O Faro de Monte Louro

p/ Manuel M. Caamaño

Aí o está, non o asemella, pero o faro de Monte Louro xa ten 152 anos de vida! Foi construido coa finalidade de embocar a ría de Muros librando dos baixos de Virullos e Ximiela. A súa, luz vindo de norte para sur, e …sempre co alto do cabo da Nave á vista por fora do cabo de Fisterra (para librar por fora de Meixide) non é visible até estar ao W verdadeiro do faro; que é cando se está libre polo S. dos devanditosImagen3 baixos. Pola parte de sur da ría, deixa de ser visible por debaixo do 205º, o que permite libras sen problemas do baixo de Baia. Foi unha gran axuda para todos os navegantes o establecemento e de seguro que evitou máis dunha perda nos traizoeiros baixos que están na embocadura da nosa ría. …………………………….. «O proxecto deste faro redactouse en 1860 e saíu a poxa o 12 de abril do mesmo ano cun orzamento de contrata de 98.168,12 reais. Consiste nun pequeno edificio de planta rectangular de 11 x 10,20 metros a torre é tronco piramidal de sección hexagonal e cunha altura de 5,30 metros coroados por un balconciño lixeiramente voado sobre o que descansa a torre grande cilíndrica que, pola súa parte, soporta a lanterna poligonal de 1,60 metros de diámetro con cristais planos e montantes verticais. Os traballos finalizáronse en 1861. O seu aparello luminoso, da casa Sautter, con óptica de 375 mm de diámetro e unha lámpada de émbolo que utilizaba como combustible aceite, posteriormente substituída por unha Maris de petróleo. O custo da lanterna e o aparello ascendeu a 6.197 pesetas. A súa instalación foi realizada a principios de 1862 por D. Feliciano Mariño. (Nota do Instituto de Hidrografía. Ano 1862). “Está situado na Punta do Queixal do monte Louro, a 82º E da cúspide do mesmo, na embocadura da ría de Muros. Ten as seguintes características: Aparello catadióptrico de 5ª orde. Luz fixa branca. Alcance en estado ordinario da atmosfera 10 millas. Latitude 42º 44´10″ N. Lonxitude 2º 51´45″ Ou de San Fernando. Elevación do foco luminoso sobre o nivel do mar 27,5 metros sobre o terreo 8 m. A torre é hexagonal, da cor claro do granito do que está construída, e a lanterna octogonal branca; está unida á habitación dos torreiros, a cal é rectangular e pintada de branco con ventás verdes. ACESO O 15 DE XULLO DE 1862.” Por aplicación da reforma do Plan de 1902, en 1019 realízase un proxecto de reforma do aparello, axustándolle un xogo de pantallas xiratorias accionadas por unha máquina de reloxaría, conxunto que se adquiriu á empresa Maquinista Valenciana. A característica resultante quedou así en grupos de 4 e 1 ocultacións brancas. Así permaneceu ata o 18 de abril de 1949 en que se substituíu a lámpada Maris por un sistema de acetileno composto por un destellador AGA con válvula solar e queimadora de 25 l/h. Ao tempo se lle cambiou a característica a grupos de 2 + 1 escintileos brancos e 12 millas de alcance. Isto significou a supresión do persoal que o atendía, agregándose o servizo ao do faro de Rebordiño, onde lle situaría a residencia do técnico. Actualmente encóntrase electrificado con utilización de enerxía fotovoltaica fornecida por seis módulos de 75 W/p Reforma esta realizada a principios do ano 1993.»

Publicado en Historia | Etiquetado , , | Deja un comentario

A versión do gañador

p/ Manuel Martínez Caamaño

A historia escrita polos vencedores non sempre se ten que corresponder coa veracidade dos feitos… De feito, poucas veces se da tal. Nin os indios foros sempre os malos, nin os vaqueiros os bos… Aquí vos deixo unha copia do diario de a bordo do fillo da Gran Bretaña e capitán do buque «RMS Loire» Que entrou teniente Yeona ría de Muros aló no mes de xuño de do ano 1804 para conquistar o castelo de Muros e levar canda el de remolque ao buque da Mariña francesa «Le Confiance» que se atopaba fondeado na baia da vila en resgardo e facendo algunhas reparacións. Dende aquela hai un dito moi socorrido na vila cando alguén che pide que teñas confianza en algo ou en alguén. A resposta dun muradán moi posiblemente sexa: «Non home, non. Que a confianza levouna o inglés» Manuel M. Caamaño 4 de xuño de 1805 Novos ataques ingleses ao sur de Fisterra. Valor e Fidalguía en Muros. Segundo despachos de fontes ben informadas o capitán Maitland, ao mando do Loire, soubo por boca de mariñeiros apresados da capturada corsaria Esperanza da existencia dunha nave corsaria francesa de vinte e seis canóns fondeada en Muros, na bisbarra das Rías Baixas, e lista para facerse á vela. Resolto a capturar ou destruír a nave francesa, arredor das nove da mañá do día catro de xuño, o Loire arrombaba coa marea as inmediacións de Muros remolcando os botes de abordaxe, cincuenta almas entre oficiais e homes baixo o mando, novamente, do bizarro tenente Yeo asistido nesta ocasión polos tenentes dos marines reais Samuel Mallock e Joseph Douglas e o segundo tenente en funcións Charles Clinch. Nada máis acadar a punta de Muros, o Loire viuse sorprendido polo lume dunha pequena batería de dúas pezas longas de 18 libras. Aínda que o capitán Maitland ordenou contestar ao lume puido constatar que os canóns inimigos estaban tan vantaxosamente situados que poderían causar graves danos á súa nave sen apenas recibir danos polo lume contrario. En consecuencia, encoméndaselle ao tenente Yeo a misión de desembarcar e inutilizar a batería. Unha vez que os botes de Yeo dirixíronse cara á costa, Maitland arrombou a súa nave cara ao interior da baía de Muros para descubrir dúas naves corsarias francesas: a corbeta Confiance de trece portas por banda e o bergantín Belier de dez por banda. Segundo parece ambos os dous buques estaban en posición de abrir lume pero, por razóns queImagen2 descoñecemos, ningún deles o fixo. Iso permitiu que a tripulación do Loire concentrase a súa atención nun forte dotado dunha batería de doce pezas longas de 18 libras que, inmeiatamente, abriu lume a unha distancia menor a un cuarto de milla. Maitland ordenou repeler o lume do fortín pero o tiro inglés, aínda que ben dirixido, resultaba ineficaz fronte á rexa construción inimiga. Durante varios minutos, o Loire sufriu un castigador canoneo que causou varias baixas, concretamente nove feridos tres deles graves. Cremos que de continuar o lume, moi posiblemente o navío inglés resultase destruído ou capturado pero a intervención do tenente Yeo resultou decisiva. Tal e como se lle ordenara, Yeo e a súa forza de asalto desembarcaron e, tras unha breve refrega, neutralizan a pequena batería que hostigaba ao Loire desde a punta. Porén, apercibido do castigo que estaba sufrindo a súa nave a conta das pezas do fortín, resolveu asaltalo. Malia descoñecer o número e forza dos seus ocupantes, Yeo dirixiu á súa exigua tropa por terra acadando a porta exterior do forte. Os españois, que non previran de ningún xeito un asalto terrestre e xa que toda súa a atención concentrábase no Loire, deixaran aberta a porta por que irrompeu a tropa inglesa. A gornición contaba con vinte e dous soldados españois mas un considerable número de cabaleiros e aldeáns voluntarios e uns cen homes da dotación do corsario francés Confiance. A loita no interior foi breve e sanguenta pero a sorpresa e o arroxo foron bazas fundamentais para que, ao cabo de pouco tempo, as cores británicas ondeasen no máis alto do forte. A seguir, unha vez cravados os canóns e estragadas as cureñas, procedeuse a voar as troneiras e outras partes do fortín para embarcar nos botes e regresar ao Loire. As baixas na forza do tenente Yeo foron de seis feridos, incluíndo ao propio Yeo, o señor Clinch, tres mariñeiros e un marine. Paralelamente o capitán Maitland, tras facerse cargo dos dous corsarios franceses e dun bergantín mercante español tamén fondeado, enviou unha mensaxe á poboación asegurando que en ningún momento daríanse actos de pillaxe nin se atentaría contra as vidas e bens de propios. Unha delegación formada por notables de Muros agradeceu persoalmente ao capitán inglés o seu nobre xesto así como o cristián proceder do tenente Yeo e os seus homes cos feridos españois e franceses do fortín. Unha vez máis séntense os efectos do bloqueo británico e da audacia dos seus ataques. Polo menos cabe agradecer comportamentos como os do capitán Maitland que, no seu dereito a facer a guerra, procuran evitar sufrimentos aos paisanos.

Publicado en Historia | Etiquetado , , | Deja un comentario

O naufraxio do Gran Liverpool

By: Manolo de Lajo

O 24 de marzo de 1846 reinaba un forte temporal do suroeste en toda a costa, ainda que o barco navegaba con normalidade rumbo norte e tras haber pasado a costa portuguesa sin percances, o estar chegando a altu…ra de Fisterra parece que o capitán corrixeu o rumbo a estriborImagen1 demasiado pronto, ou o vento de suroeste abateuno sin él percatarse de que o desviou da derrota marcada na carta. O caso é que tocou uns baixos entre os cabos de Corrubedo e Fisterra, seguramente Meixide, danando o buque pero non de maneira considerable. Visto o acontecido o capitán decide introducilo barco ata entrada da ría de Corcubión e embarrancalo na praia de Gures. Varou o barco de punta, e decir perpendicular a costa, para así ser máis doado o séu reflotamento, pero a forza do vento e as olas atravesarono quedando paralelo a praia. Salvouse toda a tripulación e maila pasaxe, coa única perda dunha pasaxeira e a carga. Conta a lenda que a muller nunca máis apareceu por mor do peso das xoías que levaba encima. Sigue contando a lenda que o capitán se suicidou posteriormente cortando o pescozo cunha navalla barbeira, por a dor da morte da pasaxeira, que o parecer lle fixera as beiras durante a viaxe de volta da India.

Publicado en Historia | Etiquetado , , | Deja un comentario

A Voz dos nosos Poetas

Adicado os/as que viven algunha ausencia.

RECORDOS

p/ Joaquín Vilar Gómez

A nosa infancia é un retrato,

un pasado en branco e negro,

lembranzas de anos idos

polas rendixas do tempo.

Fotos de cores marelas,…

de experiencias xa vividas,

unhas de risas e festas

outras de dores sufridas

Mirar atrás non é retroceso,

eu diría lei de vida,

aínda que ollando en exceso

xurda algunha ferida.

O pasado non sempre pasa,

moitas veces permanece,

o presente non ten memoria

e o futuro adoece.

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

Carta da Redacción – Marzo-2013

Limiar:

Fai non moito tempo, don Jorge Lago, un muradán que reside dende fai moitos anos en Estados Unidos, tivo a feliz idea de crear unha páxina no Facebook a xeito de revista dixital portada TMTonde recoller os artigos, os escritos e as “cousiñas” que algúns adoitamos a publicar en outras paxinas e sitios de Internet. Deste xeito tan sinxelo e da ilusión que os colaboradores/as convidados amosaron dende o primeiro momento, naceu The Muros Times ¡¡¡

Dende ambas veiras dun mismo mar e sempre co pensamento posto en Muros, sen ánimo de sentar cátedra en nada e tan só coa ilusión de dar a coñecer aspectos e facetas da vida e da pequena historia de Muros, algúns aceptamos de moi bo grao o seu convite. Outros/as fan dende ela unha labor de divulgación en aspectos tan variados como a mediciña, a música ou a lengua, e entre todos/as puxemos a andar este sinxelo proxecto. Agora da man de dón Manuel Lago Álvarez, damos un pasiño adiante máis e presentamos a publicación en formato de revista. Vaites, que se temos a vosa aceptación e o voso apoio, quizá algún día nos decidamos tamén a pasar tamén ao papel.

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado | Deja un comentario