Os nosos fotograf@s: Fátima Lago Romero

Presentamos neste número de TMT a Fátima Lago Romero, unha muradana da parroquia de tal, que ainda moi xóven, ten xa definido un estilo moi particularImagen1 de facer fotografía. “Fotografía pensativa”, así definiría eu o seu estilo. Non sei si existe realmente ese estilo fotográfico, pero a min as súas fotos invitanme a pensar. Non e solo velas; e pensar sobre o dobre significado que teñén. Animo Fátima, a seguir coa fotografía, pero non olvides a pintura, na que eres non so boa… eres excelente ¡¡¡.

Imagen2Imagen3Imagen4Imagen5 Imagen6 Imagen7 Imagen8 Imagen9 Imagen10 Imagen11

Publicado en Os nosos fotografos | Etiquetado | Deja un comentario

Muros: Evolución de la población desde 1900 hasta 2012

Picture37Picture38Picture39

Publicado en Cousas que interesan | Etiquetado | Deja un comentario

Santiago González de Castilla: un muradán alcalde da cidade de Bos Aires

Santiago González de Castilla naceu en Muros (A Coruña) onde o bautizaron o 30 de agosto de 1715. Era fillo de Domingo González de Castilla y Torres e de María González Arredondo y Castro e apadriñado por Xacobo Gómez de Bazarra, presbítero que lle deu o seu nome xa que ás veces fai constar os seus nomes Xacobo Félix.
Picture34Segundo certificación expedida polo canónigo da Colexiata de Muros, Xosé Estanislao de Castro, a petición do pai de Santiago, eran os seus ascendentes cristiáns vellos “limpos de toda mala raza de xudíos mouros e outra secta e sangue malo,… E son persoas de toda distinción e honra nesta república, e como tales exerceran nela oficios honoríficos…”.
Santiago, aínda sen ter cumpridos os 30 anos, trasladouse á Plata, co propósito de exercer o comercio. Uns poucos anos máis tarde, o 13 de febreiro de 1748, casa con Juana Cabezas y López.
Tres meses máis tarde pedía ao Gobernador e Capitán xeral das Provincias do Río da Plata, José de Andonegui, autorización para internar e vender nas provincias do Perú, 18 petacas con mercadorías por el mercadas no navío de guerra “Nuestra Señora de la Piedad”, a tal efecto ofrecía fianza. O Gobernador, o Tesoureiro e o Contador dictaron, na súa virtude, diante do Escribán de Facenda e Rexistros o 2 de maio de 1748, o auto que en parte di: “e outorgándose fianza polo fiador proposta de que dentro de seis meses, que han de comezar a contarse desde hoxe día da data para esta parte manifestación das 18 petacas de mras que refire ante os oficiais Reais da Provincia do Tucumán e pagara nas Reais Caixas do seu cargo 144 pesos por dereito do 10 por cento de internación de ditas mercadorías a razón de Doce reais polos que Comprehende cada Petaca, ou que no seu defecto enteirara nestas Reais Caixas do seu cargo os 171 pesos do importe dos enunciados dereitos de internación e Alcauala logo que expirara o termo que vai preferido. Desde esta parte o Despacho que pide”. “De seguida deu a fianza don Pedro González (unha das testemuñas foi Don José Ribadavia) e expediuse a González de Castilla o despacho, dirixido aos Xuíces oficiais reais da provincia de Tucumán”. En 1759 estaba no Alto Perú a onde fora conducindo efectos para a Compañía de Xesús.
Picture36Nas eleccións celebradas o 1 de xaneiro de 1760 celebradas en Bos Aires para concelleiros, Santiago foi elixido Defensor dos pobres, e o día 7 tomaba posesión dando o correspondente xuramento. Esta responsabilidade non era de desexar dadas as duras obrigas que conlevaba o desempeño dela. Domingo Alonso de Alcántara, cabaleiro da Orde de Alcántara e alcalde ordinario de primeiro voto, en Xunta verificada aínda non había dous anos, o 18 de xaneiro de 1758, declaraba que “se está experimentando que os máis dos Individuos desta Cidade repugnan entrar a servir os empregos deste Cabido, non soamente polo gravame que teñen en si os empregos polo servicio persoal que se emprende polo preciso término dun ano ou máis se se relixe deixando moitas veces de atender os seus propios negocios senón tamén o que se pensiona no gasto de facer ropaxe para verán ou inverno cando a moitos non lles é fácil este desembolso, pois entre tantas persoas como as que se elixen non todas teñen caudal para iso, e que se ven obrigados a se esforzar por non manifestar as súas necesidades co pouco froito de que rematados os seus empregos non lles serven de nada os seus vestidos, e xunto a isto coa esgotamento dos seus propios recursos, fan moi pesados os empregos… pódese remediar calquera exceso, co que o Cabido lle vista un traxe honesto, como é a roupa negra…”; en virtude da cal resolveu o Cabido que se “deixe o uso das golillas, e que se reduzan o vestiario do traxe de xente, como o preven a ordenanza que son vestidos negros lisos ou uniformes cunha divisa que os distinga como tales individuos e rexedores como é unha banda correspondente a súa cor ás Armadas Reais e xeroglífico, da cidade”: reforma coa que, en 23 de xaneiro, se conformaron o xa nomeado Auditor de guerra, don Florencio Antonio Moreiras, e o gobernador interino, don Alonso de la Vega, “interín –dicían-, que se daba conta ao Gobernador e Capitán Xeral. Mais Santiago non tiña que facer sacrificio algún para adquirir calquera traxe”.
Con Blas de Castro foi comisionado para as festas da proclamación do rei Carlos III, efectuadas do 15 ao 20 de novembro de 1760. Parece que González de Castilla quixo emular as grandes e espectaculares festas de Compostela, típicos e populares, famosos en todo o mundo desde tempos lonxanos, onde o luxo e a grandiosidade corrían paralelos na súa orixinalidade e divertimento. Consistiron as de Bos Aires en “colgaduras”, representacións das diversas obras de poesía (posiblemente a representación ao aire libre dalgún auto calderoniano ou algunha comedia lopesca), iluminacións que se repartiron profusamente polas rúas, prazas, fortalezas, igrexas, conventos e mosteiros, ata gastar 86.339 luces, 6 corridas de touros, bailes, banquetes. Referencia a esta celebración aparece no libro 32 de Actas do Cabido.
“En 1760 entrou González de Castilla na Orde Terceira de San Francisco, onde xa o 8 de xaneiro de 1761 se lle preveu para que entregase o dereito de Pregonería dunha estancia (facenda de campo) que comprara o capitán de Celis.
Nomeárono o 20 de maio de 1764 Irmán Maior, ou sexa Presidente da Irmandade da Nosa Señora da Dores e sufraxios das benditas ánimas do Purgatorio”. Nel recaeu a elección de Procurador xeral no Cabido do 1 de xaneiro de 1765, e ao día seguinte xurou o cargo.
E tanta era a popularidade e prestixio gozaba que o 3 de outubro de 1766 se consultaba ao Consello de Indias, unha solicitude da cidade, ou do Concello, para que se lle concedese perpetuamente o oficio do rexedor.
O Concello carecía de fondos suficientes polo que convocaron aos veciños a campaña, e concorreron a el o 25 de setembro de 1767 algúns deles, aos que se lles pediu o que voluntariamente puidesen aportar. González donou 25 pesos.
González de Castilla acudiu en xuño de 1774 ao Gobernador e Capitán Xeneral cun escrito no que constan novos servicios ao ben público, e que Vilanova Rodríguez nolo trae a colación nas páxinas adicadas a este galego. “Había río abaixo do Salado e limítrofes coas que Juan Bautista Izala, capitán de milicias, unhas terras realengas que ‘tomando a fronte de catro leguas… desde o Calexón inclusive a Illa longa, e de fondo 5 leguas ao sur´, eran ‘moi adaptables para poñer nelas Estancias e cría de Gando´. González necesitábaas, mais como na xurisdicción de Bos Aires non existía entón Xuíz Delegado de Terras con quen tratar da merca delas, expoñía á primeira autoridade da provincia´… ‘atendendo por unha parte o coñecido beneficio que que resulta a esta Provincia do aumento dos Criadeiros de gando, e Poboación da Campaña en Parte tan aventaxosa e avanzada como a que nestas obras, Terras; quedando por este medio defendidas e parapetadas no modo Posible as outras facendas menos avanzadas dos contínuos asaltos, sorpresas e correrías, que experimentan os Indios Infieis: e pola outra aos servicios que ten feitos o Suplicante á Súa Maxestade que Deus garde en 28 anos que leva Avecindado nesta Cidade e coa