A Voz dos Nosos Poetas: «E cobras ao contado en sepulturas»

Imagen6

In memoriam dos tripulantes do Santa Ana, naufragado á altura do Cabo de Peñas (Asturias), onde perderon a vida catro mariñeiros muradáns e cinco vecinos doutras procedencias.

 

E cobras ao contado en sepulturas.

En mar maior, nobre nave liberta,

a muradá confía en SANTA ANA;

emprendera derrota, soberana,

coma decote fai cando ela esperta.

Viste arestora morte a vida humana;

queda a ferida nosa, grande, aberta

admitindo razón que desconcerta

a rutina da noria, tan profana.

Cántabro azul, que, xeneroso, auguras

premio ao labor de anzois e de almadrabas,

torce timóns, se en PEÑAS non desgravas.

Cantil astur, detesto estas facturas

de corte criminal, porque te cravas

na rosa do compás de singraduras…

e cobras ao contado en sepulturas.

 

http://rioderradeiro-naeiroa.blogspot.com.es/

Publicado en A Voz dos Nosos Poetas | Etiquetado , , | Deja un comentario

Señor cura peche o libro…

p/Manuel Lago Alvarez

Póñome a escribir un conto, que é só iso: un conto, e non quixera que ninguén se dera por aludido, pois os contos, contos son, e todo parecido coa realidade e unha simple anécdota. Empezo:
Contan de un cura novo que foi nomeado párroco dunha importante feligresía. O xoven sacerdote foi moi ben acollido porque víase en el que era unha persoa moi traballadora e moi cercana a xente. Lonxe de ser altivo, engreído, soberbio, chulo, terco e outras mais cousas, o cura novo era afable, cordial, modesto, falador, e tamén moi acudidor. Era como se dí: un home manso e humilde de corazón, sempre disposto a axudar a todos.
Picture20En poucas semanas fíxose moi popular na parroquia. Misas, novenarios e procesións estaban sendo mais concorridas que nunca. Parecía coma si o cura novo tivese un imán; pero nada de iso: o cura era bó en todo, que para iso era un home de Deus i moi estudado.
Pois ían pasando as semanas, e as campás da parroquial tocaban mais que nunca, pero non tocaban precisamente a festa. Tocaban a defunto ¡¡. Un día con outro acontecía que na parroquia morría xente, cousa que debería ser do mais natural, xa, que como se dí: <aquí non vamos a quedar>, pero a cousa non era moi normal xa que morrían mais do dobre da xente do que era habitual. Os parroquians andaban un pouco asustados, e un bo día, xuntáronse media ducia deles, no alboio da señora Luísa da xxx (non poño de qué porque soa mal…), e comentaron o que estaba pasando. Uns dicíanlle os outros: ¡Hai que disirllo, isto non pode ser¡. ¡Xa mo dixo meu Ramón, ¡isto e cousa mais ca do demo¡. ¡as áminas andan soltas pola parroquia adiante¡. Pois hai que disirllo ao cura. ¿E cómo fasemos?. Pois vaise en comisión. Os homes que non vaian, que isto e cousa de mulleres, que nós nos entendemos mellor cos curas.

E buscaron un día e alí foron; a falar co cura novo. E xa no despacho da reitoral, o cura agradeceu a visita e preguntoulles en qué podía axudalas. As mulleres miráronse unhas a outras, pero non daban arrincado… o cura insistiu: ¿en qué podo axudalas? Hai algún problema?. E volta a mirarse unhas a outras… pero quen arrincou foi a señora Luísa da xxx (que sigo sen poñer de qué… porque soa mal, e diante dun cura soa peor), quen lle dixo ao cura: señor cura, que non lle paresa mal…. pero.. pero.., Pero qué?, -dixo o cura-. Pois… aquelo… -dixo a señora Luísa-, que bueno…, que peche o libro ¡¡¡. O cura puxo cara de pasmado e cos ollos moi abertos dixo: ¿qué libro? ¿o de resar?. Noonnn ¡ ise non ¡, vostede rese por todos, que boa falta nos fai. O que queremos e que peche e o libro dos defuntos. Ahhh… -dixo o cura-. Pois non entendo, -retrucou- Pois xa lle explicamos: estamos moi contentos con vostede, pero dende que chegou, non fai mais que morrer xente na parroquia, e din os mais vellos que cando o libro dos defuntos queda aberto, os que están anotados chaman polos que estamos vivos. Entende agora?. O cura non saia do seu asombro, e tomando alento, díxolles: pois xa está, péchase o libro e listo. A señora Luísa, que era moi retranqueira dixo: así me gusta, que sexa vostede guieiro, que para cabesudos xa están os nosos maridos.
E pechouse o libro. E marcharon marmurando baixiño: , pero e guieiro. Pasou o tempo, e as cousas viñeron ao seu, i un bo día, o cura, mentres resaba co seu libro aberto, baixo as ponlas dun castiñeiro que castañas non daba, disiase: ¿e sería cousa do libro ou cousa miña?.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

A Fábrica de Anido

p/ Xokas Figueiras
Tipo de ben: Fábrica, Porto, Institucións privadas (sés de empresas, centros sociais…),
Concello: Muros
Parroquia: Serres (San Xoán)
Lugar: Anido
Cronoloxía: Século XIX,

Descrición:
Trátase dunha fábrica de salgadura de sardiña construída por Abelardo e Felix Romaní, a edificación central ten un volume paralelepípedo ao que se lle apegan perpendicularmente distintos corpos na súa parte posterior, que configuran un rectángulo no que se dispón o patio. No corpo principal distribúense as distintas dependencias do edificio, dispostas en dúas plantas. A disposición dos vans reflicten a distribución do interior, colocándose unha galería de formigón e cristal no primeiro piso, sendo esta de construción posterior a da fábrica orixinal. Este volume de entrada destaca polo encintado da fabrica de pedra, xa que esta pintado de branco. Os outros paramentos verticais son de cachotería vista, cubríndose todo o inmoble de tella do país. Un grande espazo queda libre para adicarse ás distintas labores de fábrica da que aínda conserva varios píos, chanca e morto, no morto a técnica era de fusos de ferro e madeira. No exterior conserva dúas ramplas, un amplo patio e unha edificación cercana tamén empregada para o salgado. Tamén serviu de campo de concentración de presos asturianos, vascos, madrileños e galegos en tránsito entre agosto de 1937 e febreiro de 1938, cando estaba inactiva, albergando máis de 500 presos, estes construíron o camiño que vai da estrada xeral de O Baño ate a fábrica, nela estaban vixiados por soldados do Regimiento de Infantería “Zamora” nº 9 , mentres carabineiros e gardas civís patrullaban polo exterior. A día de hoxe emprégase como restaurante, e consérvase en bastante bo estado de conservación, quitando as edificacións anexas (na segunda foto).Picture19

Propiedade: Privada
Uso actual: ResidencialHosteleiro
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)

Referencias bibliográficas:
INVENTARIO DO PATRIMONIO MARÍTIMO PESQUEIRO NO ÁMBITO DAS
CONFRARÍAS DE PESCADORES DE MUROS, LIRA, O PINDO, FISTERRA E LAXE
CUSTA,Xesús SANTOS,Xesús: ‘Galiza na Guerra Civil. Campos de concentración de Muros, Padrón, A Pobra e Rianxo’
SORALUCE BLOND, José Ramón e FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Xosé: «Arquitecturas da Provincia da Coruña, Carnota, Lousame, Muros, Noia, Outes e Porto do Son».

Haz clic para acceder a 22396CA014.pdf

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado , | Deja un comentario

O Larache (III)

p/ Manuel M. Caamaño
Aquí vai a terceira e última entrega do relato do comisionado da Cia. Transatlántica do seu paso pola vila de Muros para socorrer e asesorar aos superviventes do naufraxio do vapor LARACHE.
Picture18Eu seica este tipo de relatos non son de doada lectura para quen non vive ou sente o mar de xeito directo. Mais si pode ser interesante para todos aqueles que queiran decatarse do que era a nosa vila e es nosas xentes aló nos primeiros anos do século pasado.
O noso concello e a nosa vila non se entenden sen o mar, e polo tanto a nosa idiosincrasia está definida e en parte rexida por todo o que concirne e rodea ao mar que bica, da vida e as veces morte as nosas xentes.
No remate do relato o comisionadofai gabanza de varios persoeiros da vila que se significaron na axuda dos desvalidos náufragos, e remata partido de novo cara a capital herculina a bordo do vapor CORUÑA, non sen antes volver a percorrer as augas inmediatas a Ximiela, para comprobar que non houbese nada que rescatar ou recoller.

La mayoría de los pasajeros llegados en el «CORUÑA», marcharon el día 27; con autorización hasta el día de ayer, para gastar en fonda, quedó el pasajero de 3ª D. Manuel Moreira, por estar bastante enfermo, efecto de la terrible impresión que le causó la muerte de su esposa Dª Antonia Castro, de 29 años, en el preciso momento en que, teniéndola ya salvada, se disponía a tomar el bote que resultó recoger tan solo a él, él marido. Unos de los baúles que llevaba este matrimonio, apareció en la mañana del 25, poco tiempo después de nuestra llegada a Muros, con su tapa levantada y separada perfectamente, sin contenido alguno. Las paredes restantes del baúl, estaban perfectamente intactas: lo he visto yo mismo.
D. Juan J. Louro, consignatario del «CORUÑA» en Muros, es persona respetable, inteligente y que trabajó con verdadero denuedo; Gracias a él, en población perfectamente desconocida para mí, puedo indicar que no perdí un solo momento en Muros. Quedó encargado por mí de pagar todo aquello que estuviese íntimamente relacionado con atenciones directas é indudables á los náufragos, amén de los gastos del señor Soba (que según hayan sido, en parte podrán ser cobrados de la familia del difunto) y de una cantidad prudencial, diez o doce pesetas, á pagar á la mujer causa del asomo de motín femenino el día 25 a la tarde, antes referido.
En la noche del 25, mandé avisar a todos los tripulantes y a los pasajeros que debían venir con nosotros, que estuvieran dispuestos para salir en el «CORUÑA» a las cuatro de la madrugada; con el Sr. Piñole habíamos acordado salir a las 5 no sólo para pasar de día por frente el Ximiela, sino para evitar que los ocho pasajeros que debían venir con nosotros dejaran de acompañarnos, pues ya anticiparon que de noche no querían pasar por el mismo sitio en qué naufragaron.  Por otra parte aunque el «CORUÑA», cuando era «Huascar», había trasportado hasta unos veinte pasajes de cámaras y mas de un centenar de tercera ordinaria río marañón  arriba, allá por Iquitos, haciendo el servicio establecido por la «Booth Line» y conservaba una buena parte de los efectos propios para tal transporte, en realidad, entre no tener tripulación idónea, y que había venido de Liverpool cargado casi por completo de carbón, no hubiese sido posible instalar decentemente a los citados pasajeros, y a la tripulación.
Hasta las seis de la mañana del 26, no nos fue posible zarpar de Muros, lo que hicimos teniendo a bordo, a más de los que habíamos ido en el «CORUÑA», ocho pasajeros, y veintiocho tripulantes del «LARACHE», entre estos el Oficial Sr. Villalobos, y el 2º Maquinista D. Leopoldo Mediavilla. Estuvieron a bordo el Sr. Ayudante de Marina D. José Mª Carles Roca, que trabajó aquellos días sin descansar, habiéndome sido de gran utilidad preciosas indicaciones suyas, el Sr. Alcalde de Muros, D. Abelardo Dubert, quien se mostró solícito en extremo con los náufragos, con quien sentí no tener tiempo el día anterior , como ya he indicado, para cumplir deberes de etiqueta que en  población pequeña son más notados; el Sr. Louro, con quien determiné la forma que debía darse a la aceptación de gastos, y al pago que debía hacerse de lo que quedaba pendiente; individuos de la familia del Sr. Registrador de la Propiedad D. Aquilino Pinto, en casa del que estuvo alojado el Sr. Villalobos, y almorzó el 25 el que suscribe; y otras personas. Inmediatamente de salir, se sirvió desayuno a todos los pasajeros del «CORUÑA»; mas tarde cerca de mediodía, se les sirvió comida abundante, compuesta de tres platos, que mereció elogios de todos ellos, sin excepción, y que fue servida con mucho orden. A este ultimo resultado contribuyó en buena parte la mayoría de la tripulación de fonda del «LARACHE», ayudando en todo lo que pudo, pero tengo el deber de hacer constar que el cocinero del «CORUÑA» Sr. Antonio Riera, y el camarero Manuel Bilbao, fueron felicitados por todos. El Sr. Gonzáles, pasajero de 2ª, comió con el Sr. Mediavilla. Se puso a las órdenes del Sr. Piñole, y trabajó mucho, si se tiene en cuenta que estaba bastante herido de golpes, el contramaestre salvado del naufragio, Sr. Jerónimo Romero.
A poco menos de una hora después de salir de Muros, pasamos a la altura de Brullos, quedando Ximiela mas allá; los dejamos por Babor ( ya que estando perfectamente visible el Cabo Finisterre, el Sr. Piñole, aprovechando, determinó pasar por el canal), y solo vimos multitud de embarcaciones, al parecer pesqueras, principalmente en aquellos, sin que con el anteojo se apreciase cosa alguna del buque náufrago donde está el Ximiela, a milla y media aproximadamente, del sitio por el cual íbamos.
Con ligera cerrazón del NE., que se había hecho bien perceptible un poco antes de llegar a la altura del Cabo Toriñana, y determinaba un horizonte a poco más de tres millas: después de un viaje sin incidentes digno de mención, atracamos a este puerto a las cuatro de la tarde del 26 de junio, habiéndonos venido a recibir el Sr. Gobernador de la provincia, D. Felipe Crespo de Lara. El Director de Sanidad D. Cesar Suárez de Centi, el propietario del «CORUÑA» D. Dionisio Tejero Pérez, y otras significadas personas; estaba ya preparado el alojamiento de los pasajeros y tripulantes náufragos del «LARACHE» que habían venido con nosotros.”

La Coruña, a 30 de junio / 1º de julio de   1908
FIRMADO

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

Setas con espiñas

p/ Amado Barrera
Vale, xa temos no cesto a meta de da media ducia. Imos coa otra metade. ¿Setas con espiñas? ¿Estamos de coña? ¿Apañaremos estas setas coma se fosen castañas nos seus ourizos?. Nin de coña nin coma ourizos, sino todo o contrario. Agora está máis claro, vou cambiar de canal. Agarda, oh!, que paga a pena, porque TÓDALAS SETAS CON ESPIÑAS SONCHE COMESTIBLES. Xa che coñezo, agora vas dicir aquilo de “…pero algunhas só unha vez”. Non, home, non: TÓDAS SETAS CON “ESPIÑAS” SON COMESTIBLES, punto.
Agora, a solución do misterio das setas con espiñas: NON PICAN estas espiñas, son brandiñas, da mesma consitencia que se fosen láminas, de espiñas só teñen o aspecto, bueno, máis ben que espiñas, semellan agullas hipodérmicas. Coma unha imaxe vale máis que un gugol de palabras miñas, miradeas. Logo no monte, tocádeas. Xa nos vos esquceredes máis.Son setas tamén dunha soa peza, ou seña, que o sombreiro é inseparable do pé, ao contrario que as setas con láminas, que parecen dúas pezas feitas por separado e logo xuntadas por algún ceramista mañoso. En fin, estamos a falar do xénero HYDNUM:
4. LINGUA DE VACA (Hydnum repandum)
O sombreiro é carnoso , color gamuza, de novo é redondeado pero logo se extende e incluso queda coa marxe desigual e lobulada
As agullas son moi fráxiles, brandiñas. da mesca cor que o sombreiro, apretadas, algo decurrentes e moi fácilmente separables do sombreiro, o que convén facer no monte mesmo, así xa queda a esporada toda alí.
O Pé é curto, xeralmente excéntrico e tamén da mesma cor que o sombreiro. A carne é branquiña, espesa, fráxil, case non arrescende pero ten ese aroma con morriña do monte. Cando se corta, axiña amarelea e mesmo ao poco tempo volvese cor laranxa. Qué cousas teñen as setas. Ten un cheri afrutado, pero na língua é amarga. Vive en bosques de carballos ou de piñeiros, gústalles o inverno para se mostrar.
Esta considerado un bó comestible, aínda os exemplares grandes, sempre que estén en bó estado, nada de coller os que se ven avellentados. É un cogumelo bastante inalterables, non se agusana e dálle aos pratos un arrescendo e un sabor moi especial. Mellor hainos que deixar cocer ben tempo para que perdan ese amargor. Despois gustaránche, seguro. Non ten semellanza con especies tóxicas (non hai “agullas” tóxicas no mundo cogumeril)
É moi común coller o Hydnum rufescens pensando que é o repandum, pero non pasa nada, son case iguais, és de cor máis alaranxada, incluso algúns din que son variedades da mesma especie. Noutras latitudes, en bosques de pino carrasco, nace Hydnum albidus, branquiña ela. En Muros non a teño visto nunca.
Logo hai un primo, Sarcodom imbricatus de sombreiro escamoso escuro e de moi inferior calidade culinaria, din os libros, pero eu recolecto moitos, xa metidos en xaneiro, seleccionando os exemplares máis novos, e non estou dacordo: sonche tamén moi saborosos, pero é moi importante sacarlle antes as agullas. E consérvase moi ben en aceite ou vinagre. Este crece sempre en bosques de frondosas.
Hai alguna especie máis de setas con agullóns, que, aínda que non sexan tóxicos, non son comestibles (Phellodon niger, Hydnellum scronicjularium, Hynellum ferrugineum), pero teñen aspectos tan distintos ás nosas “Linguas de vaca” (que tal é o nome común dos nosos Hydnum repandum), que non hai perigo de confusión.
SETAS CON TUBOS.
Picture13O himenio, en vez de láminas, pregues ou agullas, está cheíño de tubos, dos que volteando a seta vense os centos dos seus poros. Se se corta o sombreiro, apreciánse os tubos enteiriños. Tamén convén sacalos no monte, é fácil.
Non todos son comestibles, e algún mesmo é tóxico. Por sorte, éstes teñen aspectos moi distintos a aqueles. Aínda así, imos centrarnos só no famoso e moi apreciado grupo da sección EDULES das BOLETACES, porque as súas especies non se poden confundir con ningunha especie tóxica. Aínda máis: as posibles confusión resultan tamén excelentes comestibles. No entendido de que se comproben as características do grupo, o que neste caso resulta do máis doado: *cutícula sempre húmida *marxe abrancazada e *carne branca e inmutable (que non cambia de cor). E disque nunca nace en primavera, isto non o teño comprobado.
5. CALABAZA (Boletus edulis)
Picture14O sombreiro pode chegar aos 25 cm de diámetro. É carnoso, hesmisférico primerio, despois convexo ou plano-convexo. De cor marrón, vai cambiando có tempo de claro case branco ata escuro, mesmo a marrón casi negro, destacando a marxe, máis clara e nunca é amarelada. É un sombreiro regular, algo arrugado, aterciopelado, só liso nos ejemplares “adultos”.A cutícula é viscosa en tempo húmido e pode separarse un pouco. A marxe.
O himenio, tubular, está unido ao pe. É branco inicuamente e vai cambiando e pasando polo marelo colle unha tonalidade verdosa e finalmente convírtese en un verde-oliva intenso. Os tubos son fácilmente separables do sombreiro, especialmente nos exemplares vellos.
O pé é robusto, cheo e sólido, ventroso de novo e logo cilíndrico. Cor blanquecino que vaise poniendo marrón claro, sen reflexos rosados nin marelos, e adornado cun retículo branco na parte superior.
A carne é branca baixo o himenio, da mesca cor e compacta, tanto no sombreiro coma no pe sen cheiro especial pero de sabor doce e olor agradable, o típico arrescendo de cogumelo.
Sae en verano e outono, pero non en primavera, como quedóu dito, en bosques de coníferas e de caducifolios, solitario ou en pequenos grupos, é moi común e tamén moi buscado, por ser excelente comestible e moi comercializado.
Aínda que se confundir fácilmente con B.aereus, B.pinicola e B.reticulatus, todos eles tamén excelentes comestibles, Boletus edulis é o típico representante do grupo, e o podemos diferencialo das outras formas e mesmo subespecies polas características que quedan enumenaradas
SETAS “RARAS”
O último cogumelo desta media ducia de setas “inconfundibles” é a máis rara de todas, tanto que non parece o que é.
6. COLIFLOR DE MONTE (Sparassis crispa)
Picture12Pode acadar 40 cm de largo por 25 de alto. É un laberinto de múltiples ondulacións entrelazadas e amoreadas, “crispadas”, que forma unha masa compacta que recorda á dunha coliflor. Ten cor crma nos ejemplares novos, ocre amarelados nos vellos.
A carne é branda, delgada e fráxil, branca primeiro e logo tamén ocre amarelada e correuda. Ten un olor aromático moy forte, algo anisado cando se recolecta e logo dulzón. Hai que coller só os exemplares novos.
O pe é moi curto, blanquecino, tal cal se fose tamén o dunha coliflor, incluso non se ve cando o xemplar é xa grande. Medra nos tocóns de coníferas, sobre todo de piñeiros. Moi común en verán e outono
É moi bó comestible cando o cogumelo é novo. Hai que limpalo ben, que soe ter terra e lixos. Fileteala é un bó recurso culinario.
Só se pode confundir con especies moi parecidas, coma S.laminasa, que medra en tocóns de frondosas, como castiñeiros, pero que de tódolos xeitos é igualmente comestible.
Peor sería confundila coa Ramaria (=Clavaria) formosa, que é toxica e purgante. Pero é máis difícil que confundir alllos con bugallos: esta C. Formosa ten as terminacións redondeadas, non planas.
Para terminar, copio de http://www.educaguia.com/curso/setas/decalogo.htm e pego aquí este curto e sinxelo pero moi interesante
DECALOGO DEL BUSCADOR DE SETAS
1.- Ante la duda, NO LA COJA. Si no está seguro de que es comestible, déjela o si la ha cogido tírela.
2.- Si no la conoce, DEJELA. No la estropee, dándole una patada o rompiéndola, puede venir detrás de usted alguien que si la conozca, y además todas tienen alguna misión en la naturaleza.
3.- No recolecte todas. Deje siempre algunas para que al dispersar sus esporas, en los próximos años siga habiendo setas.
4.- Cortar las setas con navaja. No arrancarlas para no estropear el micelio subterráneo que en la próxima recolección dará mas setas y no manchará las otras en la cesta.
5.- No usar recipientes cerrados. Utilizar cubos o cestas de mimbre abiertos (si tienen agujeros mejor). para que no fermenten rápidamente y resulten indigestas. Nunca utilice bolsas de plástico.
6.- No hacer caso de tradiciones para su reconocimiento. Estudiar bien la seta y si no está seguro de no ser venenosa no la consuma. No se fie de tradiciones como que ennegrecen la cucharilla de plata o la moneda, o las comidas por animales, vinagre,…
7.- Por si acaso deje una muestra en el frigorífico de cada especie que consuma. En caso de intoxicación el medico podrá actuar mas rápidamente.
8.- NO RECOLECTE las setas que vea con laminas blancas, anillo, volva, y sombrero blanco-amarillento o verdoso, pueden ser Amanitas, las mas venenosas de todas.
9.- NO CONSUMA las setas fermentadas, incluso las comestibles, podrían ser indigestas.
10.- EN CASO DE INTOXICACION IR RAPIDO AL MEDICO (a ser posible con una muestra de las setas que ha consumido) y (en España) llamar al INSTITUTO NACIONAL DE TOXICOLOGIA (915620420)

Publicado en Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario