Entrevista a José Manuel Abeijón.

P/Jorge Lago de Pexejo

Case sempre empezo as miñas interviús adiantando unha pequena biografía do personaxe entrevistado. Esta vez vou abreviar a presentación para que sexa José Manuel Abeijón o que nos conte as súas andanzas. Só direi que enche a boca cando Imagen24dí con moito orgullo que é galego,  de Esteiro e muradán e para darse a coñecer di: “A miña familia son os Ferreñas de Solleiros ainda que o meu apellido (Abeijon) non provén de Esteiro posto que meu pai ( e dous irmans del que casaron para Solleiros/Esteiro, viñan de Abeixón, Tállara-Lousame que moi posiblemente sea a cuna onde nacera o apellido xa que aparenta ser toponimico, o igual que o meu segundo apellido (cernadas)”

J.L._ Dinos cómo viñeches a parar a EE.UU.

José M. Abeijón._ Eu vin a parar os EEUU a principios do ano 1991, concretamente o 8 de febreiro, en plena guerra do golfo ( a primeira) entre EEUU e Irak, por ter invadido Kuwait. Día memorable por tan longa mudanza dunha familia completa, e mais porque o avión viña casi vacío debido o medo que a xente tiña a viaxar os EEUU neses poucos dias que esa guerra durou, ainda que o meu destino de acabar nos EEUU forxouse cando meu pai emigrou para Nova Iorque no ano 1985 que foi cando el emprendeu camiño hacia América despois de ter navegado moitos anos.

J.L._ Antes de virte aos 18 anos para este país, cóntanos cómo foron os teus anos de infancia e adolescencia en Esteiro.

José M. Abeijón._ Pois a miña infancia foi moi bonita. Crieime en Esteiro con meus pais, tíos e avás maternos. Asistín a escola infantil no que era neses intres a escola de Dona Dominga na «Casa da Sociedade» de Esteiro , logo primeiro curso na escola do Areal e o resto de EXB no colexio de Freixeiro- conocido hoxe como o CEIP Médico Ricardo Tobio.

Cando terminei EXB, asistín ó instituto de Fontexeria- Muros hasta COU. Como a todos os nenos gustabame xogar cos amigos no rueiro do canle en Solleiros as canicas, trompas, escondite ou o que se nos ocurrira ese día, e de mais mozo ir as festas patronais e a Praia no verán. Tamén me gustaba moito saír o mar a pescar ou mariscar.

Cabe decir que toda a miña familia contribueu a facerme o home que hoxe en día son. ComoImagen25 di o dito inglés: «it takes a village», o que quere decir que non soio os pais crían o fillo, sinón o entorno familiar completo, e que bo traballo que fixeron!

J.L._ E xa cos pes en terras americanas, qué decidiches facer da tua vida?

José M. Abeijón._ Pois o mais importante nun principio foi enrolarme na escola e terminar o Instituto para logo poder asistir a universidade, aínda que o mesmo tempo, traballei en diversos lugares mentras estudiaba. Tan boa foi a combinación que eventualmente terminei traballando para a universidade onde asistín.

J.L._ Traballabas mentres estudabas que é o habitual neste país. Qué carreira querías conseguir e onde estudaches?

José M. Abeijón._ Despois de terminar o instituto, encamiñeime a universidade (Mercy College) onde cursei nun principio estudos de Administracion de Empresas e Comercio Internacional.

E unha vez conseguida a diplomatura continuei cunha maestría (MBA) especializándome en Marketing (comercialización de produtos ou servicios)

 como anécdota, cabe anotar que para ese entonces a universidade onde estudiei contratoume para dirixir a oficina de asistencia financieira dos estudiantes do seu principal campus en Dobbs Ferry, NY e ahí iniciei o traballo que desempeño hoxe en día, aínda que hoxe en día traballo para a Universidade Estatal de NY (SUNY) no condado de Westchester.

J.L._ Non perdiches o tempo. Durante eses primeiros anos de traballo e estudo, custoute adaptarte ao país? Notaches ou sentiches as diferenzas culturais?

José M. Abeijón._ Persoalmente non me foi moi difícil posto que dende un principio tiña decidido que estábamos aquí para quedarnos, e aínda que as diferencias culturais, e de idioma son moi grandes e tiña deixado a moitos amigos atrás, pronto fixen amigos novos aquí e o idioma e maila maneira de ver a vida dende o punto de vista «americano» pouco a pouco fóronse aprendendo tamén.

J.L._ Percibo certo entusiasmo na túa resposta. Significa que América che caeu ben dende un principio? Imaxinábasteo tal e como o viches?

José M. Abeijón._ Pódese decir que si, América caeume ben dende un principio, aínda que nese entonces non sabía que esperar nin me imaxinaba o que viría nun futuro. Nese entonces non tiña punto de comparación con nada máis que con España, posto que aparte de algun viaxe a Portugal, nunca tivera saido do país

J.L._ Volviches a Muros mentres estiveches a estudar?

José M. Abeijón._ Pois si, teño ido hasta catro veces nun ano anque xeralmente viaxaba unha vez ou dúas anualmente no verán e no Nadal.

J.L._ E agora visitas tan frecuentemente?

José M. Abeijón._ Non tan frecuentemente como me gustaría posto que agora somos unha familia de cinco e faise un pouco complicada a viaxe pero seguimos visitando unha vez o ano repartindo o tempo entre Esteiro e Xixón, de onde e a miña muller e onde viven seus pais

J.L._ Cóntanos un pouco como funciona iso de dirixir a Oficina de Asistencia Financeira de Estudantes na SUNY.

José M. Abeijón._ Pois a mois grandes rasgos, a SUNY e a universidade estatal de Nova Iorque, consistente de 64 campuses esparcidos por todo o estado. Eu traballo nun deles, os campuses operan independentemente e o meu equipo e mais eu encargamonos de publicar, promocionar, e gestionar todo o relacionado con solicitudes de becas para este campus universitario no condado de Westchester. Cabe mencionar que somos un dos campuses con mais estudantes dentro do sistema SUNY (con sobre vinte mil estudiantes), e que a maioría deles reciben algún tipo de beca ou préstamo estudiantil para poder pagar o costo da matrícula e gastos relacionados os estudios. Cada ano gestionamos mais de 50 millóns de dólares en axudas para os nosos estudantes.

Unha cousa interesante desde o meu punto de vista é que a nosa oficina representa a pluralidade que hai en Nova Iorque casi perfectamente, somos 15 persoas e entre hai xente que sabe falar, aparte do inglés, chino, francés, alemán, español, portugués, e galego! aparte hai xente que fala dialectos africanos de Nixeria e Camerún, e mais a peculiar maneira de falar inglés que hai en algunhas illas do Caribe (broken English de Jamaica e Creole da illa de Antigua).

J.L._ É moi caro ter estudos universitarios en EE.UU aínda sendo nunha universidade estatal?

José M. Abeijón._ Caro é, pois por moi pouco que se cobre por as matrículas (as escolas pertencentes a SUNY son as mais baratas que vas a ter no estado de Nova Iorque) a xente comunmente non ten xuntos os cartos necesarios para asistir. Hai que ter en conta que fan falta cartos para mais que pagar a matrícula cando se asiste a universidade: un necesita cartos para transporte, libros, comida, e vivenda mentras se asiste, e aparte hai moita xente que mentras estudan, ou non traballan ou reducen os horarios laborales.

J.L._ Estaríamos falando de un coste superior a 11,000 dólares anuales si non vives no campus e eres residente do estado?

José M. Abeijón._ Si, aproximadamente uns 12,000 dólares para os residentes do estado e uns 22,000 para os non residentes. Ahora ben, os residentes con baixos recursos mentras teñan calificacións superiores a nota media, casi sempre lles conseguimos suficiente diñeiro en becas para cubrir eses gastos e non teñen que desembolsar nada pola sua parte. O goberno federal americano e mais o estatal son bastante xenerosos se eres estudante e tes poucos recursos.

J.L._ Aclarado. Ademais de xestionar tantos millóns de dólares, Que outras actividades exerces?

José M. Abeijón._ Pois aparte do meu traballo regular da universidade, en diferentes épocas do ano dedícome a facer charlas en escolas secundarias para promocionar que a xente que está no instituto continúe e asista a unha universidade, e explicar que existen axudas para cubrir o costo de matrícula e como solicitalas. Aparte deso, en época de eleccións, tamén colaboro coa Xunta Electoral do condado de Westchester xa ben de inspector electoral, tradutor, coordinador ou simplemente representandoos onde sexa necesario.

J.L._ Ademáis de traballar tanto. Tes algún hobby?

José M. Abeijón._ Pois nos momentos libres gústame pasalo coa familia, teño tres nenos, tamén me gusta salir a pescar, especialmente en barco, andar en moto con amigos e máis plantar unha pequena horta de vexetais.

J.L._ Está visto que para tí, o sono americano convirteuse nuha realidade. Cantos anos tés?

José M. Abeijón._ Pois pódese afirmar que América a min hasta ahora nunca me fallou. Eu teño 41 anos e levo en Nova Iorque casi 24.

J.L._ Dada a situación laboral que hoxe existe en Galicia, atreveríaste a aconsellar a aqueles que deciden emigrar e tal vez escoller a este país como meta para mellorar o seu futuro?

José M. Abeijón._ Dada a situación laboral en Galicia e posto que somos históricamente unha nación de emigrantes, eu o único que aconsellaría é que se aventuren a traballar polo mundo adíante, pero que vaian a tiro fixo; en outras palabras, que leven claro o que queren facer, que teñan facilidade co idioma do outro país, que sepan exactamente onde van a traballar, e se hai necesidade de conseguir permisos de traballo no país a onde vaian, que esos estén en regla antes de viaxar. Hoxe en día os gastos comúns, como a vivenda sonche moi caros para que alguén se aventure e saia do país «a ver o que pasa». Ademáis hoxe en día co internet as comunicacións son moi rápidas e as facilidades de anunciar traballos, e entrevistar por videoconferencia están a orde do día.

J.L._ Xa sei que tes moitos amigos virtuales nas redes soiciais. Gustaríache aproveitar da ocasión para saudar a algún en particular de carne e óso no teu Esteiro?

José M. Abeijón._ Os amigos virtuales son básicamente a xente que teño lonxe e mais os conocidos (ou amigos de algún amigo) pero si me gustaría mandar un saludo a miña xente de Esteiro, en especial a meus pais e familia.

J.L._ Non me queda outra que dar por rematada tan agradable conversación. Grazas José Manuel polo tempo concedido. Aí che vai o cuestionario de Bernard Pivot.

  1. J.L_ Cál é a túa palabra favorita?

José M. Abeijón._ Podemos! Ou pódese, no sentido de que se te pos a algo se pode lograr.

  1. J.L._ Cál é a menos favorita?

José M. Abeijón._ posiblemente sexa simplemente «non»

  1. J.L._ Qué te emociona?

José M. Abeijón._ A sorrisa dos fillos emocióname

  1. J.L._ Qué son ou ruído che gusta?

José M. Abeijón._ A son que mais me gusta e ese da música

  1. J.L._ Qué son ou ruído detestas?

José M. Abeijón._ E o que menos serían chirridos

  1. J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?

José M. Abeijón._ Xeralmente non uso xuramentos, pero como no galego o que mais gracia me causa e calquera que conteña a palabra «carallo»– manda carallo!

  1. J.L._ Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer?

José M. Abeijón._ Gustaríame dirixir unha ONG, repartir axuda onde mais se necesite, ainda que as veces o meu traballo asemellase a eso.

  1. J.L._ Qué profesión non desexarías facer?

José M. Abeijón._Nestes intres non me gustaría nada ser político en España, hai demasiada corrupción ahí para o meu gusto

  1. J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?

José M. Abeijón._ E o chegar o ceo, Gustaríame oír: «benvido» (non creo ser tan malo como para que me cerrasen a porta nos fuciños)

Publicado en Entrevistas | Etiquetado , , | Deja un comentario

Ano falangista en Muros no ano 1937

p/ Manuel Lago Alvarez

Esta foto correspondese con un acto público que se celebrou en Muros, en xuño do ano 1937, no que se lle dou o nome de Plaza de José Antonio Primo de Rivera, a actual Praza de Galicia. (praza do mercado). O acordó foi adoptado polo pleno do concello na sesión de data 25 de abril de 1937, a instancia do jefe local de Falange, don Alejandro Goyanes, que é a persoa que se dirixe ao público dende o balcón e que según os datos de que se dispoñen, era naquel intre rexistrador da propiedade de Muros. Na foto, ademáis do citado orador, aparecen diferentes persoeiros da Vila, entre eles o alcalde don Adolfo del Sel Portillo e o cura párroco, Don Ramón García Longo. Da acta do pleno recollemos o texto do acordo:
.
Y la Corporación municipal estimando justa y acertada la pretensión de que se acaba dar cuenta, acuerda `por unanimidad variar el nombre con que figura la Plaza de la Libertad de esta Villa, instituyéndole con el de Plaza de José Antonio Primo de Rivera, facultando al Sr. Alcalde para la adquisición de la placa o placas necesarias y su colocación.

Picture1

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

A Incineración

p/ Marcelino García Lariño

Lévase, nestes tempos, moito de moda a costume, por no dicir o vicio, de reducir todo a cinzas. E, en este todo, están tamén incluído os cadáveres de persoas. Non son quen para xulgar se está ben ou está mal queima-los mortos, pero a min todo que sexa queimar chéirame moito a chamusco.

Sei tamén que a incineración de cadáveres está permitida pola lei e que nin a mesma relixión se opón. Non obstante isto de queimar, repítovolo, sempreImagen23 me cheira a chamusco. E sei tamén outras cousas; cousas que pasan coas cinzas dos incinerados. Veredes:

Eu Cuba incineraron a un home, non precisamente da nosa parroquia, e mandaron as cinzas para aquí co gallo de que fosen colocadas nun nicho do panteón familiar; e por correo aparte, o mesmo día e á mesma hora, mandaron tamén unha carta coas doadas instrucións. Por arte de «birbiriloque» ou como queirades chamarlle, chegou uns días antes o tarriño coas cinzas que a carta. Os familiares que se estrañaron de recibir algo de Cuba, cismaron uns cos outros que clase de pos serían os que estaban dentro daquel recipiente de vidro. Nesto, o vinculeiro da casa que era o máis listo, para algo era o vinculeiro e ademais fora algo a estudio, dixo: “Estas sónchevos especies de Cuba, que é un país moi rico en especies. Outra cousa non terán, pero as súas especies son as mellores do mundo”. E a nai da casa, no intre, tamén dixo: “¡Ai! Que ven me veñen para botarllas agora mesmo a empanada que estou facendo”. E dito e feito. A empanada, segundo eles, estaba riquísima e notábaselle moito o sabor das especies cubanas”.

Ó outro día recibiron a carta de que nese cacharriño de vidro estaban os restos do noso Filomeno como lle chamaban eles o seu parente. Agora decídeme: ¿Estivo ben o que fixeron? ¿Pódeselle chamar antropófagos? Se non queimaran ós mortos non lle houbera pasado iso.

Pero aínda hai máis, moito máis, pero non vos conto todo. Só quero dicirvos que non hai moitos días lin nunha Gran Enciclopedia (que para min non era tan grande; era coma un libro calquera, máis ben mediano) que o atraso da India é debido á falta de fósforo. E aí vou eu aImagen22 parar; claro que se debe a iso: na India queiman os mortos e perden o fósforo. Se os enterraran, o fósforo ía para a terra que os vexetais tamén necesitan fósforo para desenrolarse. E en todo mundo civilizado o que non anda ben da chaveta, é dicir: que os miolos do cerebro da cabeza non lle regulan como fose mester, os psicólogos, psiquiatras e outros sabichóns din: ese ten falta de fósforo. ¿E iso a que se debe? A queimar os mortos.

E agora só vos vou contar, e xa non quero contar máis, ata onde chega a falta de fósforo nas persoas. Este día dando un paseo de Muros ó Espadanal, atopeime na Cova de Vella cunha coñecida, e saudeina dicíndolle:

–Fulaniña –non teño por que dicilo nome–, ¿e de onde ves?

–Veño de rezarlle o defunto do meu home que o teño por aquí.

–¿Aquí en onde?

–Aquí, ciscallado todo por aquí.

–Pero onde, ¿pola banda do mar ou pola banda do monte?

–Metade e metade. Metade para o mar e metade para o monte.

E coidei que non soamente estaba tola ela senón que tamén estábame contaxiando a min. Cando xa no sabía como remata-la conversa, nin que facer con ela, ocorréuseme falarlle:

Pero mira muller, razoa. ¿Cómo o vas ter aquí ó defunto do teu home, se por aquí non hai ningún camposanto.

E cal non sería a miña sorpresa cando me di:

–Non o enterramos. Mandámolo a queimar e espallamos todo por aquí as cinzas; botámolas a eito: metade para o mar e metade para a terra.

Agora dicirme vós: ¿Débense queimar os mortos? De seguir por este vieiro, ¿non coidades que imos a quedar todos sen fósforo?

¡Isto chéirame moito ó chamusco!

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Muros e os fondos europeos

Inés Monteagudo Romero,Técnico de Promoción e Inspección – Agader

Aínda que os fondos mariños da nosa ría, dos que xa se ten falado nesta revista, son un tema moito máis interesante e cercano, non é sobre eses fondos sobre os que trata este artigo, se non sobre os fondos europeos. Ao longo deste ano,Imagen20 no que houbo eleccións europeas, escoitamos que as decisión que se tomaban en Europa influían na nosa vida cotiá, ata o punto de que, pola aplicación da normativa europea, sabemos se as patacas que imos mercar son de Coristanto ou de Exipto. Imos tratar agora de acercarnos aos instrumentos financeiros cos que conta a Unión Europea (UE) e a algunhas das actuacións que, nos últimos anos, se teñen realizado no noso concello con cargo a estes fondos. Non é tarefa fácil, xa que son moitas e variadas as actuacións acometidas polas administracións públicas e por promotores privados que se financian con cargo a estes fondos, e que van, por citar as últimas coñecidas, dende as estufas de biomasa coas que o concello vai dotar a varios edificios públicos de calefacción ata o programa de mellora de camiños de titularidade municipal, xestionados ambos por Agader con cargo a fondos FEDER.

A UE conta con varias ferramentas financeiras para levar a cabo as políticas rexionais acordadas polos seus organismos, entre elas os Fondos estruturais e o Fondo de cohesión por un lado, e os fondos adicados á conservación e xestión dos recursos naturais, sinaladamente a pesca, a agricultura e o medio ambiente, por outro.

Os fondos estruturais financian a política rexional, contribuíndo aos obxectivos de cohesión económica, social e territorial das rexións europeas. En España aplícanse dous: o Fondo europeo de desenvolvemento rexional (FEDER), e o Fondo social europeo (FSE). O primeiro concede axudas para a construción de infraestruturas e investimentos produtivos que xeren emprego, o segundo financia principalmente actividades de formación, actividades que no noso país levan xa en cuestión bastante tempo. Para o período 2007-2013 a dotación financeira destes fondos é de 278.000 millóns de euros para toda Europa.

O fondo de cohesión, destinado a países cun PIB medio per cápita inferior ao 90% da media comunitaria, entre os que non está España, financia proxectos de infraestruturas relacionados co medio ambiente e os transportes. No mesmo período o importe asignado a este fondo acadou a cantidade de 70.000 millóns de euros.

Exemplo dosImagen21 investimentos en infraestruturas financiados con cargo aos fondos FEDER nos últimos anos témolo ben á vista no peirao de Muros, xa que a ordenación dos atraques na dársena interior financiouse con estes fondos.

Dos fondos adicados á conservación e xestión dos recursos naturais, sinaladamente a pesca, a agricultura e o medio ambiente, os que teñen mais presenza no noso concello, son os xestionados polo Fondo europeo da pesca (FEP), antes denominado instrumento financeiro de orientación á pesca (IFOP), e os que se xestionan a través do actual Fondo europeo agrícola de desenvolvemento rural (FEADER), antes denominado Fondo europeo de orientación e garantía agrícola (FEOGA). Así os fondos da pesca teñen financiado actuacións que van dende a automatización das subastas na lonxa ata a creación de establecementos de hostalería, cal é unha das últimas actuacións que se está a levar a cabo no mesmo Curro da Praza da nosa vila, pasando, por exemplo, por actuacións no sector da acuicultura.

En canto a proxectos financiados con cargo aos actuais fondos FEADER, temos tamén no noso concello varios exemplos. Entre os de promoción pública, promovidos polo concello, podemos citar a rehabilitación e equipamento do edificio San Xosé, dedicado a Escola Municipal de Música, ou o alumeado do casco histórico de Muros. Lamentablemente nos últimos anos o concello non foi quen de promover outros proxectos propios que puidesen optar a financiarse con este tipo de fondos, xa que o previsto “Centro para a promoción e reinserción social de desempregados”, que se ía facer no polígono, parece que finalmente non se vai executar.

Si houbo algunhas iniciativas de carácter privado nestes últimos anos, cal foi a construción dun taller, dun tanatorio ou a rehabilitación dunha edificación para establecemento de hostalería. A pesar pois da crise galopante quedan aínda emprendedores e empresarios que están dispostos a apostar por Muros, e de feito, algúns dos proxectos que se están a executar actualmente no polígono contán con financiamento FEADER. Neses proxectos, e noutros que se leven a cabo, está o noso futuro. Se non somos capaces de aproveitar as escasas oportunidades que se presentan, de incentivar a creación de emprego e o desenvolvemento de iniciativas de carácter económico e social, non vai a haber fondo que nos chegue.

Como vemos, estar na Unión Europea supón moito máis do que pensabamos, supón non só a aceptación dunhas institucións e normas comúns, senón tamén a oportunidade de contar cunhas axudas que, en moitos casos contribúen a facer reais as ideas e proxectos dos nosos veciños.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente: Don José Lado Formoso.

p/ Milagros González Maceiras.

Don José Lado Formoso naceu na parroquia de San Juan de Serres (Muros, A Coruña) no ano 1894. Realizou os estudos sacerdotais na Universidade Pontificia Compostelana e foi ordenado sacerdote no ano 1923.

Pouco despois destinárono ao concello pontevedrés de Moraña como coadxutor da parroquia de San Pedro de Rebón e como encargado da de Amil. Imagen17Nesta última, debido á enfermidade do seu antecesor, Don Manuel Durán Pereira, ao que sucedeu como cura ecónomo ata o ano 1926, cando foi nomeado por concurso párroco reitor de Amil. Tamén exerceu na parroquia cercana de Santa María de Cosoirado.

Era un home de grande estatura, de semblante serio, xeneroso e cheo de humanidade, un gran benefactor social e tamén cultural. Esta faceta quedou claramente reflectida nas accións que liderou en Amil e parroquias limítrofes.

O seu labor en Amil

Amil é unha parroquia coñecida porque nela está un dos santuarios marianos máis importantes de Galicia: Os Milagros de Amil. Don José foi párroco deste lugar durante 39 anos e neste tempo sempre amosou preocupación pola vida da parroquia e dos seus fegreses e fegresas.

O seu primeiro proxecto foi a restauración da casa reitoral de Amil no ano 1930. A esta obra seguiulle a adquisición de terreos para ampliar o campo do santuario, xa que quedaba pequeno para acoller a todos os romeiros/as e ofrecidos/as.

A isto hai que sumar o acceso ao santuario, unha das maiores preocupacións de Don José, de aí queImagen18 puxera todo o seu empeño na construción dunha escalinata dende a estrada ata o santuario. Esta gran obra foi realizada por canteiros de Moraña entre os anos 1948 e 1952 e o empeño de Don José por facela realidade ten moito que ver coas súas orixes, xa que procede dunha familia de canteiros de Serres coñecida co alcume de Os Xirolmes.

A súa obra converteuse en parte da historia de Amil, onde residiu case toda a súa vida e onde faleceu rodeado da súa familia o 26 de outubro de 1965. Foi enterrado no cemiterio parroquial e no 1972 os fegreses xunto con Don Amador Guinarte, párroco naquel momento, homenaxearon o seu labor e amosaron o seu afecto a Don José coa colocación do seu busto presidindo a escalinata do santuario do que foi párroco entre 1926 e 1965. Grazas a esa homenaxe e á importancia que ten á escalinata para o santuario a súa figura continúa estando moi presente na parroquia.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario