Novas de Onte (1910)

p/Manuel Lago Alvarez

Un saludo: Hemos tenido el gusto de saludar en esta Villa a nuestro querido paisano el jurisconsulto Don Joaquín Fernández Luces, que por asuntos profesionales vino a Muros acompañado de su hijo Pepito. Celebramos le haya sido grata su presencia entre nosotros. (LA. Febrero-1910).
Calle del Príncipe: Continúa todavía en igual estado la transitable y muy concurrida Calle del Príncipe, teniendo forzosamente que mojarse los pies el ciudadano caprichoso que tenga el gusto de pasearla. Por lo visto debe ser muy saludable este ejercicio, cuando no hay prisa en arreglar los charcos, mares y pozos que en ella existen. Nada más decimos por lo tanto, pues respetamos gustos y opiniones, pero ya que no se arregla, bórrese ó quítesele el pomposo nombre que tiene, pues más que calle del Príncipe, resulta calle de…… cualquier cosa. (LA. Febrero-1910).
Que sea enhorabuena: Ha sido premiado con mención honorífica, en el Certamen Histórico celebrado en Santiago de Compostela, el joven abogado y distinguido muradano Picture23don Ramón de Artaza Malvarez, por un hermoso trabajo de Historia Gallega titulado , siendo el lema . Fue iniciado este certamen por el Excelentísimo ayuntamiento de aquella ciudad, correspondiendo a este trabajo el premio de la Liga de amigos de aquella población. Felicitamos muy de veras al autor.

Los carnavales: Bastante desanimados estuvieron este año, siendo sin duda una de las causas, el bando publicado por el Sr. Alcalde, prohibiendo el andar por las calles durante el día con caretas, permitiéndolo tan solo por la noche. Los alcaldes de Madrid, Coruña, Vigo y otras poblaciones permitían en sus bandos la circulación de máscaras por el día, prohibiéndolo por la noche. En algo nos hemos de Picture25diferenciar aunque sea en andar al revés de esos pueblos. Algunas parranderas que salieron el domingo cantaban coplas alusivas a esta prohibición. Lo que animó algo el domingo fue una Comparsa de Campo de Cortes. Lleva un estandarte que decía: , al que seguía una murga disonante detrás de la que aparecía el diputado acompañado de dos individuos vestidos de pieles y de otro con polainas en traje de chauffeur; seguía a la comitiva, criadas de servir, etc, por ser día de fiesta y diversión. (LA. Febrero-1910).
Los bailes: Resultaron muy animados los dos bailes que en honor a Momo se celebraron en esta Villa los días de Carnaval. El entusiasmo fue grande y la animación mucha. (LA. Febrero-1910).

Publicado en Cousas que interesan, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

A Voz dos Nosos Poetas: Rúa da Luz, de Sibila…

Rúa da Luz, de Sibila…

Rolda por Rúa da LuzImagen70

unha sombra silandeira

no tobogán da soleira:

baixa, sobe, cara ou cruz.

  Debruza a sede, avestruz,

de constante cabaleiro,

na Fonte do Castiñeiro,

reverente, a contraluz.

  Fortalece monodía

reprodicir pola vía

unha rutina refén

de cabal monotonía.

  No peto a chave da vila,

a dos secretos tamén,

exerce de palafrén,

Rúa da Luz, encandila…   cunha vela na mochila por Miraflores, ¡amén!

http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , , | Deja un comentario

Os nomes das «bacas» de Muros

p/ Manuel M. Caamaño

0 arte de arrastre a flote con portas denominado popularmente «baca» é unha modalidade relativamente recente en augas de Galicia.
Xa coñecido e utilizado este sistema nas costas do levante español desde a segunda metade do século XIX, a súa implantación nas nosas augas demórase ata a segunda década do XX . A súa aceptación foi tardía debido ao arraigamento que gozaban outras dúas artes de arrastre entre as armadores dos nosos portos e que utilizaban barcos de maior porte, a parella e o bou.
Picture22Non foi ata 1925 que no porto de Marín, Senén Sobral armador da parella composta polo «Senencito» e o «Salvadorito» ambos con 16 metros de eslora e unhas 60 toneladas de desprazamento, armou ao «Salvadorito» co sistema levantino, tralo naufraxio do segundo. Para iso foi contratado o patrón de pesca valenciano Francisco Marés, dando así comezo esta modalidade de pesca nas nosas costas.
En poucos anos esta nova arte de pesca estendeuse por diferentes portos da costa atlántica galega; empresarios de portos como Vigo, Santa Uxía, A Coruña e Muros armaron os seus barcos con ese novo sistema. Nun principio eran «tarrafas» que en tempada de baixas capturas de sardiña, pertrechaban co nova arte, mais tarde vendo a excelente rendibilidade que ofrecía o novo sistema, dedicáronse exclusivamente a el.
No porto de Muros calou rapidamente entre armadores e tripulantes esta nova modalidade, pois ofrecía unhas excelentes capturas e un relativo baixo custo o non requirir a construción de novos buques e o ser aproveitados para iso os xa existentes. Donos de almacéns de salgadura descendentes dos antigos fomentadores cataláns chegados a Muros na segunda metade do século XVIII foron os primeiros armadores de bacas que dedicaron os seus barcos. antes armados para a pesca da sardiña. Nomes que acoden agora ao meu maxin rescatados da memoria dos vellos mariñeiros de Muros, como o Pepita, o Solita, o Antonio Pérez, o Pepito, o Antollo, O Ifigenia ou o Maruxa, algúns deles patroneados no seu tempo por Don José Martínez Álvarez (Pepe de Chuvasco), uns dos primeiros patróns do arrastre que exerceron como tal neste porto.
Picture19Na década dos 40 do pasado século xa estaba totalmente afianzada esta pesquería en Muros, dedicándose a tal fin máis dunha ducia de «bacas». Eran anos de carencias e fame en todos os niveis da sociedade e iso, como non podía se doutro modo, manifestábase de maneira mais que evidente entre a nosa xente da mar e na precariedade dos barcos destinados a esta modalidade .Esacangallados  vapores, algúns con máis de catro décadas sobre as súas cadernas, compoñían a flotilla de bacas muradana. Barcos que estaban deseñados e construídos para pescar e nos que calquera sistema ou avío destinado para a seguridade dos seus tripulantes, eran unha mera entelequia. Houbo que esperar ata finais dos anos 60 para que as unidades dedicadas ao arrastre se actualizásen coa compra por parte das armadores muradáns de barcos xa construídos para tal fin.
Nestes anos, moitos patróns de pesca  convertéronse en armadores buscando unha mellora no seu status económico e logrando dese modo asegurarse a súa praza.
Houbo que esperar ata as décadas dos 70 e os 80 para ver o maior florecemento do arrastre en Muros; foron anos nos que ata 25 bacas amarraban nos seus peiraos. Especies como a cigala, o linguado, o rape ou o galo constituían a maior parte das descargas destes buques.
Picture21Nomes como o Juanito Concepción, o Novo Pepín , o Familia Portuondo, o Peña Negra ou o Sidri Rober acoden prestos á memoria de quen aquí escribe, e traen gratos recordos dun neno que comezaba as súas singraduras e a súa vida no mar a bordo destos entrañables barcos.
Estos son alguns dos nomes que tiñan estas unidades dedicadas o arrastre no porto de Muros : Alba Mar, Alba do Mar, Almirante, Alonso de Ercilla, Alza, Amadorcin, Amaro Carabel, Andiño, Anfítrite, Antonio Sampedro, Antonio Sampedro 2º, Antonio do Velliño ( Ex Hermanos Vega), Ardita, Arenys de Mar, Boa Vista, Brutimar, Caballa, Cabalo Branco, Carmen Garrido, Carrasca, Concha de san Sebastian, Conexo, Cordero de Belen, Costa Lucence, Coreano, Choquero, Cizurquil, Cristina Pedrosa, Dous de Ouros, Enero, Evaristo Picture20Pérez, Familia Portuondo, Felisa Dominguez, Felix Villar, Francisco Yañez, Galiñeiro (Praia de Esteiro), Gaztelutarrak, Genoveva Nº 2, Genoveva Nº 3, Gemma del Mar, Getafe, Hercules Nº 1, Hermanos Diez Colome , Hermanos Bens, Hermanos Portuondo, Isla de Gaztelu, Juanito Concepcion, Javi, Jesús Del Gran Poder, José Balayo Portela, Kica, Laca Burgoa, Lagardiña, Laxana, Macaya M, Macaya R, Manuel, Mar, Mar Once,Marce y Manuel, Maria Auxiliadora (detalle da proa), Marina, Maruxa, Masus Guillen, Matusa, Meira da Costa, Meu Agarimo, Merci, Monte Louro, Montenegro, Nuevo Lasarte, Nuevo Pepín, Pedro do Neto, Pena do Altar, Peña Negra, Pepita, Pérez Armada, Ramona Pan, Regente, Río Miño, Río Rus, Rosa Náutica, Rosariño, San Eusebio, San Matin de Abajo, San Martín de Arriba, Segunda del Mar, Sidri Rober, Tamara y Yaiza, Teilan, Urduliz.

Publicado en Cousas que interesan, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

¿A quén non se lle dan as matemáticas?

p/ María Xosé Alfonso Torres

A maioría das persoas identifican as matemáticas cunha disciplina moi aburrida e difícil. Rápidamente pensan en problemas de difícil resolución nos que hai que aplicar fórmulas e algoritmos complexos. Cantas veces escoitamos “A min as matemáticas non se me dan”!!!

Isto é porque todas estas persoas non son conscientes de que están Imagen68empregando as matemáticas constantemente. E non só cando van a unha tenda a mercar, non, xa sen saír da súa casa.

Non é raro que despois dunha comida en familia ou con amigos, durante o café e a sobremesa, alguén plantexe un “xogo”, de palillos, acertixo,…… Por exemplo:

Poñendo unha raia recta nalgunha parte desta expresión, antes do igual, isto que agora é falso convírtese en verdadeiro

5 + 5 + 5 = 550

Ou, “Movendo só dous palillos hai que conseguir que esta vaca que está mirando ao sol mire á lúa” Por suposto, non pode quedar unha vaca “mutante”, isto é , non pode quedar con dous rabos ou unha orella ou patas arriba.

Pero ademáis, empregamos as matemáticas cando facemos a comida, pois se temos unha receta para catro persoas pero temos que facer de comer para un número distinto de catro xa temos que aplicar as proporcións. Ou porque non temos suficiente cantidade dalgún dos ingredientes. Se temos que facer unha tarta para a que, según a receta, precisamos oito ovos pero só temos seis entón teremos que adaptar as cantidades do resto dos ingredientes a esta cantidade de ovos, ou non? Pois xa estamos aplicando as proporcións (si, si, iso que se estuda nas clases de matemáticas). E seguro que moitas das persoas que aplican as proporcións correctamente e elaboran deliciosas recetas teñen dito en máis dunha ocasión que non se lle dan ben as matemáticas.

Cando nos chega a factura da luz todo o que alí hai son matemáticas, atopamos ademáis de sumas, restas e productos, porcentaxes (nos descontos e no IVE), un diagrama de barras (cos consumos dos meses do último ano), unha media (coste medio diario da enerxía do período, xusto debaixo do diagrama de barras), unha táboa de datos (coa información da facturación ATR) e gráficos de sectores (coa orixe da electricidade). Todo iso son matemáticas e o vemos e interpretamos cada vez que miramos a factura

E se imos mercar ou temos sorte e nos regalan unha xoia de ouro? Que é iso dos quilates? Por que algunhas persoas teñen alerxia ao ouro que non é de 24 quilates?

O ouro de 18 quilates (por exemplo) en realidade é unha aliaxe (mistura) de ouro puro con outros metais (sobre todo prata), nunha proporción de 18/24, é dicir,Imagen69 de 24 partes só 18 son de ouro puro e o resto doutros metais. E as persoas que só poden poñer xoias de ouro puro (de 24 quilates) é porque en realidade son alérxicas a algún deses outros metais que forman a aliaxe.

E podería seguir, porque estamos “rodeados de matemáticas”, así que iso de que non se nos dan as matemáticas non debe ser certo de todo, non vos parece?

Publicado en Cousas que interesan, Educación | Etiquetado | Deja un comentario

Entrevista a Frei Xosé Manuel Castiñeira González

p/Jorge Lago de Pexejo

Picture16Teño que confesar que cando se me plantexou a oportunidade de facer unha entrevista a un home do clero se me presentaron máis dúbidas de como conducila que en ningunha ocasión anterior. Pode un como entrevistador afastado da Igrexa ser ecuánime nas súas preguntas? A resposta a tal pregunta verase ao final da nosa conversación, pero os antecedentes deste personaxe que introduzo hoxe fanme pensar que si, que dentro do hábito, ademais do monxe está unha persoa que se sente próxima ao mundo e atreveríame a dicir que tamén á idea da propia orde que se fundou hai máis de 800 anos.
Frei Xosé Manuel Castiñeira González naceu en Guillarei, unha parroquia do concello de Tuy no ano 1963. Unha nenez normal como calquera outro rapaz, remata os estudos en BUP e empeza a traballar pola súa conta nun invernadoiro de caraveis, despois de albanel e tamén nunha fábrica de madeira. Despois dos estudos produciuse un proceso de distanciamento coa Igrexa e perda de fe pero despois dalgunhas experiencias e busca persoal o destino lévao a un convento franciscano onde segue o proceso de formación na Orde estudando en Vigo, Santiago e os estudos de licenciatura en Salamanca. No ano 2007 ordénanlle sacerdote e como a Provincia ten intereses no Camiño de Santiago e el é seguidor do tal, encoméndanlle unhas parroquias no Bierzo (León)
Picture17Alí empeza a restaurar igrexas abandonadas e a tratar coas xentes daqueles pobos marxinados pola administración e dar atención aos peregrinos nesas parroquias.
No ano 2011 tras un acordo da Provincia coa Diocese de Lugo para atender pastoralmente o Santuario de Cebreiro noméanno Rector do Santuario e gardián da nova Comunidade Franciscana de Cebreiro e no ano 2013 trasládano a Muros onde foi nomeado gardián do Convento de Louro e párroco.
Segundo as súas propias palabras, empeza esta nova etapa con ilusión e forzas intentando que o convento teña un marcado aspecto de vida franciscana aínda que tal labor vaia ser difícil, un sempre conta coa axuda de Deus.
J.L._ Poucos curas admiten así de boas a primeiras as súas crises de identidade especialmente en cuestións de fe. Ti falo cunha candidez que di moito da túa personalidade. A pesar de ver e vivir nun mundo non necesariamente xusto, Qué te fixo reencontrar o camiño da fe?
Frei Xosé Manuel._ No ano 91, con motivo dos 75 anos das aparicións de Fátima miña irmá me invita a ir a Fátima e eu acepto. Cando chegamos, aquilo me parecía un absurdo: xente de rodillas, mal vestidas, moita sucidade, símbolo da opresión e ignorancia que a Igrexa exercía sobre o pobo. Na misa final sentín desprezo polos representantes da Igrexa. Eles ala arriba ben sentadiños e a xente de pe e cansada. Non obstante na procesión, o remate da misa, a xente despide a Virxen con panos brancos e se me puxo a pel de galiña. Despois rematado o acto fomos ata a casa dos pastorciños, e nunha estación do Vía Crucis, había un home pedindo. Era tan feo e desagradable o seu aspecto que quixen darlle unas moedas, pero a miña conciencia o non sei que me dicía: non lle deas non ves que e un disfraz para fomentar a compasión e despois de este suceso me viña a cabeza este pensamento » si queres ser feliz faite misioneiro» e comencei indo o párroco e comentándolle todo o que me estaba pasando e así pouco a pouco volvín aos brazos  da nai Igrexa.

J.L._O poder é sedutor e moi poucas veces a Igrexa soubo ou quixo vencer tal sedución e a percepción de aqueles que non foron tocados pola Graza é que a Igrexa ve as inxustizas terrenas dunha maneira demasiado pasiva.
“Si queres ser feliz faite misioneiro” dixeches ti porque algo che moveu por dentro.
Pódese ser feliz vendo tanta inxustiza?
Picture18Frei Xosé Manuel._ Tes toda a razón en dicir que a Igrexa moitas veces se deixa seducir polo poder, como dí o Papa na exhortación Evangelii Gaudium » ós defensores da ortodoxia, se dirixe a veces o reproche da pasividade, de indulxencia e complicidade culpable respeto a situacións de inxustiza intolerables e os rexímenes políticos que as manteñen.
Respeto a pregunta a única resposta é negativa, non se pode ser feliz ante tanta inxustiza, pero si que é certo que na medida que un combate as inxustizas, que arrima o ombro a causa dos pobres, experimenta un gozo inexplicable. Nesa loita vemos que non estamos sós, que hai irmas que colaboran e que teñen os mesmos ideais e que a pesar de todo podemos confiar no ser humano. Anque non sean cristiáns, sen sabelo eles están construíndo ese Reino fraterno, ese sono de Deus.  E sintes unhas cosquilliñas por dentro que che fan estar contento co mundo, e esa sensación non hai diñeiro que o pague.
J.L._ Eu dedicaríalle toda a interviú a seguir na mesma nota por que me apaixona o contido filosófico do tema e tí falo sumamente dixerible pero estou seguro de que hai moitas outras facetas que lle interesarán non só aos nosos lectores senón tamén aos teus fregueses.
Es Gardián do Convento e Párroco de Louro. Explícanos se che prace a función de Gardián do Convento e como alternas ambos os dous labores.
Frei Xosé Manuel._ A función de gardián  é mais cara dentro da  fraternidade local, consiste na animación da vida fraterna dos frades nos aspectos de oración, organización, toma de decisións, vida en común e a de Párroco é mais cara a xente no ámbito da pastoral parroquial. Estas dúas facetas son complementarias e axudan a levar unha vida mais entregada os demais. A experiencia de párroco e Gardián no Cebreiro permitiume armonizar mellor estas dúas encomendas, aínda que o principio non me foi fácil.
J.L. _ Non sei si San Francisco foi o primeiro ecoloxista , pero unha persoa que hai máis de 800 anos dixo «irmán lobo» e “Si existen homes que exclúen a calquera das criaturas de Deus do amparo da compaixón e a misericordia, existirán homes que tratarán aos seus irmáns do mesmo xeito.” Ese home adiantouse 8 séculos a que debe de ser o trato ético hacia os animais e elevou así de súbito a os animais ó status de persoas contradicindo o dogma de que a creación foi feita para o noso uso e abuso.
Segue hoxe a Orde sostendo polo menos en teoría o respecto hacia os animais, ou iso xa o deixa nas mans dos grupos medio-ambientalistas modernos?
Frei Xosé Manuel._ Non creo eu que San Francisco lle dera o estatuto de persoa os animais, creo que é moito dicir, o que si é certo que para san Francisco todos somos iguales porque todos partimos das mans creadoras de Deus, desde esa condición de criaturas ninguén e mais que nadie, todos somos irmas e iso fai cambiar a nosa perspectiva sobre a creación, non desde o poder sobre ela senón o respeto e o coidado. A ecoloxía é un tema que me encanta, fixen a miña tesiña sobre ela e os meus destinos sempre foron lugares de gran beleza natural onde un pode asombrarse dos encantos da nai terra e como se deixa moldear para sacar dela os mellores froitos. Respecto a Orden o principio era un tanto reacia a esta problemática ambiental, pero hoxe hai unha gran conciencia ecolóxica con proxectos medioambientais en varias zonas do mundo, quizás aquí no noso pais, e digo con coñecemento, xa que fun seis anos delegado de Xustiza  e Paz  e integridade da creación na Provincia, necesitamos ser mais reivindicativo neste campo, creo que os grupos ecoloxistas lévannos vantaxe e temos que unirnos a eles para unir forzas, pero todo se andará.
J. L._ Pensas que hoxe en día o sacramento da confesión ten relevancia en vista de que cada vez máis xente se confesa e verte os seus lastres nos psicólogos de profesión?
Frei Xosé Manuel._ O pecado fundamentalmente e un concepto relixioso porque se enmarca no contexto da nosa relación persoal con Deus. So se pode entender o pecado desde a experiencia de Deus, desde esa experiencia e a conciencia de non actuar de acordo a vontade de Deus é onde o pecador necesita experimentar a misericordia e a compasión de Deus a través do sacramento da confesión. Outra cousa é a culpa, que é a sensación que se produce cando facemos algo que consideramos mal. Como o home postmoderno perdeu esa experiencia de Deus pero ten esa conciencia de culpa necesita un mediador para volver a armonía, ese papel exérceno os psicólogos é unha función que necesita a sociedade. Non obstante unha comprensión errónea do pecado que levaba a persoa a ter uns efectos de angustia e sufrimento tal que non lle permiten experimentar a graza e a liberdade e un horizonte de esperanza que lle transmite o perdón de Deus. Este creo eu que é o a causa da crise do sacramento da reconciliación, mal chamado «confesión».
J.L._ Como empeza o día un frade franciscano no Convento? Empezades con Laudes, Maitines etc.?
Frei Xosé Manuel._ Os frades o longo do día teñen catro momentos de oración, que ten o significado de consagrar todo o día a Deus. A oración da mañá e laudes e esa é a primeira cousa que fai un frade despois de saír da habitación, o mediodía se reza Hora Intermedia a tardeciña Vésperas, e o remate do día as Completas. Nós rezamos Laudes e Vésperas en comunidade e as outras cada tarde en privado. Ademais temos unha hora de oración persoal que facemos o rematar os Laudes.
J.L._ Que tipo de música che gusta? A pregunta implica se podes como franciscano oír ou gozar calquera tipo de música.
Frei Xosé Manuel._ En xeral gústame todo tipo de música, si ben teño as miñas preferencias. A música que más me gusta é a da terra, sobre todo as dos grupos de Folk Galego como Milladoiro, Berrogueto e Luar na Lubre. Tamén gústame moito os grupos que saíron na chamada movida madrileña e viguesa, os Siniestro Total, Resentidos, Golpes Bajos, e os madrileños Radio Futura, Los secretos, Gabinete Caligari, etc. E anque pode resultar un tanto estrano para un frade sempre me gustaron as bandas de rock Deep Purple y Led Zeppelin.
J.L._ Vaia! Frade ou non frade, ben se nota a diferenza xeracional co entrevistador aínda que coincidimos moito polo gusto da música da nosa terra. Practicas algún deporte?
Frei Xosé Manuel._ Actualmente non practico moito deporte,  de forma puntual practico algo de ciclismo e  o senderismo, si ben o deporte que mais pratiquei foi o fútbol.
J. L. _ Eduardo Galeano dixo (e moitos opinan como él), que a caridade é humillante por que se exerce verticalmente e dende arriba. A solidariedade é horizontal e implica respecto mutuo.
Ti que pensas?
Frei Xosé Manuel._ Ten toda razón o sabio Galeano que a caridade entendida como beneficencia e humillante e ferinte, non obstante eu estou en desacordo con il no aspecto da solidaridade que non é tan horizontal nin implica respeto mutuo, porque os solidarios sempre se consideran os bos, e os outros os consideran necesitados, eu prefiro se fraterno no senso franciscano que leva a palabra fraternidade. Os demais son meus irmáns e dóeme o  seu sufrimento. Nestes días donde actualidade se centra na entrada de emigrantes saltando as vallas fronterizas e do seu sufrimento eu me revelo contra os plantexamentos dos nosos gobernantes, que as únicas medidas son impedir por todas as formas a súa entrada, cando como persoas o que nos fai humano e axudar o próximo o que eu considero irmá e que está tirado no camiño. Pola miña cercanía e vivencia das fronteiras xa que nacín cerca dunha e  anque me chamen demagogo prefiro tirar muros, vallas que nos separan e construír pontes que nos acercan e nos hermanan.
J. L. _ Nas últimas décadas a Igrexa estase a enfrontar a problemas abafadores e que aparentemente parecen insuperables. A falta de vocación cara ao sacerdocio parece ser un deses escollos sen vías de solución. Outras comunidades relixiosas anglicanas e protestantes parecen paliar a crise e adiantarse aos acontecementos ordenando sacerdotisas. Aínda habendo oposición de certos segmentos conservadores das devanditas comunidades, seguir ordenando mulleres e mesmo as elevar ao bispado parece ser un feito irreversible. Ti cres que nun futuro máis ou menos próximo a Igrexa Católica irá sendo menos dogmática ao respecto?
Frei Xosé Manuel._ Este é un tema moi complicado o de falta de vocacións, tanto o sacerdocio como a vida relixiosa sobre todo en Europa. Eu non creo que a solución e a ordenación de mulleres, isto é algo mais profundo, si a solución fora a ordenación non hai dúbidas de que a igrexa tomaría esa opción, non obstante nas confesións cristiáns que se dá, seguen tendo falta de vocacións no sacerdocio. A cuestión, sempre desde a miña opinión, que non é palabra de Deus e que o ministerio sacerdotal hai que vivilo desde outra perspectiva, non desde unha función cultual senon existencial. o verdadeiro sacerdocio é o de Cristo e como il nos temos que optar polo seu estilo de vida de dar a nosa vida para que os demais teñan vida, e isto queiras ou non cámbiache a vida e experimentas que a vida merece a pena vivila dándote os demais.
J. L._ Dígoo con sincero pesar, pero temos que empezar a deixar por rematada esta conversación tan ilustrativa e enriquecedora. Foi un verdadeiro pracer o ter mantido este diálogo con alguén que non lle intimida evidenciarse nin o chamar ás cousas polo seu nome.
Antes de someterte ao cuestionario habitual de Bernard Pivot, ofrézoche o pouco espazo que nos queda como púlpito si queres para que nos deas unha última reflexión e aproveito para darche as grazas por dispoñer do teu tempo tan xenerosamente con todos nós.
Frei Xosé Manuel._ Teño que confesar que tamén para min foi un pracer. Eu quero darvos as grazas os que publicades «The Muros Times» porque sinxelamente facedes un traballo moi valeroso, desde a senxileza dun proxecto, que tedes nel todo o voso corazón,  e desde a riqueza que proporciona un traballo ben feito e que rinde culto o que fixeron os nosos ancestros e a cultura que xenera na bisbarra de Muros, considero que é unha honra para min que contedes con este pobre servidor para ser tamén protagonista desta andaina cultural. Ánimo para esta singradura e que o vento da humanidade os leve a descubrir novos rumbos. Grazas pola vosa laboura gratuíta, e por dar esperanza que é posible outro mundo.
J.L._ Cuestionario Pivot.
1. J.L_ Cál é a túa palabra favorita?
Frei Xosé Manuel._ Liberdade
2. J.L._ Cál é a menos favorita?
Frei Xosé Manuel._ opresión
3. J.L._ Qué te emociona?
Frei Xosé Manuel._ a sonrisa dun neno
4. J.L._ Qué son ou ruído che gusta?
Frei Xosé Manuel._ o son da brisa do mar
5. J.L._ Qué son ou ruído detestas?
Frei Xosé Manuel._ o ruído do tráfico nas cidades
6. J.L._ Cál é o teu exabrupto favorito?
Frei Xosé Manuel._ o clásico carallo, neniño
7. J.L._ Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer?
Frei Xosé Manuel._ paiaso
8. J.L._ Qué profesión non desexarías facer
Frei Xosé Manuel._ garda civil
9. J.L._ Qué che gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?
Frei Xosé Manuel._ «pasa pa dentro»

Publicado en Entrevistas | Etiquetado , | Deja un comentario