Función das escolas municipais de música (I)

Por Esmu-Carnota.

As relacións entre música e sociedade non respiran no presente o seu momento máis feliz. O público xoven decántase, nunha gran maioría, por unha maneira de vivir a música moi diferente da derivada da gran tradición occidental; producíronse rupturas desgarradoras, aumentouse preocupantemente a idade media do público asistente aos concertos convencionais, non se xeran os mecanismos de renovación imaxinativos para facer máis imnovadoras as actividades musicais.
Picture32O movimento das escolas de música en España leva anos insistindo na necesidade dunha implantación da educación musical sen fronteiras, no conxunto da sociedade. Estase a falar de facer extensible a arte dos sons a todas as capas da poboación, sen restriccións, únicamente polo pracer de facer música, algo que inevitablemente desemboca nunhas maiores posibilidades de felicidade, tanto individual coma colectiva.
Coa aplicación e desenrolo da “Ley Orgánica de Ordenación General del Sistema Educativo”, a formación musical introduciuse nas ensinanzas de réxime Xeral, á vez que se recoñecen ás escolas de música coma centros educativos para as ensinanzas non regladas de música.
A administración local titular das escolas de música desenrolou durante anos este servizo, seguindo as demandas da poboación e con vontade de chegar a ser centros de dinamización e referencia da cultura musical na vila, de facer posible que un maior número de cidadáns sexan aficcionados activos da música, que un porcentaxe máis elevado de poboación poda acceder á formación e prácticas musicais.
Conseguir estes obxectivos require dotarse dun modelo de escolas municipais de música, que ofreza unha formación de calidade, adecuada ás necesidades que plantexa a sociedade actual, permeable no seu entorno social e cultural, e capaz de desenrolar un proxecto sostible económica e culturalmente interesante.
Picture33O modelo da escola de música deberá superara a tradición das ensinanzas musicais basadas na selección dos mellores, para dar prioridade ao feito da formación e que as prácticas musicais cheguen ao maior número de poboación posible. A definicición do modelo de escolas municipais de música non corresponde soamente aos concellos coma titulares, se non que tamén lles é competencia ás administración educativas para o desenrolo nomativos e aos modelos de financiación, así coma tamén ao entorno dos prantexamentos pedagóxicos que soen ser responsabilidade dos profesionais.
Partindo da experiencia de varios países europeos compróbase que as escolas de música poden xogar un papel determinante para a democratización cultural.
A filosofía das escolas de música está(ou debería estalo) máis preto do espíritu lúdico que ao virtuosismo. É precisamente ese lado social e non especializado o que determina a súa importancia trascendental na ofrmación integral da persoa e socioloxía da cultural.
Polo ano 2001, cando houbo que prantesarxe este “problema” non se tivo dúbida en elixir as Escolas municipais de música; eran moitos os alicientes para dita elección: relación profesional, figura nova no sistema educativo español, auxe, ponteciación e implantación nos concellos, escasa regulación, controversia con respecto á flexibilidad regulador, ofertas de fórums, encontros, xornadas, cursos etc …
Hoxe, 13 anos dispois, cmabiaron algunhas cousas e co paso dos anos a controversia sigue. E esto é bo, pero tamén fóronse enquistando algúns males sobre todo na relación ao Modelo de Centro: misión, obxectivos, oferta de ensinanzas, profesorado instalación e equipamentos, órganos de gobernó, reulamento de réxime interno, proxección educativa e social, … debido sobor de todo ao político e idea que traia para o centro … Esta indefinición explica por qué as escolas resultan tan fráxiles aos “humores” municipais.
O 30 de xullo de 2014 cumpriranse 21 anos da publicación da “Orden Ministerial por la que se regula las condiciones de creación y funcionamiento de las Escuelas de Música y Danza”, como desenrolo da “Ley Orgánica 1/1990, del 3 de octubre de Ordenación General del Sistema Educativo” onde establece no Título II das Enseñanzas de Réxime Especial, en concreto no artículo 39.5 “que podrán cursarse en escuelas específicas, sin limitación de edad, estudios de música o danza que en ningún caso podrán conducir a la obtención de títulos con validez académica o profesional” .
A implantación das Escolas de Música Municiapais (ESMUs) tiveron diferentes sortes e evolucións, non só nas diferentes Comunidades Autónomas, se non non concellos de cada unha delas.
Peeeeero, a diferencia do que ocorría nos países centroeuropeos, as corporacións locais nunca se implicaron no desenrolo dunha oferta educativa da ensinanza musical especializada que puxera o énfasis na práctica musical sen asociala á profesionalización.
Non hai que esquencer que un dos principios básicos da propia Orde é A FLEXIBILIDADE, que premite desenrolar un proxecto de Esmu de territorio, innovador, aberto, vivo e que satisfaga ás demandas dos cidadáns, reflexado nun proxecto educativo de calidade individual.
Este modelo de formación musical non formal/regrado diferñeciase, e aquí está a cuestión, da ensinanza regrada ou formal nas esixencias xurídicas e organizativas das ensinanzas conducentes á titulación. As Esmus poden configurarse tanto xurídica coma pedagoxicamente dunha maneira moi flexible, aspecto da suma importancia, pois cada escola é un modelo único, sinalando claramente as diferencias entre as Esmus e os Conservatorios.
Coa implantación da LOGSE pasouse a un modelo basado exclusicamente na formación de profesionais e , polo tanto, na obtención de titulación a un modelo de “educación musical para todos”.
A finalidade educativa da práctica musical per se, a relación entre a ensinanza recibida e as expectativas demandadas ou á extensión da ensinanza musical a sectores sociais desfavorecidos, quedaron sin resposta, non só nos diferentes plans educativos, senon tamén na participación dos sectores afectados.

Publicado en Música | Etiquetado , | Deja un comentario

Lembranzas dun vello mariñeiro (V)

p/ Pedro Caamaño Lago.

Posteriormente, e isto si que lle tocou vivilo con mais intensidade a nosa xeración, os máis avezados empezaron a ver o negocio; E como pode verse en todas estas outras fotos, empezaron a comprar e a construír embarcacións a motor, desde seis a oito ou dez metros de eslora, nos que se enrolaban de seis a oito pescadores, os mesmos que antes estaban enrolados nas canoas.
Estas embarcacións foron sustituindo totalmente ás canoas. Porque de esta forma podíanse traballar moitos mais días seguidos e sen tanto esforzo, en épocas favorables, de esta forma xa pescaban hasta tonelada e pico de tódolos peixes que antes mencionei. Falo de todas estas especies, porque eran as mais frecuentes. Sen embargo, desde tempos inmemoriais, nos “cantos”(Caladoiros de pesca, situados entre a plataforma continental e o talude continental incluso en zona peláxica, a unhas vinte millas ó oeste de Montelouro). Enrolados en lanchas, xa pescaban tamén cantidades semellantes incluíndo congros de gran tamaño e meros. Esto podo mencionalo, por terllo oído algunha que outra vez ós vellos. Dicían, quen ía antes o canto era a lancha do Jaliñeiro e a lancha do Majacho, o meu avó por parte de miña nai. e seguro que irían mais.
Picture29En aqueles tempos facían os “chismes” (aparellos de pesca) con fío bramante, os “rodeales” para os congros e as “espunlleiras” para as chernas. Xa que as tanzas que había eran moi débiles para semellantes peixes, (as tanzas que daquela había facíanse de seda e de vísceras de animais).
Para cubrir a demanda dos pescadores que querían enrolarse, combinábanse canoas e barcos. O principio levaban as súas canoas de remolque ata o caladoiro de pesca co risco que isto supoñía cando facía mal tempo o rompérselle algún que outro remolque.
No caladoiro, embarcaban os mariñeiros como podían nas canoas, en grupos de tres, e tamén como podían amañábanse para defender a súa parte con arreglo a dos demais.
Mais tarde xa se embarcaban as canoas nos barcos, baixándoas pola mañá no caladoiro de pesca, e subíndoas pola tarde. O principio en canto non se lle colleu a maña, cando apuraba o vento facíase bastante perigoso, polo risco de escachar as canoas contra os barcos, para evitalo atrancábanse un ou dous remos verticais entre o barco e a canoa, para que ca maraxe, esvarara a canoa polos remos sen tocar no barco, (e así descargábase o peixe antes de subilas abordo). A maioría dos barcos levaban dúas canoas a bordo, xeralmente na popa, algún ten levado tres. E pódolles asegurar que se necesitaba unha gran dose de valentía e outra tanta de axilidade, para saltar ás canoas pola mañá, e de volta, a saltar outra vez ós barcos pola tarde. Había algúns que parecía que non tocaban cos pes en nada, andaban por encima das “regalas”, como si estivesen andando polo peirao. Non daba tempo de sentaren as canoas no mar e algún xa estaba a bordo. Nin con vento nin con calma. Nas conversas mencionábanse a uns e a outros pola súa peculiar destreza. (Algo para recordar con orgullo).
Picture30A esta forma de pescar tan dificultosa e tan selectiva, había que engadirlle a forma de navegar tan difícil, por carecer de aparatos que facilitaran a navegación. Para encontrar os caladoiros de pesca, e non se vían as marcas; empregábase un simple “compás” e un “escandallo” feito de chumbo, cheo de “pingue” en un dos extremos,( graxa de porco) e enganchado no extremo dunha liña ben larga para que cubrira todas as profundidades, que o patrón tiña mais ou menos controladas. A partir de aí, xa xogaba a destreza de cada patrón, algo fantástico por ter que recordar nomes de caladoiros, rumbos a seguir, enfilacións, demoras, profundidade, calidade de fondos. E cantidade de veces de noite, con“borraxeira”, alumeados por unha linterna, ou como moito por un candil. Cando había que usar o escandallo en días de borraxeira, poñiase na proa o home de confianza do patrón para indicarlle a profundidade e a calidade do fondo, arriando e halando tantas veces como o patrón llo indicara, E preguntáballe ¿qué vai? “Fango”, que vai? Area, ¿qué vai? “Cascáxo” ¿que vai? Pedra. E así que o patrón lle parecía dicía: fondo e a pescar que estamos no sitio. A veces tiña que pedir relevo pola cantidade de liña que tiña que halar. isto traballando nos cantos, era bastante frecuente, por que con pouco que te abriras de leste a oeste, o mesmo caías en cento vinte brazas como “descantilabas”, e logo a ver quen halaba tanta liña.
Picture31Sen embargo ningunha outra forma de pescar ó “cordel” (ou con liña) ten menos importancia, por que encerra as mesmas dificultades e require as mesmas destrezas, só se diferenciaban na distancia e na calidade da pesca. Por exemplo, nos invernos duros, dentro da ría, cando non se podía saír á costa, a pesca das Fanecas e das “Pías” (ollomol pequeno, hoxe case desaparecido), e da “rincha” (Cabala pequena) sacaron de moitos apuros as familias muradáns, que non alcanzaban a aforrar o suficiente nos meses de verán. Así que tiñan que saír a pescar aínda que che comera o frío. Aínda que tamén había familias de pescadores que se dedicaban a pescar solo dentro da ría, a costa case non a coñecían.
Éncheme de orgullo recordar de maneira especial, é tamén por experiencia, a pesca do polbo con raña, á que ultimamente me gustaba moito pescar, alternando con luras e chopos. É esta unha forma de pescar tan selectiva e tan técnica que poucos poden presumir de facelo ben, Para elo tiñas que ser ensinado por alguén que xa fora ensinado con antelación, por iso se recordan xeracións de polbeiros sempre das mesmas familias. Como os Brinqueiros, os Antonáns, os Borraxeiras, os Capitáns, os Parises, os Cabaceiras. Case todos da Virxe do Camiño, e de Portugalete. Todos excelentes pescadores de polbo, e por suposto doutras moitas especies. ¡Imaxínense!. Un “bote” (embarcación semellante a buceta de tres e medio ou catro metros de eslora) manexado por un so pescador, con dous remos de “panel”, seis liñas con una raña en cada unha, e en cada raña dous cangrexos e un anaco de peixe, (xeralmente xurelo). En inverno cando escaseaban os cangrexos, (din os mais vellos),
Que pescaban con espigas de millo. Todo isto manexado o mesmo tempo e as veces con vento fresco. (Os mais técnicos podían pescar cen ou máis quilos de polbo), sen embargo estes pescadores non eran alá moi tomados en conta; En ocasións escoitabas comentar: (Os da virxe son polbeiros, un bote con dous remos e unha cesta con dous pateiros) eu creo entender que esta expresión era por que necesitaban moi pouca cousa para saír ó mar. Sen embargo esta era unha pesca que daba moito de si, por que dependía de un mesmo, e sempre se ía ó mar se non era mais lonxe era mais cerca, de feito coñecíanse algúns polbeiros que non saían do Rebordiño para fóra, e non eran dos que menos pescaban,
(pero na euforia das Merluzas e dos ollosmoles, chegáronse a esquecer un pouco). Ultimamente esta pesca practicábana os vellos xubilados do mar, unha polo prezo que daquela era pouco e outra por que non necesitabas estar enrolado, e así ias raspando un suplemento para engadir a pouca pensión que recibía o xubilado de baixura. Ata que o prezo empezou a evolucionar e entonces si que se desatou a euforia e o egoísmo pola pesca do polbo; Ata o extremo de perseguir os vellos polbeiros, non importaba que foran pais ou avós, ata que conseguiron quitalos do mar. Algo que nunca se debeu facer, si acaso controlalo pero non excluílo. Por iso tivemos que asociarnos, e así defendernos do que nos parecía unha inxustiza.
Así que os novos que viñeron, cando a emigración os apurou, é apoiados polas novas tecnoloxías, inventaron tubos especiais para as nasas nas que entra todo o que se move, e non sae case nada. Por iso está ben que as controlen antes de que o exterminen todo, como ocorreu coa pesca da merluza e do ollomol, nos caladoiros do” profundo”.

Publicado en Cousas que interesan, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Unha misiña polo babieco

p/ José María García Rodríguez

A señora Pepa da Cambusa tiña un cadelo de estimación que lle chamaban o «Babieco». Cando morreu o seu home, leváronllo a casa. Era canelo, pequeniño e parviolo e, por iso, puxéronlle o nome. Fíxolle moita compaña a señora Pepa. A algures que ela fose o «Babieco» iña. A misa, a rosario, a praza, as procesi6ns… Creceu. Canciño novo, bo can, can vello, mal can e logo, coma ten que ser. morreu do mellor de que se pode morrer, de velliño. A señora Pepa chorouno tanto coma ao seu defunto, do que nunca se aliviara o loito. As viciñas dicíanlle: —Hai que ter resiñación co que nos manda Deus…

Pro custáballe téla e pasaba moito do seu tempo cos ollos cheos de bágoas.
Un día, de mañán, que as mañans son sempre belas na nosa vila, ergueuse e foi polo Camiño Novo enriba ate a casa do señor abade, don Luís o Papaseiro, que esta a beira da mesma eirexa parroquial. Don Luís home coarent6n, benportado, vivía cunha ama moza e non tiña graza pra cantar. Endeben, nas misas maiores somente lle encarregaban dicila epístola. E non se lle entendía ren. Nin ren. Cantaba como si tivese papas na boca. Diso lle veu o alcume.
A señora Pepa petou na porta, acuden a iama.
—¡Ai, señora Pepa, tanto bó por eiquí!. —Quixera falar co Papaseiriño…
—Non llo diga, que non lle apraz. Non gosta.
—Perdoe, co noso abade. Cuistión dunha misiña.
—Venlle nun salto. E veu.
Traguía posta na cabeza unha puchiña pequena, que lle curbía o curuto da cachola e vestía unha batola longa que lle chamaban balandrán. Pantuflas de estar na casa, non zapatos con fibela. Era bondoso e cumprido:
—Señora Pepa, ¿en qué poido servila, ó?
—Noso abade, eu quixera que me botase unha misiña polo «Babieco». O Papaseiro sabía de sobra quen era o «Babieco». Mirouna de reollo, cunha risiña de coello no rebique dos beizos e perguntóulle, craro e, coa súa retranca:
—¿Era cató1ico o «Babieco»?
Respondeulle a señora Pepa da Cambusa:
—Éralle. E moito. Vostede teno visto vegadas na eirexa. Caladiño, mesmo coma coma si fora xente. E lémbrome que, unha veceira, estando na capeliña do Carmo, pasou unha cadela no seu tempo e a radeira dela sete ou oito cans. «Babieco» ergueu a cacheira, uliscou o ar, e ficou onda estaba, manseliño.movendo os beizos como si paspallase o padrenoso ou avemaría…
O señor abade, sorridente, retrucou:
—Pro non se din misas polos cadelos.
—iE por qué non? Teñen súa ialma.
—Pro e inracional, acrarou o crego.
A señora Pepa da Cambusa falou logo dun curto deteimento:
—Síntollo ben, noso abade. Porque eu tiña aforrados pra ista misiña, trinta e sete pesiños de arxento. Vostede me entende: trinta e sete pesiños de prata. Dos que tintinean; non distes de agora que son papel mollado. E inda os mais diles son «amadeus», coa faciana do rei don Amadeu de Saboia, que disque son millores do que os outros… Ergas, si non pode ser. voume.
Ao Papaseiro bailanrolle os ollos e coma que sinteu soar nas orellas, un a un, os trinta e sete pesos.
—Non se incomode, miña dona, e perdóeme. As veceiras teño a cachola aos paxariños. Elle o caso que eiqui mesmo hai aquel libro gordecho que vostede ve, que lle chaman «Misal Romano», con tódalas misas que se poden dicir no mundo. Vou ollalo.
E o abade colleu o libro, fixo coma que o folleaba, e dixo:
—Parabéns, señora Pepa; eiqui temos unha misa que lle ven que nin pintada pra o seu cadelo.
—¿Coas súas candeas acesas, sancristán e tudo?
—Mesmo coma mo di.
—¿Unha misiña das vellas, dita en latín, das que valen de verdade? —quixo acrarar a señora Pepa.
—Disas e non outra. —iE pra cando?
—Hoxe e sesta feira, pois cuarta feira que ven. ¿Válelle? —Vale.
E os días que ían hastra a data asinalada, pasounos a señora Pepa da Cambusa, indo casa por casa, avisando as súas amistades pra que non lle fallaran; que estivesen na eirexa parroquial as oito da mañán en puntiño. E foi un mundo de xente e foi unha misa preciosa e axudouna o sancristán Lino da Trilla, que era afillado de meu pai. E o crego botou seu sermón, falando dos animalciños de Deus, do cariño que lle tiñan moitos santos, coma san Antonio Abade que e hoxe seu padroeiro; noso santo padre, o mártir Prisciliano; san Farruquiño de Asís, que veu de peleriño a Santiago e non sei cantas cousas mais que puxeron a seiñora Pepa da Cambusa, coas meniñas dos ollos cheas de pranto…
Cando findaron misa e responso, a xente da vila iñase achegando a ela, pra cumprimentala, e agarimala, e dicirlle que a acompañaban na súa door. E moitos que querían consolala, repetíanlle:
—Alédese, miña dona; foille unha misa papuda.
O que se aled6u foi o Papaseiro cando a señora Pepa voltos a sancristía e sacou de dembaixo da muradana un bursiha e tintinoulle, riba dunha mesa, trinta e sete pesos de arxento, «amadeus» os mais diles. A cada un que resoaba dicía o crego: —Graciñas, moitas graciñas…
Levouna ate a porta da eirexa, doulle unha aperta, e ala se foi, a señora Pepa da Cambusa, encantadiña, lixeiriña, polo Camiño Novo embaixo. E logo, na sancristía, o noso abade díxolle a Lino da Trilla:
—Vaite pra fonda de Petra, encarrega unhas perdiciñas guisadas pras doce e media e ímolas comer cunha garrafa de vingo do Ribeiro, que e o millor pra arrempuxalas e que nos caian ben.
Dito e feito. E coméronas. E cando don Luís o Papaseiro meteulle o dente naquelas peitugas saborosas e o perillán de Lino da Trilla, chuchaba ate os osiños mais miúdos, fixo unha pausa o crego, ergueu ao ceo os seus ollos e saloucou:
—jDeus llo pague ao Babieco!
E o sancristán engadiu: —E o teña na súa santa Groria…
Alleos ao que pasaba dentro, atopáronse na porta da fonda Rosa da Fortuna, unha toleirona, que andivera na Revolución dos Farrapos polas rúas cunha bandeirola e Bastián o Aleixado, medio parviolo. Iste faloulle:
—¡Vostede enteirouse? Dixéronlle unha misa polo «Babieco»…
Lembrouse a dita Rosa das pauliñas que lle deran por abrila boca, e ben pegadiña da orella do Bastián, paspallóulle:
—;Meu curmán, o que fai o diñeiro! Pode que ate lle abra as portas do ceo aos cadelos…

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Vilancico «Noite de Amor»

Imagen77

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado | Deja un comentario

Qué é unha hipoteca inversa?

A redacción de TMT chegan consultas de todo tipo. Moitas relacionadas coa historia de Muros; outras coas persoas que aparecen en fotos antigas; outras interesando datos acerca de xentes que naceron en Muros, etc. Os medios son poucos pero tratamos de atender as peticións. Tamén nos piden que escribamos de variados temas de actualidade. Unha lectora solicitounos que escribiramos acerca das . Pois ahí vai o pedido:
A Hipoteca Inversa
Unha hipoteca inversa é un préstamo hipotecario para persoas maiores de 65 anos polo cal unha entidade financeira paga unha cantidade mensual a unha persoa maior a cambio da cal esta utilice a súa vivenda como garantía. A cantidade que aboe a entidade financeira dependerá do valor da vivenda e da idade do cliente. A maior valor e a maior idade, maior importe mensual pódese recibir.
A diferenza dunha hipoteca normal, a través da cal se percibe o total da cantidade prestada ao inicio da operación, a través da hipoteca inversa, ese montante vaise prestando en mensualidades.
-O titular conserva a propiedade da casa.
-Pódese liquidar a operación en calquera momento.
-O importe que percibe o titular non tributa.
-A débeda non é esixible ata o falecemento do titular.
Que requisitos se esixen para contratar unha hipoteca inversa?
Os únicos requisitos esixidos son ter máis de 65 anos e ser titular dunha vivenda.
Para conseguir os beneficios que outorga a nova Lei de reforma do mercado hipotecario, a vivenda ademais debe ser a habitual.
Como funciona a hipoteca inversa?
O cliente percibirá unha cantidade fixa mensual de por vida. En caso de haber 2 titulares, a cantidade fixa mensual percibirase ata o falecemento do último deles.
Trátase dun produto integrado por:
-Crédito hipotecario a interese fixo.
-Seguro de renda vitalicia que se activa se o cliente sobrevive ao prazo máximo do crédito Se sobrevive á súa esperanza de vida), polo que a Aseguradora paga a renda vitalicia ata o falecemento do maior.
Algunhas entidades permiten ademais solicitar unha disposición inicial adicional.
Como se devolve o diñeiro prestado pola hipoteca inversa?
A diferenza doutros préstamos hipotecarios, a persoa maior non ten que devolver o diñeiro prestado. Serán os seus herdeiros os encargados de liquidar a débeda coa entidade financeira no momento do falecemento da persoa maior. O produto está ideado para que nese momento, a débeda sexa moi inferior ao valor do inmoble. Os herdeiros contan cun prazo normalmente dun ano, e durante ese tempo teñen varias opcións: poden vender a vivenda, pagar a débeda, e quedar coa diferenza; poden subscribir unha nova hipoteca para ir pagando a débeda, ou simplemente poden liquidar a débeda co seu propio diñeiro e quedar coa vivenda. De media, o valor residual para os herdeiros é do 50% do valor da casa.
Pódese cancelar anticipadamente a hipoteca inversa?
A hipoteca inversa pode cancelarse en calquera momento, devolvendo á entidade financeira o diñeiro prestado ata o día da cancelación.
A maioría das entidades non cobran gastos por cancelar a hipoteca inversa anticipadamente.
Que gastos leva consigo a hipoteca inversa?
A hipoteca inversa está bonificada pola Lei 41/2007, que establece a exención do IAJD (non se ha de pagar), e ademais as taxas notariais e rexistrais son moi inferiores ás dun préstamo hipotecario normal. Igual que outros créditos hipotecarios a operación leva consigo gastos de apertura, notario, xestoría e rexistro. Todos estes gastos son adiantados polo Banco a conta do préstamo hipotecario.
O único gasto que ten que desembolsar directamente o cliente é o custo da taxación.
Que me cobra a entidade financeira pola hipoteca inversa?
A entidade financeira cobra un tipo de xuro polo diñeiro que presta á persoa maior. Isto significa que no momento de cancelación da hipoteca, o importe debido será igual ás cantidades recibidas e gastos iniciais que aboase a entidade financeira, máis os intereses xerados ata a cancelación.
Sigo sendo o propietario da miña vivenda?
En ningún momento se perde a titularidade da vivenda. O propietario simplemente utiliza a súa casa como garantía fronte ao banco, pero a vivenda segue sendo súa.
Podo alugar a miña vivenda?
A vivenda pódese alugar en calquera momento porque segue sendo da persoa maior. Normalmente as entidades financeiras piden que se lles informe do contrato de aluguer para comprobar que non se trata dun aluguer vitalicio nin de renda mínima.
Podo contratar unha hipoteca inversa se a miña vivenda ten actualmente unha hipoteca?
Pódese contratar unha hipoteca inversa cunha hipoteca en vigor se se cancela previamente. Para iso, as entidades financeiras adiantan un capital inicial no momento da firma da operación que serve para cancelar a hipoteca en vigor.
Cal é a fiscalidade das cantidades que recibo da hipoteca inversa?
As cantidades recibidas da hipoteca inversa non están suxeitas a tributación no IRPF porque son disposicións dun crédito. Só se a persoa maior sobrevive á súa esperanza de vida, e polo tanto empeza a recibir entón a mesma cantidade que viña recibindo do préstamo, terán estas cantidades a consideración de prestacións dun seguro de rendas vitalicias diferidas, e si están suxeitas a tributación, pero con vantaxes fiscais importantes: só tributa o 1,44% da renda.
Que requisitos son necesarios para contratar unha hipoteca inversa?, que debo facer?
Os requisitos básicos son ter máis de 65 anos ou ser dependente e ter unha vivenda en propiedade.
EN RESUMO:
-Permite obter unha cantidade mensual garantida de por vida mantendo a propiedade e o uso da súa vivenda, ademais dunha disposición inicial.
-Pódese desfacer a operación en calquera momento.
-Fiscalidade moi favorable.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario