A Nosa Xente na Diáspora: Yolanda Beiro

Lembranzas de Nadal:

Cheguei a o Prat de Llobregat , Barcelona o 3 de xaneiro con 18 anos ,xa fai 25 anos de aquelo, acordome sempre que a primeira vez que fun a Barcelona foi aImagen29 ver a cabalgata de reis.Eu que todolos anos participaba na nosa cabalgata desde que teño uso de razón,ese ano xa non iba a facer a cola no casino para facer de paxe do reí negro. Quedei alucinada ca cabalgata de Barcelona na miña memoria teño a cantidad de caramelos que tiraban as carrozas,a pila de carrozas que participaban,pero sobre todo os cabalos quedei prendada dos cabalos,gustoume moito,pero votei tanto e tanto de menos a miña cabalgata de Muros que hoxe en día sigo botandoa de menos,fai xa 25 anos que non a vexo .Todolos anos penso en volver e vela e por motivos varios nunca e posible.Cando poñedes en I love Muros as fotos volvo a ser unha rapaza como si ainda vivira en Muros.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente na Diáspora: Leandro Tajes

Lembranzas do Nadal.

Moi boas a todos, eu chámome Leandro Tajes e son de Baño. Coñécenme polo fillo de Tono da Benina e Celia do Marbella.

O meu primeiro Nadal na diáspora data do ano 2004 que foi Imagen28cando cheguei a traballar á República Dominicana nunha compañía de hoteles. Daquela tiña 23 anos e esas datas tan emotivas facían relucir a típica morriña que nos caracteriza. Foi un Nadal moi estrano, aparte de que estaba traballando e dispoñía de pouco tempo para disfrutar, sumábase tamén o clima tropical e as altas temperaturas. Decoración navideña por todos lados e un sol radiante a diario. Foi un choque estraño debido a que de onde vimos relacionamos o Nadal con inverno, choiva, frío e neve ás veces. Os seguintes Nadais xa foron máis levadeiros, xa tiña máis amistades (sobre todo galegos emigrados coma min) e tamén ó formar unha familia aquí xa o conto cambia.

Neste país viven o Nadal dunha maneira especial e apaixoante que me gusta moito, aquí ponse á arbore de Nadal na casa a primeira semana de novembro. Por suposto na miña casa xa está posta. Hai unha clara influencia americana en varias tradicións, e o Nadal é unha delas.

Tódolos centros comerciais, negocios e xardíns particulares tínguense dun colorido e decoracións moi fermosas, na radio soan moitos merengues navideños a todas horas. O dominicano é un apasionado destas datas, danlle moita importancia á familia e nestas datas sóense xuntar con demáis familiares que están emigrados noutros países.

Saúdos a todos os Muradanos

Publicado en A Nosa Xente na diáspora | Etiquetado , | Deja un comentario

Novas de Onte (1910)

p/Manuel Lago Alvarez

Depósitos de carbón: Asegurase con insistencia, de que pronto se establecerán en Picture24nuestra espaciosa bahía, varios depósitos de carbón para abastecer a los muchos vapores que frecuentemente cruzan esta parte del océano. Dadas las buenas condiciones de seguridad que nuestra incomparable ría ofrece a los navegantes, no vacilamos en asegurar un buen resultado a esta nueva y tan deseada industria. (LA. Enero-1910).
Planos de población: Varios propietarios de la calle de la Marina, desean sustituir Picture25cuanto antes las flamencas fachadas de sus casas por otras más en armonía con el progreso de los tiempos y las exigencias modernas pero… aseguran formalmente no pueden realizarse sus deseos, dotando al pueblo de bonitos edificios en vez de casas antiquísimas, del tiempo de María-Castaña, por no tener línea para obrar por falta de plano. ¿es esto cierto?. Si lo es, ¿por qué no se ordena levantarlo cuanto antes?. (LA. Enero-1910).

Nuevo consultorio: el 15 del pasado se inauguró en la villa de Tábara, provincia de Zamora, un consultorio Médico-quirúrgico, dirigido por los galenos Don Armindo Artaza y Malvarez y don Maximiliano Pérez. Nuestra felicitación cordial a ambos, pero muy especialmente a nuestro querido paisano don Armindo. (LA. Enero-1910).
El parto de los montes: Parece serlo, la resolución a la alzada pidiendo la nulidad de las elecciones municipales de Esteiro, que por varias veces trató la Comisión Provincial de resolver, y otras tantas tuvo que dejarlas por irresolutas, debido a los encontrados vientos que soplan de distintos puntos del campo monterista y que prometen dar juego en ese asunto. (LA. Enero-1910).
Fallecimientos: Recibieron cristiana sepultura en la Necrópolis de esta villa, Doña María Bermúdez, viuda de don Peregrino Vaamonde y la joven Dolores Rey Romero. Descansen en paz¡. (LA. Enero-1910).
Denuncias: algunos individuos se entretienen en denunciar a varios socios de la Liga de Picture26Amigos, con el santo objeto de molestarles. No se olviden de aquello de que: el que tiene de vidrio su tejado no debe tirar piedras al de su vecino, porque se quedaría sin un vidrio entero en el suyo, y por hoy no decimos más, que no se olviden de lo dicho. (LA. Enero-1910).

Publicado en Cousas que interesan, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

A Noite Boa no Monte Umbe

p/ Jorge Lago de Pexejo

A primeira NoiteBoa fora do pobo

Ao cabo de tantos anos, téñome que permitir certa licenza poética para poder narrar a miña primeira Noite Boa fóra do pobo que me viu nacer. Existen lagoas que un ten que encher do xeito que se recordan, pero ás veces a memoria nos xoga trucos e é máis selectiva que veraz.

O que sí recordo vívidamente é a anticipación ante a inminenteImagen32 marcha a terras americanas con apenas once anos cumpridos. A triste realidade do que nos obrigaba a emigrar non calara en min ainda e a perspectiva do descoñecido superaba calquera outro sentimento de anticipada ausencia.

O certo é que un día de decembro do 1961 atopeime no porto de Vigo admirando un «enorme» trasatlántico con tal fascinación que máis que un buque me parecía unha catedral. Alí totalmente pasmado e rodeado de baúis que contiñan as nosas poucas pertenzas ademais dalgúns encargos para xente que xa vivía alá en Montevideo. Hoxe pode parecer estraño, pero recordo que nos baúis había un leghón ou sacho para un que tiña unha chacra nós arredores de Montevideo e unha maruca salgada que nos encargou unha nai para un fillo que xa había moitos anos que vivía na capital uruguaia e por razóns que aínda non entendo posiblemente a maruca salgada representaba o máximo en demostración de afecto maternal. Tamén había unha chea de familiares chorosos que non viñan a dicir ata a vista senón máis ben adeus pois naquel entón non se viaxaba con billete de retorno.

Zarpou oImagen33 Monte Umbe, vin afastarse a miña terra e aí empezou para a miña unha aventura de unas dimensións insospeitadas.

A miña nai que se mareaba vendo pasar un choche, non lle sentou nada ben o movemento continuo do barco e pasouse case toda a travesía encamada e polo tanto nunca me sentín tan libre de poder deambular por onde me dese a gana dentro dos confíns do buque.

Esa catedral flotante converteuse de súpeto en algo totalmente descoñecido para aquel rapaz de Miraflores. A partir do primeiro día de adaptación ao vaivén das ondas a catedral converteuse nun hotel flotante considerando o meu descoñecemento do que podía ser un hotel flotante ou ancorado.

A miña primeira sensación de luxo foi comer todos os días en mesa con mantel e cubertería fina e en días festivos como o Paso do Ecuador; moito máis e mellor do mesmo.

Despois de xa cruzar o emisferio de norte a sur, chegou a Noite Boa e podo dicir con toda certeza de que a Jorge Lago o esperaba unha noite inesquecible.

A atmosfera do Nadal era palpable ao longo e ancho do buque, dende os privilexiados de primeira clase aos emigrantes de segunda.

O comedor do Monte Umbe tiña un par de escaleiras que converxían na entrada ao salón e ese día de Noite Boa parecía que todo tiña unha dimensión surrealista. Topámonos cun enorme árbor de Nadal que eu nunca vira pois o noso eran nacementos. Por si o da árbore fose pouco, todo o enorme salón estaba adornado de grilandas, globos, estrelas…A verdade é que nada do vivido ata ese entón tiña comparación co que os meus ollos gozaban nin moito menos con ningunha anterior Noite Boa.

Eu tiña unha especie de informante abordo que formaba parte da tripulación e tal vez porque era da Alivía, o bo señor facíiame saber de todos osImagen34 acontecementos anticipadamente. O día de Noite Boa era moi especial abordo, mesmo o capitán e os oficiais se dignaban a participar completamente engalanados cos seus uniformes no gran baile-cea desa noite.

O informante xa me dixera que ia ser unha cea para recordar e que tíñamos que ir ghuapos. A pesar de que a miña nai raramente saía do camarote para ir ao comedor, ese día por ser tan especial fixo un esforzo para celebrar a Noite Boa en familia e vestindo as nosas mellores galas alí nos presentamos miña nai, o meu irmán e eu.

Como xa dixen, o salón comedor lucía espectacular. Os manteis parecían ter máis amidón e a cubertería parecía brillar como prata de lei. Copas de viño en secuencia: Branco, tinto, champaña e auga. Panos da mesa que non sabías se atreverte a que despregar ou deixalos quedos para non arrughalos e unha carta que tratabas de descifrar coma se estivese escrito en arameo. Mesmo os camareiros parecían un pouco máis cordiais.

O menú estaba composto de seccións que eu non sabía que existisen, de feito naquel entón non sabía o que era un menú.

Entrantes: Paté foie gras de non sei qué, friames combinados, croquetas de algo, etc., etc., Jorge, que é o paté foi? Non sei mamá, non sei se foi ou non foi pero eu non o quero. E que son friames combinados? Pois sonche cousas que veñen nunha fiambreira, supoño.

Das croquetas xa había oido falar e non me soaban tan exóticas. Despois dos entremeses chegou o consomé. Para Jorge Lago consomé era caldo e aquel consomé non era caldo, Jorge nunca comera algo onde se vise o fondo a non ser calandraca e polo tanto o consomé deixouno así como llo serviron.

Por razóns obvias Jorge anticipaba a clásica caldeirada de bacallau con coliflor e presentáronlle un peixe de segundo prato que non tiña nin cabeza nin ollos nin rabo e por moito que o miraba non sabía distinguir se era vacún ou porcino pero fincoulle o dente e a experiencia foi tan boa que dende ese entón comprobou que case sempre as aparencias enganan. Terceiro prato: Tenreira á algo con salsa de algo e con patacas Parmentier. Se á sopa lle dín de lado por carecer de consistencia, a tenreira espertou apetitos que eu non cría posuír. Ambrosía non define o que eu experimentei. A tenreira pareceume espectacular a min, pero á miña nai, cando a viu vestida dunha salsa marrón a súa propia cor volveuse aínda máis verde e desapareceu do comedor deixando porba do seu mareo por todas as papeleiras ao longo dos corredores de volta ao camarote.

As patacas Parmentier vinas en principio con suspicacia porque afeito a cachelos nunca me imaxinei que as patacas se podían metamorfosear en algo tan singular.

As sobremesas: se mal non recordo entre a variedade había crema catalá, follados, flanes e napoleones. Para Jorge o máximo en experimentación pasteleira foran as cristinas de Rogelia e o pan bombón da tahona ou calquera lambetada que che permitisen dous reais ou unha peseta na casa de Xesús dá Meca. O da crema catalá non lle excitou, pois crema era o pental que che daban cando te ferías nunha caída ou te daban cunha cañota na cabeza xogando ao Capitán Trueno ou El Jabato. Pero os follados napoleónicos foron outro deses descubrimentos que deixaron rotura. Así foi a miña primeira Noite Boa fóra de Muros tal e como a recordo.

Publicado en A Nosa Xente na diáspora, Contos e Lendas, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Lembranzas dun vello mariñeiro (IV) «A canoa muradana»

p/ Pedro Caamaño Lago

Antes de todo isto, como dixen antes, empregábanse canoas, e botes polbeiros. As canoas son embarcacións, de unha eslora media de unhas 20 cuartas de quilla, equivalentes a uns 4m ;de manga aproximadamente 1,5m, de puntal sobre 0,70 cm. alcanzando unha eslora total de 5m. ou máis. Estas embarcacións eran feitas exclusivamente polos excelentes e famosos carpinteiros de ribeira da ría de Muros, de unha estética, e unha estructura, que as facían más lixeiras á hora de remar, e máis seguras á hora de navegar en vela. A partir de esa acertada construción, denomináronse “Canoas”. Hai quen se empeña en chamarlle bucetas, (pode que en outras rías sexa así), pero os mesmos carpinteiros acreditan que os de Muros non pedían bucetas, pedían canoas.
Esta é unha pequena canoa, a cal aparellamos con esta vela de relinga, intentando semellar ás canoas das que estamos a falar.
Picture22Tamén eran uns grandes veleadores, segundo versións deles mesmos, cando se encontraban no traxecto, ben “trincaban” as escotas para que non lles adiantaran os demáis, (algún que outro ten tumbado), unhas veces por exceso de confianza e outras polas inclemencias do tempo. Había unha zona moi perigosa que era a comprendida entre Pedra de Con e a Punta do Queixal, (aí teñen tumbado algunha que outra).
As velas tradicionais usada polas canoas de Muros, eran as denominadas de relinga, se non eran todas idénticas era porque cada maestrillo usaba o seu librillo, e modificábanas según a imaxinación do patrón ou das características da embarcación en concreto. Uns preparábanas para correr máis en ”bolina” (dicíase cando se navegaba cara o vento) e outros preparábanas para navegar “en popa”(dicíase cando se navegaba máis a favor do vento), e outros tíñanas preparadas cos seus extras para as dúas cousas. Por exemplo, xeralmente as canoas normales tiñan tres piojas, onde se apoiaba a base do pao, cerrada ata o banco, excepto pola popa, por onde se introducía o pao.
Se partimos de proa, a primeira é pao a caída, pao á de medio, e pao á candela; sen embargo, algúns tíñanlle catro, a última máis a popa que as demáis, para poñer o pao máis vertical, (isto servía para cando a brisa era pouca). Neste caso, os demáis arriaban a vela, e ían a remos. Estes, poñían o pao na cuarta pioja, (é dicir ,na de máis a popa), subían a verga canto podían e desta forma a verga pola parte de popa subía máis que horizontal. Picture23Nunha vela normal quedaría un oco entre a rastreira e a canoa, pero neste caso este gran veleador tiña un “cuchillo” na rastreira de menor a maior partindo de proa xeralmente cosido, que neste caso, arriaba para cubrir o oco do que antes falabamos, e así seguir en vela e segundo versión do mesmo ían a remos moi poucas veces.
Falando con eles destes temas, chegan a emocionarse, ¡parece que o están vivindo! Cando vindo do “profundo” con vento de travesía, arreciando polo través de babor, ¡na incricada de mar! (dicían eles), “silbaba” a canoa enriba do golpe de mar. O home de máis peso, agarrado ó costado de barlovento, e o máis cativo co chicador lanzando auga fóra sen tregua, ata quedar exhausto, (como para ter un segundo de despiste o patrón…).
E desta forma, víanse case tódolos días, pendentes dun golpe de mar máis ou menos forte que decidira se tiñan que vivir ou non.
¡E que pouco se apreciaban estas cousas!, ¡claro…! víanse tan castigados polas inclemencias do tempo e pola inseguridade de se ó dia seguinte comerías ou non que daban pena. Aínda que a mín, sempre me deron pena aqueles que algún dia os menosprezaron.
Volvendo á vela, e para definilas un pouco mellor, o pao era como un metro máis longo que a canoa; a verga, era coma dous terzos da quilla; a relinga e o sotavento como a eslora total; o embergue coma verga, e a rastreira como dous terzos da eslora total.
Tripuladas por tres ou catro pescadores, xeralmente tres. Nos mellores tempos estas embarcacións, podían pescar de dous a trescentos quilos de lubina, de merluzas, ou de besugos, (dependendo da época do ano pescábase unha especie ou outra). Ainda sen haber leis escritas, cada pesca tiña a súa época, (e bastante estricta), controlada instintivamente por eles mesmos; en especial na pesca do polbo. O polbo pescábase todo o ano excepto nos meses de Xuño e Xullo, que xa daquela sabían que era o tempo de desove. Nese tempo adicábanse ó congro e ó corrican; no verán pescábase os calamares, a lubina as merluzas e os besugos, e no inverno o ollomol, a cabala, e o que podías, cando che deixaba o tempo.
Como se pode imaxinar o traballo era moi duro; saían de Muros ás dúas ou ás tres da mañán, remando tres ou catro horas, excepto cando o vento era favorable, que” veleaban” (expresábase desta forma a manobra de izar a vela).
Nas derradeiras horas da tarde, regresaban con outras tantas horas de remo ou máis, según se lle portara o vento do Leste o Nordeste, e do Norte o Noroeste. O primeiro era o que lles axudaba na ida e o que máis os castigaba na volta ó remontala ría, e o segundo, axudáballe na volta. Dicían,” vámonos que aí ben a cascarroada”(este é un vento do cuarto cuadrante, que xeralmente entra a partires do mediodía no verán); ou “aproveitemos que aí ven a virasión”(este tamén é un vento, que con menos intensidade procede do sur ó suroeste).E casi sempre cargados, entre “pertrechos” e peixes. Cando ían ós besugos, os pertrechos xa case cargaban a canoa, levaban un caixón con engado, dúas poutadas, o calamento de fondear (que daquela era de esparto, polo tanto encharcábase e pesaba o seu), tres ou catro remos, o pao, a vela, a verga, as ustajas, a vara de portar, as cubetas de triturar o engado, as rebolas, a ronca, e os chismes de pescar. Tendo en conta que estas embarcacións tiñan un desplazamiento de unha tonelada aproximadamente, ás veces tiñan que tirar o peixe ó mar cando no traxecto encontraban máis vento do que prevían.
Nestes traxectos a remos organizábanse auténticas regatas. E para darlle a importancia que merece, débese explicar a forma de remar nestas canoas de tres remeiros, empezando a dicir que ningún dos tres ou catro remos eran iguais; Ó remo de” couse” ( o de popa de estribor) era polo menos unha cuarta máis longo que o de “carto”, ( este era o remo de mais á proa de babor) e o de “medio” como media cuarta mais pequeno que o de carto. Desta forma, o remo de couse situado máis á popa que os outros, aguantaba a forza de arrancada dos outros dous, e ó mesmo tempo, facía de timón guiando a embarcación. Se o remeiro de popa era forte sentábase máis ó medio e trincaba menos o couse, ( esto quere dicir que exercía menos de timón, ) e así camiñaba máis a canoa, e si había catro o de “través” (ou de proa de estribor), era máis pequeno que os demais, e axudaba o remo de couse; e despois de semellante esforzo, a presumir de bos remeiros e de mellor canoa; os da virxe, reuníanse no “plantío”, os da xesta e os da calle ancha, pola maña no quiosco de “Marcote”, e pola tarde debaixo dos soportais do “Coxo”, e os da cerca, debaixo dos soportais da rambla da “jocha”; E sen tregua, preparando as cousas para o día seguinte case sen descansar. Non é de estrañar que no ano 51, cando por primeira vez en Muros se acordou regatear coas traíñas (daquela aínda de madeira) estas regatas organizábaas o concello de Corcubión nas súas festas, e como os de Muros tiñan fama de bos remeiros, (porque gañaban tódalas regatas de canoas organizadas na ria de Muros), os de Corcubión quixeron probalos nas traíñas, e cousa fixeron, porque na primeira regata, non lle fixeron “tensa”, e na segunda ó ano seguinte, (e según eles), unha gamela levoulles arrastro a boia cando ían gañar con máis diferencia, aínda que con bo criterio, déronlle o premio igual. Así que gañaron as dúas nas que participaron.Logo foron invitados á Coruña, pero por problemas do traballo non foron.
Nos entrenamentos, esperaban polas bakas. Mandábanlle abrir máquina, e, encanto non lle viraban pola proa non estaban preparados para gañar. Nos entrenamentos tiveron que descartar algúns dos compañeiros, porque rompían tódolos “toletes”, puxéronllos de ferro e arrancaban as “talameiras”. Por exemplo, o señor Antonio de Tóquenes, tivérono que descartar por que o rompía todo, e a algúns máis, como o señor Antonio de Antonan, puxéronlle toletes de ferro. E así foron combinando forza e peso, para terminar a regata con garantía.
Esa foi a primeira vez que Muros gañou a regata de traíñas. Non era coma hoxe que van acadando puntos, cada regata era individual, nin que dicir ten que foi unha gran festa; hai moitas anécdotas a cerca desta regata, pero estou seguro que serian moito máis interesantes contadas por eles mesmos. Hoxe aínda hai homes que participaron en aquelas regatas, como Manuel de Bacho, Manolo de Fisterra, e “non hai máis”. Se tendes oportunidade aconséllovos que faledes con eles destes temas, por que hai anécdotas de toda clase.
Nesta foto, pódense ver os artífices desta proeza, que en realidade son tamén parte dos protagonistas de todo este relato.
Empezando pola esquerda e de pé,: os señores Pepe de Louro, Juan Manuel, Antonio do Coxo, Juanito de Salustiana, (este era o remo de popa, polo tanto o que marcaba o ritmo das paladas), Ricardo do Ricardón, Alonso do Majacho, (este era o de proa, polo tanto o da pica), Manuel de Bache, e empezando tamén pola esquerda e de rodillas, Manolo do Ricardon, Patricio o Caramés, Manolo de Fisterra, Pedro de Cabaceira, (meu pai, que era o patrón), Juan do Caxón, e Juanito do Maio Majaio.
Preséntoos cos alcumes familiares, porque e máis doado recoñecelos, en todo caso sempre co máximo respeto. Polo traballo que desenrolaban, estes homes debían ser autenticas correas de aceiro.
A pesar de todo, cando tiñan que ir ós caladeiros de pesca máis lonxanos como eran o “profundo” ou “mar da ola”. Cito estes dous porque se trazamos unha líña de un para o outro, xeralmente nas canoas, nunca a sobrepasaban. O primero situado a unhas doce millas, o rumbo NW cuarta a W de Pedra de Con, e o segundo a unhas sete e media, o rumbo WSW tamén de Pedra de Con , “aproximadamente”. Deixaban un día ou dous de descanso antes de volver, porque entre que se comía mal e semellante esforzo, a cousa non se lle poñía nada ven que digamos.
Polo tanto, hai que dicir que os mares máis frecuentados polas canoas muradanas, eran os da famosa “corredura”, (esta zona chamámoslle nós, a comprendida entre Montelouro e Fisterra.) Nestes tempos, nesa zona xa case non se pode pescar ó cordel, por que está sempre cargada de toda clase de aparellos de pesca, dende toda clase de nasas, ata toda clase de redes, palangres etc. O peixe que se mova está perdido, tanto de día como de noite. Non sei como tanto rexenera esta nosa costa. Tamén se frecuentaba a zona desde Baia ás Basoñas, pero menos.
Tamén se debe resaltar a capacidade, de preve-lo tempo, tendo en conta que, nunhas embarcacións tan pequenas e con temporales tan fortes como se soían coller en todos aqueles anos. Tiñan que ser moi cautos á hora de decidir sair o mar. Cando os patróns desconfiaban do tempo, antes de saír para o mar, reuníanse detrás do quiosco de Marcote, e escoitábase dicir ós vellos: “Hoxe temos nordeste que ferrepea” Os rapaces non sabiamos o que era, ata que nos dimos conta que por encima de Tal, saían unhas nubes de cor escura que rapidamente se disolvían.A rapidez en disolverse significaba a intensidade do vento. Sen embargo este vento non era moi perigoso, salvo cando era esaxerado. Era máis a ter en conta cando en inverno, reunidos en tertulia debaixo dos soportais escoitabas: “Mañán non sei si sairemos” ¿e ló? Home mira para o “semblante” (dirección en que corren as nubes impulsadas polo vento) Noroeste no serán, vendaval pola mañán” (e nesta nosa costa o vendabal e sinónimo de descanso forzoso.) Ou “gaivotas na riveira, mariñeiros á merda” ou “Luna deitada, mariñeiro en pé” E tamén cando corrían as nubes e non había vento dicían“ De onde ven a burra, ten que vir o arrieiro” E cando no verán chovía como de borraxeira, dicían. “Bichochia, Norte cría”. E xeralmente non fallaba. Por iso a estes vellos pescadores débeselles escoitar con atención, xa que sempre se aprenden cousas moi positivas, que non recollen as novas tecnoloxías.

Publicado en Cousas que interesan, Historia | Etiquetado , | Deja un comentario