Lenda da casa dos medos.

p/ Manolo de Lajo

Vouvos a relatar unha lenda que nos contaba miña avoa cando no inverno nos sentabamos arredor da cusiña de ferro.

Na divisa entre os concellos de Muros e Carnota, na veira da Imagen2estrada, encontrase unha casa misteriosa a cal estivo deshabitada por un longo período de tempo. A razón de que así fose, atribuese a un horrendo crime que nela aconteceu.

Marmuraba a xente que a casa tiña un maleficio ou mal de ollo como sole decirse entre nos, é naide conseguía morar nela por mor dos ruidos e griterios que se escutaban de noite.

Actualmente está habitada, pero para que eso fose posible, o novo inquilino tivo que traer dende a Amazonía brasileira o famoso Indio Amazónico (aljo así como os que quitan o aire entre nos), para desfacer o entorto.

Tan grande debía de ser o maleficio que a volta de tres dias do seu regreso o Amazonas, o dichoso indio morreu dunha enfermedade que era moi común na miña infancia e que non había vacina para ela, «MORRER DE REPENTE».

Para mín sempre foi unha incognita dita enfermedá, escutar a xente preguntar ¿elo de que morreu fulanito? pois morreu de repente, meu probe tan lusido como se via. Ainda que o caso máis sorprendente desta enfermedade foi o de unha visiña que era diabética, e por San Xoan a familía fixera uns cachelos para cear, é ela non podendo aguantar o covizo pois douse unha enchenta deles, con tan mala sorte que o outro día apareceu morta na cama. Lembro de estar no velorio cerca do viudo e escutar preguntarlle a unha muller de que morrera, sendo a súa resposta, pois morreu dunha cachelada nosa María.

PeroImagen3 voltando o conto da dichosa casa dos medos , conta a lenda que a primeiros do século XX moraba nela un rudo mariñeiro curtido en mil batallas, curiosamente era un retornado da guerra de Cuba, a guerra dos probes, porque os ricos pagaban por non ir. Dito mariñeiro non se relacionaba coa veciñanza e ademáis non deixaba que naide ollara a súa muller, soio algunhas línguas contan de ver asomada por a fiestra unha cara triste de ollos verdes e cabelos dourados. No lugar chamabanlle a meiga.

Pasado un tempo a meiga morreu, seguramente de tristura, e o rudo mariñeiro soterrouna no soto, data a partir da cal se comenzaron a sentir uns ruidos de cadeas (coas que él a tiña amarrada) arrastrandose por o chan e uns gritos infernáis. O mariñeiro non podendo soportar o calvario que lle tocaría vivir, adentrouse no mar nunha noite de inverno para núnca máis voltar.

Lembro de xoven de pasar unha noite con un grupo de amigos, que ainda viven e poden probar a veracidade, e escutar as cadeas e os gritos, pero o máis sorprendente foron as manchas de sangre nas paredes. Algunhas rapazas do grupo ainda creo que están correndo hoxe cara a Muros.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Terbutalina

p/  Quin Muros Negreira

Ahí vai…

información do grupo muradán, TERBUTALINA que o 7 de Marzo estrearon o seu novo disco «Ritmo Serbio» na Sala Capitol en Santiago.

E vós de quen sodes? A Terbutalina nase no insentro entre Imagen1Ventín, Muíño do Vento e Esteiro (condados do estado de Muros) no 2010. Ex-membros de grupos como THE, Metralla, Skaiola Borrokal ou Süiss dan en se xuntar, tirar para adiant…e e elaborar unha recua de temas a medio camiño entre o rock de jaraxe, o punk e outros sons. En 2011 lansan o seu traballo de presentasión Live in Catoira, que recolle 8 temas dun conserto perpretado en Catoira (de aí o nome, tampouco é cuestión de romperse a cabesa). Meses despois viaxan até L.A. para jravar o que será o seu primeiro LP de estudio Broncodilatador. Un disco con 15 rasións de gastropunk e música de diferentes estilos sempre baixo a premisa “mellor arriscarse e que rompa”. Até que o álbum saia á lus (coma se dun feto se tratar), sacan un EP para ir abrindo boca e pernas titulado Que-de-leite! con 3 temas dese futuro LP dispoñible para libre descarja. Os 15 temas do Broncodilatador son unha pequena mostra do variado da súa aposta, unha proposta que levan amosando desde a súa formasión nos diferentes consertos que teñen ofrecido ao longo da xeografía galega, nos que mesturan diversión, velosidade e empanada. Na primavera de 2012 ve a lus un novo EP jravado en Portugal baixo o título Hostias para todos. Este traballo contén sete temas directos e susios nos que mesturan estilos, sachadas á altura dos xeonllos e cabesadas na nuca. O sexto corte do disco, “Suisidarse”, contará tamén cun videoclip dirixido por Lucas Nadal (director de vídeos para jrupos como Ataque Escampe ou Samesugas). Ademais deste lansamento, tamén colaboran cun tema no recopilatorio Galician Bizarre II, que recolle cansións de até 18 bandas. E despois? Pois non parar de tocar, que para apalancarse hai tempo a jodelo. Bailen, hostia! Bailen!

Publicado en Música | Etiquetado , , | Deja un comentario

O Balandro “Joaquín Pérez”

p/ Manuel M. Caamaño

O día 1 de xullo do ano 1932 foi unha data histórica para Galicia e para Muros. No balandro “Joaquín Pérez”, deste porto, ondeou por primeira vez nun buque, soa e sen ningunha outra, a bandeira Galega. Foi con motivo dun cruceiro de estudos… que fixeron alumnos e profesores dende esta vila e porto, percorrendo a costa galega, ata Vigo. Don Ramón Otero Pedrayo faise eco dese senlleiro viaxe nun artigo de prensa con estas verbas: «Cecais hoxe, ista mañán, co primeiro locir do día no lombo das ondas, terá saído de Muros a náu argonáutica dos Ultreyas. Do Muros céltigo asucalcado xardín urbán na aba do monte vixiante, do Muros cuias donas teñen un andar de “mermaid”,Imagen7 do Muros aínda cheo da lexendaria épica das antergas navigazóns a vela, da vila que ten ancorada diante o bruar atránteco a insoa de soedade do Monte Louro. Esperimentamos unha saudade non privada de envexa. Nos eiquí alapeados no cerne da meseta mais pol’a incomprensión que pol’o sol trunfal aínda queimante de intransixenza. Eles, os mociños, os Ultreyas a espranza frolida da Galiza, navigando, a yalma resoante de cósmecas e raciales armuñías. Eiquí, n’iste intre a envexa nosa pode ser perdoada. Os Ultreyas, os da Beiramar e os do centro da Galiza, van recibir co iste viaxe o doutorado espirtoal sumo da galeguidade na Universidá da mar e da costa. Os ollos e os anceios galegos, como os ríos da Terra, viven dende os orixes alagados de océano e de Oucidente. Como nas serras latexa un arelar de se deitar na onda en rexa figura de esculturado promontoiro, como os vales deixanse morrer gostosamente franqueados no seo materno das rías, a yalma galega fleta no ensoño e no pensar, as naus, proa ô infindo, das descobertas. Deica onde chega a nuben e a orballeira mariña, chegan os marcos materiaes da Galiza, e ela, a Nosa Terra, perfeizoa seu paisaxe na Beiramar. Os Ultreyas, finado o curso, pra folgar galegamente, fán iste periplo revelador, ô largo d’un arco da nosa costa. Mirarán ô vello cabo onde Pondal mirou a imaxen prometeica e tráxica do destino, mirarán as Illas arrincadas a Terra pol’os bicos amorosos da mar, e pousados os ollos no branco vagantío das praias e no paralelo decorrer das serras e das ondas, sentirán a presenza material da Galiza eterna, guiada pol’os Faros simbólecos e pol’os Fachos adustos, na noite acesos de lumes estelares. Xuventude, veciñanza da fonte primeira, vibrazón de inmorrente enerxía, paixón saudosa medida e aproveitada no esforzo, enxebre falar mariñeiro, peitos e curazóns finchados como velas pol’o alento da Raza, técnica sinxela e eterna do náuta, e do pescador, todo isto cantará na yalma dos Ultreyas como canta o vento nas furnas e nos piñeirales. Dende a mar a fisiognomía da Galiza xurde crara e sin dúbidas, c’a sua enerxía espranzada dos Ultreyas, dos chamados a maguer a redenzón galega, ca benzón dos bardos precursores, da aldeia, e da mariña, ca intensa benzón da sua concenza galega. Honra pra quen soupo avencellar ôs mociños no ordre dos Ultreyas. Co eles, navegando pol’os roteiros da mar de Amadís, o berro litúrxico dos pelegrinos da vía Francígena, recibe o baptismo da mar. No seu branco barco, navegan engayolados nas velas e nos paos, nosas millores espranzas. E cando, pol’a noitiña, chegando ô peirao amigos, os rapaces Ultreyas entoen de concerto cas ondas, as estrofas bariles do Hino Galego, seu canto resoa, ô lonxe, vencedor de montes, de mesetas, e de incomprensiós nos peitos dos que en Madrí —Castelao, Villar Ponte, Picallo, e moitos outros bós e xenerosos— sentimos queimante a febre da saudade.» …………………………………… E don Fermín Bouza Brey compuxo esta regueifa, para conmemorar tamén a viaxe destes pioneiros galeguistas:

A balandra dos “Ultreya”

leva os corazóns por vela;

navega cara ao Futuro …

¡toda Galiza vai nela!

Toda Galiza vai nela,

prenda do meu paladar.

¡Os mares polo Infinito

que leviáns son de pasar!

Que leviáns son de pasar,

prenda do meu corazón,

os astros forma triskeles

en cada constelazón.

En cada constelazón

oise cantar unha estrela:

“Velaivén a fror das naos,

¡¡¡toda Galiza con ela”!!! ….

Muros foi o punto de partida

da «Nao dos Ultreias».

 Foi o barco muradán «Joaquín Pérez» o que por primeira vez enarbolou orgulloso a nosa bandeira no bico do seu mastro. Foi dende Porto Piollo onde dou comezo aquela odisea. Os muradáns despediron a Nao e, ¡¡¡toda Galiza con ela”!!! Hoxe os nosos corazóns latexan de orgullo ao lembrar que naquela bandeira, ondeaba tamén o sentir de moitos muradáns.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Breve Historia do Piano Forte

(By Jorge Lago de Pexejo)

O piano pódese considerar sin dúbida algunha o rei dos instrumentos musicais. Pero non sempre foi así. Os seus orixens son moito máis humildes e plebeios podendoImagen6 atopar entre os seus ancestros a cítara, ainda que a sua evolución ven máis directamente do Clavicémbalo, chamado tamén Clavecín. A medida de que as composicións musicais ian evolucionando e crecendo na sua complexidá, os Clavicémbalos íanse quedando rezagados nó que eran capaces de dar de sí e como ocurre moitas veces, a technoloxía e a necesidá viñeron en axuda dos exighentes.

Alá polo 1700, o paduano Bartolomeo Cristofori soupo ver a necesidá de superar as limitacións dos instrumentos de teclado existentes e lanzóuse a experimentar, coa axuda do mecenas Fernando II de Medici para o que construeu o primeiro “Piano e Forte.”

A gran virtú e diferencia eran precisamente o que o nome implica; un instrumento que poidera producir diferentes grados de intensidá fortes e suaves dependendo da presión exercida sobre as teclas e un sistema de escapamento que permitira rapidez nunca antes lograda cando os martelos golperan as cordas. A través dos anos e coa chegada da revolución industrial, o piano foi medrando e mellorando técnicamente. A posibilidá de fabricar alambres de aceiro máis resistentes e o marco de ferro fundido perimitiron que se chegaran a fabricar pianos que aguanten unha tensión de unhas vinte toneladas con caixas de resonancia moito mais amplias, mellora da tonalidá, timbre, potencia acústica e tesitura. Con máis de 5000 partes o piano requiere ademáis de afinamento periódico, mantemento técnico por xente especializada.  Quero con esta sinopsis rendir homaxe a un instrumento que gracias as suas posibilidades técnicas i expresivas inspiraron a un sinnúmero de virtuosos a compoñer e realizar algunhas das obras que máis enriqueceron a humanidá.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

Rosalía de Castro e o Galego

p/ Henrique Monteagudo

Estes días recibín varias consultas sobre a decisión de Rosalía de deixar de escribir en galego, cuestión que puxo de actualidade a escritora Marta Rivera de la Cruz co gallo dunha polémica na que non vou entrar. Para quen queira saber sobre o asunto, resumo: Rosalía remata o prólogo da súa última obra en galego, asinado Imagen4en marzo de 1880, afirmando: “Alá van as ‘Follas… Novas’, que mellor se dirían vellas pois o son, e últimas, porque pagada xa a deuda en que me parecía estar coa miña terra, difícil é que volva a escribir máis versos na lengua materna”. Un ano máis tarde, escríbelle a Murguía en carta: “Te he escrito ayer, pero vuelvo a hacerlo hoy deprisa para decirte únicamente que me extraña que me insistas todavía en que escriba un nuevo tomo de versos en dialecto gallego […] ni por tres, ni por seis, ni por nueve mil reales volveré a escribir nada en nuestro dialecto, ni acaso tampoco a ocuparme de nada que a nuestro país concierna”. Téñense dado varias explicacións da decisión da autora (Alonso Montero, Francisco Rodríguez…). As palabras da carta a Murguía, como reacción ante as furiosas protestas que suscitara un artigo de prensa, “Costumbres gallegas”, en que falaba dun suposto costume das familias mariñeiras, artigo que críticos benpensantes xulgaban aldraxante. Doutra banda, Dolores Vilavedra ve a decisión de Rosalía como consecuencia da súa frustración polas dificultades que tivera para publicar “Follas Novas” (tardou varios anos en conseguilo) e sobre todo pola mala acollida da crítica seria coetánea (Valera, Paardo Bazán), que aplaudía o uso do galego en obras de sabor folklorizante como “Cantares”, pero enxeitábao na poesía de maior alcance, como “Follas” (D. Vilavedra: “Rosalía de Castro: Escribir desde la(s) frontera(s)”, en “Canon y subversión. La obra narrativa de RC”, pp. 45-60).

Publicado en A nosa Lingua | Etiquetado , | Deja un comentario