Crecida familia que tamén se ocupan os seus fillos no servicio do Rei meu señor, e de costear como Capitán Reformado un Soldado da Expedición de Misións o ano de 754, sendo Gobernador e Capitán xeral destas Provincias o excmo. Sr. D. José de Andoanegui; e sendo Tenente de Milicias desde o Establecemento dela nesta Cidade servindo á súa costa e mención en toda a guerra e despois en canto se lle ocupou; como tamén sendo Rexedor e Defensor de Pobres os defendeu co seu Caudal, pagando co seu diñeiro, e Procurando as Defensas que fixeron a súas expensas perdoando á Cidade os 200 pesos xa ten sinalados ao ano aos Síndicos Procuradores; por todo o cal se digne V.S. facerlle gracia e Mercé do referido terreo, librando para iso o correspondente Título que lle serva de Posesión e amparo. Interín e ata tanto poida tratar da súa venda, e composición no Xulgado que corresponda”. Petición á que previo informe favorable do Auditor de Guerra, Dr. Laberdén accedeuse polo Gobernador, Vértiz, o 3 de agosto de 1774. O día 11, por un cadete de Deragóns, deuse na súa consecuencia a don Agustín de Arenas, tenente de Cabalería, a quen González de Castilla apoderara, posesión de terras, taxadas en 100 pesos de prata corrente, ao día seguinte “en consideración da Paraxe tan remota e Avanzada delas como os que Posúen os Indios que para Poboalas é necesario Emprender moito coste. E a utilidade pública que precisamente sexa de seguir de dita Poboación, pois servindo esta de barreira aos Insultos dos Indios, animáranse outros veciños e que se Extendera a Xurisdicción, que tan limitada é”. O 8 de setembro certificábase que naquelas terras había xa un rancho ou choza e un corral”.
Así con estes arrestos era como se ia cumprindo a titánica empresa de ir adentrando a vida civilizada e a repoboación humana, naquelas terras onde o abandono e o salvaxismo poñían un tinxidura dramático polo espanto ou o recelo que inspiraban.
En 1775 deu González para a iluminación da “rúa de Pereira ata a Mercé” na que habitaba a cantidade de 6 pesos; mais advertindo que podía contribuír con 15 pesos e 4 reais e que se lle aumentaron 9 pesos e 4 reais no imposto creado para o alumado público polo Gobernador Vértiz.
E González de Castilla pon de manifesto novamente a súa firmeza cun escrito que presentou o 12 de setembro de 1776 nunha causa formada a consecuencia de “baldóns e dicterios” que supoñía terlle inferido José Antonio Otálora. O Xuíz recibira unha Real provisión a tal proceso relativo, e dela remitiu testemuño ao Gobernador, quen reclamou a orixinal, orixinal que tamén se lle enviou; mais González non se conformou con que mentres o Gobernador a posuía se suspendese o exame das testemuñas por el presentadas, e manifestou: “Pasa de tres días que a ten no seu poder, sen que polo de agora a devolvese como debía, para así non retardar máis tempo o seu debido cumprimento. Nesa virtude e para evitar os prexuízos que da democracia se me seguen hase de servir Vmd (o Xuíz)librar o correspondente axhorto ao Sr. Gobernador para que coa maior brevidade se serva en remitir a Vmd dita Real prohibición protestando en caso omiso ou de negado repetir os danos que experimento da tardanza contra quen houbese lugar en Dereito, para o cal efecto quédome cun tanto deste escrito autorizando polo presente Escribán en cumprida forma”.
O 7 de xullo de 1785 xunto a outros comerciantes daba poder aos señores Manuel Rodríguez de la Vega, Bernardo Sancho Larrea e a Martín de Sarratea para xestionar a fundación do Consulado.
Logo dunha vida tan fructífera como axitada morreu o 17 de maio de 1787 na cidade de Bos Aires. A súa esposa faleceu o 2 de agosto de 1809.
BIBLIOGRAFÍA: “Los Gallegos en la Argentina”, Tomo I, Alberto Vilanova Rodríguez, Ediciones Galicia, Bos Aires, 1966.
Arquivo Xeral da Nación, Sección de Manuscritos procedentes da Biblioteca Nacional.
Catálogo de Documentos del Archivo de Indias en Sevilla, referente a la Historia de la República de Argentina. Arquivo da Nación Arxentina, “Documentos referentes a la Guerra de la Independencia”.

Publicado en Historia | Deja un comentario

Os curas e os raposos

p/ Manuel Lago Alvarez

Dende moi vello, dise por Muros que cando un mariñeiro vai para o mar e se atopa con un raposo ou con un cura, o día de pesca está fodido…, Que quen con tal se atopou, non vai asinar peixe. Mais aínda … que cando o cura se atopa no peirao… “nin rabo de peixe”. A frase ven de moi antigo e o tempo acabou de desvirtuala, e me explico: Alá polo ano 1746 aconteceu na Vila un percance entre a criada do Prior da Colexiata, Ldo. D. José Antonio Picture31de Arredondo, e a tripulación dun pesqueiro muradán. E cal cousa sería o que pasou entre a criada, que por certo se chamaba Rosa Martínez, e os mariñeiros… e uns, ós que o prior chamaba “canónigos intrusos”, o ciruxán da Vila, uns dos notarios do concello, e outros … Vamos … que o Prior tivo para todos ¡¡¡.
Pois aconteceu, que aínda nese século (que logo se chamaría o “século das luces”) pervivían en Muros antergas costumes e privilexios. O clero tiña o dereito de obter dos mariñeiros o peixe que quixeran de forma totalmente gratuíta. E así, un día de tantos, o Prior da Colexiata mandou a súa criada (Rosa Martínez) a buscar peixe o peirao. Foi a “mandada” e dirixiuse o primeiro barco de atopou, e dirixíndose ós mariñeiros reclamou, en nome do Prior, que se lle dera tal e cal peixe. Aquel non fora un bo dia de pesca para os mariñeiros. O pouco peixe que había abordo facíalle falta para levar as súas casas e dar de comer as súas familias. Resumindo: os mariñeiros negáronse a darlle o peixe a criada do cura, e palabras veñen e palabras van… enzarzaronse nunha liorta verbal, na que menos que chamarlle guapo o prior, os curas e as súas criadas … chamáronse de todo.Picture32
Enterado o Prior do acontecido, non dubidou en presentar denuncia contra os díscolos mariñeiros. A denuncia chegou o Tribunal da Inquisición de Santiago, do que, por certo, o denunciante era Comisario do Santo Oficio, na Vila e a súa demarcación. Convén dicir que o prior era persoa de nobre berce e rancio avoengo, por ser fillo de Dona María Antonia Pardiñas,(unha dos catro prestamistas que había na Vila naquel entonces), quen, ademais de prestar 20.000 reais cuns intereses de 2.400, tamén era tratante de congro a grande escala (1.000 reais de ingresos anuais, bastante por riba dos demais tratantes), comerciaba con viños e posuía dous buques mercantes, unha patache e unha pinaza (en ambas embarcacións figuraba como única propietaria, sendo ademais os barcos que maiores beneficios producían).
Na Vila os ánimos andaban moi caldeados. Uns estaban a favor dos mariñeiros e outros a favor dos intereses do Prior. E a tanto chegaron as disputas que o Prior non dubidou en denunciar tamén a quen lle levara a contraria de forma activa, entre eles un dos notarios da Vila (Francisco Javier Troncoso), o ciruxán Juan Antonio Padín, e os coengos José Ventura Velo, Francisco Xiance, Esteban Longa e José Relova, ós que o Prior denuncia e titula como “canónigos intrusos”. O proceso criminal durou de 1746 ata o 1756.
Dende aquela quedou a frase: “a cura no peirao … nin rabo de peixe”. O andar do tempo fixo que a frase se desvirtuara, quedando como que, o ver un cura no peirao, mala ou nigunha pesca lle esperaba o barco, pero os feitos relatados nos din outra cousa distinta.
Hoxe en día, os curas, ademais de “pescadores de almas” sonche tamén pescadores de peixes, que os hai que teñen moi boas artes para pescar non só almas senón tamén bos robalos.

Por si pudera interesar, añado a lista de priores que tivo a nosa Colexiata.

Fontes: Arquivo Histórico Nacional. Consello da Inquisición. Procesos criminais do Tribunal da Inquisición de Santiago.

Picture33

Publicado en Contos e Lendas, Cousas que interesan | Etiquetado , | Deja un comentario

O vapor da prata (O Skyro)

p/ Manuel M. Caamaño

As historias e lendas que falan de barcos asolagados cheos de tesouros son un tema recorrente na literatura dos naufraxios e tamén están presentes na memoria colectiva de todos os pobos costeiros.

Nas costas de Galicia non podían faltar os nosos particulares “barcos do tesouro”,  os galeóns de Rande e o Douro son dous exemplos amplamente coñecidos e documentados. O primeiro na ría de Vigo e o segundo fronte as costas de Corme.
Aquí en Muros temos tamén o noso particular aínda que menos coñecido, barco do tesouro «O vapor da Prata».

Infinidade de veces teño escoitado as historias dos vellos mariñeiros muradáns que falaban dun barco inglés que naufragou coas súas adegas cheas de lingotes de prata nun lugar denominado «A Corredura» por terra das pedras de Meixide, a medio camiño entre Muros e Fisterra. Contaban de como entre as redes que se largaban nese lugar viñan mallados, como se peixes de metal fosen, retorcidos lingotes dese prezado material.

Unha historia que era un segredo a voces entre os mariñeiros, pero do que non había ningún tipo de confirmación, máis que esas illadas testemuñas.

A curiosidade levoume a remexer nas hemerotecas e atopei esta reseña no periódico «La Vanguardia» que fala de como , outra vez máis, se espoliou por parte duns caza-tesouros un pecio que naufragou no ano 1891 nas nosas costas, O  «Skyro» , o Vapor da prata.

JUEVES 23 DE MARZO DE 1961

LA VANGUARDIA ESPAÑOLA Página 12

       “Hallazgo del «Squyro», mercante inglés hundido en la costa gallega en 1891 El buque británico «Droxford», dedicado a la búsqueda de pecios, ha logrado extraer del viejo barco naufragado 230 toneladas de plomo y espera hallar lingotes de plataPicture28

 La Coruña, 22. – El buque inglés de salvamento «Droxford» ha localizado cerca de la costa, entré Muros y Finisterre en los bajos denominados «Meixidos»., al mercante de la misma nacionalidad «Squyro», hundido en esa zona en 1891

El «Squyro» fue encontrado en una grieta del fondo, a unos cincuenta metros de profundidad. Por medio de moderno material de salvamento, se procedió al descenso de un buzo, dentro de una campana especial, que dirigió desde el fondo las tareas de rescate de la mercancía.

 El barco conducía lingotes de plomo, plata y otros metales, y, hasta ahora, se han conseguido extraer doscientas treinta toneladas de lingotes de plomo, por valor de 3.200.000 pesetas, pero se cree que quedan todavía más de este material y algunos de plata, ya que, al ocurrir el naufragio, llevaba ochenta y ocho lingotes de este metal, siendo, recuperados entonces ochenta

 Picture29 El «Droxford», que ha entrado en La Coruña, salió para Brest, donde, desde hace tres años, intenta localizar a un mercante hundido en 1914 con un cargamento de cobre. Volverá a La Coruña en el próximo mes de mayo, con objeto de proseguir las tareas. de extracción de los minerales que se encuentran en el «Squyro».”

É máis que probable ante a vista desta reseña publicada nun xornal inglès da época, que o verdadeiro nome do barco fose «Skyro»

The Skyro Treasure

“The S.S. Skyro sank in deep water after striking a reef off Cape Finisterre in 1891 carrying a valuable cargo of silver bullion. Two salvage attempts failed due to the extreme depth and persistent bad weather, until in 1896, the Spanish diver, Erostarbe, using Siebe Gorman equipment, finally located the treasure at a depth of 20 fathoms. Erostarbe used dynamite to gain access to the cabin where the silver was stored. This was not easy, after five years on the sea bed the Skyro had broken up and the deck above the strong-room had collapsed to within 18″ of the cabin floor. On the surface boisterous weather and strong currents made tending the diver difficult. Nevertheless Erostarbe clawed a path to the bullion and during several long, deep, dives recovered 59 bars of silver”

 No ano 1984 o patrulleiro da Armada Española “Salvora” volveu a mandar mergulladores a remexer nas entrañas  do Skyro, mais pouco había xa que sacar del e só acadaron constatar que nada quedaba máis que os restos  xa moi desfeitos daquel naufragio.

Publicado en Historia | Etiquetado | Deja un comentario