p/ Manuel Lago Alvarez

Por un documento conservado nos arquivos da Universidade de Santiago, queda acreditado que en Octubre de 1493, os Reis Católicos compraron en Muros unha nao para que servirá o Almirante Colón, nas súas viaxes ó novo mundo.

Este documento recolle a seguinte anotación de pago: <<122.385 maravedies gastados en avituallar y pertrechar en el puerto de Muros una nao que eimagen1ra de Pedro Yáñez de Barraca y de Juan de Basarra, vecinos de Muros, «la qual nao se entregó con los dichos pertrechos e bastimentos al comendador Gavriel Valera para las entregar al almirante Christoval Colon para yr a las Yndias» se pagan por orden real y nómina de los contadores del reino de Galicia de Santiago, 9 octubre 1493. Más otros 1.935 del salario de 15 al millar que corresponde a los tesoreros de la Hermandad>>

Os nomes de Pedro Yáñez de Barraca e de Juan de Basarra, son os de dous veciños de Muros, que constan na relación de habitantes de Muros dos séculos XIV e XV, e que figuran en documentos existentes no “”Tumbo da Luminaria de San Pedro”.

Pola data do documento (1493) pódese pensar que estes dos navíos formaron parte da segunda expedición de Colón ao novo mundo, na que o Almirante estaría ao mando dunha flota con 17 barcos, 5 naos e 12 carabelas, e con unha tripulación de 1.500 homes, que saeu do porto de Cádiz o 25 de setembro de 1493.  Hai concordancia de datas, pero si pensamos que de antergo as administracións pagaban o igual que agora, tarde e mal, pudera pensarse que estas dúas naves foron as que formaron parte da primeira expedición composta polas las naos-carabelas “la Niña”, “la Pinta” e a “Santa María”, sendo esta última a nao capitana, e da que moitos historiadores coinciden en que antes de chamarse “Santa María”, chamábase “LA GALLEGA”, e que fora construída nun asteleiro das rías galegas.

Tamén coinciden historiadores e biografos do Almirante en que Colón era unha persoa moi meticulosa e que o controlaba todo, ata o punto de vixiar e supervisar tódolos detalles, polo que non e uImagen2.pngn imposible pensar que Colón estivese en Muros para comprobar as características da nave comprada aos muradáns.

Con estes datos, un pouco fe e un pouco de perseverancia, penso que os muradáns podemos presumir de que Muros tivo por visitante ilustre o Almirante Cristobal Colón e si a isto lle engadimos a teoría que que Colón era galego e máis concretamente que era Pedro Alvarez de Sotomaior, coñecido tamén por Pedro Madruga, pois máis, e máis, tendo en conta que Pedro Madruga mandou prender ao bispo de Tui, Diego de Muros I, ao que tivo meses nunha gaiola pendurada do teito da súa celda, pero mal podera ser que Pedro Madruga fora Colón, porque o tal Madruga, a dicir dos historiadores, morreu en Alba de Tormes o 16 de octubre de 1486.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Dr. Ricardo Castillo

De acuerdo a la tradición, el vino es una bebida milenaria que en las épocas navideñas se utiliza con una mayor frecuencia en las reuniones, y con las comidas.imagen2 Pero cual es el vino que debemos consumir, y más, pensando en nuestra salud cardiovascular?
Doctor, me puedo tomar un vinito de vez en cuando?….

Esta es una pregunta frecuente que nos hacen los pacientes, o sus esposas cuando van a consulta.
Hoy en día se sabe que el alcohol es un buen ayudante para nuestra salud, especialmente para el corazón. Pero también sabemos que el alcohol está implicado en una gran parte en los accidentes de tráficoo. El alcohol contribuye a enfermedades del hígado, diversas variedades de cáncer, hipertensión arterial, derrames cerebrales, y a un debilitamiento progresivo del músculo cardíaco.
EL alcohol consumido con moderación es bueno probablemente para muchas personas. Un trago antes de la comida ayuda a relajarse después de un día estresado; el trago ocasional con los amigos puede ser un tónico social. Estos efectos tanto físicos como psicológicos pueden mejorar la salud y el sentirse bien.
Es clara la evidencia que el consumo moderado de alcohol protege contra la enfermedad coronaria y contra los accidentes cerebrovasculares isquémicos (obstrucción de una arteria del cerebro).

Los franceses de mediana edad que han sufrido un ataque cardíaco y beben dos o más vasos de vino reguImagen1.pnglarmente, tienen el 50 por ciento menos de probabilidad, que quienes no beben, de experimentar un segundo ataque cardíaco.

En Europa, y especialmente en Francia, se ha visto que el consumo de grasas saturadas (provenientes de animales) es de 3 veces más que el de los americanos, así como el hábito del cigarrillo es mayor que en Estados Unidos, sin embargo tienen 3 veces menos enfermedades del corazón. Por que? Esto es una paradoja. Y una de las explicaciones es que el hábito de tomar vino con las comidas, en especial el vino tinto, ayuda a proteger el corazón.

El alcohol aumenta el nivel de las lipoproteinas de alta densidad (HDL), que son buenas para el corazón. Pero aunque el alcohol en general (con prudencia por supuesto) disminuye el riesgo de enfermedades del corazón y arterias, el vino tinto es el mejor.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario
Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

No ano 2000, o xóven muradán Vicente Caamaño Martínez presentou como proxecto de fin de carreira na Escola de Arquitectura Técnica de A Imagen1.pngCoruña, un detallado proxecto sobre o  “Acondicionamento Acústico da Colexiata de Santa María do Campo de Muros”.

O proxecto parte da realización dun metódico estudo sobre as características acústicas do campo sonoro no recinto do templo da Ex-Colexiata de Muros,facendo especial referencia ás necesidades acústicas derivadas das diferentes opcións de son que se poden necesitar no templo, comprobando si estas son boas para o uso que teñen, ou si pola contra, se necesitaba unha reforma para realizar ansi as melloras que foran precisas.

A metodoloxía que se sigueu para realizar o estudo de acondicionamento acústico foi a seguinte:

1.-Calcular o volume da nave.

2.-Cálculo de valores óptimos de reverberación da nave, no seu estado actual, mediante a fórmula de Fizroy, para dúas actividades: a palabra e a música, tendo en conta ou nonImagen3.png a intervención de aparatos electro-acústicos.

3.-O estudo dos coeficientes de absorción dos materiais que compoñen a nave no seu estado actual e o cálculo das superficies que compoñen ditos materiais.

4.-Cálculo dos valores reais do tempo de reverberación da nave, mediante a fórmula de Millington.

En función do obxetivo desexado, o autor do proxecto buscou a adecuación entre a sencillez,economía e resultado, mantendo intacta a estética do templo, e baseando o obxetivo en mellorar o acondicionamento acústico baseándose na fórmula de tempo óptimo de reverberación.

No estudo previo de estado danse as solución necesarias para a mellora acústica, sinalando que tódolos materiais, así como a parte de obra, sistemas, etc, responderán estritamente as condicións establecidas nas Normas Técnicas de Calidade en lugares públicos.

En canto os solados, o técnico propón que se coloquen tariImagen2.pngmas de madeira de Elondo sobre rastreis de pino en toda a súa superficie excepto na zona do altar maior, onde se poñería moqueta téxtil sobre capa niveladora,previa demolición e limpeza do solo actual de baldosa de mármore e pedra.

Nas paredes propón que se dispoñan paneis prefabricados de lana de vidro e xeso tipo calibel, pegados directamente sobre a parede nos espazos entre columnas, así coma unha cortina cubrindo a zona do coro, e revestimentos de feltro sobre a parte de portas e parte posterior do forzado da madeira existente.

Acerca dos teitos indica que deben enlucirse con morteiro de xeso mesturado con vermiculita expandida mediante dúas capas.

Este proxecto de fin de carreira, ademais de facer un percorrido histórico sobre Muros con gran aportación de datos, inclúe un prego de condicións de obra para a actuación proposta, para a súa mellor execución.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Elixio Vieites.

Tipo de ben: Castro / Outros xacementos da Idade do Ferro, –  Concello: Muros  –  Parroquia: Tal (Santiago)   –   Lugar: Tal   –  Outra denominación do ben: O Cotriño, Testas do Castro
Cronoloxía: Idade do Ferro,
Descrición:   Emprázase aproveitando unha península de acantilados cara o mar, que o rodea en boa parte. As condicións naturais fan que a súa defensa sexa boa, ademais dun doado control do territorio da enseada da Ría Muros e imagen5Noia. A altura do parapeto exterior está entre os 2 e 3 m. pola parte que dá ás terras limítrofes é de 1 a 3 m. pola caída ata a plataforma interior onde se ve como as defensas, tanto a interior como a exterior, van perdendo magnitude e vanse esmorecendo a medida que se aproximan á liña de costa. Medidas N.S.: 110 m., L.W.: 125 m.. Non é visible o sistema de acceso a croa do recinto pero debeu ser pola pista por onde hoxe se accede a unha casa contruída dentro do asentamento.
No interior da illa, moi cuberta de vexetación, non se atoparon estruturas do castro, aínda que a illa parece bordeaba, en algúns tramos por un parapeto de terra. Diversas fontes apuntan a existencia noutro tempos dunha capela, e algunha información dos veciños din que a imaxe de Santa Catalina está agora na parroquial de Tal. Non se fixeron escavacións arqueolóxicas.
Propiedade: Privada
Uso actual: Agrícola-Residencial
Código no Catálogo da Xunta: GA15053002
Categoría do Ben: Inventariado (Inventario de Bens Patrimoniais da Xunta
Referencias bibliográficas:

Haz clic para acceder a 22396CA002.PDF

A Cultura Castrexa nos concellos de Outes, Muros e Carnota;  Xerardo Agrafoxo Pérez, Caderno: Cruceiro do Rego, Noia 1991. ED.Sementeira S.A. ISBN.:84-404-8580-8
Rey Castiñeiras Pepa, Estudio y Catalogación de los castros de la provincia de la Coruña. Gallaecia 7 e 8. 1985,  Mapa de pendentes

Haz clic para acceder a Pendentes_0119A-0503.pdf

Voo Americano do 56

Haz clic para acceder a Orto56_0119A-0503.pdf

Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Si
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Moi malo
Atópase en perigo nestes momentos?:

Atópase en moi mal estado de conservación polas continuas labores levadas a cabo nos terreos do xacemento. “Unha recente casa e varios camiños de monte que fenden os parapetos, así coma a parcelación do castro en pequenas fincas, acabaron por esmorecer parte das defensas”, así poñía no seu libro X. Agrafoxo no 1991, hoxe (xullo do 2011) hai que engadirlle un poste de cemento do alumeado público no medio do parapeto, na pista de entrada da casa que hai dentro.

Onde está localizado

Latitude: 42.7845905571
Lonxitude: -9.01433587074

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario