Nós mariñeiros

p/Juan José Martinez Fernández

Capture

Capture

CaptureCaptureCapture

Capture

CaptureCapture

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado | Deja un comentario

Anorexia nerviosa (III)

p/ Dra. Castiñeira

5.- FACTORES PREDISPONENTES: INDIVIDUALES Y FAMILIARES.

  1. A) INDIVIDUALES

PROBLEMAS CON LA AUTONOMÍA: Jóvenes que viven muy pendientes de los que otros esperan de ellos, de cumplir con los ideales de sus padres, o de darles satisfacción a los demás. La obligación de ser siempre adecuadosImagen10 le deja poco margen de seguridad para desarrollar un pensamiento personal o para hacer los planteos propios de una etapa de crecimiento.

Cuando la seguridad esta puesta exclusivamente en el exterior, en cumplir con lo que se supone que se espera de uno, es inevitable que se tenga una cierta sensación de ineficacia personal, una gran dificultad para resolver las cosas apelando a recursos personales, porque se termina siempre dudando de si mismo.

DEFICIT DE AUTOESTIMA: En la mujer está más conectada con factores como la imagen externa o apariencia, la aprobación del otro, cumplir con las expectativas y responder a las necesidades de los demás.

La sensación de baja autoestima que nace de juzgarse a si misma desde las apariencias, desde lo que los demás consideran valioso, hará que el peso y la figura cobren esencial importancia como formas de lograr elevarla.

CAMINO A LA PERFECCIÓN Y EL AUTOCONTROL: La tendencia al perfeccionamiento es común entre los jóvenes con trastornos del comer. Si no lo van a poder hacer a la perfección algo directamente no lo intentan. Terminan convenciendose de que si logran transformar su silueta tambien lograrán transformarse a sí mismas. De este modo lograrán ser seguros y tenerse confianza para enfrentar los desafíos que se les presenten en la vida. El perfeccionismo no nos permite ser humanos. Es una trampa, ya que nunca Imagen13se logra lo que se busca porque en si mismo es inalcanzable. También es muy común encontrar en los jóvenes con trastornos del comer una tendencia muy marcada a controlar todo en sus vidas, lo cual incluye, obviamente, un férreo control del cuerpo.

MIEDO A MADURAR: Se desarrollan por lo general en el período que va de la pubertad, pasando por la adolescencia hasta la juventud. Estos jóvenes están muy “estancados en la niñez”, y tienen temor a crecer y a manejar la independencia que eso implica.

O también perciben el temor de sus padres a que eso suceda y sufren en realidad por falta de estímulos por parte de ellos.

Otro aspecto es que conservan un pensamiento infantil se mueven entre los extremos:

Bueno o malo; Todo o nada: Obeso o delgado.

  1. b) RASGOS FAMILIARES

Este trastorno genera una relación muy distorsionada en el seno de la familia y sentimientos de enojo, ansiedad y culpa, luchas por el poder y crecientes dificultades en la comunicación.

Escasa comunicación entre sus miembros.

Incapacidad para la resolución de los conflictos que se presentan.

La autonomía de cada uno de los miembros está comprometida y hay una confusión de roles.

Aglutinamiento: los miembros de la familia están excesivamente implicados entre sí y se invaden mutuamente. Los límites interpersonales son difusos.

Sobreprotección: Se preocupan constantemente unos por otros dando respuestas protectoras.

Organización rígida: las pautas se mantienen en forma inflexible.

Publicado en Mediciña | Etiquetado , | Deja un comentario

A Nosa Xente: Xosé Tobío Maio

p/ Francisco Abeijón Núñez

Xosé Tobío Maio “Conroa” naceu en Esteiro (Muros) o 8 de xaneiro 1891 no seo dunha familia labrega. Como moitos fillos das familias poderosas do rural galego estudiaría no Seminario de Santiago durante dez anos e remataría facéndose Imagen6mestre de escola. Impartiría o seu maxisterio no centro de orientación marítima do Pósito de Pescadores de Esteiro dende finais da década dos anos vinte. Casou con María Jesús Sillero Sanvicente, tamén mestra que daba escola na parroquia de Lira no concello de Carnota.E tivo cinco fillos: José, Enriqueta, María, Luisa e Ricardo. Por aquel tempo, Xosé Tobío Maio xa se convertera nun auténtico referente cultural. Tendo unha gran influencia en asociacións e en numeros actos que se celebraban en toda a comarca. Participou, por exemplo, en 1934 na famosa homenaxe que da man de Álvaro de las Casas se lle tributou en Outes ao poeta Añón. A este acto, Conroa levaría os seus rapaces da escola do pósito de pescadores de Esteiro. Tamén aínda hoxe son lembradas polos máis vellos do lugar as súas incisivas murgas satíricas cantadas polo tempo do carnaval “Moita festa compañeiros van a ter os de Negreira e nos como bos irmáns imos aló a carreira…” Consciente co seu compromiso republicano participaría activamente no desenrolo e transformación da vella Protección Social Esteirana creada en 1915 pola teoría política agrarista. Neste caso, a evolución do asociacionismo agrario sería capitaneado por outro mestre, o socialista Francisco Rodríguez Suárez, pero este é tema para debullar noutra ocasión. Xosé Tobío Maio foi un dos que en xullo de 1936 se embarcaron en Muros, xunto coas autoridades republicanas da comarca, a bordo dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa rumbo a Bilbao coa finalidade de escapar da represión franquista e defender a causa republicana. Falouse que durante a guerra exerceu como profesor en Cabo Rosas, na provincia de Girona. Rematada a guerra, Conroa pasará a Francia e ao igual que moitos exilados españois tivo que agardar nun campo de concentración de refuxiados a que un vapor os trasladase a illa de Santo Domingo. En novembro de 1939 viaxaría a Venezuela, donde subsistiu dando clases particulares e mesmo colocando cristais nos edificios en construcción. Posteriormente pasará por Panamá e Chile para recalar finalmente na Arxentina. Gracias a uns carpinteiros de ribeira do Freixo (Outes) conseguiu un traballo de contable nun asteleiro. Será en Bos Aires donde funde xunto con Manuel García Gerpe e Manuel Varela Buján a folla “Crisol Gallego” que saía publicada no xornal Sábado. En 1941 publicará na editorial Celta o seu poemario Espiñas. A edición desta obra foi posible gracias a colaboración das sociedades galegas bonaerenses, entre as que tivo unha especial importancia a participación da asociación dos emigrantres procedentes do concello de Outes que xuntaron unha importante cantidade de diñeiro para axudar a pagar o coste da publicación. Durante toda a década dos corenta os exemplares do libro Espiñas foron chegando a Galicia agachados polos mariñeiros a bordo dos trasatlánticos que por aquela cruzaban o océano, ao tempo que medraba a sona de Conroa. Daquel escritor e mestre esteirán republicano que vivía de traballar nas oficinas dos asteleiros da boca rioplatense. Axudado pola familia, en 1948 gracias a unha amnistía do goberno franquista, Xosé Tobío Maio volta a Galicia. Aínda que quedara en suspenso a súa praza de funcionario, Conroa non perdería a súa condición de mestre, xa que daría escola na súa casa da Grais a varias xeracións de esteiráns que o idolatraron. Estes mozos foron os principais divulgadores á nosa xeración das Espiñas de Conroa. E por eles tamén tivemos a sorte de coñecer que o escritor continuara escribindo e que fixera unha segunda parte de Espiñas. Tamén que a súa intención era agrupar todos os poemas escritos en galego nun volume que titularía tamén Espiñas e os escritos en castelán noutro chamado Campanadas. Para recuperar o seu posto de mestre nacional tivo que soportar en 1955 un humillante xuízo de revisión por parte do réxime franquista. Con un prego de cargos que sonarían practicamente ridículos si non se tratara de xogar coa vida e o futuro das persoas. Xosé tobío Maio foi acusado de: – Ser activo militante del Frente Popular y destacado organizador de sociedades marxistas en el lugar de su residencia inculcando, como es natural, estas doctrinas antiespañolas a los alumnos de la escuela que por entonces regentaba. – Como consecuencia de su ideología y actividades izquierdistas extremas, de carácter público y notorio en propagandas y mítines, su vida social se desarrollaba al margen de la Iglesia Católlica y de todo deber religioso personal lo que constituía un mal ejemplo vivo y permanente para sus alumnos. – Su ideología y personalidad dirigente y activa en las organizaciones de la extrema izquierda, la dejó plasmada de manera auténtica en la carta de fecha 27/11/1935 unida al expediente, dirigida a D.Manuel Guzman, diputado de la ORGA, fusilado en consejo de guerra y a D.Francisco Prego, activista al servicio de Casares Quiroga, y en la cual se consignan las siguientes frases alusivas a la represión sangrienta de los intentos y preparación por entonces del Glorioso Movimiento Nacional que luego sobrevino “…de común acuerdo operar con mano segura para que ciertas enfermedades no vuelvan a retoñar. Quedamos con moito afán por saber o resultado do parto…” – Al advenir el Glorioso Alzamiento Nacional, como dirigente izquierdista de la villa, quiso oponerse al triunfo del ejército y al verse perdido huyó con dirección desconocida abandonando su destino. Recupera a súa praza no Ministerio de Educación e imparte escola en San Xosé de Ribarteme (As Neves) entre os anos 1957 e 1960. Despois voltará a Esteiro donde coincidirá co tamén mestre Victor Campio Pereira. Durante toda a longa noite de pedra franquista foi coñecedor do mundo exterior a través dun potente aparato de radio que tiña agachado no faiado da súa casa da Grais, pola que escoitaba as novas do exilio español e mesmo da BBC coa que fixo algunha colaboración. Xosé Tobío Maio faleceu en 1971, co dictador vivo e sen albiscar aínda a alborada democrática que viviría o estado español nos anos setenta. Nesta etapa final da súa vida foi cando coñeceu a Victor Campio Pereira, un xoven profesor que chegaba a Esteiro e ao que Conroa lle encomendou o manuscrito da súa novela que quedara sen publicar en 1936 e que el refixera posteriormente. Pasados outros vinte anos, a principios dos anos noventa, o escritor Campio Pereira púxose en contacto coa sociedade Esteirana para intentar cumplir o compomiso adquirido co autor de publicar “…cando se poidera…” a novela “O frade das dúas almas”. Por aquela, nós andábamos embarcados no proxecto da revista a Motora dos Canedos e aínda que economicamente non éramos quen de sufragar nen a publicación da nosa revista a idea pareceunos fantástica. E mesmo creamos unha comisión que tiña a intención non solo de publicar esta novela, senón de poñer en valor toda a obra e a figura deste insigne escritor esteirán. Neste eido, a tripulación da Motora, entre os que estaban os actores Xosé Manuel Olveira, Francisco Cernadas Veloso, Víctor Fábregas e un amplio grupo de xente capitaneada polo mestre Xosé Agrelo Hermo, non fomos quen de publicar esta novela. O noso esforzo acadou uns froitos moi cativos pois solo conseguimos múltiples copias das poesías e algunha fotografía de Conroa, uns artigos sobre o escritor de Victor Campio e do profesor Alonso Montero para a nosa revista. E a autorización da neta para que a asociación cultural Canedos poidera publicar a obra de Xosé Tobío Maio. Pero penso que o noso esforzo mereceu a pena e que serviu humildemente para que a xente non se esquencera do escritor e acolla agora con ilusión a publicación da novela inédita de Conroa.

Gracias e noraboa a Victor Campio Pereira e a Editorial Galaxia por cumplir este vella faena que supuxo a angueira de varias xeracións de esteiráns entre as que eu me inclúo.

Publicado en A Nosa Xente | Etiquetado , , , | Deja un comentario

Muiño do Pazo (Abelleira)

p/ Elixio Vieites.

Tipo de ben: Muíño, Concello: Muros Parroquia: Abelleira (Santo Estevo) Lugar: A Rateira Outra denominación do ben: Cronoloxía: Descoñecida,

Descrición:Imagen5

O muíño do Pazo forma parte dun conxunto de 8 muíños que se atopan a carón do río Rateira. Os nomes dos outros muíños son A Moíña, O Queimado , o do Medio, o Novo, o Vello, o de Moledo, o do Campo e o da Agriña. Unha canle, que aínda se pode ver esborrallada, levaba a auga aos diferentes muíños da marxe dereita do río para facer andar a moa. Todos os muíños son de parecida construción, planta rectangular e tellada a unha auga con tella do país. Os muros son de cachotería.

Propiedade: Privada Uso actual: Sen uso Código no Catálogo da Xunta: Categoría do Ben: Catalogado (Catálogo da Xunta e dos PXOM) Referencias bibliográficas:

http://www.planeamentourbanistico.xunta.es/siotuga/documentos/urbanismo/MUROS/documents/22396CA021.PDF (pax 3 do pdf) Ruta dos muíños do río Rateira

http://xurl.es/do964

Afeccións

Ten camiño de acceso?: Si Está cuberto de maleza: Si Está afectado por algunha obra: Non Estado de conservación: Malo Atópase en perigo nestes momentos?:

Onde está localizado:

 Imagen4

Publicado en Arte e Cultura | Etiquetado , , | Deja un comentario

Entrevista a Bernardo Fariña.

p/ Jorge Lago de Pexejo

De Joe Bernardo coñecín a familia en Muros, aos avós, pais e tíos. A él coñecino aquí, nos Estados Unidos, ainda que nos vemos pouco a non ser por algunhaImagen3 xuntanza de paisanos que facemos de cando en vez.

De boa presenza e de doada conversación, Joe non é dado á labia exuberante, pero sí de que a charla sexa fluída e sempre interesante.

Coñecelo ao redor dunha mesa dun restaurante non dá suficiente como para indagar moito sobre o que lle apaixona, pero creou o preámbulo desta entrevista que aí vos deixo.

J.L._ Joe, imos a empezar coa entrevista. Primeiro dime como prefieres que che chame: Joe ou Bernardo, mellor dito: Cómo che chaman na tua casa e así será como eu me dirixa a ti se mo permites.

Outra pregunta: En qué ano viñeches para os Estados Unidos e que edade tiñas cando saliches de Muros?

Bernardo._ En muros conócenme por Bernardo, Cheguei a os EUA o 22 de Novembro do 92 candoImagen2 tiña 22 anos .Un rapás daquela, que ahora xa non o son tanto .En ese tempo era íntimo do teu sobriño Tony e ainda seguimos séndoo. Boa xente Tony, e a túa hirmá non digamos.

J.L._ Por qué decidiches virte para América?

Bernardo._ A traballar como casi todos, supoño. Pero xa vin coa idea de andar o mar porque meu tio José Lamela, hirmán de miña nai Uca de Ventín, tamén coñecidos como os das “Gaviotas”, xa estaba aquí, e eso sempre facilita as cousas.

J.L._ E ao mar segues andando. Foras ao mar antes de vir para aquí?

Bernardo._ A plaia ajodelas veces, jajaja!!! .Non, nunca andivera antes, pero penso que sabes que meu avó foi moi bo patron toda a vida e parece que o levo na sangre, él foi unha perona que sempre quixen ser como él dende que empecei o mar e así seguirei si Deus quere.

J.L._ Que o levades no sangue é indubidable. O teu avó, Pepe do Niño, o teu tío, e polo que teño entendido, o teu irmán Oscar que tamén se dedicaron máis ou menos ao mesmo tipo de pesca que fas ti.

Bernardo._ E Carlos, outro hirmán que tamén anduvo o mar moito tempo de patrón no barco de meu tio Pepe.

J.L._ Vamos, que sodes parte de unha disnastía de mariñeirosImagen1 en dous continentes.

A qué tipo de pesca te dedicas ti?

Bernardo._ Podese decir unha dinastía, ainda que ahora son só eu o que ando o mar. Dende que cheguei, sempre me dediquei o mismo: scallops. Aparte teño o barco da lagosta no que teño xente traballando.

J.L._ Para aclararnos, o scallop é a nosa vieira e a lagosta sería o noso lubrigante si non me equivoco.

Ti vas todo ano a vieira ou alternas indo tamén o lubrigante?

Bernardo._ Vou todo o ano a vieira, a lagosta vou cando me apetese que son poucas veces. A vieira e parecida pero solo se come o músculo as “majas” non se comen, son para as gaivotiñas.

J.L._ Si, aquí só se come o músculo redondo sin nada do que leva arredor. Algo que a nosa xente o ve como un desperdicio incomprensible.

Cando ides as vieiras, canto tempo vos leva cada marea?

Bernardo._ Botamos sempre de 10 a 12 dias cada marea

J.L._ Non sabía que iades por tantos días.

Xa levamos máis dun mes en que as temperaturas non soben moito de 32 graos Fahrenheit (0 centígrados) e con noites de chegar a menos de 15 grados. Non pasades moito frío?

Bernardo._ Frio ajodelo pero xa non é como anos atrás, ahora xa estamos moito mellor preparados con roupa especial para o mar, ainda así, non deixa de ser duro traballar con estes tempos.

J.L._ Ademáis, despois de que recolledes, tendes que abrir as vieiras e limpalas a man en cubierta por moito frio que faga, penso eu.

Bernardo._ Non, abrímolas dentro

J.L. Menos mal. Podedes pescar todo o que queirades, ou tedes cotas?

Bernardo._ O goberno puxo moitas regulacións e ahora só temos unhas mareas por ano .Cando vamos de marea o barco pesca as 24 horas os 12 dias. Somos dous patróns e traballamos por turnos de 8 horas cada turno e despois temos o que lle chaman “day fishing” que salimos a coller 600 libras cada dia e cada barco ten as sua cota. Eso é o que estou facendo ahora. O ano para nós empeza en Marzo que é cando nos dan as mareas que podemos facer cada ano, pero esas normas polo de ahora déronnos a vida. Por eso está tan caro, porque a demanda supera a oferta.

Non sei si sabes que hoxe en dia a vieira é unha das mellores pescas que hai e de máis rendimento económico nos Estados Unidos. Nós pescamos moi ben, somos un dos millores barcos e con moi boa reputación. Non é fácil conseguir traballo nesta industria.

J.L._ Así que ainda que un pase un pouco de frio, vale a pena.

Despois de eses 10 ou 12 días de pesca, cando chegades a porto xa tendes comprador ou subástase como fan nas lonxas? Cómo funciona a cousa en América?

Bernardo._ Nós mandámolo todo a New Bedford a subasta e cando ando o día (Day fishing) vendemos aquí na lonxa a case prezo fixo. Normalmente nunha marea traemos de 20 a 40,000 libras (9000 Kg – 20,000 Kg) e somos sete homes a bordo, esa é outra das regulacions. Fai anos podían andar os que foran, pero con menos homes abordo non podes abrir tanta vieira, así que é unha maneira de limitar a pesca.

J.L._ O lumbrigante tamén está regulado? Dígoo por que aquí nas peixarías sempre hai lubrigantes.

Bernardo._ Tamén pero a maioría do que ves ven

de Maine. Para do lumbrigante cérrase a pesca todo o mes de Abril, pero despois pescas seguido. Nós vamos como tres veces a semana si o tempo o permite. As nasas están todo o ano no mar. Cada vez que vamos recollemos a pesca e poñemos carnada nova e logo volvemos en cinco ou sete días, depende. Ahora mesmo teño como unhas 1,200 nasas no mar e levantamos 400 cada vez que vamos.

J.L._ Supoño que tedes restricións en canto a tamaño ou se a lagosta ten ovas.

Bernardo._ Todas con ovas van de volta o mar e as que non dan a medida,porque temos unha medida para elas. Aqui non e como alá por eso nas ves nin nunca as veras con ovas en ningún sitio, restaurantes, pescadeirías, etc. Si nos collen unha con ovas creo que son a dolar por ova mais podes perder as licencias de pesca.

J.L._ Aclárame unha cousa; Ti es o patrón do barco no que pescades vieiras, pero es o armador do barco que se dedica á pesca do lubrigante. Cal é o Discovery e cal é o Lucía?

Bernardo._ O Lucía é o meu que é o dos lubrigantes. Donde eu traballo por 20 anos, son o Discovery II e o Discovery V, e xa levo 15 anos que son patrón.

J.L._ 15 anos de patrón, e polo entusiasmo que se te nota aínda vas seguir séndoo por moitos anos máis. Cando chegues a unha idade de ter que pousar os pés en terra firme, pensas quedarte nos Estados Unidos, ou talvez volver a vivir a Muros?

Bernardo._ O mar a min doume e estame dando moito para eu deixalo por ahora. De volver a España, tería que cambiar moito a cousa, este país axudoume moitísimo como para eu deixalo un día.

J.L. Ok Skipper, lamentablemente eu tamén teño cotas que cumprir e obríganme a ter que deixar esta agradable conversación da que aprendín moito dos mariscos que máis me gustan e dos que ti nos provés. De agora en diante mirarei ás vieiras ou lubrigantes pensando que talvez procedan dun dos Discovery. Un abrazo e vémonos na próxima xuntanza.

Ahí che vai o cuestionario de Bernard Pivot:

J.L_ Cál é a túa palabra favorita?

Bernardo._ Na teño

J.L._ Cál é a menos favorita?

Bernardo._Guerra

J.L._ Qué te emociona?

Bernardo._ Ver a cubierta chea de peixe

J.L._ Qué son ou ruído che gusta?

Bernardo._ A música

J.L._ Qué son ou ruído detestas?

Bernardo._ Cando rascan o tenedor no plato

J.L._ Cál é o teu xuramento favorito?

Bernardo._ Non acostumbro a xurar

J.L._ Qué profesión ademais da que exerces che gustaría facer?

Bernardo._ Piloto de Rally

J.L._ Qué profesión non desexarías facer?

Bernardo._ Médico

J.L._ Se o ceo existe, Qué che gustaría oír que che dixese Deus cando chegases ás portas celestiais?

Bernardo._ Xa podes ver a túa nai outra vez

Publicado en Entrevistas | Etiquetado , , , | Deja un comentario