p/ Marcelino García Lariño. 

 Lévase, nestes tempos, moito de moda a costume, por no dicir o vicio, de reducir todo a cinzas. E, en este todo, están tamén incluído os cadáveres dImagen2.pnge persoas. Non son quen para xulgar se está ben ou está mal  queima-los mortos, pero a min todo que sexa queimar chéirame moito a chamusco.

Sei tamén que a incineración de cadáveres está permitida pola lei e que nin a mesma relixión se opón. Non obstante isto de queimar, repítovolo, sempre me cheira a chamusco. E sei tamén outras cousas; cousas que pasan coas cinzas dos incinerados. Veredes:

Eu Cuba incineraron a un home, non precisamente da nosa parroquia, e mandaron as cinzas para aquí co gallo de que fosen colocadas nun nicho do panteón familiar; e por correo aparte, o mesmo día e á mesma hora,  mandaron tamén unha carta coas doadas instrucións. Por arte de «birbiriloque» ou como queirades chamarlle, chegou uns días antes o tarriño coas cinzas que a carta. Os familiares que se estrañaron de recibir algo de Cuba, cismaron uns cos outros que clase de pos serían os que estaban dentro daquel recipiente de vidro. Nesto, o vinculeiro da casa que era o máis listo, para algo era o vinculeiro e ademais fora algo a estudio, dixo: “Estas sónchevos especies de Cuba, que é un país moi rico en especies. Outra cousa non terán, pero as súas especies son as mellores do mundo”. E a nai da casa, no intre, tamén dixo: “¡Ai! Que ven me veñen para botarllas agora mesmo a empanada que estou facendo”. E dito e feito. A empanada, segundo eles, estaba riquísima e notábaselle moito o sabor das especies cubanas”.

Ó outro día recibiron a carta de que nese cacharriño de vidro estaban os restos do noso Filomeno como lle chamaban eles o seu parente. Agora decídeme: ¿Estivo ben o que fixeron? ¿Pódeselle chamar antropófagos?  Se non queimaran ós mortos non lle houbera pasado iso.

Pero aínda hai máis, moito máis, pero non vos conto todo. Só quero dicirvos que non hai moitos días lin nunha Gran Enciclopedia (que para min non era tan grande; era coma un libroImagen3.png calquera, máis ben mediano) que o atraso da India é debido á falta de fósforo. E aí vou eu a parar; claro que se debe a iso: na India queiman os mortos e perden o fósforo. Se os enterraran, o fósforo ía para a terra que os vexetais tamén necesitan fósforo para desenrolarse. E en todo mundo civilizado o que non anda ben da chaveta, é dicir: que os miolos do cerebro da cabeza non lle regulan como fose mester, os psicólogos, psiquiatras e outros sabichóns din: ese ten falta de fósforo. ¿E iso a que se debe? A queimar os mortos.

E agora só vos vou contar, e xa non quero contar máis, ata onde chega a falta de fósforo nas persoas. Este día dando un paseo de Muros ó Espadanal, atopeime na Cova de Vella cunha coñecida, e saudeina dicíndolle:

–Fulaniña –non teño por que dicilo nome–, ¿e de onde ves?

–Veño de rezarlle o defunto do meu home que o teño  por aquí.

–¿Aquí en onde?

–Aquí, ciscallado todo por aquí.

–Pero onde, ¿pola banda do mar ou pola banda do monte?Imagen4.png

–Metade e metade. Metade para o mar e metade para o monte.

E coidei que non soamente estaba tola ela senón que tamén estábame contaxiando a min. Cando xa no sabía como remata-la conversa, nin que facer con ela, ocorréuseme falarlle:

Pero mira muller, razoa. ¿Cómo o vas ter aquí ó defunto do teu home, se por aquí non hai ningún camposanto.

E cal non sería a miña sorpresa cando me di:

–Non o enterramos. Mandámolo a queimar e espallamos todo  por aquí as cinzas; botámolas a eito: metade para o mar e metade para a terra.

Agora dicirme vós: ¿Débense queimar os mortos? De seguir por este vieiro, ¿non coidades que imos a quedar todos sen fósforo?

¡Isto chéirame moito ó chamusco!

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Esta información que se publica é de acceso publico no Ministerio de Administracións Públicas (http://www.dgal.map.es/). Nas tablas pode verse cual foi a evolución dos presupostos dende o ano 2000, e o presuposto do ultimo ano.

imagen1

imagen2

Evolución del presupuesto (a partir de 2000 incluido, se proporcionan las liquidaciones hasta donde están disponibles)2000-2016.

Imagen3.png

Evolución de Ingresos Cap 1:Impuestos directos. 2000 – 2016

imagen4

Evolución de Ingresos Cap 2:Impuestos indirectos. 2000 – 2016

imagen5

Evolución de Ingresos Cap 3:Tasas y otros ingresos. 2000 – 2016

Imagen6.png

Evolución de Ingresos Cap 4:Transferencias Corrientes. 2000- 2016

Imagen7.png

Evolución de Ingresos Cap 5:Ingresos Patrimoniales. 2000 – 2016

Imagen10.png

Evolución de Ingresos Cap 6:Enajenación inversiones reales. 2000 – 2016

Imagen11.png

Evolución de Ingresos Cap 7:Transferencias de capital. 2000 – 2016

imagen21

Evolucion de Ingresos Cap 8:Activos financieros. 2000 – 2016

Imagen12.png

Evolución de Ingresos Cap 9:Pasivos financieros. 2000 – 2016

imagen13

Evolución de Gastos Cap 1:Gastos personal. 2000 – 2016

Imagen14.png

Evolución de Gastos Cap 2:Bienes y servicios. 2000 – 2016

imagen15

Evolución de Gastos Cap 3:Gastos financieros. 2000 – 2016

imagen16

Evolución de Gastos Cap 4:Transferencias Corrientes. 2000 – 2016

Evolución de Gastos Cap 5: Fondo de Contingencia. De 1985 – 2016 = 0 €

Imagen17.png

Evolucion de Gastos Cap 6:Inversiones reales. 2000 – 2016

imagen18

Evolución de Gastos Cap 7:Transferencias de capital. 2000 – 2016

Imagen19.png

Evolución de Gastos Cap 8:Activos financieros. 2000 – 2016

Imagen20.png

Evolución de Gastos Cap 9:Pasivos financieros. 2000 – 2016

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Nieves Formoso Vidal.

Aínda que o que paso a e escribir, directamente non ten que ver co Facebook, si o ten coas consecuencias físicas que poden derivarse dunha mala postura cando estamos moito tempo sentados diante da pantalla do ordenador.

Os traumatólogos e fisioterapeutas ao estudar as lesións derivadas do mal posicionamento á hora de sentarnos imagen1diante da pantalla do Pc, alarman sobre as devastadoras consecuencias dunha mala postura. En moitos casos, a razón destes problemas débese a unha inadecuada altura da nosa mesa ou do monitor.

Noutras ocasións, o problema deriva do mal deseño da cadeira que utilizamos para sentarnos. É por iso que debemos ter moi en conta o tipo de cadeira que eliximos e como pode afectar esta tanto ao noso rendemento como ao noso corpo. Unha gran solución, segundo informan os médicos, é facer uso dunha cadeira xiratoria.

Unha cadeira xiratoria pode axudarnos a evitar esas molestas dores de pescozo e costas que case todos sufrimos, consecuencia de horas e horas diante da pantalla, mantendo unha posición que non é adecuada para os nosos ósos e músculos.

 A postura correcta

O deseño das cadeiras xiratorias permítenos ter certa mobilidade que nos ofrece a posibilidade de manter as nosas costas rectas mentres viramos ao carón ou outro mentres facemos o noso traballo. Ademais, moitas das cadeiras xiratorias que imos atopar no mercado, foron deseñadas para favorecer unha posición correcta e libre da pelvis. Pero como saber que posición debemos adoptar para evitar estas lesións? Os médicos e fisioterapeutas ofrécennos algúns datos que poden ser de gran axuda:

As costas debe estar totalmente rectas, formando un ángulo de 90 graos co resto do noso corpo.

A distancia entre os nosos ollos e a pantalla debe ser duns 50cm aproximadamente.

As nosas pernas teñen que formar un ángulo de noventa graos en referencia ao resto do noso corpo.

A distancia entre a cadeira e a mesa non debería superar os 40cm.

O noso corpo debe estar próximo á mesa, cunha distancia máxima de 80cm entre a base da mesa e a da nosa cadeira.

Á hora de elixir

Agora ben, como elixir a cadeira adecuada? Unha vez temos certa información sobre a posición máis adecuada para sentarnos evitando lesións, chega a hora de decidir. Hai miles de opcións no mercado e case todas son válidas. Todo depende do uso que queiras darlle á túa cadeira xiratoria e dos teus gustos, pero vexamos que din os expertos:

Decidir o tipo de cadeira que nos convén. Isto podemos decidilo tendo en conta cal será o destino deste moble na nosa vida. Se queremos a cadeira para a oficina, deberemos ser mesmo máis esixentes, xa que estaremos sentados nela moitas horas moitos días ao ano.

O estilo é moi persoal, pero sempre podemos ter en conta o lugar onde colocaremos a cadeira. O tipo de decoración que xa temos na sala e a atmosfera que nos gustaría crear.

As medidas son moi importantes, pero a gran vantaxe destas cadeiras é que a gran maioría son axustables, así que infórmache antes de realizar a compra e proba as distintas alturas.

O material pode ir desde a madeira, ao metal, pasando polo coiro e a tea. Pensaches que tipo de cadeira xiratoria convenche máis?

 

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Articulo publicado por D. Manuel Silva Fernández  (Manuel da Roura), en 1993.

Neste artigo tratarei de expoñer, a miña maneira, algunhas das causas que considero orixinaron o fenómeno cultural que se produzo en LOURO entre 1930 e 1950. Hei de procurar ordena-los factores causantes, comenzando polos desembarcos piratas no Medievo; desembarcos que tiveron a virtude de cohesionar firmImagen2.pngemente o noso pobo. Seguirei sinalando as relacións de produción que se irán estruturando arredor do minifundio e que obrigan a considerar o «traballo-axuda» como determinante e terminarei analizando os actores, os actos e os procesos máis importantes que, sumados, han de produci-lo fenómeno devandito: LOURO ó longo da súa historia, non foi un sinxelo casarío de vida rutineira e dedicación exclusiva as labores do campo e da pesca repetidas ano tras ano, século tras século. A súa radicación xeográfica imponlle un risco e manteno en alerta permanente. A partires da Baixa Idade Media, grupos aventureiros do Norte de Europa e do Norte de África cruzarán a cotío cos seus barcos fronte a MONTE LOURO para adentrarse na Ría en son de rapina e bandidaxe. Normandos, saxóns, bretóns e berberiscos primeiro; ingleses, franceses e holandeses despois, desembarcarán moitas veces entre o Outeiriño e A Bouga, tratando de sorprender ós aldeáns, para roubarlle, violar a súas muIleres e, incluso, facer prisioneiros para vendelos coma escravos. En certas épocas históricas, os habitantes de LOURO, ó chegar o verán, desaloxaban o casarío e refuxiabanse nos montes veciños. Alí vivían ata que, pasado o tempo favorable ós desembarcos corsarios, regresaban a súas casas. Este contacto non desexado que mantivo durante séculos o noso pobo en estado de permanente vixilancia, foi creando unha cultura de defensa e moldeando así mesmo, unha maneira de vida que se irán adaptando ás circunstancias e definirá a conducta colectiva a seguir. As invasións periódicas provocan a máis estreita colaboración entre todos os membros da comunidade para encara-la agresión e defenderse con mellores posibilidades. En tempos máis recentes, especificamente durante todo o século pasado, a estrutura minifundista na tenencia de terras, cerra o paso á concentración rendible e impide crear un mecanismo de produción autosuficiente. A fragmentación das terras complica o traballo e reclama a axuda gratuíta do veciño. En determinados momentos faise necesario acudir á colaboración para sementar e, sobre todo, para a colleita. De aquí a política de produción que se expresará de dúas maneiras: cooperación e colaboración. Estas dúas formas de relación no só se manifestarán no eido económico senón que tamén se impoñerá no social, no recreativo e no cultural.

A cooperación loureán será un feito no anual «abri-la agra», na propiedade e no uso dos muíños, na explotación comunal dos montes, no lousamento dos camiños, nas «mayordomías» para monta-las festas relixiosas e, finalmente, na fundación e mantemento Imagen3.pngdo PÓSITO. A colaboración expresarase, fundamentalmente, na axuda persoal gratuíta: sega, trilla, «carretos» (sinalado xa por Barreiro), e outras for-mas máis que configuran unha maneira de vivir estreitamente vinculada ós demais e o medio. A finais do pasado século e a principios deste comeza o éxodo en dirección a terras e países alleos. Uns vanse e a outros lévanos, os primeiros saen buscando un xornal que LOURO lles nega e os segundos son recrutados para librar guerras internas e externas que han de producirse con demasiada frecuencia, (tres dos meus tíos avós loitaron na Guerra de Cuba). Por último, comeza en LOURO o período da emigración que podemos chamar clásica, a emigración que coñeciamos cando nenos: a emigración en dirección a América. Os protagonistas cubrirán, nas súas idas e voltas, as tres primeiras décadas deste século, e han de construír, engadidos ós factores devanditos, o carácter do fenómeno cultural que estamos estudiando. Os estudiantes regresados, ademais dos coñecementos e experiencias adquiridas nas máis diversas circunstancias e ocupacións; ademais das expresións en ton subido nun inglés chapuceiro berradas na CASA DE GARCÍA ou de FREIRE, traen libros. No fondo dos seus baúles chegan revistas e libros. Traen a excelente revista porteña «Caras y Caretas» e as cubanas , non menos excelentes, «Bohemia» e «Carteles». Xunto as obras de Dumas, Verne e Salgari, veñen os libros do colombiano Vargas Vila, coa súa temática tremendista expresados nun barroco esaxeradísimo. Chega José Ingenieros, Vasconcelos, Blasco lbañez, Galdós, Federico Urales -escritor político- e ata chega Joaquín Trincado, mestre do espiritismo. E estes libros sácanse do baúl e préstanse; e estes libros han de ser lidos porque os libros son para iso: para lelos.

Cando a Segunda República suprime a ensinanza relixiosa nas escolas, a Igrexa verase obrigada a enche-lo vacuo e tomar o seu cargo esa responsabilidade. O arcebispo de Santiago, Frei Zacarías Martínez, en varias pastorais incita a todo o clero da arquidiócese tanto secular como regular, a toma-las medidas para que os nenos pertencentes a xurisdición compostelá teñan a oportunidade de aprende-lo catecismo. Circulares parecidas foron emitidas por tódalas xerarquías eclesiásticas de España pero, neste senso impórtanos sobre todo Santiago, pola súa relación coa nosa parroquia. Para os nenos de LOURO a preocupación de Frei Zacarías, foi unha bendición: Os franciscanos que reingresaron ó Convento a principios da restauración borbónica, víñase mantendo sen moita relación coa aldea, dedicándose á meditación, ó rezo e a predicación, auto-abastecéndose economicamente, polo tanto, facendo vida cara a dentro (Eccle-sia ad intra). As ordes do prelado santiagués fan cambiar todo isto e no ano 1932 ábrense as portas do claustro para formar unhas catro ou cinco seccións de nenos cos seus correspondentes catequistas. As nenas serán adoutrinadas no salón da portería. Para mante-lo interese e a asistencia repartírán unha meda-llas chamadas «vales», e con elas premiabase a aplicación e a asistencia. Estes «vales» eran cambiados, o día de Reis, por xoguetes ou roupa. Destaca entre os frades Pai Hipólito o Pai Díéguez, excelente catequista e organizador, logo o Paí Hipólito, o Pai Pedro e algúns outros que se irán rotando. Máis tarde chegará o Pai Salvador Villarnovo, quen dedicará o seu tempo a preparación dun grupo de rapaces aspirantes a ingresar na Orde.

Don José Ballesta Calvo, natural de Lorca provincia de Murcia, chega a LOURO para encargarse da escola de «Arriba», ou escola do Pósito a finais do ano 1931. Con Don José rómpese a figura do mestre tradicional, rutineiro e de «palmeta» quen, se conseguía ensinar a ler, escribir e as catro regras aritméticas, dábase por satisfeito. Eran os vellos mestres e a súa laboura producía analfabetos funcionais; nenos que podían ler pero non entendían o lido. Ballesta conta con unha sólida formación profesional e unha maneira moderna de encara-lo ensino. Non eliminou a «palmeta», o contrario, usouna con demasiada frecuencia, pero no seu descargo, podemos dicir que o seu temperamento nervioso inclinabao a usa-lo castigo corporal e, os alumnos acostumados como foran a recibilo, respondían mal a correctivos menos violentos. Ballesta, e por primeira vez faise isto en LOURO, razoaba os temas cos seus discípulos, evitando no posible, o aprendizaxe memoriza-do ou ó «caletre». Don José Ballesta abre e pecha o ciclo que completan extraordinarios educadores como D. Salvador, D. Álvaro e xa en plena Guerra Civil, D. Antonio López Ramírez. Capítulo a parte merece Dna. Petra e algún día espero ter ocasión de falar desta excelente muller, mestra de tres xeracións.

A veces recorría as vilas da costa galega o capitán de fragata retirado D. Alfredo Saralegui tratando de interesar ós mariñeiros na creación e posta en marcha de sociedades e cooperativas de consumo, recreación e axuda mutua. Fixéronse Imagen4.pngalgunhas xuntanzas en LOURO e en Muros e, semanas despois, fúndase o Pósito de Pescadores de Louro. Os socios que se van integrando entregan unha cantidade como aporte inicial (descoñezo o monto) e establécese unha cota mensual de 0,50 de peseta por socio e familia. Acéptanse sen modificación os estatutos que Saralegui presentou como comúns ás sociedades deste tipo. A fundación do Pósito recaeu, fundamentalmente, sobre un grupo de emigrantes a quen a crise mundial fixera volver. É pois un grupo económico que ten certa experiencia nestas cousas por formar parte o coñece-lo funcionamento de comunidades da emigración, o encargado de motorizar esta sociedade. Durante algún tempo o Pósito terá a súa sede nunha casa propiedade do «LOUREIRO», fronte a casa de ANXELA; logo mudará a outra propiedade de «XULIO» moito máis ampla e funcional. Esta será a sede definitiva.

Tamén haberá que tomar en conta a Igrexa Parroquial, anque, por unha serie de circunstancias, a súa influencia no medio non foi moita. Ademais destes factores que estou sinalando como elementos desencadeantes do fenómeno cultural que dá nome a este traballo, danse en LOURO ou son asimilados por LOURO, persoas de excepción, que de algunha maneira incidiron en darlle forza e amplitude a dito fenómeno.

Reclamo de todos aqueles veciños que teñan coñecemento destes feitos e destas cousas, que falen sobre ilo. Non podemos permitir que desaparezan na historia máis brillante e fecunda que LOURO viviu. É necesario deixar testemuño desta época e facelo mentres se poida. Eu só xeneralizo e o meu traballo se, desgraciadamente, a describir recordos e deducións e non a facer exposicións derivados dunha investigación rigorosa. Non hai datos escritos, non hai documentos, non hai onde investigar, e anque o houbese xa non queda moito tempo para facelo. Non me importa ser rexeitado e ata me gustaría suscitar unha polémica sen con ilo somos capaces de mostrar a LOURO enteiro a grandeza dun pasado que aínda está aí. Faise necesario que cada un dos que vamos quedando, entreguemos a nosa versión sobre aqueles tempos; que cada un reviva recordos e os mostre. Con ilo colaboraremos todos na laboura de dar a coñocelo LOURO extraordinario que tivemos a sorte de vivir.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Ánxel Fole Sánchez naceu en Lugo no ano 1903.  É un dos escritores galegos máis importantes do século XX.  Autor bilingüe en galego e castelán, Imagen2.pngcultivou ó longo da súa vida tódolos xéneros literarios: narrativa, poesía, teatro e mesmo ensaio xornalístico. Máilo eido creativo polo que obtén un maior recoñecemento é sen dúbida o da súa obra «contística», que se atopa, fundamentalmente, en catro libros de relatos: Á lus do candil (1953), Terra brava (1955), Contos da néboa (1973) e Historias que ninguén cre (1981).

Fole morreu en Lugo no ano 1986. Foille dedicado o  «Día das Letras Galegas» no ano 1997.-

1.- ELEMENTOS FANTÁSTICOS QUE APARECEN NA OBRA:

Os elementos fantásticos que aparecen en A lus do candil, pertencen o mundo do fantasmagórico e descoñecido. Trasgos, visións, aparecidos… pobran os relatos e convértense en impulsores da narración, pois son, na mayoría dos casos, responsables do desenlace dos contos.

Dos quince relatos en sete deles móstranse de xeito claro estes elementos. Son, xeralmente, visións ou soños onde aparecen pantasmas, estrañas personaxes Imagen3.pnge situacións (¡Viña do alén¡, Arxemiro, ¡Aleluia!, O espello…) que desacougan as personaxes que non comprenden o seu significado, case sempre relacionado coa morte de alguén.

Especialmente arrepiantes son tamén Arxemiro, ¡Aleluia! e o Traxe do meu tío. No primeiro é o propio Arxemiro o que ten unha visión sobre a súa morte. No segundo a morte persegue o protagonista por unhas rúas desertas ata a súa habitación onde logra librarse dela. No terceiro o tío do rapaz protagonista interpreta o soño da tía como a súa futura morte.

Noutras ocasións as visións non teñen nada que ver cos protagonistas como ocorre en ¡Viña do alén!, O espello e O tesouro.

Ademáis destes sete contos, existen outros catro onde os elementos fantásticos son tamén parte do relato. En dous deles (A cabana do carboeiro e As meigas atinan sempre) veñen da man do vaticinio das meigas, neste caso, en ámbolos dous contos é a mesma meiga de Torgán que atina coa morte do carboeiro e coa perda do cabrito en As meigas atinan sempre, se ben neste último obsérvase sentido do humor no desenlace.

Este humor aparece tamén nos outros dous contos restantes (O lordanas e Os difuntos falaban Castelao), aínda que o primeiro remate tráxicamente, nestes xógase co equívoco. As personaxes confunden a persoas de carne e óso con pantasmas saídas das súas tumbas do cemiterio, provocando situacións humoríticas sobre todo en Os difuntos falaban Castelao.

Todos estes elementos fantásticos son tamén elementos de temor, se nos situamos no ambiente no que son relatados, nunha noite de inverno a carón do lume: “As noites de inverno son boas para os trasgos, para as meigas, para os tobos… E para quen escoita contos de miedo sentindo romba-lo vento”.

2.- ELEMENTOS COSTUMISTAS NESTA OBRA:

Toda a obra é un gran exemplo de costumismo galego. Partendo do escenario onde son contados os relatos, a carón dunha lareira ou cheminea nunha noite de inverno. Ata os propios contos son un retrato, no medio da historia, da Galicia labrega.

A temática dos contos (lobos, meigas, aparecidos) forma parte da cultura galega e eran propios deste tipo de situacións, ante o lume no inverno. Non faltan tampouco referencias as feiras, romerías e festas, tan comúns na Galicia do rural e tamén das vilas. Así os tratantes de ¡Viña do alén!, veñen da feira de Rubián. A Subela deImagen4.pngAs meigas atinan sempre vai vende-las faliñas roubadas á veciña á feira de San Clodio.

En canto as romerías e festas, en Arxemiro fálase das festas do verán: San Antón, San Xoán, San Pedro, e os protagonistas van de troula polo campo da festa. Tamén fálase do San Froilán en O traxe do meu tío e en Antón de Cidrán onde hai referencia o costume de ir comelo pulpo ás feiras.

Ademáis desta referencia gastronómica, existen na obra outras que están moi presentes na cultura e costumes galegas, como son: os magostos, a queimada, a lamprea (“hastra lampreas que don Diego mandara a buscar os seus criadeiros do Sil”)… Ademáis de moitas referencias o viño da zona onde se desenvolven os relatos: “moita sona ten o viño daquila ribeira, e non sen motivo”.

Fálase tamén de como son as vivendas, dende os pazos as cabanas (“Era unha casoupa coas paredes de terra e o teiro de ramas de xesta”). Da roupa dalgúns persoaxes (“levaba capa de xuncas e zocos”), dos traballos: as tarefas labregas como a colleita, a recollida de castañas… da minería como os carboeiros e os pizarrantes, da caza e a pesca (“Por iso son chamadas estas terras o paraíso do cazador e do pescador”)…

Todos estes elementos, dos cales moitos cegaron os noso días, serven para encuadrar a obra nun marco, non só xeográfico (o Caurel) senón tamén, temporal que axuda a súa mellor comprensión.

3.- A PRESENCIA DA MORTE NOS RELATOS:

A morte aparece en tódolos relatos agás en Terra do Caurel, que serve de introducción e presentación. Esta presencia constante da morte, ó tratarse de contos de misterio onde se busca provoca-lo medo, convértese nun elemento moi importante, xa que o descoñecido e a morte están detrás de tódolos medos. Este elemento está tratado de diferentes formas.

En ocasións se presenta a modo de visións ou soños que afectan os protagonistas de maneira diferente, e que estes deben interpretar para comprendelos, como ocorre en Arxemiro e Antón de Cidrán onde as visións refírense a morte dos protagonistas. Outras veces, como en Viña do alén, O espello e O traxe do meu tío, refírense á morte doutros.

En ¡Aleluia!, sen embargo e a propia morte a que persegue a súa víctima a través de rúas desertas.

Outra forma de tratala morte nos relatos é a morte violenta, aquela onde homes son mortos por querer entrar nas casas a roubar (A caixa de morto, O tesouro), onde os lobos atacan as persoas nos montes (Os lobos), ou onde os celos levan a morte ó amante e anos despois o seu descendente no mesmo lugar (O tesouro).

Xunto coa morte aparecen outros elementos mortuorios como os ataúdes, cemiterios, sepulcros e tumbas que axudan a crear un ambiente tétrico e de medo.

Non tódolos contos teñen un final tráxico, en O documento, un rapaz abandonado pola súa moza amenaza con suicidarse tirándose dunha árbore ante unha multitude de familiares e veciños que tratan de disuadilo, sucedéndose así as situacións cómicas co lamento final do tío do rapaz pola intervención do fidalgo que convence ó rapaz, perdendo así o tío a posibilidade de quedar coa herdanza.

Algo semellante ocorre en As meigas atinan sempre e en Os difuntos falaban Castelao, neste último dous namorados son confundidos con ánimas saídas das tumbas do cemiterio.

Agás estes exemplos a morte é real e sálese coa súa, pois son moitas as mortes que se contan nos relatos. Sendo, deste xeito, un ingrediente esencial, xa que todo xira arredor dela e do medo que ésta produce.

4.- RASGOS DIALECTAIS EN “A LUS DO CANDIL”:

O galego empregado na obra corresponde ó falado na zona do Caurel. O autor usa esta variante para darlle unha importancia a lingua falada polo pobo.

O propio autor refírese a isto cando no primeiro conto fai unha paréntese para falar da lingua: “Fálase polo Caurel un galego que non se pode confundir… por ter moitas verbas e xiros propios”.

Tamén di que é un galego enxebre e arcaico, dando moitos exemplos: que é ou que era por que é, us por uns ou unhos, i por e…

Fálase dun i en moitas palabras: forcia, aldeia, iagua…

Son diferentes tamén, o uso de certas formas verbais dos pretéritos e futuros rematados en -in: cantein, fuín, agarderein…

Hai incluso máis dunha forma nalgunhas palabras como outro e autro, sexa e seña, cimo e cumial…

Ademáis destes exemplos apuntados polo autor, non existe na zona nin gheada nin seseo que son propios doutras comarcas. Sen embargo, si se obseva a variante dialectal -ao en lugar de -an ó final de algunhas palabras como irmao por irmán, mao por man.

Outras palabras e expresións propias que aparecen na obra son: faguía por facía, soio por só, de sutaque por de súpeto.

Espagar, liame… Son palabras que corresponden a certa forma de chamarlle a certas cousas diferente á outras zonas galegas.

Todo este vocabulario confire a obra dunha personalidade única o tempo que serve para centrala nun espacio xeográfico.

 

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario