coidado dos meus avós, cando eles faleceron, foi cando me propuxen que tiña que facer algo, traballar en algo. Quizas por ser a irmán máis nova, non o sei, teño unha gran dependencia familiar, primeiro cos meus avós e logo cos meus paìs, nese tempo tamén naceu o meu fillo, logo pensei que necesitaba un traballo que me permitise compatibilizar a vida laboral coa familiar. No me preguntes como caín na conta de que esa compatibilidad a tiña na propia casa, porque non o recordo, sei que llo propuxen o meu home e tiven sempre o seu apoio, o mesmo tempo que sempre tiven o apoio dos meus pais, que foron que realmente fixeron posible que eu me realizara dentro deste mundo, facéndose cargo da educación e coidados do meu fillo.
JL.: A pesar da tua vinculación coa vida do mar, supoño que non crecestes soñando que un día ibas a ser unha mariñeira.
Maria Teresa Mayo Freire: Jajajajaja! Non, para nada!! Fun pescar unha vez en toda miña vida ca liña por fora da Nai e Filla e collín un mareo que pensei morrer!!! Ese día dixen que nunca xamáis volvería a embarcar nun barco, claramente, equivoqueime.
JL._¿Cantos Imagen2sodes de tripulación normalmente?
Maria Teresa Mayo Freire: O meu home e máis eu
JL.: Duas persoas. ¿A que clase de pesca vos dedicades? ou ó mellor tiña que decir arte pesqueira, pero que lle queres; eu sonche da aldea.
Maria Teresa Mayo Freire: Non te disculpes que non cola, da aldea serás, pero o mar está ben cerca! Jajajajaja
Digamos que alternamos, coas betas nos meses de Xaneiro a Septembro, e desdes ahí a Xaneiro imos o marisqueo o Freixo.
JL.: ¿Cómo se dá eso de traballar tantas horas coa mesma persoa, especialmente cando con esa persoa se comparten máis que as horas de traballo?
Maria Teresa Mayo Freire: O que non sei é como sería traballar con outra persoa. O traballo é moi rutinario e cada un sabemos o que temos que facer sen case comunicarnos, o resto das horas que compartimos apartámolas do traballo, cando chegamos somos unha familia máis que fai cousas de familia. Tamén penso que nos axuda que somos de pensamentos independentes, e aínda que temos amigos en común, como é lóxico, tamén nos relacionamos con grupos de xente diferentes. Levamos máis de 20 anos xuntos, e non se me ocurre un compañeiro mellor para nada. Jorge, estasme facer pensar eh!! nunca me plantei eso. Supoño que a verdadeira resposta e a máis lóxica é que somos un matrimonio que temos en comùn traballar para un benestar da familia, que mellor que poder facelo xuntos! ¿Non crees!?
JL.: Polo que entendo da tua resposta, o dito de que donde hai patrón non manda mariñeiro, non aplica.
Maria Teresa Mayo Freire: No meu si se aplica, quen manda é o patròn no barco, despois desquitome na casa!! Jajajajajaa. Ahora en serio, Luis é o que leva o control, por experiencia, as xerarquías son importantes a hora de ser serio e traballar con responsabilidá.
JL.: ¿Qué é o que máis che gusta do teu traballo?
Maria Teresa Mayo Freire: Hai moitas cousas que me gustan, pero o que máis valoro é a independencia que me proporciona.
JL.: ¿E que é o que menos che gusta?
Maria Teresa Mayo Freire : Non sempre se fai agradable estar no mar, o mal tempo, o frio. Tampouco me gustan moitas das cousas que me perdo da infancia do meu fillo, pero eso non é diferente a calquera outra nai que traballa.
JL.: Un sempre tende a pensar en mariñeiros e non en mariñeiras. ¿Con que tipo de reaccións te atopas cando dis ó que te dedicas?
Maria Teresa Mayo Freire: A maioría das veces con extrañeza, pero máis extrañeza tiven a descubrir que eu a Muros non vin a inventar nada novo, a muller perdeu representación no mar pois xa antiguamente varias mulleres muradás foron mariñeiras, así que, case poderíamos decir que en Muros, a muller ten sido unha gran protagonista deste mundo do mar.
JL.: María Teresa, ¿Pensas seguir facendo ese traballo hasta que te retires?
Maria Teresa Mayo Freire: Sería unha posibilidá, ¿Verdad? Pero non o podo afirmar. O meu home xubilarase moito antes ca min, e non sei, para aquel entonces o que farei, sinceramente, non o sei.
JL.: ¿Gustaríache que o teu fillo seguira coa tradición mariñeira?
Maria Teresa Mayo Freire: Esa decisión tena que tomar él. O que non me gustaría é que tomase o mar coma a alternativa máis fácil, non sei se me explico. Él primeiro ten que estudiar e formarse, se despois resulta que o que lle gusta é o mar, pois o seu pai e eu apoiaremos esa decisión.
JL.: Como muller, ¿Quéreslle dar alghún consello as mulleres que vexan no mar unha posiblidá de traballo?
Maria Teresa Mayo Freire: Que non o pensen duas veces, no mar teñen unha posibilidá de traballo. E animo os armadores a que den esa oportunidá, case que lles podo garantizar que se levarían unha grata sorpresa. As mulleres viñemos demostrando unha gran responsabilidá e constancia no que nos propoñemos. Non temos que ir moi lonxe para aprecialo, as propias mulleres muradás deron boa conta delo.
JL.: María Teresa, moi o pesar meu, temos que dar por concluida esta grata e esclarecedora conversación. Moitas gracias por haber compartido con nós eses momentos que estou seghuro han de influenciar positivamente a moitas das nosas leutoras e leutores. Apertas.

Publicado en Entrevistas | Etiquetado , | Deja un comentario

Cabo Vilán

p/A. Pouso

Es a veces en la quietud de la oscura noche castellana, cuando creo adivinar en la brisa el murmullo de tus olas arremetiendo furiosas contra los agrestes acantilados , en ese mismo instante me doy cuenta del largo camino que una lágrima puede dibujar en una mejilla….
Hoy ha sido uno de ellos.

CaboEn lo alto de tu cima
majestuoso te alzas,
escudriñando la noche,
tú , ojo que todo alcanzas

formas miles de reflejos
en el espejo del agua ,
jugando con la espuma ,
de olas haciendo guirnaldas…

esa luz que tu emites ,
que al navegar me acompaña ,
ha visto volar el tiempo
desde tu hermosa atalaya

ha visto como han pasado
tres siglos de vigilancia ,
sin pedirles nada a cambio
a las gentes que te aman

en largas noches de invierno
ofreces tu salvaguarda
emitiendo esos destellos
y tu sonora pitada

en la obscura y negra noche…
silueta férrea se alza
amenazando con herir
a la galerna mas brava,

o cuando el manto de niebla
a tus costas arribara…
tú , impasible Polifemo,
presto nos mandas auxilio ,
y hacia tu abrigo nos llamas…

hoy te mando estas letras
desde la tierra mas llana,
grandes páramos polvorientos …
yermos, resquebrajados , sin agua …

hoy te escribo amigo,
¡ desde el centro de España !

y aunque varado me encuentro ,
aquí, muy lejos del agua…
no dejo de pensar en ti,
ay, mi Villano del alma…

cuanto hoy yo no daría,
por abrir mi gran ventana,
y en vez de fría ciudad,
mi ría yo divisara ,

que al ir anocheciendo,
hasta ti yo me acercara…
y contemplarte embelesado
pescando desde mi barca.

© a. pouso

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

Colón Muradano?

P/ Manuel Lago Álvarez
Colón MuradánDende sempre, sabe Galicia enteira que os mariños muradáns foron recoñecidos por ser os mellores capitáns e pilotos, acumulando a fama de ser os mellores para mandar buques de vela en navegacións de alto risco, e que o porto de Muros foi recoñecido polos reis como un dous mais importantes da península.
Moi coñecida e a frase: «todos somos galegos menos o capitán que é de Muros»; sentenza que confirma un recoñecemento expreso a profesionalidade dos mariños muradáns, moi por enriba dos méritos doutros.
Contan os mais vellos que nunha singradura atopáronse dous galeóns. Achegáronse un o outro e saudáronse os capitáns, e un díxolle o outro: «Seica pensas que non te coñecemos Cristobo? Ti és tan de Muros coma nós ¡¡¡.
Que Colón fora de Muros, non sería ningún disparate. Quen senón os capitáns de Muros serían capaces de embarcarse rumbo o descoñecido, o que tamén hai que engadir que a carabela capitá, a Santa María, saíra dos astaleiros de Muros, co nome de «La Gallega», e fora rebautizada con este nome na honra dá nai de Deus.
Colón escondía a súa procedencia galega, por mor de que os reis católicos, Isabel e Fernando, tíñanlle certo desapego ós galegos, xa que Galicia non os apoiara nas liortas que se deran na sucesión ó trono, nas que Galicia apoiaba a Juana la Beltraneja. Xa contarei mais, que o tema promete.

Publicado en Contos e Lendas, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

A Ramponia

p/Manolo de Lajo
A ramponiaNon sei os máis novos, pero os que rondamos os cincuenta recordamos de escoitar a nosas nais o anoitecer «Vinde para casa que ahí vén a Ramponia».
Depois dun longo estudo do acontecido na zona e falar coa xente máis vella do lugar, descubrín que a Ramponia era unha mistura de lobo e raposa, cuxa moradía era en Campalvo, na coñecida vulgarmente como Cachola do Raposo.
A Ramponia ten forma de raposa, pero non se lle pode berrar, pois é xorda e non escapa. Agora sí, ten unha vista aguda e ve a través das paredes.
Cando baixa a aldea causa pánico e hai que deixarlle comer o que queira, como si son tódalas galiñas do galiñeiro. Si te acercas a ela enfróntase ensinandoche os colmillos afiados.
Fascina coa mirada e cando non topa presa o seu xeito, entra nos cemiterios para desenterrar os cadáveres e devoralos, de ahí que se inventara o nicho.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario