As Cruces de Consagración da parroquial de Muros

p/ Manuel Lago Álvarez

A igrexa parroquial de Muros conserva no seu interior, en diferentes lugares do templo, un conxunto de doce cruces gravadas en pedra. Non é fácil velas porqueImagen67 tampouco é moi coñecido o seu significado.

Chámanse “Cruces de Consagración” a cada unha das doce cruces unxidas co óleo sagrado (crisma), dispostas no interior dunha igrexa ou catedral durante a cerimonia da súa consagración polo bispo diocesano. As doce cruces representan aos apóstolos como piar da Igrexa e para a maior gloria de Deus.

De ordinario, estas cruces, en si, poden estar pintadas, ser de de metal, gravadas ou talladas nos seus soportes, sexan muros, piares ou columnas. Normalmente, diante de cada cruz situábase un candelabro de consagración, para que lucira alí unha candela no aniversario da consagración. As cruces representan un dos mais importantes signos da santidade da Igrexa.

As cruces muradanas están distribuídas gardando unha simetría singular. Oito, a dereita e esquerda, sobre os capiteis dos arcos góticos; dúas no presbiterio, na parede este, e as outras dúas no fondo do templo, no interior da fachada oeste, a ambos lados da porta prinImagen68cipal. As cruces, gravadas nos sillares, son do tipo “ensanchada ou patada”, incrustadas nun círculo cóncavo.

O templo de Muros, que foi rematado no ano 1400, como así o acredita a inscrición que hai nunha das portas laterais, debeu ser consagrado polo Arcebispo de Compostela, e Señor de Muros, Don Lope de Mendoza. A inscrición a que me refiro, completada e traducida polo historiador López Ferreiro, indica na súa primeira liña: “O ARZOBISPO DON LOPO A MANDOU FACER E FEZ”. Dudosamente puido o Arcebispo Don Lopo ordenar construír o templo e rematarse no 1400, porque o citado Arcebispo, foi nomeado no ano 1399, durando o seu pontificado ata o ano 1445, pero en todo caso, si puido o bispo consagrar o templo.Imagen66

A cerimonia de consagración non foi documentada, pero non debeu diferir moito da consagración da Catedral de Santiago, (21 de abril de 1211), e na que tódolos presentes deron tres voltas o exterior do templo con cánticos e oracións antes de acceder ao templo, seguindo a cerimonia con unha procesión por dentro do templo, onde estaban as cruces, que foron unxidas e bendicidas polo bispo da diócesis.

Publicado en Arte e Cultura, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Estrea musical

Que Muros tivo e ten bos poetas, xunto con unha tradición musical que se remonta a séculos, e unha realidade palpable. Pero o que case nunca se conxuntou foi o facer dos poetas coa habilidade dos músicos muradáns para ordenar en armónica composición letra e música saída da alma, feita con sentido querer para por en valor a mais entrañable das nosas saudades.
Picture39Sempre ten que haber unha primeira ocasión, e nestaPicture40 vegada os sentidos versos dun poema do moi querido Marcelino García Lariño foron musicados polo Mestre Domingo Juan Barreiros Lago, quen con notable facer, compuxo unha fermosa canción a tres voces sobre o poema de Marcelo . Esta peza musical, que será interpretada polo Orfeón Ría de Muros, que dirixe o mestre Barreiros, será estreada en Muros, o domingo 13 de xullo, durante un acto público organizado pola Asociación de Náufragos de la Mar e a Asociación Muradana Xubimar en memoria dos náufragos do Bonifaz e o Castillo de Montjuit.
Dende TMT non podemos menos que agradecer vivamente aos muradans Marcelino García e Domingo Juan Barreiros, o seu facer a prol da cultura muradana.

Picture38

Publicado en Cousas que interesan, Música | Etiquetado , | Deja un comentario

Estela galaico-romana de Tal

p/ Elixio Vieites.

Tipo de ben: Escudo / Epígrafe, Concello: Muros Parroquia: Tal (Santiago) Lugar: Tal Outra denominación do ben: Cronoloxía: Época Imagen63Romana, Descrición:

Segundo a información do grupo Murosarqueolóxico esta estela galaico-romana (século II-III) apareceu no ano 2011 nun control arqueolóxico no entorno da casa reitoral de Tal, aínda que os veciños xa sabían da súa existencia. Foi depositada no Museo das Peregrinacións en Santiago. No mapa de situación sinalárase o lugar onde apareceu. A foto é de César Cándamo.

Propiedade: Descoñecida Uso actual: Outros Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Dato descoñecido Elementos mobles: Tradición oral: Referencias bibliográficas:

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si Está cuberto de maleza: Non Está afectado por algunha obra: Non Estado de conservación: Regular Atópase en perigo nestes momentos?: non

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado , , | Deja un comentario

Esquío (Sciurus vulgaris)

p/ Amado Barrera
E dos esteiros nos que os parrulos andan, subimos este mes aos muradáns montes, que o tempo invita e o colesterol obliga a diarios paseos.
Bueno, pois dende como unha boa ducia de anos para acá, contados a ollo de buen cubero, os montaraces caminantes deleitémonos un día si e outro tamén coas simpáticas ardillas que, asustadas da nosa presencia, corren coma lebres e suben polos pinos e saltar de pola en pola… ¿dixen ardillas? Ay, que o castrapo fai estragos, sexamos correctos, chámanse esquíos!!
Picture32esquío substantivo masculino Mamífero roedor do que existen diversas especies, de rabo moi peludo e longo que se cría nos bosques e se alimenta de froitos, insectos, ovos etc Os esquíos son moi vivos e lixeiros

Así define esta fermosa palabra galega a nosa “Real Academia” da Lingua. O único que non me cadra ben a min, galego recastado coma can de palleiro (pai de Ponteareas e nai de Valladolid) é que se lle teña dado un nome de xénero masculino a esta simpática e bel-la criatura.
Ben, pois eu non sei por qué sería que este áxil mamífero forestal é hoxendía tan abundante, porque todo o mundo me dí que “antes” non se vían. Misterios da naturaza?
Tamén pode ser que agora se pasea máis, pero é que “antes” traballábase máis o monte, e os vellos non din que vían ardillas, digo esquíos.
Certo é que hoxe todo o mundo que vai pasear leva o seu canciño, e o can cheira ao esquío de lonxe, ladra, corre, persigue impotente ao animal, que en un segundo está no bico do pino (do piñeiro, debo decir).
Picture33Pero mirade as fotos e veredes a ardilla que osóu entrar na miña finca da beiramar e subir á maceira!!!, Qué pánico pasaría a coitadiña ata que conseguín suxeitar a “Lúa” e metela na casa para que podese escapar.
Aínda non conseguín dilucidar se é ou non “lenda urbana” (lenda rural neste caso) eso de que está prohibido recoller piñas caídas e que o motivo é que son as que comen os esquíos, porque están abertas e os seus piñóns xa son comestibles…, sei que é certo que tal recollida está regulada en moitos sitios, porque non deixa de ser unha riqueza forestal, especialmente aló onde teñen pinos piñoneiros, que non é o caso de Galicia, que só sirven para o lume, ademáis de para os esquíos, claro. A ver se alguén é quen de resolve-la dubida esta, que xa vai empeza-la tempada de collelas e non é cuestión de arriscarse a pagar unha multa, que saería cara a colleita!!
Picture34O nome científico do noso esquivo esquío e Sciurus vulgaris, o esquío vermello, moito máis fermoso que o gris (S. carolinensis) que procedente de Norteamérica está estendéndose polas Illas Británicas e xa é o máis abundante nos seus parques e xardíns, agardemos e vixiemos para que non den o salto e se o dan devolverllelos!!.
O esquío non hiberna, pero pode pasar moito tempo durmindo no inverno.

Publicado en Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario

A Voz dos Nosos Poetas: O Cantor do Ceo

O CANTOR DO CEO.

Por Manoel da Roura. ________________

Na costa do convento, antre os outeirosImagen65

que coroan o verde matorral,

un santuario para uso persoal

fabricou Manoeliño de Piñeiros.

Naquel cenobio, de pedra construído,

rodeado de santas e santiños,

de niños xesuses, albos anxeliños,

foxe Manoel do mundanal ruído.

Alí está o home a toda hora,

diante dun crucifixo ensanguentado,

alí bica corenta veces o sobrado,

alí fai penitencia, reza e chora.

Alí queda a salvo tras do muro

que o libra,¡Señor!, de todo mal;

alí está o Manoel anxelical,

alí está o Manoel virxen e puro.

E ¡que ben canta, Deus Sacramentado!

cando lle mete o canto gregoriano,

¡porque eso sí que non!, canto profano

non canta Manoel, porque é pecado.

Unha vez que o fixo, equivocouse,

porque a voz levantouno canto pudo

pero ao chegar ao tono máis agudo,

escordóuselle a noz e asfixiouse.

Contan por aí que tras da porta

onde o cadáver de Manoel xacía,

o canto, machacón, permanecía

como si aquela voz non estivese morta.

Alá arriba no ceo, na lonxanía,

co halo na cabeza, alas no lombo,

unha lira na man, camisón longo,

canta San Manoel a letanía.

E dalle tan bó xeito, tan ben canta

os cantos que de neno deprendera,

que cantando parece que tivera

un xílgharo metido na garganta.

Cando nas noites de luar caladas

óese cantar ao moucho nun penedo,

non hai motivo para temblar de medo

porque aí non hai moucho nin hai nada.

Os murmullos que escoitas, camiñante,

e que poñen en tensión a túa mente,

veñen do Manoel que, alegremente,

anda cantando polo ceo adiante.

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , | Deja un comentario