A Nosa Xente: Don Ramón de Artaza y Malvarez

Picture5Don Ramón nació en Muros el día 6 de marzo de 1877. Desde muy joven despuntó como un gran estudioso de la historia de la Villa que le vio nacer. Abogado de profesión, se casó en dos ocasiones: la primera con Doña María Luisa Elices Gasset, y la segunda con Doña Mercedes Blázquez Jiménez-Arenas. Fue Cronista Oficial de Muros y autor de varias obras históricas sobre la Villa.
Don Ramón fue elegido académico numerario de la Real Academia Gallega el 22 de abril de 1918, e ingresó el 22 de noviembre de 1939. El discurso preparado para la toma de posesión, titulado “Gremios y cofradías”, no fue leído en el solemne acto por circunstancias que también alcanzaron a otros académicos electos.
En el año 1922, la Real Academia de la Historia le concedió el premio “Al Talento”, por su obra “Muros, páginas de su Historia”, que fue completada con otra que lleva por título “La Villa de Muros y su distrito” (Obra editada por el municipio de Muros y que fue realizada en colaboración de sus hijos Ramón y Antonio de Artaza Blázquez) y en 1962 con el “Apéndice documental”.
Otros trabajos de don Ramón fueron:
“Ante el palenque” (artículos) “El Serafín de Asís”. “Tres fechas memorables”. “La Reconquista de Santiago en 1809”. (Obra premiada en el Certamen Histórico de Santiago y por Ministerio de la Guerra). “Da Nosa Terra”. “Gremios y cofradías”. “Diego de Muros III”. (Premiada en el Certamen de la Lengua Gallega de la Liga de Amigos de Santiago de 27 de julio de 1924). “Gelmirez y su época”. (Premiada con el primer premio en los Juegos Florales de Santiago de 1945. Mantenedor el Presidente de la Real Academia Española, Sr. Pemán). “De mi tierra” (Cuentos, Decires y Leyendas). Premiada en los Juegos Florales de 1945. “Apéndice al libro Muros, Páginas de su Historia”. (en colaboración con su hijo Don Ramón de Artaza Blázquez)
“Las Rías Gallegas”. (Obra escrita por encargo del Centro Gallego de Buenos Aires)
“Derechos del niño antes y después de nacer. Su educación inicial” (Estudios sociales)
“Historia de Muros” (Apéndice final). En colaboración con su hijo Don Ramón de Artaza Blázquez. Cronista Oficial de Muros. Académico Correspondiente de la Real Gallega.
“El signo de la Cruz” (Estudios históricos).
De la importancia de la obra “Recuerdos de la Muy Noble, Muy Leal y Muy Humanitaria Villa de Muros”, da cuenta el hecho de que por Real Orden, publicada en la Gaceta de Madrid, número 257 de 13 de septiembre de 1912, “S.M. el Rey (q.D.g) se ha servido disponer que, con destino a las Bibliotecas públicas del Estado, se adquieran 78 ejemplares de dicha obra…”.
La muerte le sorprendió el 29 de diciembre de 1976, estando próximo a cumplir cien años. Sus restos mortales fueron enterrados en el panteón familiar de la Iglesia de Las Angustias de Muros. Hasta el momento de su muerte Don Ramón disfrutó de sus portentosas facultades mentales y de la más grande consideración de sus numerosos lectores. Por acuerdo plenario de la Corporación municipal de Muros, un colegio de enseñanza lleva su nombre, en reconocimiento a su persona y a su gran obra, que fue capaz de rescatar para Muros y para las generaciones futuras, la historia de la Villa, como parte importante de la historia de Galicia y de España.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , , | Deja un comentario

A Nosa Xente: Emilio Figueroa Ricoy

Picture4Chamámoslle Luís, pero contra todo pronóstico, resulta que non se chama Luís. E estas cousas pasan en Muros, onde todo non é como parece. O seu nome de pila e Emilio, e os seus apelidos Figueroa Ricoy, muradán, nado na rúa Axesta no ano 1953. Os seus pais foron Francisca Ricoy Heredia e Bartolomé Figueroa Barreiros, a quen coñeciamos por , e que foi unha das mellores voces de Muros e a súa contorna. O noso Luís, cantar canta algo, pero que conste que él non e o culpable da moita choiva que cae en Muros.
De pequeno foi a escola de D. Manuel Parada, de Don Vicente e de Don José Beiro, e os trece anos puxérono a traballar no mar, e fíxoo nun barco de pesca que se chamaba <así es la vida>. Con dezaseis anos e unha maleta pequena saleú para embarcar en Bilbao nun pequeno mercante que se chamaba . E volta para Muros… e de Muros para Ferrol, para facer a instrución militar; e de Ferrol para Madrid, onde fixo o servizo no hospital militar .
Casou ós vintetrés anos con Carmen García Caamaño. Froito do matrimonio foron tres fillos e dous netos, que son como pequenos terremotos que enchen a Luís e a Carmen de gran ledicia.
Mariño por vocación, surcou tódolos mares do mundo en diferentes barcos. Nun deles, un barco de pasaxe de bandeira norueguesa, o Royal Viking Sea, traballou de axudante de cociña. Desta etapa lembra que tiñan que facer de comer para novecentas persoas, e que visto o visto… non lle quedaron ganas de facer de comer para ninguén mais, por elo dí que na casa non fai nin un ovo. Tamén traballou como bombeiro nun petroleiro de armadores norteamericanos, de 364.000 T. de rexistro. O buque era tan grande que para ir de proa a popa había que facelo en bicicleta.
Ahora, xa xubilado, adica o seu tempo a súa familia. Os seus netos son a súa pasión. Grandes paseos polo muelle, charlar cos amigos e adicarse a cultivar unha pequena horta, que dará froitos cando lle chegue o tempo, son agora os seus hobbys.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario

O mar na nosa poesía galega medieval (I) «Mendiño»

p/Henrique Monteagudo
Como é ben sabido, no século XIII floreceu en Galicia unha escola poética que cultivou con extraordinaria brillantez o noso idioma, que así pasou a ser unha das linguas literarias máis madrugadoras de Europa. Un dos trazos máis característicos da nosa lírica medieval é a poderosa presenza do mar, un elemento case ausente na maior parte dos poetas europeos daqueles tempos. Imos comezar unha serie en que escolleremos algún dos textos máis destacados polo tema mariñeiro. Ofreceremos un texto medieval adaptado, un pouco modernizado, cunha pequena explicación para facilitar a súa comprensión.
Para inaugurar a serie, é obrigado poñer en primeiro lugar a famosa cantiga de Mendiño (nome diminutivo de Mendo, que era moi común naquel tempo), un modesto xograr de Vigo ou as súas proximidades (que no século XIII era unha pequena poboación), que sitúa Picture3o seu poema na Illa de San Simón, localizado no fondo da mesma ría.
Estaba eu na ermida de San Simón
e cercáronme as ondas que grandes son.
Eu agardando o meu amigo! E virá?
Estando na ermida ante o altar,
cercáronme as ondas grandes do mar.
Eu agardando o meu amigo! E virá?
E cercáronme as ondas que grandes son;
non teño barqueiro nin remador.
Eu agardando o meu amigo! E virá?
E cercáronme as ondas do alto mar;
non teño barqueiro nin sei remar.
Eu agardando o meu amigo! E virá?
Non teño barqueiro nin remador:
morrerei, fermosa, no mar maior.
Eu agardando o meu amigo! E virá?
Non teño barqueiro nin sei remar:
morrerei, fermosa, no alto mar.
Eu agardando meu amigo! E virá?
Picture2A cantiga presenta unha moza namorada que tiña unha cita co seu amigo na ermida de San Simón, situada no pequeno illote do mesmo nome. A moza espera e el non dá chegado. A rapaza seguramente fora á illa con marea baixa pero mentres espera o mar vai enchendo e está cada vez máis angustiada, sentíndose soíña e abandonada. Non ten barqueiro que a devolva a terra e o seu amigo non aparece. A súa desesperación vai en aumento conforme ve que a marea está cada vez máis chea e as ondas máis e máis bravas. Tal é a súa angustia que xa se ve a si mesma morta afogada no mar.
Esta cantiga é unha das máis célebres dos nosos cancioneiros trobadorescos. O seu gran acerto é que alcanza unha forte expresividade e unha crecente intensidade dramática, conseguida cuns poucos motivos (a ermida, o mar, as ondas, o barqueiro) e unha extrema sinxeleza de construción: versos que se repiten cambiando algunhas palabras (chámase leixa-pren). A reiteración constante dos versos evoca o ritmo das grandes ondas e expresa con moita eficacia a sensación de terror e a angustia que vai dominando a moza ao verse sen escapatoria, rodeada polo alto mar. Existen varias gravacións que ofrecen versións musicadas desta cantiga, pois, como o propio nome cantiga o di, estas composicións estaban destinadas ao canto. Eu recomendo especialmente a versión da magnífica cantante polaca Paulina Ceremuzynska, no disco E moiro-me d’amor. Noutro artigo reproduciremos e comentaremos unha cantiga mariña máis dos nosos cancioneiros trobadorescos.

Publicado en A nosa Lingua | Etiquetado , | Deja un comentario

O Pedregal

p/ Manolo de Lajo
Vendo que o verán está petando a porta, gustaríame recomendarvos un entorno cunha gran riqueza xeolóxica e mitolóxica, ademáis de ser unha ruta de senderismo inmellorable.
Picture1O Pedregal e un afloramento granítico de máis de 700 hectareas que se alza impoñente sobre a enseada de Esteiro e polo Val da Silvosa.
Está cheo de espazos a modo de pequenas covas e altas pedras asemellando fortalezas. Destaca a enigmática Pedra Pía, unha inmensa rocha cunha gran pía a xeito de trono, donde na parte inferior aparecen como unha serie de coviñas que semellan ser ben antíguas, e sobre a pía hai grabadas un conxunto de cruces de varios formatos distintos rematando coa letra M na parte superior, quizáis en alusión a Santa Mariña, patroa de Esteiro. Contan as malas línguas que foi un altar celta donde os castrexos ofrecian os séus sacrificios, e que logo foi cristianizado co paso do tempo.
Logo de rebasar a Pedra Pía seguimos ate chegar a coñecida Pedra do Cadro, cunha cavidade entre penedos que ten na súa entrada unha pedra cunha cruz grabada e tres coviñas, conxunto pétrico que representa un complexo elevado controlando o val do río Maior e que pecha por o norte no Castelo Altomedieval que cos séus 320 metros se cree que foi unha das moitas moradías da raiña Lupa, oxe enterrada e cuberta de ouro debaixo da Laxe da Moa no coñecido como Olimpo Celta ou Monte do Pindo.
Por a outra cara, descendo por o val do río Rateira hacía Abelleira, Encontrámonos co Pedregal de Pando e a Pedra das Cruces xunto o Campo da Ermida, da que so quedan os restos. Seguindo a ruta topámonos ca Braña, o Campo de Pedro coa súa fonte e a Pedra dos Cabalos, chamada así por servir de refuxio a ditos animales. Tamén hai quen a chama da Ferradura, por ter a pegada do cabalo de Santiago Apóstolo nún dos séus moitos saltos voltando do Monte Louro de expulsar os mouros.

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

Carta da Redacción: Maio-2014

Carta da Redacción:

Picture1Un mes mais a revista The Muros Times acude a súa cita mensual, e o fai con temas interesantes que de seguro serán do gusto dos lectores.
Que cada mes esta revista dixital poda estar a disposición de todos non e unha tarefa fácil. Ó traballo de dar contido as páxinas hai que engadirlle o ter que soportar ácidas críticas, que sen base nin fundamento, florean por aquí e por acolá. Cando a crítica e construtiva pois sexa benvida, pero cando provén do mais fondo resintimento… quen as recibe, non pode nin debe quedarse calado.
Cando naceu TMT, os fundadores fixámonos uns obxetivos moi claros. O primeiro que TMT nacía para pór en valor a Muros e as súas terras. O segundo que TMT ia ser unha revista plural, e polo tanto aberta a todos, e na que calquera, independentemente do seu pensar podería colaborar na revista, e xunto con isto, que TMT tiña que ser dirixida a todo tipo de público calquera que fose o seu pensar persoal. Isto cúmprese e cumprirase de forma rigorosa, e con estes parámetros TMT invitou e invita a colaborar coa revista a todos sen excepción. E así seguiremos.
Que TMT nace baixo o abrigo de persoas que son administradoras de páxinas de redes sociais, que con notable éxito tamén poñen en valor a Muros, e un feito palpable, pero en ningún caso TMT e un apéndice destas páxinas nin dos seus creadores. O que se poda ler ou opinar en páxinas como I Love Muros ou Muradanos na Diáspora, nada ten que ver con TMT.
Os que escribimos e colaboramos con TMT, maioritariamente somos mulleres e homes que non temos títulos. Somos persoas que escribimos coa mellor das intencións. Que a un se lle escape un erro, como, por exemplo, pór un , cando debera pór , non pode converterse en de ninguén. Si hai erros, se corrixen e punto. Lonxe de nós o querer denostar a ninguén; lonxe de nós calquer ánimo de provocación. Aquí se está a falar de historia, de arte, de cultura, de tradicións. Estase para divulgar, e isto nunca se fai pontificando, polo que todo e discutible; todo está sometido a crítica, pero o que non e admisible e que as críticas se fagan co argumento primeiro de que os que escriben en TMT son <ninguén>, porque non teñen títulos. E o mal de sempre… o mal que levou e leva os pobos a súa decadencia. Nas terras de Muros chámase . O noso consello: que deixen o e se poñan a PENSAR.

Publicado en Cartas da Redacción | Etiquetado , | Deja un comentario