Subida ao Castelo

p/ Javier Mayo Veloso

O prometido é débeda. Alevosamente hoxe decidín o asalto desta fortaleza natural.

Dende hai moito tempo esperaba esta visita a un monte tan enigmático como caprichoso nas Imagen3súas formas e cargado de estrañas historias (ríos subterráneos, pozos interminables, moradores misteriosos….).   Manuel   Gago,   mellor ca min, vos explica no seu blog unha interesante teoría, segundo a cal, dende este natural atalaia, gornicións romanas vixiaban unha suposta vía secundaria á famosa Vía Per Loca Marítima (ou Vía XX). http://www.manuelgago.org/blog/index.php/2010/04/12/ o-bico-do-castelo-grande-a-fortaleza-dos-humildestesouros-agachados/

Probablemente moradores de distinta época conquistaron O Castelo dada a súa privilexiada situación. Non lle puxen tempo á ruta posto que me detiven (e camiñei sobre os meus pasos) varias veces. Ademais «toxos, xestas e loureiros» Imagen4dificultan o paso. Subimos en coche, para alixeirar, dende Esteiro, pola estrada de o Maio, pasando por Lestelle, A Penseira, Catadoiro e Arestiño. Chegamos ata a subestación de Gamesa e collemos a estrada cara Á Laxe. Na primeira curva moi pechada a dereita deixamos o coche e camiñamos uns 100 metros ata que, a esquerdas comeza un camiño da pé moi estreitiño e case imperceptible. Coidado non pasarse de longo. A uns 300 metros encontrámonos coa primeira atalaia e entrada natural que algúns moradores adaptaron (ver foto do calzo). Seguimos outros tantos metros e encontrámonos a segunda atalaia. Aos seus pés unha impresionante cova granítica natural (podemos chegar a estar de pé dentro dela) onde vemos restos de lume e probablemente tellas seculares. Seguimos e a maleza vólvese seriamente impertinente (15 ou 20 metros), ascendemos lixeiramente deixando atrás impresionantes loureiros e xa estamos no cumio. A primeira arritmia sucede ao ver, de prontoImagen5 sobre unha lousa, o alquerque (un xogo moi popular no medievo e orixinario do imperio romano). Que fai aquí, quen o xogaba e dende cando?. A uns poucos pasos e subindo por uns chanzos tallados na rocha por aqueles outeadores a segunda arritmia volve visitarme ao descubrir unhas impresionantes vistas desaconsellables para os que sufran de vertixe. Séntome un anaco e intento adiviñar en que estarían a pensar os meus predecesores centenarios e, sobre todo, dobraría a garda o perdedor do xogo?. Enlace á explicación do Alquerque   (ou Xogo do Muiño): http://es.wikipedia.org/wiki/Juego_del_molino

Publicado en Cousas que interesan, Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario

Desposorio accidentado

p/ Marcelino García Lariño

Cando na freguesía de San Clodio do Outeiro Grande, presentáronse Delaidiña dos Manteiga, solteira, de oitenta e catro anos, e Dionisio do Corrobelo, dúas veces viúvo, rañando xa os cincuenta abriles, co san desexo e mellor vontade de contraer santo e indisoluble matrimonio, o señor abade, persoa posuidora dunha merecente sona de home cabal e prudente, faloulle amigablemente que, “dado que non eran picariños e polo tanto non pensaban coma nenos debido á sabedoría dos moitos anos e á Imagen1experiencia da dilatada vida, aconselláballe que denantes de dar un paso tan importante e serio como é o casamento (anque para o futuro marido ía se-lo terceiro; ela era principiante) cavilasen moito no que querían facer, pensasen nas diferenzas de idade que se levaban e estudasen con detemento os pros. e os contras do cambio tan radical e transcendental que nas súas respectivas vidas necesariamente tiña que producirse”, e emprazábaos para que ó cabo de oito días lle trouxeran cumprida contestación.

O día sinalado, novamente chegaron os prometidos á reitoral para dicirlles ó abade que estaba firmemente decididos a unirse canto antes en casamento por atopárense ámbolos dous totalmente (eu diría tolamente) namorados un do outro.

O tonsurado mirou para eles, e, despois de estar un anaco de tempo calado, pensativo, díxolle:

–¡Vaia! Se queredes casar, se tedes vehemente desexo de facelo como dicides, haberá que casarvos: ninguén pode impedírvolo. Ti, Dionisio, por seres doutra freguesía, non veñas ata que traias os papeis arranxados do meu colega; e ti, Delaida, cando queiras, mañá ou pasado, ven por aquí.

A Delaidiña non se fixo agardar. Ó outro día á primeira hora, xa se presentou perante do señor abade que lle volveu a dicir que pensase, que recapacitase,Imagen2 que meditase ben no que ía facer ós seus oitenta e catro anos, que reflexionase no seu futuro home que xa levara dúas mulleres por diante e que non fixese certeiro o dito que non hai dúas sen tres. Ela contestoulle que el dáballe claras e ardentes mostras de que lle quería. E o abade, a quen aquel casamento, aquela voda, por mor da diferenza de idade en xente tan lonxeva non lle gustaba nin moito nin pouco, pero non era quen de impedilo, tratando por derradeira vez de disuadila, faloulle:

–Amais desas mostras apaixonadas de cariño que dis ti, debería darche outras. Imos ver:

–¿Díxote que te ía mercar un coche?

–¡Ai, non señor! E mire, neso que vostede ben di ten moita razón. Porque si tiveramos coche sería a felicidade completa. Co que me gusta a min viaxar e ir ás festas… no me quedará o San Marcos de Noia, o Nazareno do Caramiñal, o San Pedro de Muros… ¡qué regalía!

O cura coa contestación da vella veu o ceo aberto: “xa non hai casamento” coidou, e replicoulle:   –Pois ata teres do teu pretendente esa inequívoca mostra de cariño, non veñas por aquí.

E non volveu. Non volveu uns días, porque á semana, pouco máis ou menos, aparecéronlle á porta da reitoral os dous ruliños montados nunha motocicletiña pequena desas chamadas “vespino”.

–¡Señor cura, aquí estamos! Como os posibles non daban para máis non puidemos chegar a un coche. Cada un vai á feira co que ten, ¿non lle parece? –falou ela. E ó abade caeulle o mundo ós pés. Non lle quedou máis remedio, pese ás súas boas intencións, que claudicar: casounos:

Ó remate da cerimonia, os recentes desposados montados no “vespino” encetaron gozosos e felices a viaxe de noivos para disfruta-la lúa de mel.

Ó outro día, enteirado pola prensa, o señor abade acudiu a velos ó Hospital Xeral de Santiago onde estaba internados por mor dun grave e espectacular accidente: escaralláranse por exceso de velocidade o saírse nunha curva baixando coma un lóstrego unha pronunciada e perigosa pendente. E a magoada, tremelicando coma un vara verde, dicíalle ó abade:

–As crebaduras, con lle ser moito, non lle son nada, señor cura,. O malo, o que xa non ten remedio, é a perda do que levaba dentro das miñas entrañas.

O cura fala o que lle dixo a vella. Moi ben podería tratarse dun delirium tremens.

Pois se o crego coida que ós oitenta e catro anos puidese ter un mal parto… non tardaremos moito en velo tamén montado nun “vespino” costa abaixo.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Enlaces de interés a páxinas que falan de Muros

Páxina web do Concello de  Muros:   http://www.muros.es/es/

Páxina de TurGaliciahttp://www.turgalicia.es/ria-de-muros-e-noia?langId=es_ES

Que ver en Muros en MiNube.com:  http://www.minube.com/que_ver/espana/la_coruna/muros

Páxina de A Casa da Fonte:  http://www.acasadafonte.es/index.php?option=com_content&view=article&id=1&Itemid=2

Páxina do Porto Deportivo de Muros: http://www.muport.es/

Tabla de Mareas de Muros:  http://www.tablademareas.com/es/a-coruna/muros

O tempo en Muros:  http://www.tiempo.com/muros.htm

Páxina da Unidade Pastoral de Muros, Serres e Sestaio: http://www.upmuros.com/

Blog do Bar Ferruxa de Esteiro:  http://barferruxa.blogspot.com.es/2010/12/xente-de-esteiro-e-tal.HTML

O Blog de Amado Barrera:  http://amado-amadoblog.blogspot.com.es/

Publicado en Enlaces a webs Muros | Etiquetado | Deja un comentario

Ximiela en New York

p/ Neves Formoso Vidal

Hai efemérides que os pobos non deben esquecer nunca, e moitas veces, por formar parte de eventos históricos que se producen por primeira vez, o seu recordo hase avivar de xeración en xeración. Un destes eventos que quedará para sempre no recordo é a visita de «Ximiela» a Nova York. Se o ano pasado, 2013, esta Agrupación Folclórica acadaba vintecinco anos de vida, en outubro do 2014 viu cumprido o soño de cruzar o Atlántico e visitar e cumprimentar aos moitos muradáns e muradás que viven lonxe de nós, nas terras norteamericanas. Foi un reencontro emotivo, unha apoteose, un ir e vir de apertas e bágoas, no que a embaixada muradá tivo a ocasión de levar aos nosos emigrantes os apreixos e saúdos de tódolos veciños do Concello. Da estancia de «Ximiela» na «Cidade dos Rañaceos» encargouse un grupo de entusiastas e amigos que fixo que os días pasasen nun lóstrego.

Memorables foron as actuacións en Casa Galicia e no Centro Español de Queens, e espectacular a presenza de «Ximiela», o 12 de octubre, no desfile do Día da Hispanidade. «Ximiela» percorrendo a Quinta Avenida da Gran Mazá ¡¡, representando no só a Louro e a Muros, senón a toda Galicia, foi un alarde de muradanía que fixo resoar os versos do sempre recordado bardo loureán Agustín González López: “Puxenme a repetir soños antigos. / Busquei as verdes illas / aló no mar de lonxe…» Noraboa a todos os que fixeron posible a presenza de «Ximiela» en Nueva York e noraboa a tódolos compoñentes de «Ximiela» polo seu bo facer a prol da cultura da Nosa Terra.

(As fotos foron recollidas do Facebook e son de: Tono Beiro, Manuel Lariño, Nellie Lago, Socorro Lago)

Imagen25Imagen23Imagen34Imagen22Imagen33Imagen32Imagen31Imagen21Imagen30Imagen29Imagen27Imagen26Imagen19Imagen24

Publicado en Arte e Cultura, Cousas que interesan, Música | Etiquetado , , | Deja un comentario

Os nosos fotograf@s: José García Martínez

José García Martínez, a quen mellor coñecemos por José do Brinqueiro, é un fotógrafo afecionadoImagen18, muradán de nacemento e sentimento. Nado no barrio de Espiñaredo (Serres), leva a afición pola fotografía moi dentro. Ven facendo fotos dende os catorce anos e aínda que ten unas quince cámaras, a súa favorita e unha “nikon”, que sempre leva consigo e que lle permite captar momentos irrepetibles nos seus andares. Persoaxes populares, fotos ao solpor, as pedras, o mar…, e un sinfín de temas nos que expresa unha mensaxe cálida: o longa que e a vida e o corta que e a existencia. Facer fotos pode ser fácil, pero captar sentimentos e bastante difícil, pero o Brinqueiro lógrao transmitindo emocións que penetran no espectador.

Imagen3 Imagen4 Imagen5 Imagen6 Imagen7 Imagen8 Imagen9 Imagen10 Imagen11 Imagen12 Imagen13 Imagen14 Imagen15 Imagen16 Imagen17oc

Publicado en Os nosos fotografos | Etiquetado | Deja un comentario