Entrevista  a Pedro Caamaño Lago

p/Jorge Lago de Pexejo

Quén é Pedro Caamaño Lago? Polo nome e así sen máis sería un de tantos Pedros ou tantos Caamaños e é por iso que sendo muradano temos que engadir ese sobrenome que nos acompaña a todos e que levamos connosco como un galardón que nos diferencia do resto. Pedro é por suposto Pedro Cabaceira e por ese nome é polo que máis se coñece e polo que él mesmo se identifica. Pedro é o típico ou mesmo me atrevería a dicir que é o estereotipo do muradano, pescador dende moi xoven, pero con inquietudes de superación que tamén o levaron a exercer outros mesteres por outros mares e outras terras. Titulouse como patrón de pesca de litoral de segunda das rexións NOROESTE O19 DE FEBREIRO DE 1972. RG. CANTABRICA O 6 DE MARZO DE 1972. que hoxe ten convalidados como PATRON / DE EMBARCACIÓNS DE LECER. P.E.R. Este home é o pesco e pescador por excelencia e o home de mar porque así se deron as circunstancias, unhas circunstancias que como el di aceptou sabendo que calquera outra cousa era para el impensable.
Picture11Para moitos dos lectores desta revista, a presentación pode parecer escasa, pero desexaría que fose o propio Pedro o que nos guiara polo traxecto das súas experiencias.
J.L._Pedro, ti naciches no 41, Cómo era o Muros daquel entón e que alternativas se ofrecían para aqueles que como ti naceron neses anos da post-guerra?
Pedro Cabaceira ._ Respondendo a primeira interrogación, son Pedro de Cabaceira, por que meu avó procedente de Serres, era Manuel de Cabaceira, meu pai nado na porteliña era Pedro de cabaceira, i eu nado enfronte da iglesia de Muros. Colexiata Santa Maria, tamén son Pedro de Cabaceira, por que me quixeron chamar así, para alguns tamen era Pedro de kica da majacha, ¡!claro que si ¡! Pero como varón e primoxenito, prefiro identificarme como os meus antergos varons. A presentación é sobradamente amplia, non son nin mais nin tampouco menos que un humilde pescador muradan.
Ahora sí procurarei responder a tua pregunta. Naquel entón para un neno coma min, fillo e neto de pescadores, era unha vida chea de carencias; carencias na alimentación, e carencias na hixiene a tódolos niveles, en resumen unha vida de pobreza. Unhas carencias pacticamente xeralizadas, aínda que dentro das familias dos mismos pescadores, había algunha diferencia, pero moi pouquiña, dependendo da cantidade de nenos menores de 10-12 anos por que a partir desa edá xa axudaban os páis a traballar, decian alguns que ter fillos varons eran cartos a reditos. Por suposto que habia algunha máis diferencia nas familias de escribanos, e empresarios, os que todos estábamos sometidos. Porque aínda que tuveras algo mais de diñeiro, non había materia prima, non había que comprar. Na parte agrícola vivían un pouco mellor posto que case sempre tiñan algo que comer. Pero permíteme que che fale da vida que me tocou vivir para que cada un fale da sua.
Picture10Despois de todas estas dificultades como rapaz, era unha vida chea de inquietudes, xogos que hoxe non hai, pero que nos facían disfrutar tanto ou máis que os de agora, pillerías, ilusións, tanto de neno como de adolescente. Aquí era cando empezabas a pensar un pouco no futuro, un futuro que non era moi alentador, os pescadores pelexando co mar e cos peixes, os agricultores cabando sin parar, os empresarios enchendoche de traballo, e pagandoche o menos posible, ou case nada. e cando tiñas algo aforrado, e ías o cine, cando saía o” nodo”habia que levantarse co brazo estirado, aínda que te foras pola pata abaixo. Ou cando unha vez que beu franco a muros, visitou a colegiata, e todo muros ali co brazo extendido, gritando, franco, franco, danos pan blanco, os repaces vixiados polos mayores, decian grita rapaz e non baixe-lo brazo.
O traballo nas fábricas, para a muller que non tiña moitos fillos, ou para as rapazas xoves, era unha axuda familiar, Ata chegar a esa edá, despois da adolescencia, onde empezas a ver as cousas de distinta forma vía a muros como o que era, o noso pobo, cheo de vida mariñeira, pescadores, de case tódalas modalidades; de cordel, de xeito, de arrastre, vacas, boliches, rapetas, de cerco, tarrafas, pero eso sí, moitísimos pobres e poucos ricos, estes sí, moito máis ricos considerando a pobreza que había.
J.L._ Dasnos unha estampa totalmente realista da época en que che tocou vivir, unha época chea de precariedades e ao mesmo tempo unha época que moitos de nós vivimos cun módico de felicidade e soubemos entrever un futuro mellor un pouco ao xeito dunha cita de  Dickens: «Reflexiona sobre a túa presente sorte pois cada home ten alguna, non nas túas pasadas desgracias, das cales todos temos algunhas,»
Ata que idade estiveches inmerso nesa vida laboral que empezaches a tan temperá idade e que por suposto tería que ser sumamente traballosa?
Pedro Cabaceira._ Querido amigo Jorge; “CHARLES DICKENS”, hai moi poucos, aínda que alguns se crén, notaselle a diferencia as leguas. E a miña gran sorte é estar aquí contestando a tua entrevista, intentando colaborar en este interesante proxecto que é THE MUROS TIMES. E despois de este pequeno inciso. Quero deixar claro que para min esa vida non foi ningunha desgracia, simplemente foi a vida que me tocou vivir, ou que nos tocou vivir a todos que nacemos por esas fechas. Todos sabemos que o mundo do mar e durísimo, pero é unha vida que chega a gustarche, e a estas alturas estou mais que satisfeito e orgulloso da miña profesión, o que me coñece e sigueu de algunha forma a miña traxectoria teno máis que asumido.
Os catorce anos enroleime con meu pai no Valentina, un barco de Noia dos Barcias, aí empecei a miña traxectoria de pescador en serio con algunha que outra dificulta porque me mareaba un pouco, pero logo me pasou. A ilusión e as gañas de axudar era tanta, que sacaba forzas de onde fora.
Aprendendo, pescando aparte, con aqueles homes cheos de experiencia dunha valentía e de unha calidá human digna de todo eloxio. Por eso loitei sempre que puden, para que esta xente fora tomada enconta, e moito mellor apreciada do que era, para unha maioría demasiado amplia o ser mariñeiro pescador era menos que nada, un grave erro, cando arriscaban a vida prácticamente tódolos días para sacar as suas familias adiante. Esta traxectoria alargouse hasta case os 21 anos que fun para o servicio militar, unha traxectoria chea de loitas e alegrias cando a pesca era faborable, e anecdotas, e formas de traballar para encher a curiosidade de calquera interesado.
Cumplín o servicio, entre o Canarias no que me fixeron cabo verde, o Cervera e o minador Júpiter en setembro do 1963, e Despois desa etapa largueime para Rotterdam.
J.L._ Cumplistes o servicio militar e fócheste a probar sorte a navegación mercante. ¿Cantos anos estuveches nela?
Pedro Cabaceira._ Ben, a principios do ano1964 collín unha maletiña, daquelas de carton, que aínda non fai moito que a tiramos, perece que a maletiña que non servia para nada tiña algo que parecia parte de nos. En esa maletiña, arrombou a miña querida nai algunha ruopiña, un traxiño que facia pouco que o estreara, por que en esas fechas xa se vivia un pouco mellor,asi que salín de Muros con un compañeiro que xa coñecía o camiño, cara a Roterdam,o italiano unha pensión onde me tiñan que atender, pero o enlace estaba de travesia e fallou. En resumen; que tiven que arreglarme pola miña conta recorrendo toda-las compañías de Rotterdam pidindo yob, que era o que sabía decir. Creo que entrei duas ou tres veces en cada unha, gastei os zapatiños de suela en un par de días. En unha delas pidíronme a libreta, viron os enbarques e desembarques de Muros e polas expresións das caras entendin algo asi como; “coño este polo menos non se maréa. En resumen, embarquei de segundo mariñeiro nun petroleiro de refinados, ca ruta Europa e os paises do golfo de México. Eran viaxes de tres meses, o segundo viaxe xa fun de primeiro. Un ano cheo de anécdotas. Logo non me gustou por que era un barco moi vello, e moi perigoso, e como se decía que se ganaba máis en Suecia embarquei nun cargueiro sueco, coa ruta entre Europa e Suecia, Finlandia, Polonia, no que votei outro ano. No ano 65 vin de vacacions e dispois de uns meses volvín a suecia e embarcarquei na R.A.B.Transatlantic con rutas daredor do mundo Europa Sudafrica Australia, Japon,excepto nun deles que estuben un par de anos un rolon, rolof, entre o ano 66 e o 68, estes eran creo que oito barcos de outros tantos paises europeos, que fixeron en plan de experimentación, o (Atlantic Espan), logo seguin dándolle voltas o mundo en distntos barcos da misma compañía, e ostentando distintos cargos, sempre de cuberta, ata que en Xuño do oitenta atracando en Oslo nunha maniobra un tanto complexa, unha estacha sacounos a min e un sudafricano da mercante e a partires daí, empezou outra etapa.
J.L._ Cóntanos sobre esa outra etapa Pedro.
Pedro Cabaceira._ Chegados a esta fase, e despois de unha longa recuperación cheguei a conclusión que tiña que seguir loitando. A miña condición un tanto nervosa, non me ía permitir, estar sentado. Entón ofrecéronme a representación dos efectos navales as tres a.a.a. e ali traballei un par de anos, en compañía dunha gran rapaza de Louro. Como digo despois de ese par de anos, entendín que aínda que me gustaba non era o meu estilo porque xa facía un tempo que me estaba rondando o tema de volver a pescar, e asi o fixen. Encarguei un botiño polbeiro e a pescar uotra vez. Daquela a pesca de cordel era libre, non tiña control algún e pescabas o que podías vendendo onde podías e non pasaba nada pois éramos uns cantos xubilados i eu polo medio e pescábamos pulpos calamares e chopos que daba gusto. Entón a pesca nos barcos empezou a fallar e os tripulantes díronlle a oportunidá de xubilarse a partir dos 55 e fixeron contas; danme unha pensión e podo pescar coma Pedro e cama Xan e como se entenderá incrementouse a competencia.
En vista do experimentado por outros portos, empezaron os profesionais a meter nasas para o pulpo largando caceas por onde traballábamos os pulpeiros, lóxico porque era onde estaban os pulpos. Os pulpeiros prendían nas nasas e pasou o que tiña que pasar; os profesionales empezaron a protestar. En resumen; que nos regularon a pesca de cordel a oito quilos como máximo, calificándoa de recreo sin ánimo de lucro. Entón algúns xa nos dimos conta que tiñamos que facer algo e pensamos en defendernos de algunha maneira e o mais legal posible, en primeiro lugar asociándonos e logo buscar argumentos. En todo este traxecto xa chegamos o 1996 en que nos asociamos, fundando legalmente a asociación Xubimar,
A partir daí empezamos a mandar escritos reivindicando melloras e ir impoñendo algún respeto, ata que no 1999 sacaron o popular decreto, 211/99do 17 de Junio que reducía a pesca de recreo a 5 quilos e excluía ó pulpo. En esas fechas xe eu era o presidente polo que me comín todo o marrón buscando apoios por onde podiamos e axudado por algún que outro compañeiro e ahí foi cando me dei conta de verdadeira valía de uns e da calidá conservadora de outros. Sen embargo o noso traballo empezou a dar mais frutos dos que nós esperábamos, formándose asociacións por todas partes en contra do decreto, organizando reunions, recollida de firmas, manifestacións pacíficas, adaptamos os estatutos según o requerian as lexislaciós, integrando os pescadores de lecer, xa que antes era só para xubilados do mar e pensionistas de calquer indole…Formamos unha federación para negociar ca xunta e partir daí empezaron os pleitos ca Xunta encabezados polo club nautico de Vigo ata que o tribunal superior de Galicia nos volveu a autorizar a pescar pulpo. No 2007 deixei a presidencia, seguín como vicepresidente hasta o 2010 e ahora sigo pescando de vez en cando.
J.L._ Ben, non cabe dúbida de que entre todos eses enredos lograches moito e sen organizarse posiblemente hoxe estariades en peores condicións. Estas satisfeito co logrado baixo a túa presidencia en Xubimar ou dende unha mirada retrospectiva teríalo feito de diferente xeito?
Pedro Cabaceira ._ Estou totalmente satisfeito, porque non o puden facer mellor, si fora capaz de facelo non o dudaría, pero tamén entendo e tíveno sempre en conta que seguramente outros o poderían facer mellor, por eso o deixei, buscando máis preparación, buscando máis imaxen, máis prestixio en detrimento da miña personalidá, pero sempre buscando o mellor para asociación e por suposto para tódolos socios e por añadidura para tódolos pescadores de recreo e para non parecer hipócrita como eu tamén son pescador de recreo tamén me beneficio. Para responderche a pregunta, actualmente teño as miñas dudas de que se poda facer mellor. Alguén decía «fai mais quen quer que quen pode». Si estos cargos foran remunerados estou seguro que si habería quen o fixera mellor, pero estes cargos solo os poden facer personas que realmente o sintan i eu sí que o sentía.
Un dos acontecimentos, que me dou pulos foi o que chegou a ser capaz de conseguir Jim Donofrio no 1996 cando fundou a RFA (Recreational Fishing Alliance). Alguén desde Nueva York mandoume uns recortes de periódico de todo conseguido por él en pouco tempo en favor dos pescadores de recreo.
Loitou sen sosego polo que o cría que tiña que defender. Autodidacta en materia de ordenanzas sobre pesca, enrolouse na JFK School of Government onde absorbeu todo o posible para poder contrarrestar os efectos negativos da xestión dos organismos estatais como a National Marine Fisheries Service que parecían máis inclinados a pasar por alto os abusos dunha industria pesqueira cada vez máis agresiva.
Despois de este relato, pode que dea unha impresión un tanto fria, pois non é así. Desde aquí arriva do alto que xenera e edá, vexo un neno na sua infancia moi feliz, o que lle gustaban tódolos placeres que se desenvolvían o meu carón, a veces aso si un tanto obstruidos por unha falta de tempo que me quitaban os meus queridos hirmans, e asi seguín disfrutando de bañarme no castillo, de xogar as espadas, a primeira non che toco, a rebola, as pancheras, a sibillana, as flechas, as pedradas, daquela non habia outras cousas. Asi cheguei a unha pubertá, tamén chea de ilusións, gustábanme as rapazas, tanto como os borrachos o viño, digo os borrachos porque era o vicio máis forte daquel tempo, gustábame bailar, cantar, que tamén se estilaba moito de rapaz cantando panxoliñas ca ferreirosa, logo con carcaman, e logo cantándolle serenatas as rapazas.Cando decidín formar a familia tamén me ilusionei loitando para conseguir melloras para a nai e para os catro fillos. Aquí sí que me entra a duda de si fixen o suficiente para darlles o que todos se merecen. Pode que dedicara máis tempo do que debería a outros menesteres, pero gustaríame que estuberan tan orgullosos de min como eu estou deles. Sobre este tema sí que enchería folios, pero resumindo temos unha familia feliz de catro fillos, duas noras e catro netos, capaces de enorgullecer a calquer avó que se precie.
J.L._ Ben, sen ter que facer eu moitas preguntas, expuxeches unha sinopse clara da túa vida e dos teus intereses que non son poucos. Enriquecíchenos co teu saber e déixanos con ganas de seguir aprendendo pero pouco espazo nos queda aquí para seguir facéndoo. Sei que quedan ducias de preguntas que non foron formuladas e sospeito que tamén ti tes moito máis que dicir, polo tanto propoño que esta sexa a primeira entrega da entrevista e que poidamos continuala no futuro.
Desde ese alto pupitre que che dá a edá como ti dis. Se tiveses que facer unha crítica ou propoñer solución, Que nos dirías e como ves o futuro da pesca de recreo en particular e a pesca en xeral en Muros ?
Pedro Cabaceira ._ Referente o proxecto da revista e a como a estades a levar, paréceme perfecto, outra cousa e que chegue a xente ca ilusión suficiente para promocionarse no futuro. Hai que escoller moi ben os temas, pero eso estou seguro que o tendes superado e ademais quén son eu para opinar en estes temas.
Sobre a pesca de recreo, qué che podo decir, que cada día colle máis vigor, increméntanse as licencias e as embarcacións xenerando unha nova vía de construccións náuticas, esto obliga a autoridá portuaria a mellorar as instalacións e a promocionalas e por añadidura, a conselleria de pesca a regular a pesca para cada vez máis incrementar o negocio.
Todo esto pode que afecte o desarrollo da pesca profesional xa de por si sumamente deteriorada pola sobre explotación, ó meu pobre entender, sin control. Este é un tema moi delicado a hora de falar claramente dos pros e os contras de esta modalidad, unha opinión sana de todo este “embrollo” tende a ferir sensibilidades e estamos a falar de postos de traballo, de familias que os pescadores teñen que defender por encima de calquer controversia. Para aclarar un pouco a razón deste caos que a min me parece a pesca profesional, teríamos que desgranala punto por punto e arte por arte, e zona por zona, e si me apuras persoa por persoa.
Asi que en conclusión, a pesca de recreo en auge ascendente e a pesca profesional a unha velocidad máis lenta que a de recreo, pero descendente.
J.L._ Patrón, grazas polo percorrido e por cedernos o teu tempo tan xenerosamente. Compartiches connosco unha longa e enriquecida viaxe e quedamos coas ganas de aprender máis. Lamentablemente temos que despedirnos pero non me quero ir sen deixarte o cuestionario habitual.

1. J.L_ Cál é a túa palabra favorita?
Pedro Cabaceira ._ Paz.
2. J.L._ Cál é a menos favorita?
Pedro Cabaceira ._ Guerra.
3. J.L._ Qué te emociona?
Pedro Cabaceira ._ O sufrimento das persoas queridas. e en xeral o de todo mundo.
4. J.L._ Qué son ou ruído che gusta?
Pedro Cabaceira ._ A música.
5. J.L._ Qué son ou ruído detestas?
Pedro Cabaceira ._ Hai un ruído que detesto, o dos foguetes que últimamente sácanme de quicio
6. J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?
Pedro Cabaceira ._ Depende da razón, ultimamente cágome na leira
7. J.L._ Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer?
Pedro Cabaceira ._ Gústame saber algo de todo, pero nunca pensei en outra que non fora a de pescador ou marino mercante, ben titulado por suposto.
8. J.L._ Qué profesión non desexarías facer?
Pedro Cabaceira ._ Calquera que non me gustara.
9. J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?
Pedro Cabaceira ._ Esta é a que máis me gusta. Que me mandara para baixo a empezar de novo.

Publicado en Entrevistas | Etiquetado , | Deja un comentario

Morrer en Mauthausen

p/ Francisco Abeijón Núñez.

Morrer en Mauthausen foi o destino de milleiros de republicanos españois que fuxiron, unha vez rematada a guerra civil cara ao sur do territorio francés, donde malviviron en campos de refuxiados ata que Francia tamén sucumbiu ante Alemania no verán de 1940. Franco desentendeuse destes prisioneiros que quedaron como apátridas nas mans dos nazis e que acabarían en gran medida vestindo triángulo azul coa S de “spanien” cosida no uniforme a raias do campo de exterminio de Mauthausen.
Picture8Mauthausen sería o triste destino de dous esteiráns. Un de nacimento -Eduardo Romaní Abeijón- e outro de adopción –Ramón Bargueño- natural de Recas na provincia de Toledo e casado en Francia con Fina de Constanta de Uhía. Para os que pido, aproveitando a atalaia que me brinda The Muros Times, o merecido recoñecemento como loitadores antifascistas que foron pola liberdade en Europa.
Sabemos da historia destes dous veciños de Muros gracias a que Ramón Bargueño deixou escrito un libro de memorias “Mauthausen ¡Nunca más!” no que relatou a súa amarga experiencia. E a que o traballo de José Viale Moutinho sacou da escuridade do descoñecemento aos prisioneiros galegos en Mauthausen.
Picture9Co inicio da segunda guerra mundial moitos refuxiados españois seguiron a súa loita contra o fascismo colaborando co exército francés principalmente destinados ao reforzamento da liña Maginot. E posteriormente foron abandonados polos franceses coa penetración das columnas alemanas. Estes rotspanier –roxos españois- foron considerados apátridas e transferidos aos campos de exterminio tutelados polas SS. Contábame Juán Romaní, que lle tocou fuxir por mar dende Levante ao norte de África, como cando caeron nas mans dos alemán en Biserta (Túnez) e os nazis lles preguntaron a Franco que facían con eles. O dictador español contestoulles que esa xente non era española e que zarparan cos barcos cara alta mar para alí afundilos. Pero esta é outra historia que debullaremos noutra ocasión.
Os prisioneiros españois foron distribuídos por campos de toda Europa, dende a illa de Aurigny -fronte ás costas normandas-; aos de Centroeuropa, Dachau, Flossenburg, Oranienburg, Ravensbrück, Buchenwald e Mauthausen. Ou mesmo ata os campos do deserto norteafricano, Djelfa e Djenien-Bourerezg. Segundo todos os estudios o campo no que se deu unha maior concentración de españois foi no de Mauthausen.
O campo de Mauthausen foi aberto en 1938 para a explotación con prisioneiros dunha canteira próxima pola empresa das SS “Deutsche Erc und Steinwerke GmbH”. Un dos primeiros traballos dos españois foi a construcción da coñecida “escaleira da morte”, son 186 escalóns que van do campo central ata a canteira. Os estudios publicados indican que o primeiro convoi de españois chegou ao campo o 8 de agosto de 1940 e cuantifican cáseque sete mil víctimas. Aínda que hai estudios que falan de máis de dez milleiros os españois falecidos en Mauthausen.
Ramón Bargueño Gómez (Recas (Toledo), 31/08/1916 – Bicètre (Val-de-Marne), 05/03/2003), coñecido en Esteiro polo francés que estaba casado con Fina de Constanta posto que viñera daquelas terras, pasou en Mauthausen cinco anos da súa vida dende o 3 de novembro de 1941 ata o final da segunda guerra mundial o 9 de maio de 1945. No seu libro non venal de memorias contounos como sobreviviu gracias a que estivo no posto de ordenanza dos calabozos. Serviuse deste privilexiado posto para agachar as fotografías que facía Francesc Boix e que a cabo serviron como proba da barbarie dos nazis en Nuremberg ao remate da segunda guerra mundial no xuízo internacional que se seguiu contra os principais dirixentes nazis.
Está acreditado que a maior parte das víctimas españolas de Mauthausen morreron en Gusen. O campo de Gusen está situado a cinco quilómetros do campo central e foi aberto en decembro de 1939 con internos procedentes de Dachau. Despois incrementouse co envío de presos de Mauthausen aos que lles dixeran que sería como «un hospital de curas». Pero a realidade sería moi diferente e hai constancia que en 1941 morreron catro mil prisioneiros españois no campo KZ Gusen I.
Entre os prisioneiros que falecerían no verán de 1941 estaba Eduardo Romaní Abeijón (Esteiro 16/04/1915, Gusen 08/07/1941). Este esteirán que no momento do seu desgraciado pasamento contaba apenas vinteseis anos nacera na ‘casa do chisco’ , no número 17 do lugar de Solleiros. Como me transmitiu nunha conversa o señor Francisco Tobío Abeijón da Inxuela, quen con máis de noventa anos mantivo unha lucidez verdadeiramente envexable ata o seu falecemento. O señor Quico lembraba como o rapaz ‘Eduardo do camboñán’, que tiña o apelido Romaní por parte da familia dos Fielos. Era o último dos seis irmáns (María, Dolores, os xemelgos Xosé e Xoaquín, Camila e Eduardo) fillos do matrimonio formado por Francisco Romaní López e María Abeijón Figueiras. Lembraba como Eduardo traballou de axudante na botica que en Creo rexentaba por aquela don Octavio Roldán Cortés .Como foi mobilizado para a guerra civil no seu remplazo e como se falara que desaparecera na fronte; e máis nada se sabería no pobo de Esteiro sobre a súa vida. Cando lle dixen que morrera a principios dos anos corenta nun campo de exterminio do terceiro reich alemán, o señor Quico repetía polo baixo con un certo aire de melancolía e en referencia a súa afinidade ideolóxica «Éramos da mesma auga…aínda que non amigos, posto que el era algo máis novo ca mín…pero éramos da mesma auga…».

Publicado en Historia | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente: José María García Rodríguez

Naceu en Muros6 de febreiro de 1912,  e faleceu en San Juan, Puerto Rico, no ano 2006.  Foi escritor, periodista, diplomático e xuíz.

Picture7Estudou dereito en Deusto e Valladolid e exerceu como xuíz en diversas cidades españolas. Foi Canciller do Consulado de España na República Dominicana e en Puerto Rico.

Este emigrado muradán  tivo unha exitosa carreira que pasou por unha invitación a ser catedrático en EE.UU. e unha recordada labor no Consulado General de España en Puerto Rico e nos Centros Galegos do lugar. Foi incluso proposto para a concesión do premio Príncipe de Asturias. A súa marcha de España cara a emigración foi provocada. Entre outras cousas tivo que abandonar España, a que se propuxo non volver en vida de Franco por, entre outras, as seguintes razóns: Negouse a dictar sentencias de fusilamento, según as ordes dos que querían «depurar» Barcelona. Denunciou que se roubaba o diñeiro destinado a comida nos campos onde estaban internados os presos republicanos.  Denunciou que se estaban pasando ao mercado negro parte da carne e o trigo que chegaban de Arxentina para reparto gratuíto (menciónao en un dos libros da serie «Lola Espejo Oscuro» de Darío Fernández Flores). Denunciou os roubos do diñeiro da construción de vivendas. Ao final abandonou España e volveu, na década dos oitenta, co Goberno de Felipe González e lle ofreceron que exercera los años de xuíz que lle quedaban («no es Vd. de los nuestros, pero es un hombre honrado a carta cabal», lle dixeron).

Cando José María Garcia Rodríguez chegou pola que entonces chamaban «Ciudad Trujillo» o exilio republicano abriulle as súas portas. Foi amigo íntimo dos Escofet, e de Gausachs, e de Prats Ventós e de Suau e de Matilla e de Vela Zanetti.
Foi Jesús de Galíndez (Escritor, xurista e profesor da Columbia University e delegado do PNV no Goberno Vasco no exilio.) en persoa, o que, tras informarse co Goberno do lendakari Aguirre exiliado en EE.UU. deu  o visto e prace para que se recibira o muradán en tódalas  tertulias dos exiliados españois. Jesús de Galíndez coñecía perfectamente a Jose María García Rodríguez porque este foi un gran amigo da irmán do Presidente de Euskadi, Miren Aguirre.

Na súa longa estancia na República Dominicana, dirixiu alí o «Boletín da Cámara de Comercio» e a «Revista de Economía de la Secretaría de Estado». Escritor prolífico, publicou unha chea de libros: Ambrosio Spínola y su tiempo (Barcelona, 1942); La gracia en la locura (B.,1493);  No éramos así. Novela que refrexa a vida nos frentes da guerra; Huyen las raposas. Novela basada nos pronunciamentos do século pasado e desenrolada en Galicia;  La guerra de la Independencia.(1808-1814) Dous volúmenes; Como el amor loco (Madrid, 1943). Novela.-Biografía de D.ª María de Molina (Barcelona); Biografía de D. García Hurtado de Mendoza; Antología del Filósofo Rancio (Madrid). A Vila nos anos 20, Os mártires de Carral, etc.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente: Diego Sestayo Caamaño

Picture6Conocido por Diego de Necres, naceu no lugar de Valdexería no ano 1929. Con moitos anos ao lombo, pero con unha memoria prodixiosa, Diego e unha enciclopedia ambulante. Empezou a traballar no mar ós trece anos, ata que tivo que incorporarse a filas, facendo o servizo militar no cruceiro minador Magallanes, onde chegou a ser especialista de manobra. Logo… o mar… e mais mar. Na naviera Aznar, no Monte Orduña e no Monte Castelo, logo en barcos suecos traballando de maestranza e bombeiro. Da súa andaina nos suecos conserva grandes e bos recordos que compartiu con marinos tamén españois. Lémbranos que nun dos barcos nos que tivo ocasión de navegar había tripulantes de 18 nacionalidades diferentes, e que con todos se entendía ben.
Traballando de carpinteiro nos barcos suecos, tivo ocasión de adicarse a unha das súas pasions: o modelismo naval, chegando a construír un pequeno catamarán que foi obxeto de grandes eloxios dos seus superiores. Dos suecos conserva moi bos recordos, e dinos que de facerse o sueco, nada de nada; que alí había que traballar, e que os xefes recoñecían os traballos ben feitos.
A súa biografía daría para facer un bo libro, que de seguro que sería un best-seller. Anécdotas e mais anécdotas como para encher centos de páxinas. Unha vida enteira dedicada ao mar no que tivo que pasar bos e malos momentos, pero en todo caso, sempre levadeiros, como aquel ciclón en augas do Caribe, que casi fixo que o barco chegara ao ceo de tanto mar que había; ou de cando salindo de Roterdan atopáronse no barco con dous polizons.
Casado os 28 anos, é pai de dúas fillas, e xubilouse fai anos, pero non por eso deixou de estar en activo. Hai pasións que e imposible olvidar. O mar e como unha fermosa e boa muller a que nunca se olvida. Foi vicepresidente da Asociación de Xubilados do mar de Muros , onde colaborou co seu bo facer na percura de facer mais levadeira a xubilación dos seus asociados. Ten un pequeno taller na súa casa onde pasa as horas entre unha morea de ferramentas de carpinteiro para non esquecer este nobre oficio artesán.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , | Deja un comentario

Arao (Uria aalge)

p/Amado Barrera
l árao común (Uria aalge) es una “rara avis” en la fauna muradán, realmente no pertenece a nuestra fauna autóctona, como se explicará. Pero podemos “adoptarlo” como “hijo predilecto”, ya que hemos tenido la suerte de observarlo en la boca del mismísimo estuario de Esteiro y como quien pasa por aquí, repite, aquí seguimos esperando su visita.
Picture4Se trata del único álcido que se reproduce en la Península Ibérica, en España Nidifica tan sólo en dos localidades de la Costa da Morte: los islotes de cabo Vilán (Camariñas) y las islas Sisargas (Malpica). En 1998 fue observado un pollo en la ría de Bilbao (Zuberogoitia & Zuberogoitia, 1999) y otro en San Sebastián en 1999 (Mugika, 2001), posiblemente aves procedentes de las colonias bretonas.
Con respecto al atlas de 1975-1995 (Purroy, 1997), ha dejado de nidificar en las Rías Bajas, donde una pareja crió por última vez en 1987 en las islas Cíes (Arcos et al.,1995a). Cría en repisas y grietas de acantilados, y en Galicia utilizaba frecuentemente el interior de las “furnas”, grandes cavidades en los acantilados originadas por erosión marina. Las aves adultas visitan la colonia al menos desde el mes de marzo.
Resulta infrecuente observar aves desde la costa, lo que hace más destacable nuestro avistamiento esteirán. La población actual difícilmente supera las 10 pp. reproductoras.
Picture5La población ibérica, incluída la colonia portuguesa de las islas Berlengas (Morais,1995), ha sufrido un fuerte declive desde la segunda mitad del siglo XX. Las primeras colonias en desaparecer fueron las cantábricas,de las que hay pocas referencias concretas (Noval, 1967 y 1976). En Galicia existieron un mínimo de ocho localidades con colonias de cría, y se calculó una población de unos 3.000 ejemplares en torno a 1960 (Bárcena, 1985). Tait (1924) ya citaba su cría en Sisargas, cabo Touriñán (seguramente confundido con cabo Vilán) e islas Ons y Cíes.
La disminución de la población ibérica ha tenido lugar principalmente en la década de 1960 e incluso antes.
En la década de 1970 ya quedaban menos de 100 pp. reproductoras, que se reducen a unas 10 pp. en 1990, y que puede ser aún menor por efecto de la reciente marea negra del Prestige En Peligro Crítico (CR). La población española se encuentra muy amenazada, tanto por sus escasos efectivos, que hacen poco atractivas a las colonias de cría para el reclutamiento, como por la vulnerabilidad de la especie a la contaminación por petróleo y a la mortalidad en artes de pesca (Nettlesship & Birkhead, 1985; Camphuyssen, 1989; Tucker & Evans, 1997). La afección del vertido de petróleo y sus derivados está ocasionada tanto por grandes catástrofes como por pequeños eventos; el 38,7% de las aves recogidas muertas durante las Inspecciones de Aves Orilladas de febrero presentan el plumaje impregnado (SEO/BirdLife, 2001a). El efecto de la reciente marea negra provocada por el hundimiento del petrolero Prestige puede ser catastrófico para esta y otras aves marinas del litoral gallego y la cornisa cantábrica. Al menos en las costas gallegas y asturianas, los araos mueren atrapados en aparejos de pesca, fundamentalmente artes de enmalle (Diego et al., 1988; Anónimo, 1991; Erva, 1992)
En las costas cantábricas, donde en tiempos era abundante, no parece que la causa de su baja densidad sea ésta. Más bien puede ser que otras causas no determinadas influyen para su actual baja densidad, la misma que afecta a los cormoranes. Quizá la desaparición de bancos costeros de peces y el aumento de población humana hayan influido en esta disminución.
La población gallega de Arao Común ha sido objeto de varios estudios promovidos por la Administración (Bárcena, 1985; Mouriño, 1991; Arcea 1992 y 1994) o por algunas ONG (Programa Arao; Anónimo, 1991), aunque no se han llegado a poner en práctica medidas concretas de conservación. En la actualidad no se desarrolla ningún programa de seguimiento ni de conservación.
El Golfo de Vizcaya y aguas atlánticas frente a Galicia, son lugares donde pueden verse abundantes estos álcidos durante el otoño y comienzos del invierno.
Las capturas de araos anillados frente a las costas de Iberia, dan una mayor cantidad en el Golfo de Vizcaya con sólo alguna recuperación esporádica en la costa portuguesa Todas ellas lo fueron de pájaros anillados en las colonias de cría de Gran Bretaña. Los áraos que se ven en las costas cantábricas a finales de invierno son nativos o inmaduros en el primer año
A diferencia de otras especies de la misma familia, el pico de color negro es fino y largo, terminado en punta y al que se le puede apreciar una raya anaranjada en las comisuras.
También tienen las alas notablemente cortas y se le ve levantarse del agua con dificultad. Es un excelente buceador y puede permanecer bajo el agua hasta un minuto. Nadamuy bien y se ayuda con las alas como medio de propulsión, a diferencia del cormorán, y esto lo sé porque en varias ocasiones me han acompañado cormoranes buceando, y he observado que se propulsan con las alas entreabiertas pero estiradas hacia atrás e inmóviles, las palmeadas patas extendidas, ondulando todo el cuerpo para impulsarse hacia abajo, a la manera de los cetáceos, pero también los he visto bucear con las alas cerradas y “remando” con las dos patas a la vez, para ascender. Otro día hablaremos del cormorán.
Si quieres ver en vivo y en directo cómo nadaba y se zambullía el árao esteirán, míralo en http://www.youtube.com/watch?v=iVkb5-ylEp0

Fuentes para el texto:
http://www.pajaricos.es/index.html

Haz clic para acceder a arao_comun_tcm7-21649.pdf

Publicado en Natureza | Etiquetado , | Deja un comentario