Sistemas silvopastorais (II) (Razas bovinas

p/ José Antonio Lago Lestón.

Enxeñeiro Tecnico Forestal,

Neste  artículo gustaríame facer unha pequena caracterización de cada unha das razas bovinas galegas. Todas ellas nun principio tiñan triple vertente productiva: traballo, leite, carne. Na actualidade coa mecanización do agro e as novas razas leiteiras e cárnicas, quedan relegadas como productoras de carne de excelente calidade, que polo seu sistema de manexo, extensivo-semiextensivo, se poden considerar de producción ecolóxica e unha fonte de recursos a explotar, ainda que se debería mellorar a comercialización e a producción das mesmas

CACHENA:

A vaca cachena é unha raza que provén da Serra do Xurés, Serra de Leboreiro e montes de Quinxo en Ourense. A súa rusticidade e a grandeImagen1.png adaptación ao medio, con alto grao de transformación de alimentos groseiros, fana óptima para terreos abruptos e con poucos recursos herbáceos. A orientación produtiva actual está encamiñada á produción de carne a baixo custo, a partir dunha alimentación baseada no amamantamento que só cando é necesario se complementa con cereais. Cunha axeitada maduración, a carne de Cachena é tenra, xugosa e máis roxa.
Presenta uns valores de graxa sobre o 2%, ben distribuída e infiltrada (máis ca en ningunha outra raza autóctona galega)

CALDELÁ:

Os exemplares de Caldelá, considerados no seu momento como os mellor dotados para o traballo de toda Galicia debido ao seu temperamento Imagen2.pngtranquilo, son orixinarios da comarca que lle dá nome á raza, Caldelas, situada ao noroeste da provincia de Ourense e que constitúe ademais o centro da súa área xeográfica de dispersión. Esta raza resulta idónea para explotacións en réxime extensivo, xa que son capaces de facer un bo aproveitamento dos recursos pastables de alta montaña na súa maioría. A Caldelá oriéntase á produción de carne de calidadeOs xatos poden alcanzar os 150 kg/canal ao destete ou, se se comercializan máis tarde, pódense obter rendementos superiores o 50%

FRIEIRESA:

A Frieiresa toma o seu nome da comarca das Frieiras, dentro dos concellos da Gudiña e A Mezquita, no sudeste da provincia de Ourense.A rimagen3usticidade, a facilidade de manexo e a gran mansedume desta raza fana óptima para o réxime extensivo, pois ademais aproveita recursos materiais que outras razas máis selectas desbotarían.Na actualidade o seu principal uso produtivo é a carne. Grazas ao seu bo sistema mamario e a correcta implantación dos tetos, os xatos poden alcanzar ata 160 kg/canal á desteta, achegando uns rendementos cárnicos de arredor do 48-49%

LIMIÁ:

A Limiá toma o seu nome dunha das dúas comarcas naturais do sur de Ourense, A Limia, que tamén constitúe a área xeográfica por onde se Imagen4.pngestende, xunto co val de Monterrei. Antano esta raza era explotada pola súa tripla aptitude: traballo, carne e leite, cunha maior orientación cara ao traballo.

O seu principal uso produtivo actual é a carne, se ben tamén se pode explotar para obter queixos de calidade diferenciada. A excelente capacidade leiteira destes animais e a súa sublime capacidade maternal fan posible conseguir xatos moi prezados por ser os de maior peso ao nacemento e á desteta de todas as razas autóctonas galegas en perigo de extinción. As súas canais son as de maior peso e índice de compacidade dentro das Morenas Galegas. Os rendementos cárnicos obtidos no despece son elevados, de arredor dun 70%, alcanzando os de cuarto traseiro niveis superiores ao 62%.

VIANESA:

A raza Vianesa é orixinaria da Terra do Bolo, comarca que se sitúa no oriente da provincia de Ourense, e esténdese cara aos montes do Inverndoiro imagen5e serra de Queixa en Chandrexa de Queixa, Manzaneda e A Pobra de Trives, chegando ata Vilar de Barrio, Montederramo e Maceda.Explotada antigamente como animal de traballo, na actualidade a súa utilidade céntrase na produción de carne de calidade.A súa rusticidade, é dicir, a adaptabilidade a explotarse en zonas de difícil acceso para outras razas, e a capacidade leiteira, que se demostra no elevado ritmo de crecemento das crías, fan que sexa unha raza de gran futuro no panorama gandeiro de Galicia.

Os xatos de Vianesa aportan uns rendementos da canal de arredor do 49%, cunhas boas porcentaxes de cuarto traseiro e pezas extra e de primeira categoría comercial, de arredor do 32%

 

 

Acerca de MUROS CENTRADO

MUROS CENTRADO
Esta entrada fue publicada en Cousas que interesan, Natureza y etiquetada , . Guarda el enlace permanente.

Deixa un comentario

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s