Filósofo de pés a cabeza

p/ Marcelino García Lariño

Un venres, día de mercado na vila, empeñouse a miña muller que a acompañara para mercarme calzado que, segundo dicía, non tiña que poñer nos pés. E maldita falta me facían, pero xa sabes como son as mulleres: ten que ser o que digan elas.
Despois de facerme probar coma uns vinte pares non lle gustou ningún e quedei sen eles , que era o que xa esperaba, aínda que os cartos gastounos igual porque mercou uns dos máis caros para ela, que era ó que ía. Os meu era o pretexto.
Picture12Despois do catano que levei, arroubeime alí, nunha esquina da Praza do Cristo, pretiño dunha desas tendas ambulantes, mentres ela percorría por entre unha multitude que non se cabía, tódolos tenderetes habidos e por haber.
Nesto veu un homiño barbudo, esguedellado, moi mal amañadiño, coa roupiña chea de remendos, apoiándose nun cadolo a modo de caxato. Pendurada dun ombreiro levaba unha bolsa (talvez unha esmoleira) e un garabullo moi limpiño na man.
Aquel home alto, pero xa decrépito.enxoito e tipo de mal pasar, tiña un algo, un non sei que, que lle daba certa personalidade, coma si dixéramos unha fasquía de suxeito intelectual, de pensador, de home sabio.
O ancián achegouse ó tendeiro, mostroulle o garabullo que levaba na man, e díxolle:
–Quero uns zapatos desta medida.
–¿Por dentro ou por fóra? –preguntoulle o expendedor.
–¿Como que por dentro ou por fóra?
–Se a medida esta é por dentro ou por fóra do zapato –contestoulle o vendedor. E o individuo con aspecto de erudito, de ilustrado, de moi malos modos recriminouno dicíndolle:
–Vostede non sabe comercial nin ten zorra idea do que son as finanzas. Vostede non é vendedor nin farrapo de gaita. Pero a culpa non é súa, non. A culpa é do que lle permite pór o negocio nunha vía pública.
E foise rosmando mesturándose entre aquel xentío que abarrotaba a praza.
Cal non sería a miña sorpresa, cando ó pouquirrichiñoo fóiseme a vista ó outro ángulo da praza e vexo o bo do vello que tiña traza de douto, de instruído, que estaba co mesmo garabullo na man noutro telderete probando unha gorra de viseira. Coma un lóstrego botei a correr por entre a turba que naquel intre atestaba a Praza do Cristo, e cando cheguei dábanlle a volta dos cartos dun sombreiro que acababa de mercar e que el estaba poñendo na cabeza. Díxenlle:
–Hai un pouco, vostede quería mercar uns zapatos; e agora mercou un sombreiro.
E con moita parsimonia, non exenta de filosofía, miroume desprezativamente de arriba a abaixo, e deume esta contestación, a que non fun quen de darlle resposta:

–¡E que outra cousa son os sombreiros senón o calzado da cabeza!

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Pensións e crise económica: E agora cómo aforro?

p/ Rubén Lado Sestayo
Ldo. En Dirección e Admón de Empresas.

“¡Isto non o podemos soster!” “¡É un despilfarro!” ¡Coa crise que temos é un desastre de sistema!” e outros axiomas sen demasiado fundamento estanse a escoitar nos últimos meses en contra do noso sistema de pensións público. Todos somos testemuñas desta lapidación e seguro que, ao igual ca min, todos escoitades estas palabras con máis frecuencia da desexada. Mentres asistimos a esta traxicomedia, se nos ofrece, ás veces coma única alternativa, a implantación dun sistema de capitalización, isto é, que cada un se encargue de constituír o seu propio fondo de recursos para a xubilación. Sen embargo, existen outras moitas estratexias de acción que, tras revisar ben os datos, creo que deben ser consideradas como potenciais alternativas de cara a elección da carteira de aforro para a xubilación que cada un cómpre dispor.
En primeiro lugar, é importante non confundir na discusión pensión con gasto social como consecuencia da vellez. A pensión se percibe como consecuencia de ter aportado recursos a través das cotizacións sociais ao sistema público de Seguridade Social, mentres o gasto social se deriva de cubrir as necesidades de fondos daqueles que non aportaron ren, ou canto menos non o fixeron de xeito suficiente, isto é, os perceptores das denominadas pensións non contributivas. Nun sistema de reparto, como o que actualmente ten España, o Estado garante as prestacións futuras dos que aportan, para o que lles esixe unhas condicións en canto a tempo mínimo de achegas, idade mínima para poder ser pensionista, entre outras.
En momentos de crise económica, é habitual que determinado número de cidadáns deixen de aportar, fundamentalmente, froito das importantes taxas de desemprego, polo que nun futuro é propio que vexan retrasada a súa incorporación ao grupo dos pensionistas, retrasando deste modo as obrigas futuras de pago. Así, corríxense de maneira case automática os desequilibrios do propio sistema. Paralelamente, en épocas de forte crecemento económico existe un maior número de individuos activos que aportan ao sistema, polo que se xera un fondo de reserva cuio obxectivo é cubrir as necesidades do sistema en períodos de unha menor actividade económica que a esperada.
Aspectos coma a idade mínima para a xubilación ou o número de anos mínimos cotizados son variables que deben responder ás características estructurais da economía e non a criterios coxunturais. Para o caso español, debe considerarse que a economía española presenta unha elevada taxa de paro endémica así como unha poboación cunha elevada esperanza de vida, baixa taxa de natalidade, e unha taxa de reemplazo xeneracional decrecente. Establecidos estes parámetros, cambios puntuais en variables macroeconómicas como o nivel de desemprego, crecemento económico, actividade industrial, etc. non afectan á capacidade do sistema para responder aos seus fins, se ben podería determinar unhas condicións duras de acceso á pensión, ou unha redución da mesma, que leven á busca de complementos para a pensión pública.
Se ben un sistema público de reparto nunca pode ser directamente comparable a un sistema privado de capitalización, pois este último obvia o gasto social ao trasladalo por completo aos presupostos do Estado, si é posible comparar a rendibilidade que ofrecen ambos sistemas. Agora ben, este indicador non é garante de benestar social dado que cuestións como, por exemplo, o xeito de reparto, non son consideradas. Non obstante, unha comparativa en base a rendibilidade permite a análise de cómo se comportan estes diferentes sistemas en varios contextos económicos como é a crise económica actual.
De xeito, nunha situación económica adversa, os plans de pensións que poderían sustentar un sistema privado de capitalización, amosan unha preocupante incapacidade de dar resposta aos fins para os que foron constituídos. Se observamos a evolución nos últimos 15 anos dos fondos de pensións españois, en media, estes fondos presentaron unha rendibilidade inferior a aquela reflectida tanto pola renda fixa como variable. Esta realidade ponse de manifesto, entre outros, nos datos publicados pola Asociación de Instituciones de Inversión Colectiva y Fondos de Pensiones (INVERCO) ou en traballos académicos como os elaborados polo profesor Pablo Fernández, en colaboración con outros investigadores, destacando aquel titulado “Rentabilidad de los Fondos de Pensiones en España. 1998-2013”. Deste xeito, e para o período de análise 1998-2013, pódese afirmar que os fondos de pensións nacionais de renda fixa a longo prazo obtiveron unha rendibilidade media anual do 1,88%, mentres os fondos de pensións centrados na inversión en renda fixa a corto prazo obtiveron o 1,65%, e os de renda variable un 0,18%. Pola súa banda, os fondos que combinaban renda fixa e variable obtiveron rendibilidades anuais do 1,74% e do 1,60%. Estes valores están moi por debaixo do 4% ofrecido polo IBEX35 ou do 4,4% anual que ofreceu a renda fixa española no mesmo período. En consecuencia, podemos afirmar que os fondos privados de aforro non son a mellor alternativa para garantir unha boa pensión nunha coxuntura de crise económica como a que vivimos nestes anos. Ao mesmo tempo, non debemos esquecer a taxa de inflación do período, así como as comisións aplicadas individualmente a cada un dos partícipes por parte das entidades financeiras que ofertan estes produtos, o cal pode redundar na perda real de valor da inversión realizada, isto é, que se reciba menos do aportado en termos reais.
Pese as duras críticas que recibe a xestión pública en xeral, debe sinalarse que o fondo de reserva da Seguridade Social alcanzou unha rendibilidade anual superior ao 4% para un período similar e tendo en conta que leva en funcionamento trece anos. Polo tanto, considerando exclusivamente os datos, o comportamento do sistema público de pensións superou notablemente ao experimentado polos fondos de pensións privados. Non obstante, cabe salientar que os criterios que guían as decisións de investimento son distintas en ambos casos, ben estabilidade e menor risco no sistema público fronte á busca de unha maior rendibilidade a un risco moderado nun sistema de capitalización. Por isto, en momentos de crise é de esperar que o sistema público obteña mellores resultados que os plans de pensión privados, mentres que polo contrario en momentos de expansión económica é de esperar que os plans de pensións batan en resultados ao sistema público.
Baseándome nestes datos, e considerando que existen varias alternativas para garantir as pensións futuras aparte dos plans privados de pensións, tales como o investimento en inmobles, por exemplo, a través da propiedade dunha vivenda chegado o momento da xubilación, a realización de investimentos en produtos financeiros de aforro a título individual, etc., cómpre pensar o porqué do protagonismo vencellado aos plan de pensións privados nos distintos debates sobre a sostenibilidade do sistema público, sobre todo, vendo os malos resultados que ofrecen a longo prazo en momentos de crise como os actuais.
A priori, podemos entender que cada individuo, en base aos seus coñecementos, necesidades e aversión ao risco, é o mellor suxeito para decidir en qué quere materializar o seu aforro para a xubilación. Sen embargo, parece que a existencia de incentivos fiscais para os plans de pensións privados provocou que non se empregaran outros mecanismos de aforro para a xubilación. Simultaneamente, gran parte dos titulares destes plans de pensións, puxeron o acento na desgravación fiscal e non tanto no tipo de produto que estaban contratando, por exemplo, elixindo o tipo de investimentos (renda fixa, renda variable, etc.) acorde ao seu perfil de risco. En consecuencia, persoas con idades próximas á xubilación apostaron gran parte dos seus esforzos de aforro a este produto, cando o seu horizonte de investimento debía ser a curto prazo. Como resultado, parte da poboación que esperaba xubilarse en anos próximos e posteriores ao 2008 viuse atrapada nun investimento sen opción de saída xusto no momento no que debían recuperar a súa inversión.
Estas reflexións deberían contribuír a subliñar a importancia de considerar a finalidade do aforro e o perfil de risco do individuo, sobre todo, ao marxe de consideracións fiscais. O feito de que existan incentivos fiscais a certos produtos pode chegar a compensar unha baixa rendibilidade, pero tamén pode abocarnos a consecuencias moi perniciosas como é o feito de perder gran parte dos nosos aforros nun momento crucial como pode ser o inicio da nosa xubilación. En conclusión, é necesario unha alfabetización financeira da sociedade ao mesmo tempo que debe existir un comportamento ético e unha labor de asesoramento por parte dos axentes encargados da comercialización deste tipo de produtos con tanto impacto social. Deste xeito, a oferta de produtos de aforro para a xubilación permitiría ofrecer a cada inversor un produto axeitado ás necesidades que demanda e ao seu horizonte inversor.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado | Deja un comentario

Entrevista a Domingo Guerra

por Jorge Lago de Pexejo

Séntome privilexiado, porque este papel de entrevistador é enormemente enriquecedor. Non só cumpre a función de dar a coñecer os nosos personaxes a través da revista TMT, senón que a nivel persoal me permite por un breve espazo de tempo ter unha conversación con xente do máis interesante. Estas pequenas recompensas non teñen prezo.
Domingo A. Guerra París é outra desas perlas que compoñen o colar que TMT está a lograr Picture10facer coa nosa xente.
A través da nosa correspondencia, Domin doume a entender que é bastante, moi modesto e pono en apuros iso de ter que resaltar as súas calidades persoais ou profesionais, pero o meu deber como entrevistador e precisamente resaltar a alta gama de valores e matices que temos no noso Muros.
Fillo de Antonio Guerra e de Tomasa da Florera, naceu en Muros no ano 1964. Casado con Marita (unha guapa muradana de Miraflores), ten unha filla que tamén se chama Marita e da que se sente orgulloso.
No ano 1987, por oposición libre, entrou a traballar no Concello de Muros, donde desempeñou o posto de xefe do departamento de contabilidade e control interno e, con carácter accidental, ocupou os postos de Secretario Xeral e de Interventor. Cinco anos despois, no ano 1992, pasou a formar parte da Área de Facendas Locais, do Consello de Contas de Galicia, onde realiza a súa vixente actividade profesional facendo auditorías aos Concellos, Deputacións e demais Corporacións Locais galegas.
Picture11É Licenciado en Económicas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde se especializou, tamén, en economía pública e política económica obtendo as máximas calificacións. É Máster en Auditoría de Contas polo Instituto de Auditores Censores Xurados de Contas de España e pola USC. Ademais, é Auditor de Sistemas de Información (inscrito co número 80 de España no RASI). Auditor Interno, membro do Instituto de Auditores Internos de España (número 2743), é Experto en Contabilidade e Información Financeira (ECIF 917).
Realizou traballos de investigación sobre o municipalismo galego e participou como ponente en diversos cursos, conferencias, congresos e xornadas. Publicou artigos en revistas de economía e auditoría sobre a actividade económico financeira e orzamentaria do sector público local. Así mesmo, é analista e consultor, experto na elaboración de Diagnósticos integrais de situación e implementación de plans estratéxicos.
Estudioso empedernido, ten publicados un bo número de traballos sobre temas económico-financieiros: «Os concellos e os efectos negativos da globalización nas comunidades costeiras», “As operacións de Tesourería: unha proposta de fiscalización”; «A cuantificación do remanente de tesourería nos municipios galegos menores de cinco mil habitantes». “A rendición de contas nos municipios galegos”, e un longo etcétera.
En 2010 publicou o libro «Actividad económica muradana. Una visión subjetiva», no que describe a situación económica recente do noso municipio. Actualmente, colabora no Diario Dixital da Costa da Morte «Qué pasa na costa» con un artigo mensual sobre economía dos concellos da zona.
No ano 2007, xunto con outros muradanos comprometidos, fundou a Asociación “SORUM”, da que foi presidente ata que cesaron as súas actividades en abril de 2013. Durante ese tempo a asociación desplegou un amplo abano de actividades culturais, deportivas, etnográficas etc., que dexeixaron unha fonda pegada en Muros e a súa bisbarra.
J.L._ Din que as cousas boas teñen curta vida e SORUM era bo para Muros e para os muradáns. Por qué se disolveu SORUM?
DOMIN: _ Antes de comezar coa entrevista, permítame transmitir os parabéns a todos e cada un dos colaboradores da súa revista, pola magnífica labor de divulgación que están realizando sobre o noso concello. E, por suposto, grazas tamén a vostede por entrevistarme. Por certo, xa sabe que me sinto un pouco incómodo porque considero que hai moitísimas persoas de Muros infinitamente máis interesantes que entrevistar, pero, dito iso, contéstolle inmediatamente.
Sen entrar en valoracións sobre si SORUM foi un proxecto de interese para algúns muradáns -non son tan ousado-, a asociación cesou as actividades ao non poder compaxinar os nosos traballos coa dedicación que esixe organizar as cousas como nos gusta. Sen embargo, debo confesar que durante este tempo non perdín a esperanza de que puidésemos retomar os traballos, e por iso a asociación, aínda hoxe, non está legalmente disolta. De todas formas, desde a separación dos meus cuñados Tono e Manola, que xunto a Sol e Pedro, Ángeles e Andrés e Marita e máis eu, formábamos a entidade, xa é imposible continuar. Unha mágoa, pero é así.
J.L._ Grazas polas túas amables palabras Domin, procuraremos defraudar cada vez menos aos que confían en que estamos a facer algo positivo.
Ti cres que a pesar desa xente inqueda e dalgúns comprometidos, hai falta de voluntade popular para facer máis cousas nas nosas comunidades e concretamente en Muros?
DOMIN:_ Cando se fan cousas por e para os teus veciños, sen interese persoal, evitando protagonismos innecesarios, facendo as cousas con honestidade, nunca se defrauda a ninguén. Porque os resultados avalan sempre o traballo ben feito.

Recoñezo que non é fácil implicar á xente en proxectos asociativos, porque esixe tempo, esforzo e moitas veces cartos do teu propio bolsillo, para sacar adiante as actividades. Pero iso ocurre en Muros e en calquera outro lugar.
No caso concreto de SORUM, os oito compoñentes tíñamos lazos que iban máis alá da amizade. E, así, foi moi sinxelo facer cousas. Formamos un equipo no que o afecto e admiración era recíproca. Estábamos moi unidos e, por iso, nos momentos de desánimo e impotencia ante as múltiples críticas que inevitablemente xurden, animábamonos mutuamente para superar as adversidades. Esa foi a base de SORUM.
Considero que Muros, como calquera outro municipio, conta con xente comprometida socialmente e cando pides axuda para emprender actividades, os teus veciños responden inmediatamente. Polo menos, esa é a nosa experiencia.
J.L._ Imos empezar con cuestións que tí como economista estás sobradamente posicionado para responder.
Se sentas a catro economistas na mesma mesa é raro que algún dos catro coincidan nas razóns da desfeita económica que nos afecta a case todos hoxe. Ocurre eso porque á hora de facer prognósticos os economistas están máis influenciados polo seu propio perfil ideolóxico, polo ensino recivido ou porque realmente practican unha ciencia inexacta?
DOMIN: Sempre recomendo aos amigos que non inviten a economistas a un debate, e menos a catro, porque, ademais de ser uns pesados, por cada economista de reputación hai outro que pensa o contrario. O gracioso é que calquera das visións pode considerarse adecuada para que lles concedan o premio Nobel.
Bueno, en serio, xa sabes que a economía é unha das ciencias sociais que máis avanzou desde o punto de vista teórico e metodolóxico. Pero, como toda ciencia social, o comportamento dos seres humanos xoga un papel básico e, por iso, é difícil facer prognósticos.
Permíteme este chiste: Por qué Dios creou aos economistas? Para que os meteorólogos quedasen en bo lugar. Xa sei que o chiste é moi malo, pero tamén esclarecedor.
Ah!, por certo, mira qué bo exemplo, eu mesmo subtitulei o libro «Actividade Económica Muradana» engadindo «Unha visión subxectiva», precisamente para recalcar que tanto o enfoque como os comentarios poden non coincidir con outras formas de interpretar a realidade económica do noso municipio. Os datos son obxectivos, incuestionables, pero as opinións nunca están exentas de xuízos de valor que, lóxicamente, se impregnan de múltiples influencias e vivencias persoais.
J.L._ «Benaventurados os que se rin de si mesmos por que a sua felicidade non terá fin» di o proverbio. Pero tamén nunha nota nota máis seria. Para aqueles que non lemos as túas nin outras publicacións sobre economía e non obstante somos testemuñas e máis veces que non victimas dos descalabros socio económicos que padecemos. Tes alguna teoría do porqué Muros de ter sido un pobo moderadamente próspero foi decaendo e indo a menos demográfica e tamén económicamente? É o noso illamento xeográfico o principal motivo ou hai outras razóns?
DOMIN:_ Buf! Jorge, vaia pregunta máis complexa. A importancia histórica de Muros é de sobra coñecida. Pero a vixente realidade, como ben dis, non ten nada que ver co pasado e, lamentablemente, estamos perdendo puxanza.
É certo que cada vez temos menos habitantes e a poboación está fortemente envellecida (con taxas superiores á media de España), porque o saldo vexetativo é negativo (menos nacementos que defuncións) e o saldo migratorio (emigrantes menos inmigrantes) tamén é deficitario. Todo pola mesma causa: non hai traballo.
E non hai traballo porque carecemos dunha estrutura produtiva forte. Verás, o subsector agrario (agrícola, gandeiro e forestal), é de autoconsumo familiar. O subsector empresarial caracterízase polo predominio das microempresas ou autónomos (non hai industria). O comercio languidece desde fai anos. O sector pesqueiro de baixura e de arrastre ten permanentes problemas de todo tipo. E, por último, a crónica estacionalidade do turismo, tamén é un problema a resolver.
Pero existen solucións, o complicado é adoptar as medidas de política económica acertadas para que Muros se converta nun municipio que proporcione traballo e benestar aos veciños.
Sería un imbécil si pretendera expoñer solucións para corrixir esta situación. Ademais, para iso eliximos cada catro anos aos nosos gobernantes municipais. Que son os que saben. Non?
Pero, se o permites, non quero desaproveitar a oportunidade para comentar o seguinte respecto ao sector pesqueiro é ao turismo, por ser os máis representativos da nosa economía.
No sector pesqueiro temos unha situación xeográfica privilexiada e unha cantidade e calidade das capturas excepcional, factores que se deben aproveitar, porque a lonxa comercializa un volume de transaccións que a converten na 7ª de Galicia. O sector marisqueiro xa está profesionalizado grazas, entre outros, á magnífica labor de Nando Lago e da Presidenta das mariscadoras, Juana Martínez, así que se debe poñer en valor o noso produto. Por último, a miticultura (cultivo de mexillón) ten xa unha incuestionable importancia. En canto ao turismo, temos un concello dotado dun enorme potencial para que poida converterse nun municipio turístico de calidade. Porque ten recursos endóxenos, como o valioso patrimonio artístico, cultural, etnográfico, natural, etc. Dispón de mestura de montaña, praia e mar; ten patrimonio civil que vai desde a prehistoria ata monumentos medievais, pasando por obras máis recentes. Tamén conta cun patrimonio relixioso espectacular. Pero hai que conseguir que os turistas nos visiten durante todo o ano.
En definitiva, contamos con moitas vantaxes competitivas, pero temos que crer máis en nós. Porque xuntos podemos facer un municipio capaz de dar traballo aos seus. Que, estarás de acordo comigo, é o máis importante.
J.L._Décheslle no cravo!! As túas explicacións, son sumamente informativas e esclarecedoras.
A min por iso de ter que vivir fora podo facer comparacións. Tocoume aparcar nunha localidade que hai unhas cantas décadas non era moi diferente a Muros. Os primeiros que se asentaron aquí, alá polos 1640 dependeron da agricultura e a pesca ata fai relativamente pouco tempo e tampouco podemos decir que tiveron unha vida moi folgada. A similitude con Muros que quero resaltar é o feito de que sendo un pobo situado case literalmente no cu do mundo (East End of Long Island) soubo transformarse coas esixencias dos tempos que corrían. Tan pronto alguén descubriu que esta comunidade de labregos e pescadores ofrecía algo único como o ambiente xenuinamente propio e a distancia do mundanal ruído, e sin importar que estamos a casi 200 km. de Nova York empezou a vir xente que sabía apreciar moi ben o que esto ofrecía e paulatinamente, sen exuberancias e sen ese afán de atraer pan para hoxe e fame para mañá e como ti dis; cun xeito intelixente por parte das munipalidades,  non convertiron estes eidos en trampas turísticas peseteiras se non que tiveron unha visión a longo prazo. Ese tipo de xestión foi o que fixo deste lugar unha meca turística cun gran futuro . Ás veces a situación xeográfica illada pode ser unha bendición porque realmente xa non existen moitos sitios que gocen desas condicións. A pregunta é se aínda temos posibilidades de que Muros se converta xa non digo nunha meca turística que podrecía selo (O Mediterráneo español está tan saturado de lixo urbanístico que Muros é unha xoia comparado con eses lugares), pero nun pobo que poida soster a súa poboación con políticas intelixentes e frear a fuxida dos nosos mozos que son o noso futuro.
DOMIN:_ A resposta á túa pregunta é si. Claro que hai posibilidades de que Muros sexa un municipio próspero, capaz de dar traballo aos seus. Por suposto que sí, Jorge. Estou completamente seguro. Non quero ser pretencioso nin me cega a paixón como muradán. Falo con coñecemento de causa, en serio.
Por motivos de traballo, coñezo as «entrañas» de case todos os concellos de Galicia. Este ano pasado, por exemplo, estiven facendo auditorías nos concellos de As Nogais e Mondoñedo (Lugo), Covelo e Salceda de Caselas (Pontevedra), pero tamén auditei o Concello de Noia, e así como nos catro primeiros concellos prefiero non opinar, no caso concreto de Noia sorprendeume gratamente a xestión realizada polo alcalde, Rafael García Guerrero, porque saneou as contas municipais presentando aforro neto positivo, superávit orzamentario e remanente de tesourería moi elevado. Pero e que ademais, cando visitas Noia, observas que ten vida. E confeso que me da envidia. Poño este exemplo como mostra de traballo intelixente dos políticos locais e de adaptación dun pobo aos novos tempos. E, tamén, porque a pesar de todo o que fagan, ja,ja,ja, a ría é nosa!
Para non cansar en exceso, e sen outra pretensións máis que apuntar dúas ideas que estarán na mente de todos, cóntoche o que penso sobre o turismo. Primeiro, é necesario conseguir que a demanda turística se estenda a todo o ano, co fin de que os recursos xeren renda e emprego compatibles co desenvolvemento sostible. Si se traballa publicitando o turismo etnográfico, o gastronómico e o relacionado coa natureza (senderismo, pesca, windsurf, remo, vela, etc.), temos que «arrasar». Hai moita industria arredor destas actividades aínda sen explotar. Segundo, non debería resultar complicado conseguir que numerosas embarcacións procedentes do norte de Europa, que viaxan ata o Mediterráneo, recalen no porto, e non digamos das que realizan travesías polas nosas rías, xa que a privilexiada situación xeográfica e climatolóxica, unido aos moderados prezos dos diferentes establecementos comerciais, son condiciones que por si solas permiten captar este tipo de turismo. Non teñas dúbida. Unha intervención pública eficaz ten que conducir, necesariamente, a melloras na calidade de vida dos veciños e proporcionará postos de traballo, para moitos que se tiveron que marchar. Pero hai que traballar duro. Moi duro. Posibilidades non faltan, pero o esforzo debe ser común, neste caso todos somos necesarios. Os políticos e os cidadáns.
J.L._ Falas de desenvolvemento sostible e de conseguir demanda turística, pero iso require de dous factores importantes que son capital e infraestrutura. Non quero ser repetitivo, pero se ti tiveses poderes plenipotenciarios e dado que podes facer comparacións sobre diferentes maneiras de xestionar as economías locais. Cal sería o primeiro paso para empezar a transformar a economía muradana cara a un futuro viable?. Digo isto por eso de que o inferno está cheo de boas intencións, pero as boas intencións non bastan.
DOMIN:_Un alcalde dun coñecido municipio de Ourense, de características similares ao noso concello pero que é considerado paradigma de traballo ben feito, díxome unha vez: «si nós tivésemos a metade dos recursos de Muros, faríamos marabillas». Contesteille: «depende». Porque estou de acordo contigo en que boas intencións non bastan.
Pero, sei que Muros ten capital e infraestrutura suficientes para conseguir turismo de calidade. Sen embargo, como en calquera proceso planificador, debe estar fomentado polos dirixentes municipais tendo moi en conta as fundadas opinións dos colectivos implicados. En definitiva, non é suficiente contar con recursos turísticos singulares, é necesario entender que se trata dunha labor que se debe construír entre todos e por todos.
Ese é o primeiro paso para transformar calquera sociedade. Necesitamos falar máis e asumir que non temos por qué ter a razón sempre. Si vogamos para o mesmo lado, obteranse bos resultados, seguro.
A coñecida expresión económica de que «toda oferta crea a súa propia demanda» formulada na Lei de Say (Jean Baptiste Say, economista francés, 1767-1832), resume perfectamente o que quero dicir: «si facemos as cousas ben, entre todos, teremos quen merque o noso produto». E iso vale tanto para o turismo (propietarios e empregados de aloxamentos, restaurantes, bares, comercios, establecementos lúdicos e técnicos municipais de turismo), como para o resto de actividades.
J.L._ Tamén dixo Keynes que é a demanda a que xenera o incremento da oferta e que a demanda é o motor da economía, a mín esas duas contradiccións a de Say vs Keynes confúndenme bastante moito.
DOMIN:_ A confusión é lóxica, pásalle a todo o mundo. Intentarei explicalo de forma breve.
Académicamente distínguense dúas grandes escolas de pensamento económico: os clásicos (cuxo referente é Adam Smith) e os keynesianos (que reciben a súa denominación de John Maynard Keynes). Cada escola ten un enfoque diferente: os primeiros defenden a Lei de Say, mentres que os Keynesianos, como ben dis, sosteñen que a demanda é o motor da economía, ao considerar que en situacións de escaseza de demanda (pouco consumo, pouca inversión ou déficit da balanza comercial), o goberno debe actuar con medidas de política monetaria ou fiscal expansivas, para incrementar a demanda efectiva, conseguindo aumentos na produción, na renda, no emprego, etc.
Pero, os clásicos, e as súas versións máis actuais, como Neoclásicos (Alfred Marshall), Monetaristas (seguidores de Milton Friedman) ou a Nova Macroeconomía Clásica (Robert Barro), por exemplo, defenden que a plena flexibilidade de prezos e salarios levarán automaticamente a situacións de equilibrio sempre, e por iso son contrarios a que o Estado interveña na economía, porque, segundo eles, o mercado  actuando libremente axustará a oferta á súa demanda.
A obra de Keynes xurde para dar resposta a problemas que o paradigma clásico non resolvía, como a Gran Depresión do 1929, donde a oferta non creaba a súa demanda.
Persoalmente, son dos que pensa que o Estado debe intervir na economía. A demanda agregada está composta polo consumo, a inversión, o gasto público e a diferencia entre exportacións e importacións. Así que aumentando o gasto público, aumentas a demanda agregada ou o que é o mesmo a Riqueza Nacional. Non creo na perfección do mercado. Nese sentido, considérome máis Keynesiano que Neoliberal. Son defensor da Educación a Sanidade públicas, universais e gratuítas. Defendo a redistribución da renda e riqueza, e aposto por servizos públicos de calidade. En definitiva, aspiro ao estado de benestar entendido nun sentido amplo do termo.
J.L. Non sei que fas fisgoneando nas contas dos concellos cando terías que ter cátedra en MIT, Stanford ou Berkeley. A min, por poñelo dunha maneira un pouco simplista, as teorías de Milton Friedman dánme bastante repeluxo, pero si tódolos conceptos filosóficos e tamén os económicos fosen cortados polo mesmo patrón, o mundo sería bastante aburrido, supoño.
Antes de someterche ao cuestionario que pecha todas as nosas entrevistas, quero ofrecerche todo o espazo que queiras usar para darnos unha reflexión sobre o pasado, presente e futuro do noso pobo, de como o conceptualiza un economista, se che parece moito pedir, polo menos fálanos de cómo ves o futuro.
DOMIN:_ Enfadeime con Michael Spence (profesor en Stanford) e con George Akerlof (profesor en Berkeley), e non quixen traballar con eles. No Massachusetts Institute of Technology, a verdade é que non me ofreceron traballo. Ja, ja, ja., …
Jorge, xa que me permites a posibilidade de comentar algo para rematar, aproveitarei o espazo non para facer prognósticos de futuro –equivocaríame seguro–, senón para gradecer públicamente o trato dispensado, e decirche que me gustaría que nos coñecéramos persoalmente. Moitas grazas, tamén, por facerme sentir tan cómodo que incluso disfrutei respondendo a cuestións realmente complexas.
Aos lectores, si aínda queda algún, desculpas polo aburrido que puidera ser. E, por último, aos membros da vosa publicación, noraboa e o meu sincero respecto por traballar desinteresadamente para os muradáns.
J.L. Polo que levamos conversado vexo que ti ao igual que eu tamén sofres de «muradanitis» aguda, dese virus dos que moi poucos somos inmunes.
Sei que quedan moitas preguntas por facer e moitas respostas pendentes que nos iluminarían ainda máis. Conto en que esta non sexa a única entrevista que nos concedas e así poidas seguir impartindo aos nosos lectores máis doses da tua erudición.
Grazas DOMIN, foi un gran placer ter esta conversa contigo.
Ahí che vai o cuestionario de Bernard Pivot co que rematamos tódalas entrevistas.
1. J.L_ Cál é a túa palabra favorita?
INFINITAMENTE
2. J.L._ Cál é a menos favorita?
MORTE
3. J.L._ Qué te emociona?
A SOLIDARIEDADE
4. J.L._ Qué son ou ruído che gusta?
O SON DA GAITA GALEGA É ESPECTACULAR.
5. J.L._ Qué son ou ruído detestas?
OS BERROS
6. J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?
LAMENTABLEMENTE DIGO MÁIS TACOS DOS QUE DEBERA. HOSTIA, TANTO PARA ADMIRACIÓN COMO PARA EXPRESAR ENFADO. SÍ, HOSTIA.
7. J.L._ Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer?
A QUE TEÑO NON ESTÁ MAL
8. J.L._ Qué profesión non desexarías facer?
A DE SACERDOTE. ISO DO CELIBATO NON O LEVARÍA NADA BEN.
9. J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?
NON SEI. SUPOÑO QUE: OLA DOMIN, CÓMO ESTÁS?

Publicado en Entrevistas | Etiquetado , | Deja un comentario

O Catastro do Marqués de la Ensenada (II)

p/ Manuel M. Caamaño

Respostas da vila de Muros ao interrogatorio xeral para a elaboración do catastro do ano 1953. (respostas 5 a 15)
5. De cuántas calidades de tierra hay en cada una de las especies que hayan declarado, si de buena, mediana e inferior.
5ª A la quinta, que en cada una de otras especies ay primera, segunda y tercera cada concepción de los frutales y los Robles que son de una sola y responden.
6. Si hay alguno plantío de árboles en las tierras que han declarado, como frutales, moreras, olivos, higueras, almendros, parras, algarrobos, etc.
6ª A la sexta, que aunque en los términos de esta Villa se allan algunos frutales, como son Picture9Perales, Manzanos, higueras, no ay ningunos olivos, moreras ni otros de los que concierne la pregunta y a ella responden.
7. En cuáles de las tierras están plantados los árboles que declararen.
7ª A la séptima, que los frutales que dejan declarado en la antezedente, y los Robles que contiene la cuarta, se allan en tierras que solo sirven para estas especies y aunque ay tal qual Roble o frutal disperso se enquentran y responden.
8. En qué conformidad están hechos los plantíos, si extendidos en toda la tierra o a las márgenes, en una, dos, tres hileras, o en la forma que estuvieren
8ª A la octava, que aunque queda dicho que los frutales y Robles, se allan en tierra destinada solo para ese efecto, están plantados confusamente sin orden, extendidos por todas las tierras, sin arte ni curiosidad, y los dispersos salteados y no en hileras, y responden.
9. De qué medidas de tierra se usa en aquel pueblo: de cuántos pasos o varas castellanas en cuadro se compone, qué cantidad de cada especie de granos de los que se cogen en el término se siembra en cada una.
9ª A la nona, que la medida de que se usan en esta Villa y su Término, es con el nombre de Ferrado de Centeno que se compone de doze Concas, lo mismo que el de trigo y mijo menudo, tiene de circunferencia ciento y Veite baras castellanas que corresponden treinta por cuatro y en lo que ocupa esta medida, se siembran nueve Concas de Trigo, una de mijo menudo, tres de maíz, un Ferrado de Linaza, que de cada una de estas dos últimas Especies haze el Ferrado diez y seis Concas, y responden.
10. Qué número de medidas de tierra habrá en el término, distinguiendo las de cada especie y calidad, por ejemplo, tantas fanegas, o del nombre, que tuviese la medida de tierra de sembradura de la mejor calidad, tantas de mediana bondad y tantas de inferior; y lo propio en las demás especies que hubieren declarado.
10ª A la Décima, que no pueden decir XXXXXX fijo el número de medidas de tierra que ay en esta Villa y su Término, solo que tienen especies y calidades que dejan depuesto, se cultivan y fructifican, a excepción de los montes, Airas , y caminos, para cuya verificación se remiten a las relaciones de los individuos, y reconocimiento que el Señor Subdelegado ha echo, conformándose en el número que de estas diligencias resultan, y responden.
11. Qué especies de frutos se cogen en el término
11ª A la undécima, que en esta Villa y su Término se cojen berzas Gallegas, en la hortaliza, en la sembradura, Zenteno y Maíz, en el viñedo vino, en los frutales fruta, y en los Prados yerba de siega, y responden.
12. Qué cantidad de frutos de cada género, unos años con otros, produce, con una ordinaria cultura, una medida de tierra de cada especie y calidad de las que hubiere en el término, sin comprender el producto de los árboles que hubiese.
12ª A la duodécima, que una medida de tierra de las que dejan explicado, tanto de sembradura, Regadío, como el Secano que no se distinguen en su producción mediante la tierra regadío es posible menos substancia, que la de secano, y la que tiene es solo por el beneficio del agua y sembradura de Maíz con una ordinaria cabacera, y siendo de primera que produze quatro ferrados al año al siguiente se siembra de Zenteno y produze tres Ferrados, y cogido este, y en el mismo año se siembra otra vez de mais y produce otras tres Ferrados de esta Especie, siendo de segunda calidad se siembra un año de mais y produce tres ferrados, al siguiente se siembra de Zenteno de primera mano y produze tres, y cojido este y en el mismo año se siembra de mais y produze dos ferrados y medio, siendo de tercera calidad se siembra un año de mais, y produze dos ferrados, y alternativamente se hace de Centeno y produze dos ferrados. Un ferrado de tierra puesta, a Obrtaliza tanto de regadío como de secano, regular su producto siendo de primera cosecha en veinte y quatro Reales de vellón, de segunda en diez y ocho, y de tercera en doze. Un ferrado de Tierra puesta a viña de Cata produce tres cañados de vino de primera cosecha, de segunda dos, y de tercera una. El de prado regadío primera cosecha regular en doce Reales de Vellón, de segunda en ocho, y de tercera en seis. Siendo de secano de primera cosecha le regulan en ocho Reales, de segunda en seis, y de tercera en quatro. El ferrado de Robles que todo es única Calidad lo regulan en quatro Reales de Vellón. Y el de tojar o Jiestar que todo tiene una misma estimación lo regulan siendo de primera calidad en dos Reales de Vellón por el poco tojo o jiestar que produze y por no xxxxxxx; el de segunda Real y medio, y el de Tercera un Real, y los Montes Comunes por ser inútiles de naturaleza no le consideran utilidad alguna, y responden.
13. Qué producto se regula darán por medida de tierra los arboles que hubiere, según la forma en que estuviese hecho el plantío, cada uno en su especie.
13ª A la Treze, que el ferrado de tierra poblado de frutales de la naturaleza que dejan declarado en las preguntas seis, siete y ocho, que regulan todos por de una misma Calidad le consideran en Veinte y quatro Reales de Vellón al año; y aunque se encuentran algunos pies de frutales esparcidos en las tierras de sembradura y Hortaliza no hazen regulación de estos mediante esta refundida su utilidad en el producto que tienen dado a las tierras y que han considerado por su justo balor , y responden.
14. Qué valor tienen ordinariamente un año con otro los frutos que producen las tierras del término, cada calidad de ellos.
14ª A la Catorze, que computados unos años con otros, estiman el ferrado de trigo en seis Reales de Vellón el de Zenteno en tres, el de maiz en quatro, el de mijo (pag7) menudo en dos. El Cañado de Vino en ocho Reales que corresponde al azumbre Maravedíes. una Libra de Loza labrada en doze Reales de Vellón, un ciento de sardina salada Real y medio, y siendo fresca diez y seis Maravedíes. una Gallina dos Reales, un Carnero onze, un par de Capones cinco y lo mismo aun Cabrito, aun Cordero quatro, a una libra de lana un Real, a una marrana ocho, a un quartillo de miel quatro, y otro tanto al de manteca, y diez a un carro de paja triga, y que un millar de sardina dulze vale veinte Reales de Vellón, y un par de pollos un Real, y responden.
15. Qué derechos se hallan impuestos sobre las tierras del término, como diezmo, primicia, tercio-diezmo u otros; y a quien pertenecen.
15ª A la quinze, que los ¿derechos? impuestos ¿sobre? las tierras de esta Villa, son los ¿mínimos? de los granos que producen, y por lo que mira a los ¿mínimos? de la mar, aunque no se pagan en especie los cobra en maravedíes esta Villa según Convenio antiquísimo que hizo al tiempo de la fundación de la Colegiata que existe en ella, obligándose a concurrir con las porciones que contestarán en la pregunta siguiente y suprimiendo los xxxx que antiguamente percivia el Cura párrocho que havia en la Yglesia Parrochial que oy es Colegiata, y el Cavildo de Santiago, y otros XXXX los percive el mencionado Juez y canónigos de la misma Colegiata con el expresado Cavildo en los términos que constarán en la pregunta siguiente: Tamvien se paga en Boto de Santiago Apostol que es medio ferrado de Centeno cada vezino que tiene labranza; pero no se paga Primicia ni oblata, y en orden a las mas pensiones particulares se rremiten a las relaciones de los Ynteresados, y responden.

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Aquilegia vulgaris

p/ Amado Barrera

Disque (Xosé Ramón García na súa imperdible “flora de Galicia” (tamén o di o seu propio nome específico) que “é unha pranta moi vulgar”, pero eu non vos estóu nada dacordo, porque sendo certo que non é excepcional vela se ún é aficionado a frecuentar algunhas das moitas sendas do colesterol que polos montes de Muros temos, chamar vulgar a esta preciosa dama é unha ofensa floral, mirade as imaxes e decidme se non o é.
Trátase dunha especie protexida en moitas partes do continente (iso tampouco é que sexa moi vulgar).
Picture8Disque (idem) ten moitos nomes populares, pero pasa coma con case que tódolos nomes populares de animais e prantas, que ninguén os coñece hoxendía, mágoa da vida de costas á Natura!
Coido que o nome que se lle pon pola nosa beiramar é o de “paxariños”, outros son “herba dos pitos”, “escornacabras” (non me preguntedes por qué), bonetes…
Frolece no verán, asi que aproveitade e buscade por ela, pero só para afotala, nin se vos ocurra collela, que é unha xoia dos montes.
E moito ollo, que é venenosa, MOITO, MORTAL!!.
Nota: O díptero que aparece nas imaxes é un Bombylius major, dotado dunha larga probóscide adaptada para collelo néctar destas flores de tan complicado diseño, ás que tamén poden acceder só algunhas mariposas, coa súa espiritrompa especialmente desensrolada. Recomendo visita-la pxína de ASTURNATURA na que se describen as fantásticas características da vida e desenrolo destas preciosas “moscas”:
http://www.asturnatura.com/especie/bombylius-major.html

Publicado en Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario