As últimas palabras de homes célebres

p/Marcelino García Lariño
“Pater, in manus tuas commendo spiritum meum”. “¡Meu Pai! Nas túas mans entrego o meu espírito”. Et haec di cens, spiravit. E en dicindo isto, morreu. (Lucas 23, 46). Estas foron as últimas palabras do mellor home que houbo no mundo, Xesús de Nazaret, o fillo de Deus.
Picture21Outros dos grandes homes da antigüidade foi o celebérrimo Xulio César, emperador e xefe supremo do antigo Imperio Romano, asasinado nas idus de marzo (15 de marzo do 44). Os conxurados decidiran matalo cando se dirixía ó Senado e, ó entrar, abalanzáronse riba del. Ó principio o César aínda se defendeu; pero cando viu brandir o puñal de Bruto, que era o seu protexido, sobre a súa cabeza, cubriuna coa toga e exclamou: “Tu quoque, filli mi”. “¡Ti tamén, meu fillo!”, e atravesado por trinta e cinco puñaladas caeu ós pés da estatua de Pompeio.
Pero tamén houbo outras persoas, non tan afamados nin celebradas coma os dous egrexios persoeiros que acabamos de citar, que viviron e conviviron connosco; homes e mulleres coma nós, das nosas vilas, aldeas, parroquias e lugares, que todos chegamos a coñecelos e a falarlles e a saudalos nas rúas, que a súas derradeiras verbas cando deixaron este mundo, foron igualmente moi sonadas, moi populares e tan famosas que aínda hoxe se relembran, se comentan, se contan e se avalían como se merecen. Velaquí un feixe delas:
Cando o finadiño do señor Pepe da Abesada, do que xa escribín en outra ocasión, se puxo amaladiño, chamaron ó señor abade para que o preparase para o viaxiño e lle fixese a recomendación da alma. Este, vendo que o falecemento estaba a caer, e co gallo de tranquilizar ó esmorrente, díxolle: “Vostede, señor Xosé, vaia tranquilo para o outro mundo que, por ser o mellor home e o mellor fregués que tiven na parroquia, vai dereitiño para o Ceo onde xa o están esperando os anxos”.E o coitadiño, que xa a penas alentaba, con grande esforzo contestoulle: “Así e todo, señor cura, non lle hai como a casa de cada un”. E no intre finou.
O señor Pedro de Anselma, o que tiña a casa ó pé da toxeira do Ruso, que xa estaba dando as boqueadas, co testamento feito e cos familiares e veciños axeonllados na alcoba rezándolle as ladaíñas dos mortos, escoitouse un orneo case imperceptible do que ninguén fixo caso non sendo o agoniante, ó que todos os presentes coidaban que xa había horas que non vía nin oía nin falaba, que se remexeu para cun fiíño de voz que lle quedaba poder falar as últimas verbas que pronunciou nesta puñetera vida:”Non vos esquezades de darlle de comer ó burro”.
A señora Obdulia, que todo mundo tiña por muller pura, casta e recatada como unha inmaculada, cando despois duna longa e penosa enfermidade decatouse que lle chegara a hora de liscarse para o outro barrio, chamou polo seu Narciso bo e santo -como o nomeaba ela – para despedirse e confesarlle un segredo que nunca tivera o valor de contarlle, e dese xeito deixar o marido tranquilo, acougado e sabedor dese calado misterio que nunca lle revelara. “Narcisiño bo e santo, voume pero quedo deixarte coa conciencia tranquila como eu a levo. ¿Sabes cantos fillos temos?” “Como non hei saber, miña Obdulia. Temos cinco: Narcisiño, Xoseíño, Pepitiña, Ramonciño e Obduliña”. “ Pois un non é teu” “¿Cal deles?” “¡Adivíñao! E ficou morta.
En cas de Anselmiño o Pouseiro, debedores e acredores agardaban a que este a pateara. Xa había horas que o moribundo estaba turrando polo alento loitando entre a vida e a morte; e esta, desgraciadamente, estaba xa nun tris de caer. Neste transo do pasamento, ningún dos alí presentes na alcoba estaba atento a outra cousa que non fora o cadro de dor que tiñan diante dos ollos. Na cociña uns netiños do patrucio que de seguidiña ía renderlle contas a El Señor escoitaban, na radio, un partido de fútbol co volume moi baixiño. Inesperadamente o que agonizaba estirou o pescozo e cun falariño que a penas se lle oía e entendía, preguntou: “¿Cómo vai ese partido?” E como ós que están como o señor Anselmiño franqueando o limiar do alén non se lle pode mentir, dixérenllo a verdade: “¡Perde o Celta!” “¡Ai que desgracia!” retrucou. E estirou a pata.
Cando finou o señor Ramón de María, que era trobador (máis detalles deste pasamento deino no “Velorio do Poeta”), levaba xa o finadiño máis de oito horas morto dentro do ataúde, e estando en pleno velorio, aquela noite, coa casa chea de xente rezándolle unhas ladaíñas, supetamente o morto deu un pulo e sentouse no cadaleito mirando para a súa muller á que lle dixo: Saca ese luto, morena,/ que con él me apena el verte./ Compañera de mi vida,/ guárdalo para mi muerte-/E caeu para atrás finando ó mesmo tempo que a poesía.
E don Eustaquio que finou o pobre de repente pero de repente de todo, por mor dun infarto de miocardio ou de tuyocardio que non estou moi seguro agora de cómo dicía a súa dona, que, por certo, non se cansaba a pobre de laiarse no velorio de que o seu Eustaquiño tiña que estar no Ceo porque finara cunha xaculatoria na boca. E ó preguntarlle o señor abade, cando viñera a botarlle un responso, que clase de xaculatoria fora a que dixera ó marido, ela, moi chorosa e anguriada, (a cousa tampouco era para menos), respondeulle que ó darlle esa dor tan forte que non foi quen de aguantala, botou as mans ó peito e dixo “¡Ostiá, que morro!”. E morreu. (Don Eustaquio sempre fora home de palabra).
O señor Fransuán, que non era francés aínda que polo nome o asemelle, senón de aquí do lugar de Alivía, e chamábase Caetano (Caetano dos Remixios, para ser máis exactos), se ben todo mundo lle chamaba Fransuán motivado a que de moi novo marchara polo mundo adiante e quedouse en Francia onde se dedicou á farándula, non sei se era titiriteiro, equilibrista ou saltimbanqui, pero si que toda súa vida levouna de comediante onde, segundo din, chegou a ser un artista moi sonado. Xa de vello, e cansado, arribou ó seu lugar de nacemento. E cando ó señor Fransuán lle chegou a hora, como lle chega a todo mundo sexa artista ou artesán, de liscarse para o alén, e atopándose no leito arrodeado de tódolos seus na agarda de recollerlle o seu derradeiro suspiro, este home que percorrera os grandes escenarios dos mellores teatros de Francia e Europa dando o dobre, triple, cuádruple, quíntuplo e séxtuplo salto mortal, a disporse a dar o que o levaría dende este teatro que é a vida ata á eternidade, arrexuntou folgos de onde xa non os tiña para dicirlle: “BAIXADE O TELÓN QUE SE ACABOU A FARSA”.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Nutrición: Consejos básicos para pacientes con cáncer

p/ Dra. Castiñeira.

1. Cuida el ambiente durante la comida
– Come acompañado, en un lugar tranquilo y alejado de la cocina, en plato de postre y masticando despacio para favorecer la digestión.
– Evita olores ambientales fuertes mientras comas y mientras reposas.
-Siéntate a la mesa en una postura que facilite la ingesta del alimento: espalda recta, hombros hacia delante, pies firmes y apoyados en el suelo.
– Emplea ropa holgada que no comprima el abdomen.
2. Realiza 5-6 comidas ligeras diarias
– Respeta tus gustos y preferencias y sé creativo en la preparación, presentación, textura y variedad de los platos.
– Toma los alimentos con mayor aporte energético en los momentos de más apetito, preferiblemente en el desayuno.
– Flexibiliza los horarios de la ingesta.
3. Bebe alrededor de 6-8 vasos diarios de agua u otros líquidos
(infusiones, zumos o batidos), a pequeños sorbos y fuera de las comidas.
-A continuación enumeramos los 4 ingredientes básicos de un batido:
Ingrediente 1, producto lácteo (se puede sustituir por un suplemento nutricional de consistencia líqui- da): 1 vaso de leche o de yogur líquido desnatado o 2 yogures desnatados o una tarrina de queso de Burgos o 2 petit suisse. Se
puede añadir, para engordarlo, 1 cucharada sopera de leche en polvo descremada.
Ingrediente 2, pieza de fruta: 1 plátano o 1 manzana o 1 pera o 5 fresas o 10 cerezas o 1 melocotón o 3 albaricoques o 3 ciruelas o 2 rodajas de piña o 2 rodajas de melón.
Ingrediente 3, hidratos de carbono: 2 tostadas o 3 galletas o 2 cucharadas soperas de cereales.
Ingrediente 4, opcional, frutos secos triturados: 1 cucharada sopera de almendras o nueces.
4. Extrema la higiene de la boca
Lávate los dientes y la base de la lengua tras las comidas con cepillo de cerdas suaves y dentífrico fluorado.
Emplea un colutorio comercial o natural (infusión de tomillo o manzanilla o bicarbonato o sal diluidos en agua) tras el cepillado.
Utiliza crema labial para evitar que se agrieten los labios.
5. Realiza, si te es posible, actividad física ligera
Un paseo durante unos 15 minutos, antes de las comidas, y reposa semisentado, durante unos 20 minutos, después de la ingesta.
6. Mantén un horario regular y diario para ir al baño
Si tienes dificultad para la evacuación puedes masajear de forma rotatoria el abdomen en el sentido de las agujas del reloj.
7. Elige alimentos de sabor y olor suave, textura homogénea y cremosa, consistencia blanda, cocinado sencillo (cocido, hervido, plancha) y de fácil digestión en momentos de poco apetito o digestiones pesadas:
Hidratos: tostada, galleta, pan, arroz, pasta o cereales.
Verduras y hortalizas: patata, calabacín, cebolla, ajo y zanahoria cocidas o en crema.
Carne: aves como el pollo, pavo o conejo.
Pescado blanco: merluza, lenguado, mero, gallo, rape, besugo, rodaballo o congrio.
Queso fresco o blanco magro, requesón, huevo cocido o en tortilla francesa o en revuelto, bechamel.
Postres: yogur, flan, natillas, cuajada, helado, batido o sorbete, fruta en almíbar o compota (manzana y pera), plátano.
8. Evita los lugares donde se cocina, la comida de olor fuerte, los irritantes, el tabaco y el alcohol que secan la boca y alteran el gusto de los alimentos. Reduce, si tienes dificultad para comer o saciedad precoz, el consumo de:
Verduras de hoja verde como el repollo y las coles.
Carne roja, evita las partes muy grasas de la ternera o el cerdo como el tocino, vísceras y embutidos, prefiriendo el consumo de partes magras, como el solomillo, chuleta, costillas y lomo.
Pescado azul: salmón, trucha, atún, sardina que, aunque son alimentos ricos en ácidos omega 3 con propiedades antitumorales, su digestión puede resultar pesada.
Los alimentos muy calientes o muy fríos, los picantes y las salsas.
El exceso de grasa o sebo, los rebozados y los alimentos en conserva, ahumados o en salazón.
9. Pésate todas las semanas al levantarte por la mañana. Si adelgazas, valora cuál es la causa y coméntalo con tu médico. Posibles causas:
Menor aporte de alimentos por: pérdida de apetito, malas digestiones o por otro problema (ansiedad, depresión, dolor, insomnio, «miedo» a comer).
Mayores pérdidas por: diarrea, vómitos, sudoración, fístula.
10. Si tu médico te prescribe un suplemento nutricional recuerda que habitualmente es un complemento o apoyo a tu comida y no un sustituto:
Por ello, debes tomarlo a pequeños sorbos a media mañana, media tarde y/o antes de acostarte, separado del desayuno, comida y cena. Puedes mezclarlo con otros alimentos.

Publicado en Mediciña | Etiquetado , | Deja un comentario

Hórreos de Torea

(p/ Antonio Rey)

Dende as lonxanas terras de Arxentina, Antonio Rey envíanos fotos de hórreos da súa parroquia de Torea. Antonio, ainda que non naceú en Torea, vive en Galego e proclama os catro ventos a terra que veu nacer os seus devanceiros,

Típicos de Galicia, o orixen da palabra hórreo remitenos ó latínhorreum”, que designaba a un edificio no que se gardaban frutos do campo, especialmente o grano. A primeira representación gráfica dhun hórreo remontase ata o século XIII, nas Cantigas de Santa María, atribuidas a Alfonso X o Sabio.

Imagen27Imagen26Imagen25Imagen24Imagen23Imagen22Imagen21

Publicado en Arte e Cultura, Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente: Domingos Dosil Cubelo (1943-2012).

Domingos Dosil Cueblo naceu en Campo das Cortes, parroquia de Muros, o 27 de setembro de 1943 no seo dunha casa da aldea que fixera o seu avó cos aforros dunha anterior etapa de emigración norteamericana. A infancia de DomingosImagen20 transcurriu coas estreiteces da postguerra española, aínda que a súa era unha casa de fartura. Na que se ben non se disponía de aforros e o traballo era duro, na súa familia tiñan abondo para comer naquela etapa de economía de subsistencia.

Como a maioría dos rapaces daquel tempo o neno Domingos tivo moi pouca escola . As primeiras letras aprendeunas na Fonte Vella, nunha escola chamada “das adelinas”, e despois foi a escola dos irmáns Don Moisés e Don Manolo. Dende moi novo axudou a facer as tarefas necesarias na súa casa de labranza. Co seu avó aprendeu a «botar uns regos» como el mesmo recordaba emocionado.

Aos catorce anos empezou a traballar de mariñeiro na canoa do xeito do señor José París, “corniños”. Despois embarcaríase na mariña mercante ata que entra en quintas e volve a casa para cumplir co servizo militar.

Con cáseque dezanove anos cumplidos, o 25 de agosto de 1962, en compañía de dous amigos foi bañarse a praia da Vouga. Domingos tirouse á auga batendo coa cabeza no fondo de area da praia e xa nunca máis volvería a andar. Sufriu unha tetraplexia por aplastamento da médula nas cervicais a altura da quinta e sexta vértebras. Salindo daquela praia ao lombo dos compañeiros foi como empezou un calvario de once meses no hospital de Santiago e despois na casa curando as feridas provocadas por estar todo o tempo deitado. Fixo tres anos de rehabilitación entre Santiago e o centro de rehabilitación de tetrapléxicos de Toledo. Durante esta etapa de rehabilitación encetou algún estudios, aprendendo a montaxe e reparación de aparatos de radio. De volta na casa familiar montou un pequeno taller de reparación de radios ao tempo que facía de administrativo para o seu irmán constructor.

En 1982 fundou, xunto con Juán Carpintero Vázquez, a asociación de discapacitados da bisbarra de Muros buscando no movimiento asociativo a solución das necesidades comúns do colectivo. Encetando unha nova etapa na súa vida que o levaría a ser un personaxe coñecido en todo o estado, ocupando durante moitos anos a presidencia da Confederación Galega de Minusválidos (COGAMI). Firmemente convencido da integración laboral dos discapacitados e con ese obxectivo fomentou a creación de cooperativas e empresas por parte do movemento asociativo.

En febreiro de 2007 Domingos Dosil abandona a presidencia de COGAMI coa intención de xubilarse e voltar a Muros. Pero un grupo de muradáns encabezados por Xoán Manuel Bazarra convecérono para encabezar a lista do BNG nas eleccións municipais de maio daquel mesmo ano.

No período que vai do ano 2007 ao 2011, con un pacto de goberno asinado co Partido Popular de José Antonio Siaba Cernadas, Domingos Dosil Cubelo vai converterse no primeiro alcalde nacionalista galego que houbo no concello de Muros.

Finalmente unha grave enfermidade intestinal remataría coa súa vida o 6 de febreiro de 2012.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente: Francisco Dubert García

Son Francisco Dubert García. Marchei de Muros para Ferrol no ano 1975, ós sete anos; de alí fomos para Santiago no 1977, onde sigo a vivir e traballar. As amigas de miña nai preguntábanme cada vez que iamos á vila: «¿Y que te gusta más: Muros o Ferrol?”. Non había dúbida ningunha na resposta: “Muros”, contestaba eu. LevoImagen19 en Santiago máis de trinta e cinco anos e, cando me preguntan de onde son, tampouco dúbido de ningún xeito: “de Muros”. Para moitos muradáns hoxe serei un turista máis que pasea pola Axesta ou pola Fonte Vella, pero como esquecer que estudei na escola de San José (ó lado da Academia e da Alameda), que fun ó catecismo e xoguei no pórtico da colexiata, ou ás espadas no Limoeiro, que fixen arcos de loureiro, que fun á papona cun sacho prestado ou que remexía nos eitos que outros facían, que me bañei nas escaleritas e na rambla da Calle Ancha, que explorei o Macaya-R… E que fun de roquete nas procesións de Semana Santa.

Hoxe son profesor do Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago, onde explico gramática (os complementos directos, indirectos, a voz pasiva, a estrutura interna do verbo ou do substantivo). Tamén son membro do Consello Científico do Instituto da Lingua Galega. Na USC son compañeiro doutro muradán que colabora nestas páxinas, Henrique Monteagudo: gran amigo e sempre mestre. Ademais do meu labor docente, investigo sobre a fonoloxía (a pronuncia das oracións e frases), a morfoloxía, a dialectoloxía (como o galego cambia ó longo do territorio), a gramática histórica (como o galego cambia co tempo) e os resultados que ten para o galego o seu contacto co español.

Casei cunha fisterrana, Susana, e tiven tres fillos. Cando non vou a Muros, vou a Fisterra: sempre teño o mar á man. Con esta biografía, ¿que máis podo pedir?

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario