Natura Muradana

p/ Amado Barrera
Esta sección ben podería ter unha verba máis e titularse RARA NATURA MURADÁN, porque vimos sacando esquí fermosos pero raros especímenes da nosa flora e fauna, coma o fento real e o gladiolo, a volvoreta podalirio e mesmo o rarísimo árao.
Pois ben, hoxe podemos deixar o título como está, porque o noso invitado e tan fermoso coma común:
Picture7O PARRULO, ou simple e castelanmente, PATO, que así lles chaman pola nosa beiramar, á chamativa ÁNADE REAL (Anas platyrhincos).
Pero apresurémonos a dicir que tampoco é que sexa tan común, de feito, en Esteiro apenas se vían ata hai ben poucos anos, pero últimamente, cada inverno vense no esteiro esteirán (J) unha boa ducia deles, casi todos machos, con dúas ou tres femias. Chegada a primavera empezan a verse menos, parece ser que có bó tempo non lles gusta baixar tantoPicture8 á marisma e quedan augas arriba, seguramente para cuidar mellor á nidada, que nace por maio o xuño. É probable que anual aumento da poboación esteirán se deba precisamente ao “reclutamento” de cada nidada: parece ser que hai uns anos quedóu a primeira parella no Rio Maior, e boa parte da descendencia fíxose sedentaria. Pode ser.
En fin, que sendo tan común esta especie en toda a península, e mesmo en toda Europa, e mesmo, mesmo, en todo o mundo mundial, en Muros podémola catalogar coma “rara”, porque ser, éche máis ben escasa a súa poboación eiquí, coma queda dito.
O obxectivo desta sección é deixar constancia escrita e gráfica da rica variedade da nosa naturaza, non tanto da minuciosa descripción de cada especie, tan doada de atopar hoxendía na etérea “rede”. Para o caso dos nosos bonitiños “patos”, aconsello esta interesante dirección: http://www.pajaricos.es/a/a1/mas/anadeazulon.htm

Picture10

Publicado en Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario

A hipocresía das mulleres (Conto só para homes)

p/ Marcelino García Lariño
Eu non teño nada en contra das mulleres, ó contrario, gústanme a rabiar. Mentiría si dixese ó revés, e non son home mentireiro, Home si, pero mentireiro non. E aínda digo máis: as mulleres gustáronme, aínda me gustan a pesar da miña idade e se chegara ós noventa e nove anos ou os cento doce, poñamos por caso, tede a completa seguranza de que me seguirían gustando como agora ou aínda máis. E asevero, que se hai home que ó ver pasar unha muller apetecible non sinte un comechume por todo corpo, tede a completa seguranza que: ou non é home, ou minte máis que o goberno.
Pero as mulleres, todo hai que dicilo, teñen outra cousa: que todas, sen excepción, son hipócritas; todo en elas é finximento, engano, falsidade e dobrez. Nunca, xamais, a muller sexa moza ou vella di o que sinte nin sinte o que di, nin fala o que pensa nin pensa o que fala. A muller é unha mestura de disimulo, aparencia e artificio. Todo en elas é astucia e estrataxema. Nunca se sabe se a tes ou non a tes; o mesmo se ri coa pena como chora coa alegría; o mesmo che di que te quer cando te odia, como te odia e di que te quer. A súa vida é un teatro, unha farsa, unha tremoia: ás veces drama, ás veces comedia, e ás máis delas intriga.
Picture6Podería, se quixera, contar moitas anécdotas que pasaron e pasan e aínda pasarán desta peculiar maneira que teñen de ser e comportarse, sexan mozas, doncelas, señoritas, señoras, noivas ou compañeiras. Pero abonda, ó meu xeito de ver o que lle pasou a Xoseíño da Pousona, un mociño feito e dereito, coa súa moza unha rapariga ben fermosa e xeitosa por certo.
Pois o Xoseíño, ó que todos lle chamamos Xosiño, xa sabedes de quen é e onde vive, naquela casa que ten unha parra á porta mesmo fronte a botica. Un día convidou a moza ó cine, e foron ó “París Cinema”. Quitaron os billetes, entraron e sentáronse no patio de butacas. Ó pouco, apagáronse as luces, quedou a sala ás escuras, e encomezou a sesión. Mellor dito: as sesións: a da película e a das apalpadas. Que non foron eles só, ¡coidadiño!, que case tódalas parellas que había no salón, por non dicir todas, estaban ó mesmo: biquiño de aquí, biquiño de acolá, man por arriba, man por abaixo e a cada paso más quentes ata chegar a ferver a borbollóns. E Xosiño e maila noiva no se quedaban atrás, ¡non ho!, con dicirvos que lle tiña a man en certa parte do corpo semellante a unha cova escura, lúgubre e húmida agochada nun monte poboado de arboredo como as selvas do Amazonas, que non me atrevo a dicirvos o nome porque “non sería nada grato a Confucio”, segundo me dixo un grande amigo chinés. E chegou un intre estando nestes trafegos que á compañeira doulle unha arroutada e berroulle toda enrabechada:
–¡Cala, que quero ver a película!
Xosiño quedou como se llas deran. A xente mirou para eles e algo rosmaron; algunhas dicían de boca para fóra “¡Que aproveitado!” Pero para o seus adentros suspiraban “¡Quen mo dera ó meu lado”, e así de cousas parecidas. Pero é que elas, as mulleres, son así.
O mozo en vista do que lle pasara arredouse dela e púxose a mirar a película, pois ata aquel intre non sabía se era de amores ou de policías; pouco a pouco foise poñendo ó tanto e xa lle estaba gustando a cinta.
Pasaría coma media hora, ela deulle co cóbado; el ni caso. Pasou outro cuarto de hora aproximadamente, e volveu a darlle outra cotobelada máis forte; el impasible como se non fose con el. Seguiu a película e ela outra vez volveu a guindarlle outra cotenada. Entón el díxolle:
–¿Que che pasa? ¿Que é o que queres agora?
E ela, toda anoxada, contestoulle:
–¡Díxenche que calaras; non que sacaras a man de onde a tiñas!
Estas mulleres… ¡non hai quen as entenda! Sonche así, decote foron así e proseguirán sendo así. Pero…. ¡¡¡Que boas están!!!

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente: Xosé Manuel Olveira Gallardo “Pico”

Picture5Xosé Manuel Olveira «Pico» Gallardo, naceu en Esteiro, Muros o 7 de setembro de 1955 e finou en Santiago de Compostela o 13 de xuño de 2013.
Logo dunhas primeiras experiencias teatrais cos seus amigos esteiráns, e unha vez que marchou para estudiar a Santiago, comezou a traballar en 1972 na compañía de teatro afeccionado Ditea, da man do inesquecible Agustín Magán onde permaneceu ata 1984. Ao ano seguinte, en 1985 comezou a súa colaboración co Centro Dramático Galego, co que chegou a participar en moitas das súas producións dos anos oitenta e noventa. Entre os seus últimos espectáculos figuraron Aeroplanos, da compañía Lagarta Lagarta, xunto a Ernesto Chao e baixo a dirección de Rosa Álvarez, ou O florido pénsil (2011).

Pico foi un actor total no mundo audiovisual, que fixo unha importante carreira teatral simultaneada dende os inicios con aparicións en practicamente todos os proxectos cinematográficos que se desenrolaron en Galicia dende os anos setenta. E coa aparición da TVG convertiríase nunha das caras máis recoñecidas do audiovisual galego. Porén fíxose sobre todo coñecido para o gran público galego polas súas intervencións en series de moita audiencia coma Mareas vivas onde interpretaba o crego don Amancio, Pratos combinados, onde encarnaba o avogado Pedro Barreiro, ou en Padre Casares, onde exercía o papel de bispo.
En cine cabe salientar os seus inicios co inesquecible director Chano Piñeiro. E as súas colaboracións en títulos tan importantes coma Mar adentro (2004) ou Os xirasois cegos (2004), así coma noutras producións galegas de éxito coma Blanca Madison (1998), A vida que che espera (2004), O ano da carracha (2004) ou Máis ca irmáns (2005).
Entre 2009 e 2011 foi o presidente da Academia Galega do Audiovisual.
Nos Premios Mestre Mateo 2008 da Academia Galega do Audiovisual (entregados en 2009) recibiu o galardón de mellor interpretación masculina de reparto por Os mortos van ás présas. Por Retornos levou en 2011 o premio Mestre Mateo á mellor interpretación masculina de reparto. Recibiu o Premio Augusta ao mellor actor no Festival Internacional de Cinema Independente de Braga, Bragacine, polo seu papel protagonista en Simbad.
Como home comprometido con prácticamente todos os proxectos culturais que se desenrolaron no concello de Muros nos últimos trinta anos, son ben recordadas as súas habituais e amenas colaboracións no grupo de teatro Xestruxo de Esteiro, dirixido polo inesquecible Xosé Agrelo. Así como a súa participación en prácticamente todos os eventos ou actividades culturais que xurdiran na nosa comarca. A súa colaboración podía plasmarse de cualquier xeito. Ben fora en forma de presentación, de pregón, etc… Pero Pico sempre estaba disposto a colaborar botando una man facéndolle honra ao dito de “canta a túa aldea e serás universal…”

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario

Os nosos fotograf@s: Campio Piñeiro

As instantáneas de Campio son a demostración de que non fai falta ter unha gran cámara para facer grandes fotos. Armado con só un teléfono móvil que incorpora uns sinxelos cinco megapixeles de resolución, é quen de recoller con notable maestría o seu día a día.

Campio e unha persoa de alta estatura e de altos sentimentos. As súas fotos así o refrexan. As que amosamos neste número de TMT, están sacadas dende o alto; dende a atalaia privilexiada que ocupa o seu fogar en Muros, dende onde se otean unas fermosas vistas da contorna da Vila. Fotos da bahía, do solpor, do amencer, sacadas dende a distancia, conforman unha visión acertada e sinxela da natureza que o rodea.

Imagen1 Imagen2 Imagen3 Imagen4 Imagen5 Imagen6 Imagen7 Imagen8 Imagen9 Imagen10 Imagen11 Imagen12 Imagen13 Imagen14 Imagen15

Publicado en Os nosos fotografos | Etiquetado | Deja un comentario

A Nosa Xente: María Tajes Fernández

Picture4Pese a ser veciña miña, poder charlar con María custoume un tempo, e non é que María non fale. .. fala ata polos codos, e non para. É a nosa María, María da Corrubeda, unha muradana da calle ancha, que naceu aló polo ano 1932.
Faladora empedernida, dicharacheira, xovial, sempre sonreinte, María e toda unha institución en Muros. Estou por dicir que María é unha peza fundamental do noso ser como pobo.
Cando fun capaz de sentala para que me contase algunhas anécdotas da súa vida, díxome sonreindo: . E puxose a relatarme cento e una anécdotas. Casou aos 18 anos co amor da súa vida: José Luces Piñeiro, a quen coñeciamos por Pepe Sevilla. Do matrimonio naceron cinco fillos: Marisé, Dori, Amalia e os xemelgos Pepe e Manolo. Doce netos e cinco bisnetos completan una saga de muradans orgullosos dos seus pais e avós. María dime que a maior felicidade dela e velos a todos xuntos arredor da súa mesa. Que cociña para eles con todo primor (que, por certo, María e unha gran cociñeira).
Da súa xuventude lémbrase que traballou coa súa nai para os barcos dos , e que aprendeu de pequena a bordar, cousa que fixo sempre. Lembra que foi o colexio de Doña Rosalía, que tiña a escola frente o cuartel, e a quen alcumaban (que nada ten que ver coa outra que tamén se alcumaba así), e que un bo día, a mestra mandouna a pescadería a mirar que peixes pequenos había. Feito o encargo, díxolle que había xireliños, pías, xoubas, fanecas… que todos estaban ben, pero que as non tiñan boa pinta. A mestra pensou que a estaba insultando e mallouna a paus ¡¡.
Xa casada, lembra que foi ata as Palmas para estar co seu marido, e xa no barco, pasou toda a travesía con un mareo que ainda hoxe recorda. Ou de cando foi a Italia, e tivo que coller o avión. E tantas ganas tiña de ver ao seu Pepe, que veu o avión o foi correndo pola pista para collelo. Llegou e botárona fora porque aínda non habían ordenado o embarque dos pasaxeiros. E conta e conta e non para, como cando un ano por carnaval, cando estaba prohibido ir de máscara, un grupo de amigas sairon de comparsa, colleunas a garda civil, leváronas ao cuartel, e co medo… mexaron por sí.
Aínda con anos, María non para en nada. Sigue coas labores da súa casa, borda, calceta, e cáseque tódalas tarde vai o Centro Social de Muros, onde practica o difícil arte do . Pertence a Cofradía do Dolores de Muros, e non perde calquer tipo de excursión que se organice por lonxe que sexa.
Así é a nosa María da Corrubeda, unha muller feita a si mesma, para quen a familia e sempre o mais importante, e que sempre está disposta a axudar aos demais.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario