Entevista a Tono Beiro

por Jorge Lago de Pexejo

É de rigor presentar a todos os entrevistados, pero Tono Beiro apenas necesita carta de presentación pois é tan coñecido aquí na súa terra adoptiva como na que deixou xa hai bastantes anos para buscar como todos nós na diáspora mellores oportunidades e conseguiuno. Home de familia, traballador infatigable e metido de cheo nas actividades culturais da colonia galego-muradana de Nova York e sempre coa inquietude do que está acontecendo no seu Louro natal. Empecemos a conversación e deixemos que sexa él o que nos diga un pouco da súa vida antes de decidir virse aos EUA e consecuentemente a súa Picture10traxectoria newyorkina.

J.L._ Tono Beiro, ti estudaches na Escola Náutica de Vigo, polo tanto un asumiría que o teu destino sería o mar. Como é que viñeches a parar a Nova York?

Tono Beiro ._ Pois a vida que da muitas voltas. Apareciume a oportunidade de quedar en terra con 22 anos alquilando unha discoteca, pero era mui novo para tanto ajetreo, vin dar unha volta a ver o que habia e xa ves, 29 anos na América.

J.L. _ Pois si, unha historia que se repite constantemente e que a pesar das súas variantes a todos nos é familiar.
Cal foi a túa primeira impresión do páis, gustoute, decepcionoute, tiveches momentos de mandar todo a paseo e volver ou polo contrario adaptáchesche inmediatamente anticipando que este era o país onde tiñas máis ou menos asegurado o teu futuro?

Tono Beiro._ A verdade é que fui duro a pesar de que sempre tiven axuda tanto familiar como ter a sorte de coñecer amigos que ainda perduran como tales, pero unha vez que conseguín un traballo mais ou menos estable sí me dei conta de que acertara co meu porvir.

J.L._ Sen dúbida que fai máis levadeiro adaptarse cando te encontras rodeado de xente que coñeces. Supoño que como é habitual ao chegar aquí, xa empezaches a traballar sen case te dar tempo a desfacer a maleta.

Tono Beiro._  Pois non, o meu primeiro traballo por casi dous meses fui facer a compra coa miña sogra e ir a lavanderia coa miña filla,  tempos mui duros para un rapaz que quería comer o mundo. Pero gracias que arredor meu sempre hubo mui boa xente, o final conseguín meterme nun mundo laboral apasionante.

J.L._ Cóntanos.

Tono Beiro._ Pois empecei no ramo da construccion e traballei hasta fartarme, pero un bo día decidín facer uns cursos de planos, un de topgrafia e algún mais e a partir de ahi cambioume a vida totalmente, conseguín un traballo que me gustaba e no cal disfrutei muito.

J.L._ E remataches realizando o «Américan Dream»: Ser propietario. Ao pouco tempo cambiaches a Queens polo condado de Nassau como dono dunha preciosa casa.

Supoño que iso marcaría un antes e un despois, un xeito de aceptar que un xa é máis de aquí que de alá, facer fogar e botar novas raíces onde fuches a buscar mellores oportunidades.

Picture11Tono Beiro._ Pois realmente non, a de Nassau xa era a segunda casa que normalmente xa é a que pensas que será a definitiva, pero eu no teño tan claro porque na miña testa sigue a idea de sentar a miña base final na nosa terra, sempre desde o máximo respeto e cariño o país que me axudou a logralo.

J.L._  Sempre mantiveches vivo ese desexo de volver á terra, e o transcorrer dos anos non minorou o teu afán de seguir en contacto coa túa xente, co teu Louro. As túas visitas a Muros foron constantes e periódicas e antes do fenómeno de facebook  e os medios sociais, esperábase o teu retorno para poñerse a o día do que estaba pasando alá.
A túa casa foi e segue sendo tamén sitio de xuntanzas inesquecibles polo simple feito de celebrar algo e de estar cos teus, signo inequívoco da túa xenerosidade que se demostra cumpridamente pola gama de manxares coa que agasallas a os que che visitan e que sempre son en clave galega xa sexan callos, polbo, lubrigantes, centolas…

E tamén estando aquí estiveches sempre envolvido en diversas actividades que ofrecen as asociacións culturais que temos aquí.

Con isto quero resaltar o grande apego que mantiveches sempre por todo o noso e agregar que descubriches outra faceta das moitas que posúes cantando no coro de Casa Galicia, teño que decir que o fas moi ben. Cómo foi que te meteches a cantar?

Tono Beiro._  Eu son un home que me gusta muitisimo unha boa cea, un bo seran e unhas boas cantareas,  sempre por suposto rodeado duns bos amigos!! como que me quedei un pouco no pasado. Unha cousa que non me costa nada e cociñar para 10 ou 20 sempre que a compañia vala a pena.

O da coral ven desde que un bo dia un tal  señor Valentín, director da coral de Noia ven o Instituto recruitar xente para unha coral xuvenil e escolliume cantando «las flechas del amor» de Karina. Por certo que éramos uns cuantos muradáns, Maricielo de Louro, Manola do Cabo, Naso (DEP) e un fenómeno como era o fallecido e ben querido Manolo Siaba. Con tanto talento ganamos dous anos seguidos o concurso de Nata, na Coruña e Santiago. Anos máis tarde D. Manolo daquela director da coral de Muros chamoume para cantar con eles o que fixen pero solo actuei unha vez na Iglesia de Muros  e xa que daquela crucei o charco. E fai uns 3 ou 4 anos gracias o empeño de dous amigos metinme na coral de casa Galicia na que estou encantado da vida!

J.L._ Iso parece, ademais tedes un director entusiasta e de moito talento.
Pero non te limitas só ás actividades corais, ademais de ser membro do comité da Glosa, o teu saber facer foi instrumental para que os muradanos na diáspora newiorkina lle desen tan boa benvida á alcaldesa de Muros e agora estás metido de cheo organizando un acontecemento que require moito talento loxístico ademáis de dedicación, refírome a facer posible a visita do grupo folclórico Ximiela.

Tono Beiro._ O do comité de Glosa é un traballo no que non ganas nunca porque cando se toca o tema dos cartos a ninguén lle gusta que lle miren onde os mete ,en canto o tema da alcaldesa fui relativamente fácil ainda que non tivemos muito tempo nin posibilidades de facelo o sábado que traeria mais xente, pero ao final saliu todo mui ben. O tema de Ximiela e muitísimo máis complexio xa que traer 30 personas a NY cos precios que se gastan as Iberias de turno é un proxecto que require muito diñeiro, pero en eso estamos traballando. Temos unha cea o 19 de Abril na casa Galicia, andamos vendendo rifas e estamos en conversas co centro Orensano de Newark e co Circulo Español de Queens para entre todos lograr este objetivo. O mestre da coral Alberto Carbonell e un fenómeno, solo hai que mirar o seu nome en Google e xa ves que é un músico con cualidades propias ademáis de ser músico de estirpe.

J.L. _ Ti pensas que hai suficiente entusiasmo na colonia muradano-newiorkina e os seus estados periféricos como para facer viable tal empresa? Refírome por suposto ao proxecto de traer a Ximiela a Nova York.

Tono Beiro._ Entusiasmo eu diría que non, pero entusiasmados hai algúns e eses poucos vamos tratar de que os demais se enreden e facelo posible, xa o falamos na primeira xuntanza que tivemos, se fora fácil xa o farían outros, pero as cousas que custan son as que o final che dan máis satisfaccións.

J.L_ Segundo teño entendido a visita de Ximiela será en Outubro e de seguro que nos van a ofrecer un espectáculo memorable. Dado o esforzo que estades a poñer e anticipando que o entusiasmo non diminúa, este evento vai a crear un precedente e supoño que non será a primeira nin a última institución artístico-cultural muradana que nos visite.

Tono Beiro._ Ese e o noso obxetivo, si podemos traelos, toda diáspora poderá disfrutar deles. A nosa idea final e poder crear un Dia de Muros en NY. Si esto nos sale ben, a xente ainda se motivará máis.

J.L._ As motivacións case sempre dependen dun bo liderado e dotes persuasivos que ti demostras cumpridamente. Felicítote e felicito ao mesmo tempo a todos aqueles que colaboran desinteresadamente para facer posible o que estades a tratar de lograr.

Cambiando de tema. Ti que nunca deixaches de estar a cabalo entre NY e Muros e xa vas alcanzando unha idade na que inevitablemente un ten que pensar nese mañá que está á volta da esquina. Pensas retirarte en Louro, quedar en NY ou mentres cho permitan os anos en ambos os dous sitios?

Tono Beiro._ O primeiro supoño que un pouco o cabalo, pero máis tempo en Galicia que aqui, pero a miña illusion e quedar na terra, xa levo anos abondo fora! A min e a miña dona gústanos muito viaxar e aproveitaremos para facer algun viaxe que temos pendiente.

J.L._ E afortunadamente xa non vos falta moito para cumprir ese desexo. A túa traxectoria por USA foi frutífera e chea de satisfaccións, espero que sigas gozando de todo o bo que a vida che ofreza e que todos os teus amigos o compartamos contigo.

Agradézcohe que participases un pouco da túa vida connosco. Moita sorte e seguímonos vendo.

Por último e xa para rematar ahí che vai o Cuestionario de Bernard Pivot.

J.L_ Cál é a túa palabra favorita?

        Tono Beiro._  Honestidade

J.L._ Cál é a menos favorita?

         Tono Beiro._ Paro

J.L._ Qué te emociona?

Tono Beiro._  Calequer cousa relacionada coa miña terra

J.L._ Qué son ou ruído che gusta?

Tono Beiro._ O da gaita

J.L._ Qué son ou ruído detestas?

Tono Beiro._ A xente berrando

J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?

Tono Beiro._  Favorito non teño ningún

J.L._ Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer?

Tono Beiro._ Periodismo

J.L._ Qué profesión non desexarías facer?

Tono Beiro._ Mineiro

J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?

Tono Beiro._  Que polo menos intentei ser unha boa persona

Publicado en Entrevistas | Etiquetado | Deja un comentario

O Caixón da Memoria (O San Xoán en Portugalete)

p/ Ía Lago Uhía

O Muros que eu recordo na miña infancia non era moi distinto ao que agora podemos ver, as rúas non cambiaron moito dende fai 20 anos e os edificios tampouco son moi distintos, pero Serres si que poida que cambiase moito máis. Lembro os San Xoans en Portugalete, e a disputa que mantiñamos cos da Virxe e os da Acea por ver quen facía a «farsa» máis grande. Eu era unha nena cando as rúas de Portugalete estaban cheas de rapaces e entre nós a diferencia de idade era bastante grande, lembro como comezabamos ao mellor dúas semás antes e subiamos a Agriña en busca de xestas e loureiros, e como as veces aparecía algún dos carneiros de miña tia Juanita do Pardelo que nos facía correr como se non houbese mañá. Tiñamos un sistema de organización ben marcado, os rapaces maiores cortaban, e nos carrexabamos ata o parque do Furón, eu non contaba máis de sete ou oito anos, e a forza nunca foi o meu don, máis aínda así alí baixabamos miña prima e eu con Picture9cadansúa pola de xesta, todas cheas e orgullosas de axudarlle aos «grandes», aínda que a maioría das veces algún dos que tiñan máis forza ca nós acababa por levar a súa, a nosa, e aínda por riba tamén a nós sentadas riba das xestiñas. Os dous días antes de San Xoan deixabámolos pra ir porta por porta preguntándolle a xente se querían botar algo a lareira e acababamos por xuntar tamén mobles vellos, bolsas de roupa que quedaran pequenas e incluso máis de unha vez algún que outro bote de remos que quedara tristemente abandonado porque o seu dono xa non podía ir ao mar, ¡Quei chorei o día que queimamos o bote de señor Xan da Acea! O día 23 chegaba a festa, e todos os veciños nos axudaban a baixar todo o que xuntaramos ata a praia, nos eramos uns rapaces e tiñamos que cruza-la estrada, e sempre había algún conductor con gañas de amargarno-la festa, pero pra eso estaban os maiores, que impoñían máis respeto, e non reparaban en cortar o tráfico se era preciso e cantarlle as cuarenta se facía falta a algún dos municipais que chegaban ata alí con gañas de poñer inconvintes no que pra moitos era o día máis esperado do ano. Cando o Sol se ía agachando, comezaba a impaciencia por prenderlle lume, algunha nai dicía que había que ir prendendoa xa, que os máis pequenos tiñan que ir pra cama, os rapaces máis vellos querían agardar ata as 12 como dicía a tradición, ao final soíamos chegar a un «nin pra ti nin pra min» e a iso das 11:30 os privilexiados pren-dían as súas antorchas feitas con trapos e ramas e plantabanlle lume a aquela montaña de polas e recor-dos, os «grandes», como nos lles chamabamos, aca-baban por bañarse no mar, e os máis pequenos pro-testabamoslle a nosas nais que non nos deixaban ir canda eles. Logo viña a nosa festiña, cada un de nos puxera unhas cen pesetas e facíamos unha churrascadiña, unhas cantas Coca-colas e montabamos a mellor das festas que unha rapaza coma min se podía imaxinar, e xa pra rematar, unha vez todos estabamos comidiños, non sei se por tradición ou por costume propia, enchíamos as botellas dos refrescos e caldeiros de auga e comezabamos unha guerra que chegaba dende Espiñaredo ata ao cruce da Tremenda mollándonos uns aos outros, daquela, eu e miña prima, por ser as máis pequenas, case sempre rematabamos máis sequiñas que os demais, nós pensabamos que eramos unhas expertas nisto da guerra de San Xoan, pero agora, con unas cantos aniños máis, penso que por moito que correramos ou nos agacharamos, máis ben era porque «os grandes» de Portugalete, aínda que nos deixasen participar en todo como se fosemos un máis, tampouco querían que pasasemos a humillación que supoñía papar un caldeirazo e chegar a casa molladiñas coma pitos

Publicado en Cousas que interesan, Vivencias | Etiquetado | Deja un comentario

Santa Mariña de Esteiro

p/ Elixio Vieites.
Tipo de ben: Ermida,
Concello: Muros
Parroquia: Esteiro (Santa Mariña)
Lugar: Solleiros
Outra denominación do ben:
Cronoloxía: Idade Moderna (XVI-XVIII),

Picture8Descrición:
Pequena capela dunha nave cuberta a dúas aguas. De estilo neoclásico, aprécianse algúns elemento románicos, reaproveitados probablemente de outra obra anterior. A fachada é sinxela, rematada nun frontón con pináculos, e cunha porta rectangular e unha pequena ventana. Retocada na década dos sesenta, no interior ten tres arcos de medio punto sobre piares cadrados adosados que sosteñen unha bóveda de canón, máis estreita no altar maior. Posúe catro tallas de madeira: a virxe das Dores, con manto de veludo; o Perpétuo Socorro; a Purísima Concepción e Santo Antón; presididas todas por Santa Mariña nunha ábsida plana sen retablo. Forma un fermoso conxunto co cemiterio e o campanario illado da igrexa ao lado do que fora o camiño real e a uns setenta metros da mesma. A igrexa honra, pois, a Santa Mariña, filla dun sacerdote pagán, que poida que nacera en Xinzo de Limia. Foi mártir, degolada por non casar co prefecto romano Olivio, e denunciada por cristiá.

Propiedade: Pública
Uso actual: Outros
Código no Catálogo da Xunta:
Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM)
Elementos mobles:
Tradición oral:
Referencias bibliográficas:
A Freguesía de Santa Mariña de Esteiro. Xosé Agrelo Hermo F.Abeijón Núñez. Cuadernos Cruiceiro do Rego. Ed Toxosoutos ISBN 84-96259-31-5, ano 2004.

Haz clic para acceder a 22396CA011.pdf

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado , | Deja un comentario

Haille dous ingreses don Pablito…

p/ José María García Rodríguez

 Cando eu era «musiño», saia correndo da casa da Praza, pasaba diante da tenda de meu avó Sidros García, home moi branco cos ollos, azúes, dobraba pola casa do Raboto e iña Canavaia abaixo pra estrada que lle chamabamos carreteira, Beiriña do mar, deixando a man dereita a fonda de Xacobo, dobraba a esquerda pra ir a un banco de pau que había diante de en cás Carlotiña, E ficaba admirado, venda a Ezequiel cun xornal en ingrés, antre as mans. Ezequiel fora a Nova Yorque. Chegara, traballou de carpinteiro un pouco tempo, deprendeu catro palabriñas, meteuse nunha briga, collérono e deportárono. Nunca mais podería voltar aos Estados Unidos de Améreca. Non trouxo diñeiro, pro si «The New York Times», un númaro dos domingos. Sentábase a tardiña, diante de en cas Carlota, e cando a folla do xornal tiña gravura, pofliao direito. Si non, o mesmo lie daba teio ao direito ao revés. E nós, alumnos da escola de Alexandre da Pepuda, ficabamos boca aberta. Ezequiel non sabia léelo castelán, pro o ingrés leiao o direito e o revés. ¿Cómo podería? Colleu sona de home liste. ¡Sabía; ingrés¡.  Nunha veceira, en que iñan ir uns turistas riba duns baixios da ría con risco de afogarse, chamaron a Ezequiel. Pra que lles falase por un fututo que coido que lle chaman «altavoz».

Picture7—¡Eh, mister! ¡Go fora! ¡It is very good de piedras! —We don’t understand, lle responderon.

—Xustamente, mister, onde están, very good de piedras… ¡Stones; Raio! entendérono e fóronse. E ficou a Vila inteira coa boca aberta. ¡Raio¡ entendérono e fóronse.  ;Faloulles e salvounos! Houbo quen pensou que lle deberan os americanos unha recompensa. Non lle chegou. O que lle chegou foi ao alcalde, que era don Pablito, unha carta na lingua de Shakespeare. E díxolle o segredario:

—Estamos salvados, don Pablito, chame a Ezequiel.

Dito e feito. Chamouno. Veu. Doulle a carta. Colleuna. Unha volta, outra reviravolta, mesmo coma fan os xílgaros que os de «La suerte del pajarito», que todos son de Santa Cristina, portiño de Noia, levan polas festas da bisbarra. Don Pablito non lle quitaba ollo. Nin Ezequiel quitaba ollo do papel. Respirou fondo.

—Señor alcalde, haille dous ingreses. O ingrés de Londón e o ingrés de Soutantón. (Southampton, debera querer dicir). No ingrés de Londón, vostede ve esquirto Shakespeare, lese o mesmiño, e significa «xa que che espero». Pro no ingrés de Soutanton, vostede ten que ler «xekspiar’: e significa «a madre que che pareu…» Iste puñeteiro ingrés, dista puñeteira carta, elle de Soutantón e non lle entendo nin puñeteira verba.

Saloucou don Pablito:  —Amocámola.

Ezequiel foise. Cando se correu o conto, Pepiña do Millón, berraba na Praza do Cristo:

—¡Ise Ezequiel e un payaso! .  Saleu a porta da casa a muller de Luís do Peludo.

—¿Vostede quer dicir espantallo, merdeira? ¡Sabe ingrés e sabe ingrés, que si nono soubera, aquiles turistas afóganse!  Coma si non houbera pasado ren, no outro dia. eu corrín pola Canavala abaixo, por diante da casa do Raboto e pareime portiño de en cas Carnotiña. Ezequiel estaba sentado no banco, e si, señor, mireino ben, lía o xornal ao dereito e ao revés. Alexandre da Pepuda, noso mestre, lia o castelán ao dereito e tiña abondo. Deus llo pague.

Publicado en Contos e Lendas | Etiquetado , | Deja un comentario

Anecdotario da Parroquia de Louro

p/ Nieves Formoso Vidal
No ano 1307 xa existía a fegresía de Louro. A sacristía fíxose no ano 1633. A imaxe de Santiago Apóstolo a cabalo mercouse no ano 1703. A igrexa alargouse no ano 1720. A porta lateral abriuse no ano 1732. A imaxe do Nazareno e do ano 1753. O retablo do altar maior do ano 1770. A pila bautismal de granito do ano 1801. O traslado das imaxes da Magdalena e de San Roque dende a capela de Louro, fixose no ano 1853. A espadaña e do ano 1860. A imaxe da Dolorosa e do ano 1861. O cemiterio abreuse no ano 1879 ( antes soterrabase no interior da igrexa).
Picture6Nos libros sacramentais, os primeiros anotados foron: o 5 de xuño de 1619, o bautismo do fillo de Fº de Louro e de Branca, a súa muller. O neno puxeronlle de nome: Fº (consta así). No libro de matrimonios: o de Juan de Louro con Dominga de Outeiro, o 3 de agosto de 1619, e no de defuncions, refréxase a de , o 11 de xullo de 1618.
A Capela da Magdalena do Monte foi destruída por un raio en 1719, pasando a imaxe, que ainda se conserva, a capela de San Roque.
O cáliz de prata, que aínda se usa na actualidade, foi doado por D. Antonio de Rama, párroco que foi de Louro, a principios do século XVIII (1712).
No ano 1875, o Papa Pío IX concedeu aos fieis que visitaran a igrexa de Louro o 22 de xullo, confesando e comulgando. Así naceu a Romaría da Magdalena.
Os párrocos, dende o ano 1618, foron:
1618 D. Baltasar Montouto.
1636 Frei Juan González, ofm.
1649 D. Francisco Dominguez
1664 D. Alonso Núñez
1692 D. Antonio de Rama
1725 D. Miguel de Lisi
1736 D. Antonio Romero
1744 D. Theodoro de Rama
1750 D. Domingo A. González
1778 D. Jacobo Hermida
1779 D. Juan A. Rivadeneyra
1785 D. Juan Romero
1789 D. J. Martín Martínez
1797 D. José A. Baleira
1805 D. Pedro Gómez
1822 D. José L. Varela
1841 Frei Agustín García
1857 D. José L. Insua
Nove anos vacante
D. Manuel Louro, D. Agustín Lojo
1886 D. Ramón Neira
1900 D. Fernando Siaba
1912 D. José H. Moscoso
1914 D. José Ferreira
1921 D. Santiago Lamas
1936 D. José Lourido
1946 D. Santiago Radio
1953 D. Alejandro Ballo
1959 D. Juan M. Fernández
1962 D. Manuel Molinos
1983 Frei Eladio González
1989 Frei Manuel L. Sucasas
2001 Frei Humberto Castro Soto
2013 Frei José M. Castiñeira González.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario