p/ Pablo Andrade.

A Igrexa católica venera ao santos pero non os adora. Adorar algo ou alguén fóra de Deus é idolatría. Hai que saber distinguir entre adorar e venerar.  A Igrexa respeta as imaxes de igual forma que se respeta e venera a fotografía dun ser querido. En tódalas igrexas católicas hai imaxes pero na parroquial de Muros hainas por ducias e a devoción popular veneraas dende sempre.  Unhas imaxes teñen máis xiareiros que outras, pero todas elas forman un conxunto de fe baixo diferentes advocacións. A imaxe máis anterga da que se teñen datos é a de Santa Ana, que foi traída da capela do Carme, e que antes de estar no Carme estaba na igrexa de San Pedro.  Moitas das imaxes foron doadas polos fieles como as de San Vicente de Paul e a Virxe dos Dores, doadas por Don Ramón de Artaza Malvarez, ou a da Virxe Milagrosa, doada no ano 1925 polo párroco-ecónomo de Muros, Don Joaquín Malvarez Dubert, e que foi feita nos talleres do artesán compostelán Sr. Otero. Seguramente que houbo moitas mais imaxes doadas polos fieis, pero a falta de datos concretos ou de poder acceder aos libros de fábrica parroquiais, quedémonos co importante: as imaxes están na igrexa a disposición de todos para contemplar ou venerar o que representan ou tamén para admirar o arte co que foron feitas.

 

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Xokas Figueiras

Tipo de ben: Vivenda singular,
Concello: Muros Imagen1.png
Parroquia: Louro (Santiago)
Lugar: San Francisco
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Época Baixomedieval,
Descrición: Trátase dunha cabana situada dentro do recinto do Convento de Louro. A construción debe pertencer a algún momento da Idade Media anterior o século XVI, pois na segunda metade do mesmo, Arias del Fresno, que era un dos monxes franciscanos do convento, retirouse á cabana. Alí coidou a outro dos irmáns, quen contraera a peste, acabando Arias sucumbindo a enfermidade, o que lle valeu a consideración de beato.
A cabana é unha pequena construción de cachotaría con cuberta a dúas augas e unha cruz no cumio da fachada principal, na que o único van que se abre é a porta.
Propiedade: Privada
Uso actual: Sen uso
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Non está inventariado
Afeccións:

Ten camiño de acceso?: Si
Está cuberto de maleza: Non
Está afectado por algunha obra: Si
Estado de conservación: Regular
Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

Latitude: 42.7630855441
Lonxitude: -9.07480841872
Empregamos o sistema de coordenadas WGS84

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

p/ Manuel Lago Alvarez

A Gaceta de Madrid de 13 de setembro de 1912 publicou una Real Orde pola que se autorizaba a compra polo Goberno e con destino ás bibliotecas públicasImagen2 do Estado da cantidade de 78 exemplares do libro de Don Ramón de Artaza Malvarez “RECUERDOS DE LA MUY NOBLE, MUY LEAL Y MUY HUMANITARIA VILLA DE MUROS”, ao precio de sete pesetas exemplar, e que o importe total dos mismos (553 pesetas) fose librado a favor do interesado.  Para poder formalizar o acordo de compra o expediente tuvo que completarse con varios informes, entre eles un da Real Academia da Historia que foi elaborado por D. Antonio Rodríguez Vila.

Informe sobre a obra de Don Ramón de Artaza:

A los efectos del art. 1 del Real decreto de 1º de Junio de 1900, he recibido de nuestro respetable Director encargo de infor­mar sobre la obra del Sr, D. Ramón de Artaza y Malvarez, cuyo título es Recuerdos de la muy noble, muy leal y muy humanitaria villa de Muros (Imp. de «El Eco de Santiago», un vol. 4º, 311 págs, con vistas fotográficas y grabados intercalados en el texto).

Con laudable modestia califica el autor de Apuntes para la his­toria de esta villa, el fruto de su trabajo; y sin embargo, la ar­dua y profunda investigación que para llevarla a cabo ha realiza­do, merecería ciertamente más adecuado calificativo.

Desde muy niño dice el autor que se despertó en él un afán grande por defender, como justísima causa, todo lo que a Gali­cia interesaba, y en especial a su pueblo natal, sugiriéndole el cariño a él la idea de escribir su antiquísima historia. Decidido a ello, dedicose á preguntar e indagar primero, buscar y anotar después; y descifrando, cotejando y escribiendo, ha llegado a reunir «estos pequeños apuntes», como él los llama.

Examina el origen etimológico e histórico de la villa de Mu­ros, sus primeros pobladores, los dólmenes celtas y las vías ro­manas, la historia y tradición de la isla de la Quiebra y la del monte Pindo y otros restos antiguos, procediendo en toda esta incierta y obscura edad con la cautela y prudencia necesarias, prefiriendo decir poco y bien fundamentado, a dar pábulo a los vuelos de la fantasía y de la fábula.

Describe a continuación la situación de aquella hermosa villa, sus privilegios, gremio del mar y otras instituciones locales. Es­casas y vagas son las noticias que sobre ella ha podido reunir el Sr.Imagen3 Artaza referentes a la primera parte medioeval, a semejanza de lo que ocurre a muchas de las pequeñas localidades de Espa­ña del mismo periodo, que llevaron una existencia tan sencilla, monótona y desvanecida, que casi puede decirse que carecen de historia. Desde el siglo XIII, asegurada ya la reconquista, comien­zan a vislumbrarse los primeros resplandores del renacimiento en el movimiento artístico, literario, comercial y político, y desarrollanse los gérmenes de la .vida municipal en los más aparta­dos y reducidos lugares.

La villa de Muros, de origen realengo, pasa a fines del citado Siglo a ser de señorío y a depender de la iglesia de Santiago por donación del rey D. Fernando, hecha en 8 de Agosto de 1298, Este régimen señorial no debió ser muy opresivo, porque, lelos de detener el desarrollo y prosperidad de aquel territorio, pare.- ce como que le impulsa y favorece en el camino del progreso y mayor desenvolvimiento. En 1488 llegó a su apogeo como po­blación marítima, elevándose el número de sus vecinos a 1.000, siendo estos tan emprendedores, que hacían viajes marítimos a Portugal, Andalucía, Francia, Flandes, Inglaterra, Italia y otras naciones.

Enumera el Sr. Artaza, a partir desde este tiempo, el rápido crecimiento del aquel activo concejo, registrando mayor y más interesante número de datos a medida que va entrando en la edad moderna.

El acierto con que el autor ha aprovechado sus prolijas inves­tigaciones en el Archivo municipal de aquella villa, en el de la Catedral de Santiago, en el de la Diputación de La Coruña, en los de algunos particulares, y cuantos elementos históricos ha podi­do encontrar, hacen de esta obra un resumen utilísimo y una monografía muy recomendable de aquélla muy noble, muy leal y muy humanitaria villa.

Por todo lo cual el que suscribe opina que, a pesar de algu­nas deficiencias e inexactitudes, propias de una labor histórica emprendida por primera vez, reúne esta obra las condiciones de mérito relevante, investigación propia y otras que previene el citado decreto de I.° de Junio de 1900, para que el Gobierno de S. M. adquiera el mayor número posible de ejemplares de ella.

La Academia, no obstante, acordará, como siempre, lo más acertado y justo.

Madrid, 13 de Mayo de 1910.

ANTONIO RODRÍGUEZ VILLA.

 

Publicado el por themurostimes | 1 comentario

A partir deste número, TMT terá a honra de contar entre os seus colaboradores co periodista César LorenzoImagen25 Gil, quen durante máis dunha década, á parte de coordinar o labor xornalístico e escribir reportaxes, entrevistas, informacións e demais textos, encargouse da corrección lingüística do semanario A Nosa Terra e do xornal dixital A Nosa Terra Diario. No seu blog  https://dubidasdogalego.wordpress.com/ aporta aquela experiencia en forma de consellos e resolución de dúbidas sobre o galego.

Os nomes dos dedos

p/ César Lorenzo Gil.

Aínda que poida parecer que todo o mundo sabe como lles chamamos aos dedos, ultimamente estou comprobando persoalmente que ou ben hai unha conciencia hiperenxebre sobre o asunto ou unha progresiva perda das palabras propias diante da potencia do castelán.

Así que como este é un blog que resolve dúbidas, destinado loxicamente a quen as ten, cómpre explicar ao xeito como lles chamamos aos dedos en galego.

Estiramos os cinco dedos da man. Cada un ten o seu tamaño e o seu nome. Os dedos empezanImagen26 a contarse desde o polgar. Debemos evitar o castelanismo pulgar e o lusismo polegar. En rexistros máis coloquiais podemos denominalo matapiollos ou cachapiollos. De polgar vén a magnitude de lonxitude polgada. En Galicia usouse antigamente cunha medida de 2,33 cm, aproximadamente, xa que en cada lugar variaba a súa equivalencia. É lóxico pensar que tradicionalmente se usou para medir cousas moi pequenas, por exemplo mobles ou obxectos. Hoxe, a polgada úsase case unicamente para medir tamaños de pantallas. A medida que se usa é a da polgada inglesa (2,54 cm). “Os televisores modernos, con máis polgadas ca nunca, parecen máis pequenos ca os vellos”.

Ao carón do polgar está o índice. É un dedo con gran poder simbólico xa que se considera que nel repousa o alento da vida. Por exemplo, de índice a índice lle traspasa Deus a Adán a vida no famosísimo fresco de Michelangelo Buonarroti na Capela Sixtina do Vaticano. Tamén é común que na iconografía dos magos, o poder do feitizo naza neste dedo. En contextos máis familiares podemos denominalo mostreiro ou furabolos. A tradición indica que o de furabolos vén do vello costume dos panadeiros de furar con este dedo os pans denantes de enfornalos para que cozan máis saborosos. O adxectivo furabolos describe, segundo a zona, tamén ben unha persoa entremetida, ben unha persoa traste ou ben unha persoa buscavidas.

Seguimos a conta: no centro da man está o dedo maior. Non debemos usar o castelanismo dedo corazón. En rexistros coloquiais podemos empregar a forma pai de todos (aínda que tal perífrase é pouco económica, lingüisticamente falando). O xesto de levantar o dedo maior mentres pechamos o resto ten un significado ofensivo para quen llo mostramos. En castelán leva o nome de peineta; en galego non ten un nome definido. Hai quen di que a tradición xurdiu na Idade Media, cando os arqueiros e besteiros Imagen27.pnglevantaban ese dedo antes dunha batalla para que os seus inimigos visen que realmente podían usar a arma xa que era habitual que se un especialista en arco ou bésta caía preso, acabase con ese dedo mutilado para así garantir que nunca máis podería usar tal instrumento de guerra. Non sei que veracidade ten a historia. O que si recordo é que meus avós cando te querían mandar á merda (ou tomar polo cu, que era o obxectivo final de tal aceno antes de que tal “desexo” se convertese en algo politicamente incorrecto) levantaban o maior e un tanto menos, até a primeira falanxe, o índice. Eles non levantaban a man en vertical cara ao insultado senón que a mantiñan case en horizontal, máis oculta da visión, deduzo que por discreción.

O cuarto dedo chámase anular. O significado ten a ver coa tradición de colocar nesa falanxe o anel de vodas. Tamén recibe os nomes de mediano ou medianiño. É relativamente complicado separar o dedo mediano do dedo maior. De aí que nin todo o mundo poida facer o saúdo vulcano de Star Trek.

E chegamos ao final da man. O dedo quinto é denominado en galego maimiño, belleco, mamiño, pequeniño ou moumiño. A RAG considera formas menos recomendables maniño e meimiño. Meñique é un castelanismo.

Cando eu era pequeno, miña nai cantaba unha copla tradicional que che valía para aprender dunha forma divertida como lles chamar aos dedos da man na versión máis popular: “Este é o dedo maimiño; este é o seu padriño; este é o e maior de todos; este outro é o furabolos; e este que vive só é o escachapiollos”.

E falando de acenos, aínda que hai varios nos que participan varios dedos, un dos máis complexos é o da figa, que consiste en colocar o dedo polgar estirado por entre o índice e o maior, os cales fican pechados xunto co resto. En Galicia usouse tradicionalmente con dous fins ben diferentes. Por un lado, considerábase unha profilaxe contra o mal de ollo e incluso Sargadelos produciu unha versión de porcelana que se podía levar ao pescozo. Mais noutros contextos, a figa usouse para declarar escarnio ou burla de alguén. Conta Francisco Xavier Rodríguez, redactor do Diccionario Gallego-Castellano (editado no 1854 e no 1863), que o costume da figa naceu en Milán.

Disque durante a Idade Media, o pobo milanés rebelouse contra o poder do emperador romano-xermánico Frederico e conseguiu expulsar a emperatriz a quen, para escarniala, mandárona fóra das murallas montada nunha mula mirando para o rabo do animal. De alí a pouco, Frederico conseguiu tomar de novo a cidade e quixo escarmentar os milaneses ao tempo que vingar a súa dona. O emperador mandou colocar un figo no cu dunha mula e obrigou a que cada un dos rebeldes o sacase de tal lugar sen usar as mans, só cos dentes. De aí o nome de figa e a forma da man que pretende simular unha bévera a saír do ano da besta.

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario

Carlos París Romero
Nunca foi tan fácil sacar fotos.  Da man do home, a tecnoloxía fotográfica superouse a si mesma Imagen24.pnge foi quen de converterse nun fiel aliado que acode presto á chamada; pero con todo a man do home segue sendo imprescindible para captar momentos únicos que so o corazón pode ver.  O muradano Carlos París é un dos moitos afeccionados muradáns que retrata algo que el quere con paixón: o mar; un mar que el capta en diferentes momentos do día, arrincándolle unha beleza de cores que nunca se repiten. E tamén, coa luz da noite, da noitiña, da anoitecida, do asexo, do amanexo, da alborada, da lusada… Carlos dalle a súas fotos unha vida diferente.  Carlos e  o mar son un todo un, por ilo as súas fotos teñen alma; un alma mareira que transmite a serenidade do infinito.

 

 

Publicado el por themurostimes | Deja un comentario