Muros, 19 de xullo de 1973

Entrega de títulos a 18 novos patróns de pesca de litoral e entrega da Cruz de Mérito Naval ao Axudante de Mariña de Muros.

O  19 de xullo de 1973, a Vila de Muros recibiu a visita do Comandante Militar de Mariña de A Coruña, Don Felix Basterreche del Carre, quen, en unión doImagen2 entón alcalde de Muros don José María Monteagudo Romaní, do delegado provincial do Instituto Social da Mariña, don José Antonio Sánchez Riera, do procurador en Cortes representante das Confrarías de Pescadores, don Baldomero Fernández Calviño, do Xefe de Fomento Social do ISM, don Rafael Arias; Xefe do despacho de buques da Comandancia Militar de Mariña de A Coruña, don José Luis Gil Cagiao: patrón maior da confraría de Pescadores de Muros, don Manuel Romero Formoso e do delegado local do ISM, don Fernando A. Lago Lorenzo, presidiron o acto de entrega de títulos a 18 novos patróns de pesca de litoral e imposición da Cruz de Mérito Naval ao Axudante de Mariña de Muros.

Abriuse o acto con unhas verbas de don Rafael Arias, procedéndose seguidamente a entrega dos títulos aos 18 novos patróns de pesca de litoral de segunda clase, que seguiran un curso dende o mes de febreiro.  Ao patrón número un desta promoción, don Elisardo Caamaño, o Instituto Social da Mariña como recompensa a súa dedicación nos estudos, de uns prismáticos.  A Caixa de Aforros de Santiago recompensou a cada un dos novos titulados con un derroteiro das costas galegas.

Entregados os títulos, o alcalde de Muros, don José María Monteagudo Romaní, dirixeuse aos novos patróns, felicitándoos polo título conseguido, facendo, a continuación unha extraordinaria semblanza do Axudante de Mariña de Muros, tenente de Navío don José Rivero Rodal, que iba a ser condecorado neste mesmo acto.  O  orador felicitou a Mariña por destinar a Muros a un home das dotes e valía do señor Rivero Rodal.

A estas verbas do alcalde contestoulle o comandante militar de Mariña de A Coruña, don Felix Basterreche del Carre, quen exhortou aos novos patróns a que seguiran por esta liña que se marcaran e que tiveran sempre presente as responsabilidades que desde este momento asumían.  Tamén felicitou as autoridades da Vila por este curso impartido, animándoos para que este fora o punto de arranque para futuros cursos e máis altas titulacións.

A continuación, o xefe de Despacho de Buques da Comandancia de Mariña de A Coruña, don José Luís Cagiao, deu lectura a Orde Ministerial, pola que, a proposta do vicealmirante comandante xeral da Zona Marítima de Canarias, concedíaselle a Cruz do Mérito Naval, de segunda crase, con distintivo branco, ao tenente de Navío don José Rivero Rodal, Axudante de Mariña de Muros, en atención á meritoria labor desenrolada no desempeño da súa misión, con ocasión de comandar unha lancha de desembarco en augas de Canarias. Entre grandes aplausos, a Cruz foille imposta polo Comandante Militar de Mariña.

Finalmente, don José Rivero Rodal, vivamente emocionado, agradeceu tódalas probas de afecto das que estaba sendo obxeto, felicitando tamén aos novos patróns pola atención e dedicación plena prestada durante todo o curso.  O acto, que se celebrou no salón de plenos da casa consistorial, rematou con un  brindis. (fontes; xornais da época)

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Amado Barrera

Hai varias especies ás que na nosa ría decimos ARROAS, pero a que máis se ve nestas augas, con  tanta diferencia que as outras son ocaionáis, é a que se alcuma Arroaz Real, especie etiquetada Tursiops truncatus.Imagen1.png

Este real arroas distribúese polas augas tropicais e mornas, incluíndo o Mar Negro e tamén se ve no Atlántico Norte e na costa oeste africana. Abundante en tódalas costas ibéricas, tamén está presente no Medioterráneo.

Habitual na costa aínda se atreve a entrar nos portos, só ou en manadas máis ou menos numerosas, dende 5 a 10 individuos ata 30 e moi raramente moitos máis.

En primavera emigra para augas máis norteñas e regresa a fináis do verán, aínda que algún grupos son sedentarios, non marchan.

Góstalles moito brincar por riba da auga, e mesmo xogar con algún peixe grande coma se estivesen facendo un número circense. Ademáis de peixes, comen cefalópodos tamén, especialmente calamares.

A xestación dura 12 meses e a femia pare, en augas próximas ás nosas costas, una sóa cría de arredor de 1 m. de longo. A cría mamará outros 16 meses.

Distínguese ben pola cor cincenta do seu lombo e o branco do seu ventre ata o fouciño e non ten riscas nin manchas nas costas. Tamén é característica a súa aleta dorsal, grande, afiada e cóncava na parte posterior e a súa relativamente pequeña aleta caudal.

As outras especies tamén chamadas ARROAS son Grampus griseus (Arroaz boto), Lagenorhyncus albirostris (Arroaz careto) e Lagenorhyncus acutus (Arroaz pinto).

Bilbiografía: Cetáceos, focas e tartarugas mariñas das costas ibéricas de Xosé Manuel Penas-Patiño e Antonio Piñeiro Seage. Guía de Campo de los mamíferos salvajes de Europa Occidental, de Van Den Brink e Barruel

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Manuel Lago Álvarez

 A peregrinación do Arciprestado de Entíns a Compostela co galo do Ano Santo de 1909, foi unha das máis multitudinarias que se lembran na cidade do Imagen6.pngApóstolo.  O día elixido foi o 10 de agosto, e pese a ser un día laborable, non por eso a afluencia de fieis foi escasa.  Aproveitando o fin de semana e a celebración en Santiago da Exposición Rexional Galega, a presencia muradana foi más que notable. Esta exposición foi visitada polo Rei Alfonso XIII o 25 de xullo, quen pernoctou no Hospital Real.  Como anécdota da pernota do Rei en Compostela, engadir que a cama onde o Rei Alfonso durmiu, atópase  hoxe, -conservándose en moi bó estado-,  nun domicilio de Muros.

O groso dos peregrinos chegou de madrugada a Santiago, concentrándose as nove e media da mañá no Paseo da Ferradura, e sobre as 10,30 dispuxéronse a entrar na cidade.  Fixeron a entrada pola Porta Faxeira, seguindo pola Rúa do Vilar, Praza das Praterías e Praza de Alfonso XII, ata chegar á Catedral.  Abría a marcha un grupo de homes, ao fronte dos cales, e portando un estandarte, atopábase o Xuíz de Primeira Instancia de Muros Don José González LLana e Fagoaga, e recollendo as cintas, Don Paulino Lago González, secretario do Xulgado Municipal, e o comerciante muradano Don Francisco Dubert.  Na comitiva estaba tamén a Banda Municipal de Muros interpretando o himno da peregrinación. A Banda Municipal estaba dirixida polo seu director Don Valentín Alonso Arias, (mestre da Escola Pía de Muros).

A  continuación marchaba un numerosísimo grupo de mulleres seguindo un fermoso estandarte que portado pola Srta. Carolina Portals, recollendo as cintas as Srtas. Carmen García Beiro e Consuelo Roura Paz.  As rúas polas que transitou a comitiva estaban fermosamente engalanadas.  Durante a marcha disparáronse foguetes con profusión.  A comitiva estaba presidida polo Arcipreste e párroco de Muros, Don José Souto Iglesias e unha comisión do Concello composta polo Alcalde Sr. Piñeiro e o concelleiro Sr. Novoa López.

A porta do Obradoiro foron recibidos polo M.I. Sr. Deán.  No presbiterio esperabaos o Cardeal de Santiago Emmo. Don José María de la Herrera y de la Iglesia a quen acompañaban os M.I. Don Emilio Macía Ares, Mestreescola e Don Eugenio Fernández Arpón, Tesoureiro do Cabido.

Imagen5.png

Reunidos tódolos peregrinos dou comezo a celebración da Misa que foi celebrada polo Lcdo. Don Enrique Campos Piñeiro, párroco de San Orente de Entíns, rezando a continuación o Rosario o Lcdo Don José María Melendez, párroco de San Xoán de Roo. Acto seguido subiu ao púlpito  o Cardeal Arcebispo, que comezou a súa alocución felicitando efusivamente aos presentes pola grandiosa manifestación que acababan de facer; manifestación brillante, espontánea e ordenada.  albou a súa fe e a súa relixiosidade que contrastaba co escepticismo e indiferentismo modernos en cuestión de relixión e piedade.  Logo referiuse aos nefastos sucesos da semana tráxica de Barcelona.  A continuación explicou as indulxencias que ía conceder as medallas da peregrinación, dando esta por terminada coa súa bendición.

Antes de abandonar a Basílica os peregrinos, un  numeroso coro de muradanos cantou con exquisita harmonía e afinación un himno de despedida ao Apóstolo Santiago, con letra do Sr. Barcía Caballero e música do director da Banda Municipal de Muros Don Valentín Alonso Arias.  Velaiquí a letra do himno (a música descoñecese):

Adios, Patrón querido,

Señor Santiago;

ya que a honrarte venimosImagen4.png

dadnos en pago

paz en el alma,

paz en nuestros hogares,

paz en la Patria.

—-

Al postrarnos a tus plantas,

muy amado patrón nuestro,

humildes devotos tuyos

por siempre nos ofrecemos.

Ante tu santo sepulcro

hacemos solemne voto

de ser fieles defensores

de la fe de nuestro Apóstol.

Adios, adios, adios.

Contaron as crónicas que a peregrinación do Arciprestado de Entíns composta por 4500 persoas, fora –sen dúbida algunha- unha das máis numerosas que visitaron a Basílica compostelán.  Tamén se referiron os cronistas á beleza das mulleres muradanas, que lucían o fermoso traxe que tanta fama daba a Muros.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Marcelino García Lariño

 Eu son dunha vila mariñeira rodeada de montañas. Non vos digo que vila e porto é porque con dicirvos que é a máis preciosa do mundo xa vos decatades Imagen1.pngque se trata de Muros. A súa ría e o seu mar son un tesouro, e os montes que a abranguen mesmamente son o belido estoxo que gorece esta tan prezada xoia.

Do mar ó monte a penas hai distancias: o treito é unha carreiriña dun can; saes da ribeira, sobes un chisquiño, e xa te atopas nun agro ou nunha leira. Os poboadores son proteicos, pois mesmo traballan na agricultura (labregos) coma na pesca (pescos). Tan é así que os brañegos adoitan facer traballos dos ribeiregos e os ribeiregos dos brañegos. A calquera deles podes vélos de labrador, gandeiro, pescador ou marisqueiro. Todos eles, uns e outros, son moi boas persoas.

No que si se diferencian son no carácter: o xorne do campesiño non é coma o do mariñeiro, nin o temperamento do mariño é coma o do aldeán. Neso son radicalmente distintos. O pesco é completamente extravertido, desinteresado, confiado, desprendido, gastador, como din elas “unha man aberta”; aberto para todo mundo tanto fala co indíxena coma co bárbaro, ninguén para el é estranxeiro.Todo tanto lle dá; chega do mar e xa non se preocupa doutra cousa que non sexa ir para a taberna a bota-la partida, ou para o peirao, ou a lonxa onde poida falar, esbardallar sempre cun ton de voz moi alto, como teñen que falar no mar por mor do vento e do bruído das ondas. A economía caseira corre a cargo da muller o mesmo que a educación dos fillos.

O labrego non, o labrego é retraído, desconfiado, retranqueiro, aforrador, mesquiño case avarento, o que se di “do puño cerrado”; a taberna só lles leva os cartos os día da feira, ese día si que gastan, e algún que outro domingo ou festivo. Receoso cos descoñecidos a penas lle da leria. Os únicos que lle levan os cartos e osImagen2.pngaforriños todos, que os arruínan, son os avogados. Esa é a súa debilidade, o seu punto  fraco. Gozan cos preitos, que o mesmo llo poñen ó veciño, coma o parente ou os irmáns pola cousa máis insignificante: o rego do regueiro, os lindes, os marcos, as partillas, a herdanza ou o cancelo. Para eles todo lle sirve con tal de pór un preito.

Eu, por razóns profesionais, e para que vos decatedes da idiosincrasia  de uns e de outros, vouvos contar dous casos:

O mariñeiro chega ó banco, xa entra ríndose e saudando cunha confianza coma se xa che coñecera de toda vida. Sen que lle preguntes xa  el che di: “Veño buscar cartos” ­. Pregúntaslle cantos, di o que quer levar, e xa antes de que llos deas di: “Onde hai que firmar” (o asinar goréntalle moito) e faino sen ler, aínda que sexa en branco. Dáslle o diñeiro e dislle repáseo. Nin che fai caso, iso para el é coma se lle retiraras a confianza. Méteos no bulso sen contar, e con moito aquel diche: “O banco nunca se equivoca”.

O labrego non. Entra xa mirando para un lado e para outro, saúda moi educadamente, iso si, e xa comeza co rol das preguntas e repreguntas: “¿E a como  están os intereses” “¿E se poño tal cantidade na conta, cánto me dan?” “Pois mire que noutros bancos pagan máis réditos”, “¿E se cambio de conta no me aumentan a renda?” E se por acó e se por aló, cando te das de conta xa vai media mañá fóra e non fixeches nada. Ó final, despois de horas e horas de preguntas e respostas, remata dicindo: “Mire, vounos levar todos por mor de que quero mercar unha finca, e aínda non me chegan que terei que vender o becerro na feira do doce” E aínda non termina aí; aínda che fai unha restra de consultas xurídicas que acabas por dicirlle que non entendes de compra ventas e que vaia ó avogado. Leva os cartiños todos, doullo o papel para asinar mentres lle vou contar os cartos, léeo de arriba abaixo e de babor a estribor. e chámame para dicirme: “Mire faga o favor que eu xa non vexo moi ben, ¿que é o que di aquí enriba de onde vostede me mandou asinar”  “Aí di: recibín”–“Pois mire, borre o recibín, e póñalle RECIBIREI”

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario