Os nosos fotograf@s: Manuel Lariño

Non e difícil entender as fotografías de Manuel Lariño, un emigrante muradán nado na parroquia de Tal, porque nelas expresase un grande sentimento de amor a terra. Cando un está fora, aló na lonxanía da terra nai, o recordo das xentes a as paisaxes pervive acendido. Nas súas curtas vacacións na súa terra querida de Tal, Manuel non escatima tempo para facer reais as imaxes que na súa mente son lembradas como parte de seu ser.

O mar, as praias e unha natureza viva, son fotografadas por Manuel con notable sentimento. Nas súas instantáneas abundan imaxes da súa parroquia de Tal, que como “Balcón da Ría” ofrece innumerables vistas de beleza incomparable. Este verán, Manuel sorprendeunos con vistas aéreas do todo o Concello, feitas polo que il chama o “bicho”, un “dron” que sobrevoando os ceos fixo que foramos quen de admirar a nosa xeografía dende o ar.

Imagen1 Imagen2 Imagen3 Imagen4 Imagen5 Imagen6 Imagen7 Imagen8 Imagen9 Imagen10 Imagen11 Imagen12 Imagen13 Imagen14 Imagen15 Imagen16 Imagen17

Publicado en Os nosos fotografos | Etiquetado | Deja un comentario

A presenza dos franciscanos en Louro e Muros (III)

p/ Manuel Lago Álvarez

Tamén colaboraban os frades coas fegresías dos arredores en diferentes actos litúrxicos. No ano 1807, son un total de 95 relixiosos os que asisten ao cabodano do falecemento de dona Juana Calderón de Montes, e xa en novembro de 1975 asisten en número de 23, en Muros, os actos de conducción, funeral e sepelio de meu pai Fernando Lago Lorenzo.
Picture18Algo importantísimo foi a función dos franciscanos no eido da cultura. No ano 1816, o rei Fernando VII dispuxo que os conventos cumpriran a función de escolas de primeira ensinanza, pero no caso moi concreto do convento de Louro, xa os frades viñan ensinando a nenos, mozos e vellos, a ler e escribir, dende moitísimo antes. Como moitas veces, nas terras de Muros adiantámonos, e neste caso para ben.
Este facer dos frades no eido cultural dou pe a que o convento de Louro se convertira no ano 1891 na primeira escola seráfica, acollendo os estudos de Humanidades e despois os de Filosofía. Este recoñecemento como escola oficial durou ata o ano 1897, pero aínda así os frades continuaron coa súa labor, conseguindo que os rapaces de Louro que o quixeran, adquiriran un nivel de coñecementos moi superior o do resto do concello. E isto foi unha realidade que hoxe e tanxible. No século pasado moitos loureans e tamén muradanos poideron acceder a estudos superiores grazas ao facer dos franciscanos e moitos deles ata chegaron a vestir o hábito.
Picture19Dende a súa creación a vida conventual sigueu sempre coas tareas tradicionais: oración, culto, servizo pastoral, cultivo da horta, algunha gandería, e tamén, como xa se dixo, a labor cultural, tan e tan importante que estaban a realizar. Pero un feito incomprensible veu a trastocar a vida dos frades e por extensión, a vida da comarca. A desamortización de Mendizabal do ano 1835, supuxo a exclaustración dos frades e a venda polo goberno dos edificios e terras.
A «desamortización de Mendizabal» implicou a venda do edificio do convento do PP. Franciscanos de Louro, xunto coa secularización dos monxes que alí vivían. Este confiscación, aplicada en toda España, foi outra das iniciadas no século XVIII, e foi poñer no mercado, e previa expropiación forzosa as terras e propiedades que ata entón non podía vender e que estaban en posesión das chamadas «mans mortas», ou sexa, a Igrexa Católica e as ordes relixiosas, que os acumulara como beneficiarios habituais de doazóns, testamentos e fundacions. Esta aprehensión española mostrou as seguintes características: a apropiación polo Estado e por decisión unilateral de bens inmobles pertencentes ás «mans mortas»; venda dos mesmos, e distribución dos recursos de vendas para a amortización dos valores de renda fixa».
Picture20Así, por decreto real do 29 de outubro de 1835 foron suprimidos todos os mosteiros e conventos de homes. No caso do convento de Louro, os pasos para botar aos frades foron moi rápidos, pero non así a venda das terras e edificios, o que aconteceu o 22 de xullo de 1848. (trece anos despois da exclaustración). Tras a poxa, os bens foron adxudicados, a D. Manuel Venancio Martínez, na cantidade de 6.230 pesetas . Os frades deixaran o convento en 9 de decembro de 1835. (Os quince anos entre secularización e venda, significou que as instalacións, abandonas sufriran unha deterioración moi acentuada).

Expulsados os relixiosos, só quedou alí, e temporalmente, o Gardián P. Guntín e o P. González. Estes, xunto co resto dos frades, abandonados os hábitos, estableceronse en Muros (algúns en Louro), así como proba unha carta do Prior da Colexiata Muros, D. José Antonio Guiance Caamaño de 14 de febreiro 1836, dirixido ao Secretario do Arzobispo, que di: «Os monxes deste convento, que foron secularizados e deixado o Santo Avito, aínda subsisten nesta Vila, i entre eles o predicador da tabla, etc.»
Os relixiosos expulsados foron ​​vinte, e todos foron acollidos en casas de Muros e Serres, onde viviron ata a súa norte, nos anos posteriores.
Ao recoller e aloxar os franciscanos nas súas casas, veuse, unha vez a solidaridade das xentes de Muros e Louro, que fixeron o que tiñan que facer: acoller a aqueles que nada tiñan.
Logo de pasar por diferentes donos, no ano 1873., os testamentarios da familia García Pan, devolveron os bens os franciscanos.
No ano 1875, acondicionadas as dependencias elementais, regresan os franciscanos ao seu Convento. O dinámico P. Coll e o laborioso aragonés fray Antonio Polo, contando coa xenerosa prestación persoal e aportacions das parroquias, de Louro e Muros conseguiron en só tres anos restaurar a maioría das dependencias. Os mesmos infatigables frades, sempre coa inestimable colaboración dos pobos próximos, alzaron as 14 torres do Viacrucis no lado oriental do monte. Obtido un Breve do Papa Pío IX, procederon á súa inauguración no ano 1878. Este Vía crucis (o que chamamos Calvario), con motivo da efemérides centenaria, foi notablemente renovado e reinaugurado en 1980.
Moito mais se podería dicir i escribir acerca do Convento de Louro. Quedáronme por relatar a doazón do Muradano Ignacio Suárez no ano 1806, de 61700 reales, que supuxeron unha morea de obras e reformas nas instalacions; da súa permanente labor a favor dos mais desfavorecidos e da súa labor pastoral (tal vez o mais importante entre o importante).
Con todo, a presenza dos franciscanos foi, i é unha demostración palpable dhun facer constante. Pasaron os nosos antergos, pasaremos nós, mais as obras non pasarán, quedarán para o recordo das xeracions futuras.

Publicado en Historia | Etiquetado , , | Deja un comentario

A voz dos nosos Poetas: Que o recibir sen dar xa rematara.

p/Manuel María Pena Silva

Picture17
Que o recibir sen dar xa rematara.
A semente ficou como enclaustrada
en Vilares, fogar, tan de repente;
foi a terra voraz, e recipiente
camposanto, saial, fin de acampada.

A semente afincou profundamente
na soidade feroz que me espreitaba;
dura ausencia de ti; non a esperaba,
galopante, incivil, profusamente.

A semente afirmou que xa cumprira;
imposible asumir que ela partira;
non fun quen de aceptar que me deixara.

Non fun quen de aprender que se esfumara
egoísta vivir que antes vivira,
que o recibir sen dar xa rematara.

(Rioderradeiro)

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

A Voz dos nosos Poetas: Calzada do mar.

p/Agustín González López

Calzada do mar.
_______________Imagen2

Por esa torta vía

baixaron algún día

os homes para o mar…

**

A verea perdida

na bouza entretecida

que non se pode andar…

***

E só agora queda

o vento na arboreda

e a sombra no fondal…

****

E xa non hai historia.

A penas a memoria

da calzada no val…

(Agustín González López: «Era un son de buguina»)

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario

Casorio frustrado

Marcelino García Lariño

Casilda da Cirigüela marchara moi nova polo mundo adiante. Estivera en moitos sitios e cidades de diferentes nacións e disque, era vox populi no lugar e na parroquia, que en ningún deles andara, precisamente, en moi bos pasos que digamos.
Xa tería cumpridos os vinteseis anos cando a Cirigüela tornara ó lugar. Alugárase na casa do señor Perucho o Peituga, un velliño sen familia, moi eivado, que xa pasaba dos oitenta e sete anos, xordiño, cun reumatismo crónico á vista, sen dentamia e escadrilladiño de ves.
Picture16Tiña si, o Peituga, moitos bens, moitos ferrados de terra, dabondos cartos no Banco e unha xubilación que xa lle daba bastante para vivir, paga-la moita contribución que tiña ó seu nome, o aluguer da Casilda… e aínda lle sobraban cartos.
Un día presentouse no xulgado Casilda da Cirigüela dicíndolle ó oficial que lle tocou atendela, que se viña casar polo civil.
–Moi ben –faloulle o empregado– ¿Ulo o noivo?
–Está aí, na sala de espera.
–Pois que pase –díxolle o funcionario–. E ela, de moi mala gaña, refungando, contestou:
–Non sei se poderá. –E foi a buscalo.
Ó cabo chegou a Casilda cun vello que apoiaba dun lado nun bastón, e do outro no ombreiro da rapaza. Ó entrar saudou:
–Santos e bos nos dea Deus. Co seu permiso vou sentar. –Como vedes, o vello debía ser moi educado.
–Sente, sente –contestoulle o escribente mentres se dirixía ó despacho do señor xuíz a pór en coñecemento deste o que pensaba daquela tan absurda coma ilóxica parella.
Entón acudiu solícito o señor xuíz. Ó ver á parella, dirixiuse á Cirigüela:
–Este –sinalando para o vello– é o seu mozo, ou avó do seu mozo.
–Este é o meu mozo –respondeu ela.
Daquela o xuíz faloulle así ó señor Perucho o Peituga:
–¿Vostede sabe ó que ben?
–¡Ouh! Seille, si señor. Non lle é a primeira vez que veño. O que pasa é que desta quenda tardei moito porque a cousa non se lle me puxo a xeito como eu quería.
–Pero imos a ver. ¿Vostede sabe ben onde está?
–Claro que o sei, señor: Na barbería. Xa mo dixo ela ó saír da casa na aldea: “Veña comigo a vila a corta-lo pelo”.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario