A Voz dos Nosos Poetas: LA LANCHA DE “BATUTA”

LA LANCHA DE “BATUTA” _________

p/ Manuel da Roura

Ay, la lancha de Caamaño.

Ay, Batutiña patrón. Imagen1

Ay, la caña del timón,

Atrancado el travesaño.

Ay, la amura carenada

Con percebe y “arneirón”.

Ay del redondo tapón,

De la “cadeira” tapada.

Ay de la roda gastada

Por el roce del chicote,

Ay, los senos de los cotes

Que sujetan la poutada.

Ay, que la driza mojada

No desliza en la pasteca.

Ay, que no corre ni seca.

Ay, roldana despintada.

Ay, cadena del rezón

Oxidada y carcomida.

Ay, la quilla resentida,

Las cuadernas y el timón.

Ay, la lancha de Caamaño

Zozobrada en Touriñán

El año de poco pan

Y de sardinas mal año.

Ay, Batuta, Batutiña

De la nariz remachada,

De dedos presos en liña,

Sudores de agua salada.

Patrón de puño vacío.

Patrón de caña ignorada.

Patrón sin tapa regala,

Sin “salseiros” ni rocío.

Patrón de luna en la frente.

Patrón de lluvia en la cara.

Patrón sin vela ni vara.

Patrón varado en poniente.

Patrón de barcas perdidas

Y de redes fondeadas,

De maderas encharcadas

Y de las proas hundidas.

Ay, compañero patrón

De la nariz remachada,

Ausente de la bancada,

Sin la mano en el timón.

(Manoel da Roura)

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

Diagnóstico equivocado.

p/ Marcelino García Lariño

O señor Manuel entrou na consulta do Centro Médico, onde xa era coñecido dende moitos anos. Ía buscar receitas como adoita facer tódolos meses. Ó entrar, moi agarimosa e amigable coma decote, recibiuno a enfermeira dicíndolle:–¡Ola, Manuel! Bos días.

–¡Ola! Moi bos días.

Sentouse a enfermeira e díxolle:Imagen1

–Ven por receitas ¿non si? Xa hai tempo que non o vexo por aquí ¿Estivo fóra?

–Pois si. Acabo de chegar dunha viaxe.

–¡Que ben, non llo sabía! ¿A onde foi logo?

–Funlle a Roma a reza-lo Ánxelus co Papa.

Aínda ben non oíu isto a enfermeira, ergueuse coma un lóstrego e liscouse a todo meter para o despacho do médico.

O señor Manuel non escoitaba o que falaban; pero, pola abertura da porta, vía os xeitos nerviosos que facía a enfermeira explicándolle ó galeno e barrenando co dedo índice a sen. Ó pouco aparecen os dous, enfermeira e médico, e este dille: –Manuel, ¿qué tratamento está tomando?

–Non lle sei –respondeulle con toda cachaza e naturalidade Manuel–. Tomo o que vostede me deu; pero non me lembro do nome das menciñas.   –Pois mire –faloulle o doutor–: Se pode ser hoxe, hoxe; e senón mañá, tráiame tódalas menciñas que está tomando, e veña cosa súa muller.

–Moi ben, si señor –contestoulle con toda humildade e educación o señor Manuel, que era moi calmoso e moi correcto.

Así ó fixo. A señora María, muller do señor Manuel, preguntáballe ó seu home que lle atopara ó médico para chamar tamén a ela; que debía de ser cousa moi mala, e que se patatín e que se patatán. Manuel, con toda a tranquilidade do mundo, faloulle así á muller:

–Mira, María. Ti non abras a boca, ¿escoitas? Ti, nin palabra. Ti déixame falar a min; porque estes pensan que estou desconxelado, e van levar un nabo de moito carallo. Non lle saíu o señor Manuel a cousa como el quería, xa que no puido falar; pois ó chegaren ó Centro Médico, nada máis velos na sala de espera a enfermeira xa os fixo pasar diante de tódolos pacientes que alí había. Mandounos sentar e foi dicirlle ó médico:

–Doutor, xa están aquí o señor Manuel e a súa muller, a señora María.

Veu o médico e díxolle a enfermeira:

–Atenda ó señor Manuel –. E dirixíndose a señora María: –Vostede veña comigo.

Levouna para o seu despacho, invitouna a sentar, e moi metido no seu papel de médico, faloulle: –Mire, señora María. Vostede xa ve como se volveu o seu home e tan pouco tempo. Onte, sen ir máis lonxe, apareceu aquí dicíndonos que acababa de chegar de Roma de rezar o Ánxelus co Papa.

–É certo, que tamén fun eu –contestoulle a señora María. Entón o doutor levantouse, franqueou a porta e foi coa señora María para a sala onde estaba o señor Manuel coa enfermeira. E díxolle a esta.

–Déalle o señor Manuel tódalas receitas que lle pida. E de aquilo que pensábamos non hai nada. É moi difícil que dúas persoas se poñan tolas ó mesmo tempo.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

A Voz dos Nosos Poetas (Manuel María Pena Silva)

Pendentes do talismán. 

                 (p/ Manuel María Pena Silva)

Platea de campanario;

neste auditorio confío

que non baleire albedríoImagen1

aplaudindo innecesario.

  Proscenio, estricto escenario;

franco actor de señorío

debruza verbo bravío,

desemboca en balneario. 

  Piromanía inminente,

vibrante ollada insurxente ,

brazo incendiario en oferta

nun papel de celofán.

  Prisioneiros de Xermán,

perplexos, coa boca aberta

cen mil paisanos alerta

pendentes do talismán.

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

Os Pasais da Salina

p// Elixio Vieites.

Tipo de ben: Ponte, Concello: Muros / Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)

Lugar: Reboredo Cronoloxía: Século XIX, Descrición:

Os Pasais da Salina son os restos do que antes fora unha ponte que formaba parte do percorrido do Camiño Real que atravesaba o río Maior na parroquia Imagen1de Esteiro polo lugar de Reboredo, entre O Maio e Solleiros. Durante séculos, o denominado “Camiño Real” era a única comunicación terrestre da zona. Entraba en Esteiro dende Mosteiro, na parroquia do Freixo de Sabardes, no veciño concello de Outes, e despois discorría por Uhía, A Devesa, O Maio, A Salina e Solleiros. Saía de Esteiro polo Trobiscón, collendo cara a Abelleira. O camiño neste punto só estaba operativo cando a marea baixa o permitía. En determinados momentos este camiño tiña servizo de dilixencia, a máis famosa foi a de Belarmino de Solleiros, onde había unha “casa de postas”. As casas de postas dispoñíanse nas principais poboacións ao longo das liñas de correos e nas vías principais para prover o fornezo de cabalos necesario para realizar as viaxes. Moitas servían tamén de parada de dilixencias para viaxeiros. Ao contrario do que se podería pensar, a Ponte da Salina fíxose case ao mesmo que a ponte nova da estrada que vai de Noia a Muros. A súa contratación tivo lugar polo concello de Muros no ano 1895 e rematouse en 1896, tendo así o Camiño Real un punto onde cruzar o río. No ano 1906 xa estaba operativa a nova estrada cunha nova ponte uns centos de metros máis abaixo. A consecuencia inmediata desta construción foi o abandono e espolio de todo o que se podía aproveitar da vella. Na actualidade só quedan unhas poucas pedras que formaban parte das cepas e que non resultaba doada transportar polo seu peso excesivo. O entorno foi acondicionado no 2011 e tamén se empedrou un tramo do que fora a antiga vía de comunicación . Na foto secundaria da ficha podemos ver a foto do cartel do proxecto coa antiga ponte, antes de ser desmantelada.

Propiedade: Pública Uso actual: Sen uso Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Dato descoñecido Referencias bibliográficas:

Llovo Taboada, Santiago. Memoria salgada dun pobo. Deputación da Coruña. Ano 2013. ISBN 978-84-9812-211-4 Agrelo Hermo, Xosé Abeijón Núñez. F. A Freguesía de Santa Mariña de Esteiro. Cadernos Cruceiro do Rego. Ed Toxosoutos ISBN 84-96259-31-5, ano 2004.

Publicado en Arte e Cultura, Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario

O NOSO SERRES

p/ José Vázquez Rama (Pepe do Conde)

Serres é unha das sete parroquias do Concello de Muros que segundo o padrón municipal de 2013 conta con 2.088 habitantes, dos que 1.091 son mulleres e 997 homes, sendo a segunda parroquia en número de habitantes do noso Concello. Imagen2A poboación de Serres está distribuída en 13 núcleos principais: A Acea, con 208 hab.; Anido, con 17; Avesada con 27; Badernado con 206; Boavista, con 207; Burleo, con 23: O Castelo, con 40; Portugalete, con 95; A Retorta, con 98; A Rocha con 64; Serres, con 328; Serres de Arriba, con 92 e Valdexería, con 113. Este noso Serres nada ten que ver coa outra poboación que tamén chamada Serres se atopa en Grecia, na Macedonia, a 70 km, de Tesalónica. e que ten cerca de 60.000 habitantes. Con ser pequeno o noso Serres, non por elo deixan de ser importantes estas coplas que de antigo se cantaban:

O lugariño de Serres

é pequeno pero forte;

para pasar por él

hai que sacar pasaporte.

  En España levan como apelido o topónimo Serres, un total de 720 persoas, pero ningunha delas habita en Serres, Muros, ou no resto de Galicia. Un total de 251 fano na provincia de Barcelona, e outras 289 en Tarragona. En Madrid hai Imagen132 persoas co apelido Serres.

A parroquia de Serres está baixo a advocación de San Xoán Bautista. A igrexa parroquial de San Xoán Bautista sufriu ao longo da súa historia diferentes ampliacións e remodelacións. A partida máis antiga conservada no seu arquivo é de 1600. No século XVIII a Confraría da Nosa Señora das Dores financiou a construción da capela maior, incorporada ó corpo principal da igrexa. No ano 1792 construíuse o corpo e as dúas capelas da igrexa, obra que fora adxudicada a Ramón de Sande, mestre de obras de Muros. En 1982 levouse a cabo unha gran ampliación, quedando o edificio actual con planta de cruz latina, sacristía, presbiterio, nave central e dúas capelas.

En 1984 remodelouse o presbiterio, desprazándose cara adiante o altar de pedra incorporado ó retablo, tamén de pedra. Engadiuse tamén un sagrario de pedra atopado entre escombros. En 1991 volveuse ampliar, quedando a nave central de forma cuadrangular.

A economía de Serres case sempre se sustentou no sector agrario e gandeiro, considerándose durante moito tempo a despensa natural de Muros, a máis de ter tamén un vínculo estreito co sector do mar, básicamente co marisqueo a pe e con embarcacións de artes varias. Todo isto complementado con moito mariño mercante i emigración en Europa e América. Na actualidade, Serres acolle a meirande parte dos servizos públicos do Concello: Cartel da garda Civil, Centro Médico, piscina, polígono industrial, colexios, institutos, punto limpo, etc. Grazas, sobre todo, á boa e desinteresada disponibilidade xeral dos veciños a aportar o solo necesario na procura do ben común, que non sempre foi agradecida e ben retribuída polas institucións á hora de devolverlle, de algunha forma, esta boa dispoñibilidade na procura duns bos servizos para todo o Concello.

Xente traballadora e, sobre todo, honesta, da que un se pode fiar. Entendo que merece unha mención especial a vocación desinteresada de servizo público de moitos parroquianos, algúns integrados en asociacións como a Comunidade de Montes, que ó mesmo tempo colabora con outras de tipo cultural, deportivo ou, simplemente, con grupos de veciños que buscan o ben común por vocación e de forma desinteresada, dando un bo exemplo do que deberían de aprender moitos mandatarios, en vez de velo solo como algo que lles resta protagonismo.

Eu definiría ós de Serres como xente de palabra. Lémbrome dunha frase que escoitei algunha vez, e que agora está en desuso, dicía: «a miña palabra é un documento», i era verdade, aínda que alguén sempre se queira aproveitar da bondade dos demais.

Publicado en Vivencias | Etiquetado , | Deja un comentario